Foros ›
Sorteo 2 dorsais San Martiño Bueu (11/11/18): PECHADO
Foros de debate / Arquivo sorteos 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 28 Out 2018, 23:06
Asunto: Sorteo 2 dorsais San Martiño Bueu (11/11/18): PECHADO

XXIII Carreira San Martiño Bueu
Domingo 11 de novembro de 2018


Que se sortea?
2 dorsais

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar e data de celebración: Bueu, domingo 11 de novembro de 2018.
Web da carreira: https://concellodebueu.gal/eventos/xxiii-carreira-pedestre-san-martino/
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=CPGNuCalendar&view=event&id=6164&date=20181111
Enlace ao fío do foro: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=Forums&file=viewtopic&t=21101

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o luns 29 de outubro de 2018 ao xoves 1 de novembro de 2018, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 1 de novembro. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 29 de outubro ata as 23:59 do 1 de novembro). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.[/quote]


Última edición por O_Circuito o Ven, 02 Nov 2018, 8:17; editado 1 vez
antony

Novo foreiro
Novo foreiro
21/09/10
0 Carreiras
26 Mensaxes
Ardan
Respostar citando Envío Lun, 29 Out 2018, 10:41
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais San Martiño Bueu (11/11/18): ata 01/11

Gustariame participar neste sorteo. A ver si hai sorte.
A carreira San Martiño de Bueu é unha das fixas na axenda por cercanía, porque é totalmente chan o percorrido e unha distancia moi asequible para todos os públicos e tamén polo esmero que pon o clube corredoiras en todas as probas que organiza.
Si non hai novidade o 11 novembro estaremos en Bueu pasando unha boa mañan deportiva cos compañeiros, desde ben cedo coas categorías infantís.
a_rodal

Novo foreiro
Novo foreiro
23/07/12
162 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 29 Out 2018, 18:18
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais San Martiño Bueu (11/11/18): ata 01/11

Estou interesado en participar no sorteo!!!!
Esta e unha da carreiras nas q si levas anos participando sempre tes a espiña cravada , na cal queres facelo mais rápido, que o ano anterior, polo que intentarei mellorar esa marca!!
Asi que si me toca ou non ali estareí, como todos os anos e polas fechas que son un estaremos a chupar un pouquiño de friaxe!!!!!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 01 Nov 2018, 23:01
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais San Martiño Bueu (11/11/18): ata 01/11

Sorteo finalizado, muchas gracias por participar y mucha suerte. Publicaremos los resultados a lo largo del viernes 2 de noviembre. Estad atentos porque una vez publicados los ganadores, dispondrán de 48 horas para enviar sus datos. En caso de no recibirlos dentro de ese plazo, el dorsal pasará a uno de los suplentes.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 02 Nov 2018, 15:24
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais San Martiño Bueu (11/11/18): PECHADO

Ganadores: Antony y A_rodal

Enhorabuena a los ganadores de Sorteo 2 dorsais San Martiño Bueu (11/11/18)

Como no ha habido más participantes, la asignación de los dorsales ha sido directa.

Necesitamos que enviéis un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

[b]- Nombre y apellidos

- Fecha de nacimiento

- DNI

- Localidad

- Talla de camiseta

- Nick personalizado para el dorsal

- Email

- Teléfono

- Club al que perteneces

- Si estáis o no federados

- Nº de federado
a_rodal

Novo foreiro
Novo foreiro
23/07/12
162 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 02 Nov 2018, 15:51
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais San Martiño Bueu (11/11/18): PECHADO

Ok, correo enviado
Un saudo!!!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos