Foros ›
Sorteo 1 dorsal Circuíto Revolutrion Trail: PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 09 Dec 2018, 22:52
Asunto: Sorteo 1 dorsal Circuíto Revolutrion Trail: PECHADO

Circuíto Revolutrion Trail Series 2019
(dorsal para todo o circuíto, xaneiro a abril de 2019)


Que se sortea?
1 dorsal

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Galicia, xaneiro a abril de 2019.
Web da carreira: http://www.arousa.com/trailseries2019/index.html
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=CPGNuCalendar&view=event&id=6116&date=20190127
Enlace ao fío do foro: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=Forums&file=viewtopic&t=21226

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o luns 10 de decembro de 2018 ao xoves 13 de decembro de 2018, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 13 de decembro. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 10 de decembro ata as 23:59 do 13 de decembro). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Lun, 17 Dec 2018, 12:06; editado 3 veces
ferreirós

Novo foreiro
Novo foreiro
27/08/12
0 Carreiras
45 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Dec 2018, 9:02
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Circuíto Revolutrion Trail Series: ata13/12

Quero participar no sorteo do dorsal para o revolutrion trail series 2019.
Xa participei en varias edicións e á organización e ás rutas polas que transcorre o circuito nótase que e algo traballado e non deixado á improvisación.
Volveremos á Cidá e San Isidro, repetiremos a experiencia no Xtosin trail que o ano pasado fixemos fora do circuito e estrearemos o Noia Portus Apostoli, que ten unha pintaza de medo.
A ver si hai sorte.
memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
940 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 10 Dec 2018, 9:04
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Circuíto Revolutrion Trail Series: ata13/12

Quero participar no sorteo.
A miña primeira participación nun trail foi fai anos no Trail de San Alberte, antigo trail que formaba parte deste circuito organizado por ArousaNeo. Desde aquela non volvín encontrar organización semellante. Basta con darse conta do balizamento realmente reciclable (son de tela e vólvennos utilizar nos distintos trails) e as indicacións míticas en spray laranxa en punto conflictivos ou perigosos. Teñen percorridos para tódolos gustos e avituallamentos correctos.
Por certo, esquecíame de algo moi importante: esta organización é unhas das mellores tamén polo simple feito de que coñeces datas, perfís e demáis información 2/3 meses antes do primeiro trail. Cousa que non se ve en case ningunha proba, e que acabas chegando á proba case sen saber donde exactamente é a saída ou qué desnivel vas encontrarte.
ablanco

Novo foreiro
Novo foreiro
23/07/18
0 Carreiras
47 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Dec 2018, 9:56
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Circuíto Revolutrion Trail Series: ata13/12

Quiero participar en el sorteo.
Dentro de las carreras que forman parte del circuito sólo participé en la de Portosin (que el año pasado no formaba parte del circuito). Prueba bastante exigente debido a las subidas que presentaba, pero de la que salí encantada... a ver si hay suerte para probar las otras pruebas del circuito!!!!
milis89

Novo foreiro
Novo foreiro
8/01/18
2 Carreiras
11 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Dec 2018, 10:18
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Circuíto Revolutrion Trail Series: ata13/12

Quero participar no sorteo!!
O ano pasado participei só no trail de bealo (que este ano non está), pero agora qero animarme a facer os 4 trails. Como se comenta a organización é perfecta e os sitios suelen ser unha pasada!!Moitas ganas de ver as novas localizacións como poden ser a de portosín ou a de noia. Oxalá haxa sorte!! Moi feliz
Weder

Foreiro infantil
Foreiro infantil
2/10/11
1 Carreiras
102 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Dec 2018, 10:54
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Circuíto Revolutrion Trail Series: ata13/12

Quero participar no sorteo.
Non fixen nunca o trail series e gustarime coñecer esas paraxes
karris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/10/12
16 Carreiras
349 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Dec 2018, 10:57
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Circuíto Revolutrion Trail Series: ata13/12

Boas,
Quero participar no sorteo.
O ano pasado só participei no trail de San Isidro, coa saída nas Preguntoiras (menuda auga levaba...). Inicio suave, pero cando comeza a subida pega forte. Baixada tamén esixente e repecho final que fai pupa. Paseino moi ben e coa sorte de ter día despexado e poder desfrutar das vistas da ría de Arousa, con Boiro e Rianxo ao fondo, Pobra ben abaixo! É unha sorte contar cun circuito tan ben organizado.
Gracias!
Lecop

Montañés
Montañés
12/02/11
10 Carreiras
713 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Dec 2018, 12:49
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Circuíto Revolutrion Trail Series: ata13/12

Quero participar no sorteo .
Xa participei en varias probas , pero sempre sen inscribirme en todo o circuito. Os organizadores fanno xenial, e gustariame ser neonato no circuito gracias a este sorteo.
Ademais ,este ano, hay unha proba nova q me chama bastante, a de Noia, e quero estar presente nela e nas outras!
A ver si hai sorte.
Gompi

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/02/09
100 Carreiras
110 Mensaxes
Redondela
Respostar citando Envío Lun, 10 Dec 2018, 14:07
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Circuíto Revolutrion Trail Series: ata13/12

Hola quiero participar en el sorteo.
Nunca me inscribi al circuito pero si que tengo hecho pruebas por individual y tengo que decir que me encantan....
Trazado divertidisimo donde no falta de nada...zonas tecnicas agua barro cuerdas...
Distancias aptas para todo el mundo...
Y sobre todo la belleza de la zona hacen q sean unos trails preciosos q no dejan indiferente a nadie...y siempre te quedan ganas de volver.
Aprovecho para felicitar a los organizadores que tantos años llevan y ojala sigan organizando estos eventos.
Aplauso Aplauso
Un saludo.
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
873 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Dec 2018, 14:07
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Circuíto Revolutrion Trail Series: ata13/12

Manifiesto mi deseo de participar en el sorteo Sorriso
Lo cierto es que le tengo un cariño especial al Arousa Series. La mayoría de trails que hice el primer año que empecé en el mundillo fueron de ese circuito y le fui cogiendo mucho cariño. Este año no están Bealo ni Castro Barbudo (mojarse a tope en el primero y subir para después bajar a fuego en el segundo) pero me llaman muchísimo la atención las nuevas pruebas y no me gustaría perdérmelas por nada. Hueco en mi calendario hay para hacerlas todas así que a ver si soy el afortunado...
Mucha suerte a tod@s!!!
Quique78

Novo foreiro
Novo foreiro
13/08/17
60 Carreiras
44 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Lun, 10 Dec 2018, 14:54
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Circuíto Revolutrion Trail Series: ata1

Quisiera participar en el sorteo del dorsal para el Circuito Revolution Trail para lo cual:
Queridos Reyes Magos:
Este año he sido bueno.
Llevo cerca de 380 km en carreras y 1300 km de entrenos y lo que me queda hasta el 31.
He hecho 4 Trail y un 101km y me parece que el circuito de Revolution Trail sería un buen regalo para el nuevo año. Las pruebas tienen de todo: tecnica, velocidad, resistencia.... Y son en parajes expectaculares.
Y si le toca a otro:
Que lo disfrute mucho!!!!
Gracias y suerte a todos.
Agromean

Novo foreiro
Novo foreiro
6/08/18
45 Carreiras
25 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Dec 2018, 18:37
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Circuíto Revolutrion Trail Series: ata1

Hola a tod@s:

Desexo participar no sorteo. Sería o meu terceiro ano consecutivo participando no Trail Series. Tódalas carreiras do circuíto estan xeniais, teñen distancias e desniveis para todolos publicos, en algunha carreira pasas do monte a praia nun periquete.
Este ano haberá duas carreiras novas neste circuito, Portosín e Noia, que de seguro non envexaran as que non estarán este ano, e nos farán disfrutar coma sempre.

sorte para tod@s
Mendeselassie

Maratoniano
Maratoniano
7/03/10
285 Carreiras
307 Mensaxes
Bertamirans
Respostar citando Envío Lun, 10 Dec 2018, 20:17
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Circuíto Revolutrion Trail Series: ata1

Quero participar no sorteo...
Levo moito tempo sen participar nun circuito de carreiras (se non lembro mal o último que fixen foi o circuito de Riveira, que xa leva uns anos sen celebrarse) e xa toca facelo de novo...
Das probas non podo opinar xa que non corrín ningunha, ainda que estiven en tódalas edicións do Trail de San Alberte, precursor deste circuito, e participei en varias ocasións no Ultra do Barbanza, asique xa conto co que me vou a atopar, unhas paraxes incomparables e unha organización de luxo...

Cuando bajas drop, ya no hay stop...
emmme

Novo foreiro
Novo foreiro
21/10/14
10 Carreiras
25 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 11 Dec 2018, 7:31
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Circuíto Revolutrion Trail Series: ata1

Ola, dende logo, quero participar no sorteo para o dorsal do circuíto de trails de Arousa Neo!!!!
Foron o meu primeiro contacto coas carreiras en monte e unha experiencia xenial. Arousa é unha zona que non defrauda, tanto por paisaxes coma por organización, voluntarios animando a tope nas zonas máis complicadas e a forma que teñen de entender o monte en xeral. Lástima da auga de Bealo pero dame que de tódolos xeitos non acabaremos secos....
tiojuan

Foreiro Senior
Foreiro Senior
3/10/11
0 Carreiras
807 Mensaxes
Cambados
Respostar citando Envío Mar, 11 Dec 2018, 12:50
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Circuíto Revolutrion Trail Series: ata13/12

hola ,moi boas.
quero participar no sorteo , esta xente curra os trazados moi ben,non se pode deixar escapar una ocasión así,iremos
asi toque ou non.
Xa teño corrido alguns trails dos que monta Edu y cía,de 10 ! Este ano quero voltar a montaña que a teño mooi olvidada.
De maneira que xa me gustaría ser o agraciado,gracias un saudo !





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos