Foros ›
Sorteo 2 dorsais San Silv. Santiago (31/12/18): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 02 Dec 2018, 22:50
Asunto: Sorteo 2 dorsais San Silv. Santiago (31/12/18): PECHADO

San Silvestre Santiago 2018
Luns 31 de decembro de 2018


Que se sortea?
2 dorsais

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Santiago de Compostela, luns 31 de decembro de 2018.
Web da carreira: http://www.sansilvestresantiago.com/
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=CPGNuCalendar&view=event&id=6195&date=20181231
Enlace ao fío do foro:

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o luns 3 de decembro de 2018 ao xoves 6 de decembro de 2018, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 6 de decembro. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 3 de decembro ata as 23:59 do 6 de decembro). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Ven, 07 Dec 2018, 9:23; editado 1 vez
milis89

Novo foreiro
Novo foreiro
8/01/18
2 Carreiras
11 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 03 Dec 2018, 7:16
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais San Silv. Santiago (31/12/18): ata 6/12

Quero participar no sorteo, o ano pasado foi a miña primeira san silvestre en santiago e paseino en grande!!! Este ano seguro que repito, carreira divertida, ben organizada, con moito público animando e correndo pola zona vella!! acabar o ano así e unha gozada!!
kartiza

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/11/07
0 Carreiras
199 Mensaxes
Teo
Respostar citando Envío Lun, 03 Dec 2018, 8:47
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais San Silv. Santiago (31/12/18): ata 6/12

Hola! Me gustaría participar en el sorteo. Por una causa o por otra aún no la he podido correr nunca, y la verdad tengo bastante ganas, pues me han hablado muy bien de ella. Es en la ciudad donde vivo y sería una suerte correr por sus calles en una prueba oficial.
baldrey

Novo foreiro
Novo foreiro
18/09/18
3 Carreiras
22 Mensaxes
santiago de compostela
Respostar citando Envío Lun, 03 Dec 2018, 12:21
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais San Silv. Santiago (31/12/18): ata 6/12

Ola! Gustariame participar no sorteo. Carrreira na casa, polas ruas de santiago o último dia do ano e con animación especial!Está moi recomendable.
dponte

Maratoniano
Maratoniano
18/05/13
5 Carreiras
322 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 03 Dec 2018, 16:45
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais San Silv. Santiago (31/12/18): ata 6/12

Ola, participo no sorteo do dorsal para a San Silvestre de Santiago.

Trátase de unha carreira moi especial por ser a última do ano, polo ambiente festivo e porque correr pola zona vella de Santiago non se fai todos os días e hai que aproveitar calquera oportunidade.

Desde que comezou a celebrarse so faltei o ano pasado e este ano teño pensado ir aínda que non toque o sorteo.
emmme

Novo foreiro
Novo foreiro
21/10/14
10 Carreiras
25 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 03 Dec 2018, 17:01
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais San Silv. Santiago (31/12/18): ata 6/12

Ola! Gustariame participar no sorteo para o dorsal da San Silvestre de Santiago xa que participo dende case a primeira edición e me parece unha ocasión perfecta para despedir o ano e ver caras coñecidas e sobre todo disfrutar duns quilómetros sen presas esquecendo os tempos e pasándoo ben contemplando aos corredores e corredoras disfrazadas, que cada vez son máis orixinais.
orion764

Foreiro Senior
Foreiro Senior
30/11/13
18 Carreiras
826 Mensaxes
Santiago Compostela
Respostar citando Envío Lun, 03 Dec 2018, 17:51
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais San Silv. Santiago (31/12/18): ata 6/12

Hola
Quiero participar en el sorteo del dorsal para la San Silvestre De Santiago. He participado en todas las ediciones junto con mis hijos y esta será otra más. Una buena manera de despedir el año junto a muchos conocidos por un circuito que está esa tarde lleno de gente animando
vandres

Novo foreiro
Novo foreiro
4/04/16
0 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 03 Dec 2018, 18:52
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais San Silv. Santiago (31/12/18): ata 6/12

Me gustaría participar en la san silvestre de santiago para ver como es correr esta carrera por sus calles!
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1926 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Mar, 04 Dec 2018, 15:10
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais San Silv. Santiago (31/12/18): ata 6/12

Quería participar también en el sorteo del dorsal.

La corrí una sola vez, hace dos años. El motivo de poder ir es la de muchos, no saber si vas a poder librar del trabajo. Sin embargo este año, tal como coinciden las fechas no hay motivo para faltar.

Mi experiencia en esta carrera fue bonita. Una marabunta de gente corriendo calle arriba, calle abajo, ahora a la izquierda, ahora a la derecha... No se que tiene el entorno de la Zona Vieja, pero para correr es única. Además, el ambiente festivo de esta carrera culmina con todas las expectativas.

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 06 Dec 2018, 23:02
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais San Silv. Santiago (31/12/18): ata 6/12

Sorteo finalizado.

Muchas gracias a todos por participar. En unas horas publicaremos los resultados del sorteo. Permaneced atentos porque una vez publicados, dispondréis de 48 horas para enviar vuestros datos. Pasado ese plazo, si no los recibimos, perderéis el derecho al dorsal y pasará a pertenecer a un suplente.

Mucha suerte!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 07 Dec 2018, 11:12
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais San Silv. Santiago (31/12/18): PECHADO

Ganadores: dponte, emmme

Enhorabuena a los ganadores de Sorteo 2 dorsais San Silv. Santiago (31/12/18)

Necesitamos que enviéis un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

- Nombre y apellidos

- Fecha de nacimiento

- DNI

- Localidad

- Talla de camiseta

- Nick personalizado para el dorsal

- Email

- Teléfono

- Club al que perteneces

- Si estáis o no federados

- Nº de federado

Recordad que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos vuestros datos, perderéis el derecho al dorsal

Link al resultado: www.randorium.com/es/toKQSXvH



Quedan fuera del sorteo vandres por no indicar su deseo de participar en el circuito.
dponte

Maratoniano
Maratoniano
18/05/13
5 Carreiras
322 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 07 Dec 2018, 12:21
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais San Silv. Santiago (31/12/18): PECHADO

Que ilusión! Moitas grazas.

Xa tedes o correo cos datos enviado.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos