Foros ›
Sorteo 1 dorsal Trail Minas San Finx (30/12/18): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 02 Dec 2018, 22:50
Asunto: Sorteo 1 dorsal Trail Minas San Finx (30/12/18): PECHADO

II Trail San Silvestre - Minas de San Finx
Domingo 30 de decembro de 2018


Que se sortea?
1 dorsal

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Lousame, domingo 30 de decembro de 2018.
Web da carreira: http://emesports.es/event/ii-trail-san-silvestre-minas-de-san-finx-lousame-2018/
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=CPGNuCalendar&view=event&id=5658&date=20181230
Enlace ao fío do foro: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=Forums&file=viewtopic&t=21216

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o luns 3 de decembro de 2018 ao xoves 6 de decembro de 2018, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 6 de decembro. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 3 de decembro ata as 23:59 do 6 de decembro). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Ven, 07 Dec 2018, 9:24; editado 1 vez
Weder

Foreiro infantil
Foreiro infantil
2/10/11
1 Carreiras
102 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 03 Dec 2018, 6:59
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Minas San Finx (30/12/18): ata 6/12

Hola,
Quero participar na segunda edicion desta carreira pois xa fixen a primeira e quedei moi content co que me gustaria repetir.
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1015 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 03 Dec 2018, 7:17
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Minas San Finx (30/12/18): ata 6/1

Boas, estaría interesado en participar no sorteo.
Xa corrín ésta proba o ano pasado e encantoume tanto pola organización como polo trato ó corredor.
O trazado era bonito sen chegar a ser excesimanete técnico. Eu o vexo ideal para a xente que quere probar nun trail. Ademáis éste ano aumentaron un segundo percorrido de 24 kms.
E que mellor que rematar o ano facendo o que maís gusta,é decir, un pouco de monte.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4686 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Lun, 03 Dec 2018, 9:41
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Minas San Finx (30/12/18): ata 6/12

Quiero participar en el sorteo,había leído cosas buenas de esta carrera,y estos días preguntando,me las han confirmado,además la zona me parece interesante porque no la conozco,y sobretodo tengo ganas de hacer algo distinto a lo de todos los años en esas fechas.
Lecop

Montañés
Montañés
12/02/11
10 Carreiras
713 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 03 Dec 2018, 11:24
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Minas San Finx (30/12/18): ata 6/12

Me gustaría participar en esta prueba, me parece un entorno increíble y una gran forma de despedir el año cruzando las montañas de la zona, el año pasado me lo perdí por el horario pero en esta ocasión me es propicio! a ver si hay suerte
sugom

Novo foreiro
Novo foreiro
22/06/14
4 Carreiras
29 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 03 Dec 2018, 11:30
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Minas San Finx (30/12/18): ata 6/12

Molón


Última edición por sugom o Lun, 03 Dec 2018, 21:05; editado 1 vez
Mendeselassie

Maratoniano
Maratoniano
7/03/10
285 Carreiras
307 Mensaxes
Bertamirans
Respostar citando Envío Lun, 03 Dec 2018, 11:33
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Minas San Finx (30/12/18): ata 6/1

Quero participar no sorteo...
Polo xeral suelo despedir o ano con algunha San Silvestre de asfalto pero este ano apeteceme facelo de maneira diferente...
Xa o ano pasado lle votara un ollo a esta carreira xa que me pilla cerca da casa pero por horarios e outras circunstancias non puiden asisitir...
Ademáis desta volta aumentan a distancia co cal penso que gaña en atractivo, e é unha zona que coñezo de adestrar por alí ocasionalmente e que non ten desperdicio ningún, a ver que nos teñen preparado...
Sexa cal sexa o resultado do sorteo tentaremos ser da partida...
Bailar

Cuando bajas drop, ya no hay stop...
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 03 Dec 2018, 11:49
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Minas San Finx (30/12/18): ata 6/12

Un máis que quere participar e estrearse mesta carreira que ten unha pintaza xenial
Sorte!!
baldrey

Novo foreiro
Novo foreiro
18/09/18
3 Carreiras
22 Mensaxes
santiago de compostela
Respostar citando Envío Lun, 03 Dec 2018, 12:25
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Minas San Finx (30/12/18): ata 6/12

Quiero participar en el sorteo y así probar esta prueba desconocida para mi! Pero de la que me han hablado bien por la buena zona que es.
Quique78

Novo foreiro
Novo foreiro
13/08/17
60 Carreiras
44 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Lun, 03 Dec 2018, 15:01
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Minas San Finx (30/12/18): ata 6/1

Hola
Deseo participar en el sorteo del dorsal para el Trail de San Finx
Nunca he estado pero viendo la zona y el recorrido creo que merece mucho la pena.
Para acabar el año me parece la prueba perfecta y distinta a todas las San Silvestres ( viendo por donde discurre, "Silvestre" debe ser un rato Moi feliz )
Gracias
Suerte a todos.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 03 Dec 2018, 16:37
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Minas San Finx (30/12/18): ata 6/1

Pois quero participar no sorteo, como só se celebrou o ano pasado, non teño moitas referencias, ademáis aumentan a distancia ata os 24 Kms, ainda que siguen dando a opcion dos 16 Kms.
Pero por algún coñecido que participou, falaronme moi ben dela, así que habera que ir para comprobalo.
dponte

Maratoniano
Maratoniano
18/05/13
5 Carreiras
322 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 03 Dec 2018, 16:53
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Minas San Finx (30/12/18): ata 6/12

Ola, gustaríame participar no sorteo. Non coñezo a proba pero quédame cerca e ten boa pinta. Levo moito sen facer un trail e xa teño algo de mono de monte. Se toca o dorsal dobrarei coas clásicas san silvestres asfalteiras do 31 (e se non toca.... pois igual tamén se corre, que hai moito vicio Mr. Green )
srocha

Novo foreiro
Novo foreiro
7/05/15
0 Carreiras
18 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 03 Dec 2018, 17:18
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Minas San Finx (30/12/18): ata 6/12

Hola a todos!
Pues el que no arriesga no gana! En vista de las buenas críticas de este trail, ¿por qué no intentarlo para poder opinar yo tambien? Pues nada a participar y así a ver si puedo estrenarme en la modalidad trail fuera de mi provincia. Suerte a todos!
emmme

Novo foreiro
Novo foreiro
21/10/14
10 Carreiras
25 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 03 Dec 2018, 17:20
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Minas San Finx (30/12/18): ata 6/1

Quero participar no sorteo do dorsal!!! Algúns compañeiros me falaron xenial desta carreira porque participaron o ano pasado. Case sempre despido o ano cunha de asfalto pero nesta ocasión me encantaría ir ao monte porque dende hai meses non o probo e o "mono" é grande. A zona é moi chula e pode prestarse a recorrer zonas moi interesantes así que agardo ser a afortunada. Saúdos!
Anomander

Novo foreiro
Novo foreiro
31/03/17
0 Carreiras
18 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 03 Dec 2018, 19:30
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Minas San Finx (30/12/18): ata 6/12

Quero participar no sorteo.

O ano pasado non participei pero as referencias que teño de todo o mundo que foi, xente de asfalto e de monte, son moi boas. Este ano parece que adaptan outra distancia para a xente máis de monte, cos 24 km. Haberá que acabar o ano de unha maneira diferente a outros anos.


Última edición por Anomander o Mar, 04 Dec 2018, 8:29; editado 1 vez





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos