Mar, 06 Nov 2018, 13:32
Asunto: Re: RUN RUN VIGO 2018
Desculpa roixordo, eu son de Vigo. E creo que os que opinamos aquí non estamos criticando a supresión da baixada de "Gran vía", se non máis ben de que se quita un dos acenos de identidade desta carreira, igual que tamén é a subida da rúa Coruña. Por suposto que ninguén falou tampouco da orografía, ninguén a criticou, os que vamos a carreira facémola e listo. So creo que son comentarios a indicar que se cambia o circuíto a 5 días da proba, e porque basicamente se pregunta.
Por o demais ninguén sabe (porque ninguén o informou), que o Corte Inglés xa non patrocina a proba. Se houbese toda esta información con tempo seguramente o número de críticas/comentarios sería máis levadeiro e nulo.
Ademais creo recordar que a rúa Venezuela está aberta a circulación, tanto peonil, como de tráfico rodado, así que non me parece que esa rúa vaia a ser unha "boot camp".
Repito, so falta información completa sobre a proba, e con tempo, non así de mal, que parece que ano tras ano non se aprenden dos erros.
roixordo escribió: |
Supoño que a xente que reclama a baixada por Gran Vía é xente que non é de Vigo. Levar a proba por onde era antes estaría ben pero para facer unha "Boot Camp", ou algo parecido, xa que a rúa Venezuela está toda levantada por obras. As vallas, para a "Boot Camp", xa estarían colocadas e para os buracos só fai falta quitar algunha das vallas.
A baixada de Gran Vía só tiña unha explicación: El Corte Inglés, ... |