Foros ›
Autor
Mensaxe
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 22 Out 2018, 10:32
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

XXIII Media Maratón de Pontevedra onte domingo 21. A idea era facer un bo grupiño con Sanmikel, jose.losada ou Maseda (entre outros) co obxectivo de 1h22'. A verdade é que non me vía para moito máis, e sería unha moi moi boa rodaxe pensando na Maratona de Porto. Así que con esas fun a Pontevedra. Cheguei con Sanmikel. Saúdos e recoller o dorsal. Café e foto cos Jackbauers, onte case ao pleno! Había que aproveitalo! Non puiden estar na carmafoto, pero acerqueime despois ao café a saudar e charlar uns minutos. Despois cambiarse, quecemento ... e directos para a saída.

Eramos bastantes no grupo. Dous compañeiros do cerne, un do taninos, tres do carma e tamén maseda e jose.losada. Eu saín algo máis rezagado e con calma, porque a saída e peligrosilla ao ser na ponte e en curva, pero no quilómetro un e pouco xa os alcanzo. Rodamos xuntos ata o km 3, pero xusto despois comeza a primeira subida. Manteño o ritmo de 3:53-3:55 que levábamos, quizais un pelín máis rápido (3:50) pero ao picar para arriba collo uns metros de distancia. Comigo vai isaac.m.f e uns metros detrás o grupiño. Ese km 4 e tamén o 5 (polo centro de Pontevedra) saen en 3:50-3:53/km mais ou menos. O último pola zona vella e que pica para abaixo, o km 6, sae en 3:45/km; certo é que nas costas intento manter o ritmo e non baixo. Agora xa imos só isaac.m.f e máis eu, e vexo ao resto do grupo máis atrás. Volvemos á ría, e nos primeiros miro para atrás para ter referencias, eles van uns cantos metros atrás. Sei que non era o ritmo falado e que fora culpa miña ou nosa, e aínda sabendo que posiblemente ía pinchar e o pagaría na segunda volta, decidimos continuar.

Dende a baixada ao volver á ría, imos collendo a bastante xente, pouco a pouco imos subindo ao ritmo, e así, con esta inercia, os sete seguintes quilómetros (km 7 - km 13) que son todos chans, saen a 3:40/km moi regular. Neses quilómetros fixemos un grupiño bo grupiño de 4-6 persoas según o momento. Aguantei ata o km 14, na primeira subida para entrar no centro da cidade. Aí mantívenme no grupo, pero logo no callejeo deixeime levar e subín o ritmo a 3:45/km (km 15, 16 e 17), polo que se me foron uns metros. Metros que xa non recuperei e que aumentaron, pois dende o km 18 ata o final mantívenme nun 3:50-3:55/km. Ía botando contas e o ritmo chegaba para baixar de 1h20'59", que era a miña mmp, algo co que non contaba! Así que prefería non sufrir en exceso e intentar manterme (que non era pouco!).

Ao final fixen tempo oficial 1h20'42" e neto 1h20'36". Mellor marca persoal en media, volvo arañar outros 23 segundiños, e todo pinta ben para a MM de Vilagarcía, que xa a marcara como o obxectivo antes de nadal. A ver se alí facemos un bo grupiño (dos de verdade, sen ninguén que o rebente coma min xD) e atacamos un sub1h20'.

Espectacular isaac.m.f que baixou de 1h19'30" e fixo mmp por máis de 5' creo. Moi grande maseda que fixo mmp e tamén jose.losada, os compañeiros do cerne que ían no grupo e sanmikel, que foi o único coa decencia de cumplir o 1h22'02" pactado Guiño

Despois ducha, charlas, cervexas e pouquiño máis. Noraboa tamén a Amina polo seu podium. Ao resto dos jackbauers por esas tiradas para Nova York! Aplauso E a todas as nécoras, que polo que falamos, houbo moitas mmp e mellores sensacións! Grande equipo! Bailar
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4258 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Lun, 22 Out 2018, 12:22
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Noraboa Suso. Vilagarcía se acompaña o tempo pode ser a carreira ideal para restarlle uns segundiños máis á túa MMP.
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1339 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 22 Out 2018, 13:40
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

En Villagarcia es verdad que hay que intentarlo. Si la climatologia acompaña ahí estaremos. Y esta vez sin concesiones. Andamos cerca. Mientras tanto a darle duro. Enhorabuena por esa nueva marca Suso.
En la segunda vuelta por lo que vi en los tiempos es verdad que te costó más pero arriesgaste en la primera vuelta y pudiste sacar esa nueva marca. Carrerón el que hiciste.
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4361 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 22 Out 2018, 14:42
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Enhorabuena, gran carrera y tiempazo, en Villagarcía te vas a salir.
Enhorabuena también a Maseda y resto de foreros de ese pedazo de grupo.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 22 Out 2018, 15:23
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Pouco que decir de como estás con un entreno nada específico. So felicitarte, pero aquí un servidor sabía que non ías cumprir o plan acordado. Espero en Vilagarcía estar a altura.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 22 Out 2018, 22:01
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Grazas aos catro! A ver se é certo e sae ben Vilagarcía, porque ás veces basta que si que telas en mente unha carreira para que non saia. Pero presión ningunha, é máis polo aliciente de ver se son capaz ao atoparme ben, que polo feito en si mesmo. Porque a este 2018 moito máis non lle podo pedir xa (a nivel marcas quero dicir).

E o que tis dis Corredor101, é unha pasada contar cun grupiño de foreiros para ir a estes ritmos e con tan bo rollo. Así da gusto!
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mar, 23 Out 2018, 4:01
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Neno! tu mucha zapatilla das! Abraiado Mr. Green


Vale Parar Xa sabía que corrías "ben", pero ese tempo xa non é para calquera Aplauso

-- Chámame "ghose"
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mér, 24 Out 2018, 9:16
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Grazas XoseM! Se por "ben" te refires a bonito, asegúroche que non jejeje Pero si, xa son ritmillos moi bos para ser unha media maratón. Hai ano e algo, quizais dous, recordo comentarlle a un amigo que ao mellor adestrando moito e en serio podería chegar a 1h20'; agora non vexo descabellado intentar baixar de 1h19', aínda que xa é falar moito. Pero o que teño claro, é que nunca pensaba facer estes tempos cando comecei a correr no 2011 (50'33" na Vigo+11 dese ano, 1h44'53" na VigBay de 2012, ou 1:51'45" na VigBay de 2013). Aínda que xa o ano seguinte (2014) fixen 1h23' na Vigbay e 3h13' na Coruña42. Quizais ese foi o meu gran salto.

Supoño que será algo común a moitos de nós. Cada un ten os seus límites e cada vez costa máis mellorar, pero o punto inicial de cada un pode distar moito dese límite. Polo que con continuidade e con que se fagan un pouco ben as cousas, non é difícil que este deporte sexa agradecido e poder mellor algo relativamente rápido. Sobre todo porque non require moito coñecemento nin técnica para realizalo; cos seus matices, pero é accesible deportivamente falando. De feito, unha vez que ese progreso xa non é tal, un sempre pode probar modalidades distintas, variar cousas, experimentar, ...

O dito, grazas polo comentario XoseM e perdón polo rollo que soltei a raíz del Mr. Green



Semana 9 (de 10) para Porto

Luns 22 descanso. Nos anteriores luns, despois de tiradas, non aparecera ningunha molestia, tan só cansancio e algo cargadas as pernas. Pola contra, antonte si que xa se comezaron a queixar algunhas partes: sobre todo os dous piramidais e os isquiotibiais da perna esquerda. Así que descanso, e pola noite unha sesión de estiramentos.

Vendo como foi o luns, o martes 16 según me atopase, xa vería o que faría. Os piramidais melloraron algo pero os isquios quéixanse máis se cabe. Así que pola noitiña acerqueime ao estadio da universidade. Primeiro fixen 20' de bicicleta, logo unha sesión de estiramentos, corrín 2 km escasos moi suaves pola herba e outra ronda de estiramentos.
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1020 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 24 Out 2018, 10:16
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Boas, antes de nada parabéns pola mmp. Unhas preguntas (pq a mín tamén me pasa):
-Notas relación de melloría dos aquiles cando melloran os piramidaís?
-Tés o pé cavo, e usas plantillas?
Cando fún o podólogo fixen plantillas pq me dixo que ó ter o pé cavo toda a zona traseira (aquiles, isquios, piramidaís incluso espalda) sufría moito.
Me recomendaron masaxear a planta do pé cunha pelota de goma tamaño pelota de golf, e a verdade e que noto melloría.
Un saudo.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Xov, 25 Out 2018, 8:30
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Ola Rufino!

Creo que teño bastante curvatura lumbar, entón polo que me ten comentado algún fisio, os problemas poden vir por aí (e logo por pasar moito tempo sentado traballando tamén, ademais dunha mala postura imaxino). Pero si que pode ter relación con algo do pé. Descoñezo se teño pé cavo, pero si que teño un pé bastante ancho e con moito empeine (adoito usar zapatillas de media talla máis ou calzado un pelín máis grande do que me corresponde en xeral); e iso coincide, creo, coas características do pé cavo. Así que é moi posible que sexa como ti dis.

Sobre todo no caso do piramidal. No do aquiles non o teño tan claro, porque esta foi a primeira vez que me pasou (comezou en setembro e arrástroo ata agora), mentres que o piramidal deume moi forte tanto no novembro-decembro pasado como anos atrás. Xa cando xogaba ao fútbol con 17-18 anos tiña algún problema deste tipo, co piramidal que me pinzaba o nervio crural e sentía dor e pinchazos por toda a perna. Mentres que nunca tiven problema co tendón de aquiles ata agora.

Entón respondendo ao que me comentas, a priori non vexo relación directa no meu caso entre aquiles e piramidal. Agora ambos están mellorando ao mesmo tempo, penso que o primeiro apareceu por exceso de quilometraxe nas zapatillas (e usar mixtas para todo) e o segundo polo problema de sempre. Pode que solucionar un deles axude a arranxar tamén o outro, pois ao non haber molestias non cargas outras zonas, etc. Pero sen saber, eu non diría que no meu caso haxa unha clara relación.

Sobre a segunda pregunta, máis ou menos xa respondín, pero nin idea do tipo de pé que teño e nunca usei plantillas. Penso que neutro non son, pero que tampouco é nada exagerado, polo que podo seguir tirando así (refírome a pronador-supinador, ou pé cavo, etc). Aínda que cousas como esta ou facer unha proba de esforzo, son cousas que teño pendentes e que algún día espero facer. Porque aínda que no meu caso o do aquiles veña por outros erros que cometín, seguramente algo de relación haxa, ou algo inflúa.

Tomo nota do da pelota para masaxear a planta do pé! Que é sobre todo para o aquiles? Ou para traballar a propia planto do pé e así mellorar todo o resto? Pregunto por non sei moito diso. Eu co piramidal intento estirar 3 veces ao día durante uns 10-15 minutos, e co dos aquiles estou facendo exercicios excéntricos e poñendo xeo polas noites.

Apertas e grazas por pasarte por aquí! Sorriso
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Xov, 25 Out 2018, 8:36
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

---editado por erro---

Editei sen querer os adestramentos de mércores 24 e xoves 25, nada destacable. O mércores seis quilómetros suaves pola herba e uns estiramentos, e o xoves un progresivo de 10km con Gefreiter.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 29 Out 2018, 1:42
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Onte Venres 26 e sábado 27 descanso. Entre o luns e o xoves só fixera 18km, así que a idea era saír ambos días para facer entre 10 e 14 km, sen obxectivo de ritmo, pero para sumar quilómetros. Ao final por falta de tempo e andar a outras cousas, quedei sen saír.

Hoxe domingo 28 tocaba a 41 Carreira Pedestre de Santiago. Xogaba na casa, así que hoxe todo eran comodidades. Saín cedo para poder quentar ben, pero atopemeime cun chaparrón e moito frío, así como tamén a Litho, Maseda, Amina, Galaxian, J.Paris, Canido, pajaroeu, Bao.Es, Jotaeme, ... e o propio Lete, con quen quentei ata que fun para a saída.

Sen ritmo obxectivo, a idea era ir alegre pero chegar vivo a Vite. Saín rapidillo para evitar atasco. Km 1 en 3:55 e km 2 en 3:37. Xusto nese momento xiramos á dereita (moi pechado), e esvaro un pouco. A partir deste susto, en todas as baixadas irei con moito moito coidado.

Ao facer ese xiro entramos no Camiño de Santiago (rúa do Valiño, rúa dos Concheiros e rúa de San Pedro): km 3 en 3:34 e km 4 en 3:36. Logo entramos na Virxe da Cerca (km 5 en 3:35). Ata ese momento todo moi constante, a moi bo ritmo, pero sen obsesionarme. De feito, en baixadas como na rúa da Rosa non vou demasiado rápido, vou con moito coidado.

Agora comezaba o bo. Santiago de Chile, Rosalía de Castro, uns metros llanos polo campus e a subida da piscina universitaria: km 6 en 3:55 e km 7 en 3:54. Nesta parte o corpo xa non vai tan cómodo. Vou co piloto automático, pero sen forzar en exceso. Se perdo uns segundos perdo.

Segunda parte da subida no campus (Xelmírez I e Pío XII) con calma, baixada do Cruceiro do Gaio con máis calma aínda, e entramos en Galeras. Cólleme Maseda e dime que jose.losada vén detrás. Km 8 en 3:49 e chegamos a Vista Alegre, aí comeza a tendida subida da rúa Salvadas (antes de chegar a Vite). Sigo a piñón, de feito Maseda colle uns metros ao chegar á avenida de Castelao: km 9 en 4:07. Para min esta é a peor parte da carreira.

E así chega Vite. Comecei pouco a pouco. Íamos nun grupiño de 4-5, con Maseda, e collo uns metros. Sigo alcanzando algúns corredores e pouco a pouco vou subindo o ritmo. A verdade é que me atopaba moi ben e con forzas, así que tirei para arriba. Seguía collendo a xente, por exemplo a Sandra Mosquera, e xusto ao rematar a subida púxenme á altura de Gestido. Este km 10 saiu en 3:59 (a subida de Vite según Strava en 2:55, a 4:11/km).

A partir de aí todo picando para abaixo. Nos primeiros metros tomeime un respiro. De feito cólleme pajaroeu e dime que tire con el. Estamos en San Roque e pouco a pouco vou collendo ritmo, así que km 11 en 3:37 e entramos na zona vella! Unha pasada ese último km. Cervantes, Mazarelos, O Toural, ... menudo ambiente! Así entramos no Vilar, uns 5-6 xuntos case á par. Nótase que esta parte é rápida e todos queremos apretar. Fago un cambio e sorpréndeme que me vexo con forzas, o suficiente para xirar ao final do Vilar (na rúa Fonseca) só e entrar no Obradoiro sen arriscar na última curva. Últimos metros e 44:48 (oficial) - 44:41 (neto).

Posto 111 e ritmo medio de 3:43/km. Moi contento polas sensacións. Sobre todo en Vite e nos últimos 300-400 metros, onde me sorprendeu o ben que acabei (normalmente acabo sufrindo e deixome levar, como nos 15K Atlántico ou un pouco en Pontevedra). En calquera caso, o mellor é que cero molestias. Nin aquiles, nin piramidal, nin isquios. Todo ben! Ademais de evitar caídas.

Remata a penúltima semana con 30 quilómetros escasos. Demasiados poucos, pero é o que hai. Sete días para Porto!
MONOSTATOS

Novo foreiro
Novo foreiro
19/02/18
0 Carreiras
13 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 30 Out 2018, 13:00
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Muy bien, Suso.
Bravo, bravo y bravo.
Grande.
Te van a salir alas.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mér, 31 Out 2018, 17:50
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Moitas grazas monostatos! A verdade é que non me queixo, agora a seguir Guiño

Derradeira semana para a Maratona de Porto

O luns 29 descansei. As pernas algo cargadas en xeral, pero nin rastro das molestias da semana pasada.

Martes 30 unha tranquila rodaxe de 1h por pistas polo entorno do Camiño de Santiago de Fisterra (entre o Pedroso e o río Sar) con Gefreiter. A verdade é que hai zonas moi chulas para perderse e correr sen presa e sen importar os ritmos.

Hoxe mércores 31 volvín quedar con Gefreiter para facer algo máis intenso. A idea era facer carreira continua e despois 3 repeticións de: 4 costas de 120m + 2x600. Facéndoo atope é un adestramento duro, penso que hai un mes largo o fixemos xuntos, pero hoxe non era o día para forzar. Finalmente foron 20' de cc e tan só 2 repeticións, pero moi moi suave, literalmente ne reserva. Xa ía con idea de non forzar, pero unha vez comecei vin que o corpo estaba moi moi canso. Así que toca descansar.

Mañá xoves 1 descansarei e aproveitarei para facer unha boa sesión de estiramentos con calma.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 03 Nov 2018, 13:47
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Onte venres 2 descanso completo. Mentres que hoxe sábado 3 saín a Castrelos a rodar un pouco. Primeiro 600 metros moi suaves dende casa, e logo alí foron 6km (4:43-4:25-4:26-4:26-4:29-4:44). Estiramentos e pouco máis.

Mañá estarei na Maratona de Porto para correr a miña oitava maratón. Correrei cun compañeiro do club, Lete, co obxectivo de facer un sub3h10' e así lograr a súa MMP. Se todo saíse redondo, penso que poderíamos estar en 3h08' ou similares, pero parece que vai facer un día de perros. Con moita chuvia e bastante vento. Así que hai que ir preparados para sufrir e ver como evoluciona a carreira, para así adaptar o ritmo e ir marcando miniobxectivos.

No que a min se refire, esta será a miña carreira popular número 100. A primeira foi no ano 2006, cando participei na carreira curta paralela que se facía á Media Maratón de Coia. A segunda xa foi máis tarde e despois dunha operación de rodilla, a Vigo+11 do 2009; mentres que a terceira volveu ser a Vigo+11 de 2011, despois de outra operación de rodilla. Logo si que foron moito máis frecuentes as carreiras, debutando en media maratón na Vig-Bay de 2012 e en maratón na Coruña42 de 2014.

A verdade é que estou con moitas ganas e xa cos nervios da carreira. Penso que chego ben, con quilómetros e ritmo. Así que espero poder disfrutar de todo o que significa correr unha maratón e sobre todo de compartir a carreira cun compañeiro. Sufriremos, si. Pero espero que tamén disfrutemos como ananos! Bailar

Apertas!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos