Foros ›
Author
Message
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2106 Posts
Galiza
Reply with quote Post Mon, 26 Nov 2018, 17:59
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Aplauso Aplauso como un toro!

Coida a CorrerEnGalicia -- Blog -- Chámame "ghose"
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1319 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Tue, 27 Nov 2018, 11:42
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Moitas grazas tiojuan! Non parabas de animarme e gritar o meu nome cada vez que nos cruzábamos. Así como para non ir atope! O dito, moitas grazas!

Un pracer ese grupiño e ter esa bonita foto final dos tres Sanmikel. Oxalá sexa como ti dis e na C21 volvamos darlle un pequeno mordisco. Apertas e unha vez máis, parabéns tamén para ti!

Grazas pola felicitación Meigalicix! Pois non estedes tan afeitos, que tampouco quero decepcionar a ninguén jejeje Angel

Mil grazas Xoixe! Penso que un chisco aínda si que podo, pero non creo que teña moita marxe xa.

Boas Rufino! Moitas grazas!!! Si que tivemos moi bo tempo ao final, houbo moita sorte. Algo de fresco a primeira hora e na saída, pero perfecto para correr. Agora como ti dis, descansarei estas semanas (a priori só vou correr a Solidaria de Bembrive este sábado) e co cambio de ano comezarei a preparar a maratón VigBay.

Bueno bueno XoseM, será como un pequeno becerro, que de tamaño non vou sobrado jejej Agora en serio, moitas grazas! Como puxen na crónica, un pracer coñecerte.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1319 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Tue, 27 Nov 2018, 12:03
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Antes esqueceuseme comentar como comezara a semana.

Onte luns 26 fixen unha rodaxe moi suave acompañando a Gefreiter no seu quecemento e logo continuei eu só. Foron 4,5km en algo máis de 25 minutos. Despois unha boa sesión de estiramentos. Ningunha molestia preocupante, pero si que as pernas estaban moi cansas e moi cargadas.

Hoxe martes 27 descanso.
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
84 Carreiras
944 Posts
Valdoviño
Reply with quote Post Tue, 27 Nov 2018, 21:08
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

¡Muchas felicidades por volar en la media! Aplauso Aplauso
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1319 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Wed, 28 Nov 2018, 11:07
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Moitas grazas Beuckelssen!

Hoxe mércores 28 acompañei a Gefreiter no seu adestramento, e digo acompañei porque non puiden facelo enteiro. Despois de 20' de carreira continua como quecemento, había que facer 2x (4 costas + 2x1000 a 3:25). Animeime a intentalo pero sabendo que se non me vía con forzas, era mellor parar.

Na primeira repetición as costas moi ben, sen apretar demasiado, pero ben. Logo os miles. O primeiro mil fíxeno en 3:26 a roda de Gefreiter, pero o segundo xa se foi aos 3:33 (mantiven o ritmo de 3:25/km ata o 700 pero logo deixeime levar, as pernas non tiñan forza para máis).

Xa na segunda repetición, as costas agora si que as fixen fortes e moi ben. Son costas duns 80-90 metros, así que quizais por ser curtas e ter máis peso a explosividade non notaba tanto o cansancio. Logo os miles si que non houbo sorte. Volvín intentalo no primeiro e saín pegado a Gefreiter, fixen 500m e preferín parar. Non tiña sentido completar o km. No segundo mil volvín facer exactamente o mesmo, aínda que desta vez premeditadamente.

Moi contento coas sensacións para ser dous días despois da media. Tanto nas costas como nos miles a pesar de non rematalos (foron pola herba na "rúa 9" das pistas). Pero sobre todo, moi contento por non ter ningunha molestia.

Mañá xoves 29, de novo descanso.
lobo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/12/10
240 Carreiras
182 Posts

Reply with quote Post Fri, 30 Nov 2018, 23:06
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

sonsuso escribió:

O que si, non sei quen é o corredor do Fontes do Sar que quedou nos primeiros postos e sempre que nos cruzábamos me animaba polo nome, sinto non saber o nome!

Presente!!!

Felicidades pola gran carreira... Sigo o teu diario e alégrome moito de que fixeras mmp, e ademáis rompendo a barreira psicolóxica do 1:20.

Un saúdo!!!
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1319 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Sat, 01 Dec 2018, 18:16
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Ei ola Lobo! Non sabía que eras ti. O dito, moitísimas grazas polos ánimos durante a carreira! Iso de que alguén que vai entre os dez primeiros te anime polo nome non ten prezo! E grazas pola felicitación e por pasarte por aquí tamén Smile
Un saúdo!

Sobre os adestramentos, onte venres 30 resultoume imposible saír a adestrar, polo que tamén foi descanso.

Nun pouco estarei na VIII Carreira Nocturna Solidaria de Bembrive, xa contarei que tal vai.
Apertas!
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1319 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Sun, 02 Dec 2018, 0:00
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Hoxe sábado 1 participei na VIII Carreira Nocturna Solidaria de Bembrive. Unha carreira de aproximadamente 6km con moitos subes e baixas, que realmente son 4 voltas (1 pequena e 3 grandes). Moi familiar, tan só 300 inscritos, e cun trato espectacular ao corredor. Ademais de ser un percorrido distinto ao habitual e nocturna. Unha das fixas ás que sempre intento ir.

Chegaba coa idea de correr rápido pero sen nada en mente. A miña categoría era de 20 a 29 anos, así que sabía que ao mellor podía rascar un pódium. Unha motivación que normalmente non teño, pero nada que me fose preocupar. Falando xa da carreira, pequeno quecemento dun quilómetro e directo para a saída con Sanmikel.

Saímos moi moi rápido, no grupo cabeceiro. Quitando o gañador da proba que nos quita rapidamente uns 20-30 metros, o resto imos todos xuntos nun grupo dunha docena de corredores. Primeiro paso por meta, a volta pequena (duns 500m) fágoa en 1'29", estou dentro do grupo cabeceiro.

Tan dentro que na costa máis dura que hai no comezo da 1ª volta grande, póñome en cabeza do grupo e vexo que todos van frenándose, como esperando a ver que alguén se mova. A pesar da subida, sae o km 1 en 3:27. Son consciente de que eles van de paseo esperando o seu momento e de que eu non vou poder manter ese ritmo moito, pero para unha vez que estou aí e vendo como corren os galgos durante a carreira, dígome que o obxectivo é aguantar con eles todo o posible. Comezan os ataques e os cambios de ritmo, e quedo na parte traseira do grupo. Aguanto. É irreal pero aguanto. A cousa segue acelerándose e paso o km 2 en 3:23. "Susito, pero ti que andas a facer..." Paso por meta en 8ª posición. Agora o grupo do 2º ao 7º quítannos uns 3-4 segundos, e eu vou tirando dun trío.

Comeza a 2ª volta grande e na subida volvo a ir con ritmo alegre. Cando remata a subida as forzas xa flaquean. Aguanto varios metros máis detrás deles, pero xa non ten sentido. Así que coa sensación de ter vivido durante uns 10 minutos algo novo, deixome levar e baixo o interruptor. É certo que xa non había moitas forzas, pero tampouco pinchei nin explotei, simplemente me deixei levar. Comezan a adiantarme corredores como se fose un goteo: km 3 en 3:56 e km 4 en 4:03.

A 3ª volta grande é máis do mesmo, eu sigo rodando como se dunha tirada se tratase, sen apretar. Km 5 en 4:12 e siguen alcanzándome corredores, un deles Sanmikel. Intercambiamos unhas palabras e aumento o ritmo para ir xuntos. Parece que volvo a coller ritmo pero nada, volvo a deixarme levar. Km 6 en 3:44 e durante os últimos cen metros adiántanme varios corredores. Un deles a falta de 20 metros para meta, que será o 3º clasificado da miña categoría.

Tempo oficial: 23'08" (6,1km según gps)

Os últimos metros resumen como foi a segunda parte da carreira. Nin esprintei, nin acelerei, nin reparei no feito de que podía estar xogándome o pódium. Non fun consciente ata que nada máis chegar a meta, Sanmikel dime que ao mellor perdín o pódium por ir tan lento ao final. O que se confirmou minutos despois coas clasificacións.

A verdade é que volvo para casa moi contento. Certo é que se me deixara levar un pouco menos, ao mellor tería subido ao pódium. Pero foi o que me pediu o corpo e o que me saiu inconscientemente. Así que moi contento por poder correr con esos galgos máis de 2km e poder disfrutar de algo distinto. Bonita experiencia!
Gondomar

Foreiro Senior
Foreiro Senior
16/09/11
30 Carreiras
747 Posts

Reply with quote Post Sun, 02 Dec 2018, 15:10
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Enhorabuena Suso un placer coincidir con vosotros otra vez,algún día os podré ver más de cerca en carrera mientras tanto me conformo con hacerlo antes de la salida jeje
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1319 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Sun, 02 Dec 2018, 17:31
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Gracias Dani! Igualmente! Que xa vin que baixaches catro minutos a mellor marca que tiñas na carreira. Así que moito tampouco te conformas eh Wink Agora falando en serio, o pre e a poscarreira é onde hai que dar o callo, e eu aí fallei que andaba a outras cousas. Así que para a próxima a ver se me quedo contigo charlando un rato. Conta con iso!

Hoxe domingo 2 fixen unha rodaxe suave de 13km en pouco máis dunha hora (a 5'06/km de media) con varios compañeiros de equipo.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1319 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Sun, 09 Dec 2018, 13:35
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Xa comentei algunha vez que arrastraba molestias no aquiles da perna dereita dende setembro. Algunhas veces queixábase máis e outras menos. Mesmo algunhas non decía nin mu. Pero nas últimas si que se deixaba querer. Entón despois de rodar uns 9km moi suaves baixo a chuvia con Gefreiter o luns 3, decidín parar uns días e darlle descanso. Facer algúns exercicios excéntricos e poñerlle frío á zona, pero sen facer ningún tipo de exercicio. Polo tanto non fixen nada no resto da semana, descanso dende o martes 4 ata hoxe domingo 9.

Non era nada do outro mundo e podería ter continuado perfectamente adestrando, pero preferín parar, pois tiña a sensación de que tamén me apetecía parar uns días para descansar despois de varios meses coa preparación da maratón e as semanas seguintes nas que apretei un pelín máis para chegar ben a Vilagarcía. A verdade é que creo que me está a vir moi ben. Non xa para o aquiles, senón tamén para o corpo en xeral, para recuperar forzas.

Esta semana continuarei co descanso de correr, pero intentarei facer sesións de elíptica e bici estática para non estar completamente parado. Se todo vai ben, sobre o luns 17 volverei correr de novo.
anpefi

Maratoniano
Maratoniano
5/02/11
90 Carreiras
938 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 09 Dec 2018, 20:50
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Una vez, en los vestuarios tras una carrera, escuché una conversación entre dos corredores de los rápidos-igual-no-galgos-pero-casi. Uno le decía al otro (cita aproximada, que hace 7 años de esto) "Te admiro, has sabido parar cuando debías para cuando te empezaron las molestias de [no me acuerdo] para no desarrollar una lesión. Eso es muy difícil de hacer, la cabeza siempre pide seguir, mira lo que me pasó a mi el año pasado. Tu si que tienes la cabeza bien amueblada!". Pues eso, que tienes la cabeza bien amueblada y eso es totalmente admirable, saber parar y descansar no siempre es fácil. Ánimo!
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
84 Carreiras
944 Posts
Valdoviño
Reply with quote Post Sun, 09 Dec 2018, 23:31
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Bien hecho lo de parar. No solamente por las molestias, sino porque mentalmente seguro que te viene bien. Cuando vuelvas lo harás con más ganas. Y vistas tus últimas carreras la evolución a "galgo de grupo de cabeza" se vislumbra...
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
680 Posts

Reply with quote Post Mon, 10 Dec 2018, 13:28
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Boas, unha curiosidade o aquiles onde tés as molestias é o da perna onde che daba maís problemas o piramidal?
Moí boa idea a de descansar.
Saudos.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1319 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Wed, 12 Dec 2018, 0:53
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Moitas grazas polos ánimos aos tres! Ou bueno, quizais mellor dicir polas felicitacións por saber parar Cool Agora falando en serio, vou responder a cada mensaxe.

Boas Anpefi! Non sei se é ter a cabeza ben amueblada, pero si tengo claro que o descanso é moi importante. Nas semanas despois de cada maratón, antes ou despois, sempre paro varias semanas, mesmo algún mes. Seguramente foi demasiado algunhas veces, pero cando levas algo ata o límite... por que non reinicialo e deixalo como novo? Neste caso, o corpo. Pode que a nivel deportivo non sexa o óptimo, seino, pero creo que un descanso sempre vén ben. Logo cada persoa é un mundo e sabe tanto o que prefire como o que lle convén, pero eu prefiro facelo así. Sobre todo se hai algún síntoma de molestia ou lesión.

Grazas pola confianza Beuckelssen! O certo é que este ano mellorei moitísimo. Non como para ser galgo, pero deixémolo en intento de galguito Mr. Green Seguramente podía apretar máis e seguir, pero creo que me vai vir moi ben. E como ti dis, aínda que o motivo fose o aquiles, penso que sobre todo o necesitaba mentalmente. Ultimamente ando a mil cousas no traballo e no día a día en xeral. Quitar ou cambiar algo da rutina, aínda que sexa algo que me gusta e que a priori me permite desconectar, permíteme conseguir que haxa cambios no día a día e que entre un soplo de aire fresco. Mesmo facer outras cousas que me gustan no lugar de correr e para as que habitualmente non teño tempo (pero isto último non é o meu caso desta vez Muro ).

Ola Rufino! Creo que intercambiamos algunha mensaxe sobre o piramidal hai uns meses. O certo é que si que é a mesma perna. Bueno, debo dicir que o piramidal dame avisos en ambas pernas, pero a que ten moita máis tendencia a cargarse e logo pinzarme o nervio é a dereita (a mesma que o aquiles). De feito, a esquerda está operada dúas veces de rodilla, de ligamentos, e quizais a protexa inconscientemente, cargando algo máis a dereita e aportando a súa parte para que sobrecargue máis a dereita tanto en piramidal como aquiles. Inda así, penso que o principal motivamente (para o aquiles) foi que ata hai setembro usaba dous pares de Adidas Boston, unhas con mil e poucos quilómetros e as outras con máis de 700. Entón si que son a mesma perna (aquiles e piramidal), pero non teño claro que poidan ter unha relación directa. Quizais un non é o detonante do outro, pero si que hai relación para que sexan na mesma perna. Polo que falaramos da outra vez, ti pensas que si hai relación, non?





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum