Foros ›
Autor
Mensaxe
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mar, 02 Out 2018, 16:05
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Boas Maseda! Eu lera que as Boston aguantaban algo máis, pero non é algo exacto. Depende de como salga a propia zapatilla, do tipo de uso que fixeras dela e da propia técnica de cada un imaxino. O que está claro é que coas anteriores excedinme, e que estas xa teñen moitos kms. Entón terei que comezar a usar as novas. Quizais comezar alternando como ti dis (porque dende finais do 2017 fago iso e foime ben, ningunha molestia nin lesións), e se non melloro, buscar unhas máis amortiguadas.

Como dicides tanto ti como Rufino, o que está claro é que 30km e con ese perfil e tipo de superficie, os motivos das molestias están claros. O corpo hai que coidalo, e o domingo non era unha carreira que o permitise precisamente.

Como dis Rufino, intentarei coidar ese tipo de detalles esta semana (perfil e terreos) para poder manter o volume de quilómetros semanais, que realmente é o que me interesa, poder seguir sumando e ter continuidade. O do fisio aguantarei algunhas semanas máis, porque muscularmente atópome ben, e o deixarei para algunha semana antes da maratón de Porto (finais de outubro imaxino).

Grazas aos dous! Sorriso
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mér, 03 Out 2018, 10:26
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Semana 6 (de 10) para Porto

O luns 1 tocou descanso.

Onte martes 2 fixen unha hora suave. En concreto foron 10,07 km en 52'41" (a 5:14/km). Muscularmente sen molestias pero coas pernas moi pesadas. O tendón de aquiles ao despertar molestou bastante, como era de esperar, e tamén ao comezar a correr, aínda que pouco a pouco foi desaparecendo.

Hoxe mércores 3 tiña pensado seguir na mesma liña, pero puiden coincidir con Gefreiter e animeime a facer con el o adestramento que lle tocaba no plan. Primeiro 30' de carreira continua, logo 2 x 8 costas curtas (recuperando a trote entre costa e costa, e 4' de recuperación entre as dúas series), e uns cambios de ritmo para rematar: cambios de 1' con 30" de recuperación a trote. En total foron 12,64 km en 1h08' (a 5:26/km de media). Sensacións moito mellor que o día de onte, tampouco unha marabilla, pero si que xa recuperei algo do domingo. Molestias no tendón case ningunha, só ao comezo o notei un pouco.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Ven, 05 Out 2018, 10:58
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

O xoves 4 non me apetecía moito madrugar, prefería descansar ben, e tampouco non tiña moi claro que facer. Así que deixei o adestramento para a tarde ou tarde-noite. Resumo: non había moitas ganas e decidín aproveitar para facer unha mini saída de 5km moi suave para probar as novas zapatillas que xa comprara hai unhas semanas, outras Adidas Boston 6. Todo correcto e todo no seu sitio.

Hoxe venres 5 quedei con Gefreiter a primeira hora da mañá. Despois de 23 minutos de carreira cotinua, fixemos 25 minutos de cambios de ritmo de 1'30" (con 1' de recuperación a trote); todo pola herba das pistas de atletismo. Para rematar, uns exercicios de abdominais e trote de volta a casa. En total 10,81km en 51'48". A ollo, polo que di o gps, os cambios deberon de saír a unha media de 3'20"/km máis ou menos.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 07 Out 2018, 19:20
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Onte sábado 6 fixen unha rodaxe sen outra pretensión que sumar quilómetros. Foron 12,50 km en 58:23 (a 4:40/km). Pouco que comentar máis alá de que despois de bastantes meses sen problemas, volvo ter unha uña encarnada. Correndo non me da ningunha molestia, pero andando si. Así que o luns tocará visita ao podólogo.

Co medo de que a uña molestara, aínda que co bo precedente de onte, hoxe domingo 7 tiña unha tirada longa cercana aos 30km aproveitando a carreira 15K Atlántico (de A Guarda a Oia). Polo tanto tocou madrugar para así facer antes o percorrido á inversa (A Guarda -> Oia) e chegar a tempo á carreira. A miña sorpresa cando xa levaba conducido uns quilómetros, é que me esquecera o gps. Polo tanto non ía ter referencias de ritmos nin tempos.

Despois do café nada máis chegar á Guardia e saudar ao Doctor Slump e outros foreiros (como Mon, Irdam ou Montxo), puxémonos en marcha cara Oia un grupiño do CARMA (mterodeseco, franoterosal, aurora,Montxo,...) e tamén Mon. Ao final o grupiño dividiuse según ritmos. Sen estar moi pendente do reloxo e con dous compañeiros de equipo (Isaac.m.f. e assics), ao final foron 13,7 km en 1h09' (según o gps dun deles).

Carmafoto, trote polo campo de fútbol e saída. Sen ningún ritmo pensado nin temo obxectivo, saín os primeiros kms con calma. Pouco a pouco fun collendo ritmo xunto a Isaac.m.f. (con quen xa fixera a parte inicial), que agora tampouco tiña gps, pois se quedara sen batería. Así que aí íamos os dous sen saber os ritmos nin os tempos, pero parecía que por debaixo de 4'/km, tanto polas sensacións como pola xente coa que rodábamos. En xeral de menos a máis toda a carreira, adiantando a xente, e mesmo parando uns 10 segundos no avituallamento do km 7 para beber ben e tirar a botella no contenedor, que estaba pechado. Aí costoume de novo coller ritmo un pouco pero pouco a pouco fun a máis. Así ata o km 13'5, momento no que comezamos a callejear pola Guarda e xa me deixo levar por comodidade. É un zic zac, que pica para abaixo, pero que sen chispita faise durilo ao ter moitos xiros. Muscularmente nótanse os quilómetros, e non hai necesidade de exprimirme nese último quilómetro, o traballo estaba feito. Finalmente 57'44" (a 3'51"/km), e posto 40 da xeral.

En total foron 28,70 km en 2:06:44 (a 4:25 min/km).

Moi contento polas sensacións e por facer eses 15km a tan bo ritmo. O ano pasado, en condicións moi similares (comezar a adestrar despois das 24h de Vigo, co obxectivo da Maratona de Porto, ...) fixera 1h exacta. Así que parece que as cousas están indo ben. A ver se hai sorte mañá no podólogo e se soluciona sen ir a maiores.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mar, 09 Out 2018, 9:22
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Semana 7 (de 10) para Porto

Derradeira semana de carga de quilómetros para Porto, na que farei tamén a derradeira tirada longa.

Onte luns 8 tocou descanso e visita ao podólogo. Era menos do que parecía, así que agora toca revisión a semana que vén pero poderei seguir adestrando.

Hoxe martes 9 foron 10,9km suaves en pouco máis de 50 minutos (a 5'01/km de media). Ningunha molestia no dedo máis alá de que está dolorida a zona. Certo é que costou moito arrancar, tamén porque foi cedo. Pero as sensacións son boas, porque non hai ningunha molestia.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mér, 10 Out 2018, 9:51
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Hoxe mércores 10 quedei con Gefreiter para facer costas e algún mil. Despois de algo máis de 4km de quecemento, fixemos 4 progresións e 10 costas curtas (onde sempre, no complexo da Residencia Universitaria Monte da Condesa). Despois tocaban varios miles pola herba do anel das pistas de atletismo. Como dixo Gefreiter no seu diario, según como se atopase faríamos os cinco ou algún menos; finalmente foron tres. O primeiro en 3:30,0 e xustiño xustiño, o segundo 3:29,3 xa algo mellor, mentres que o terceiro foi en 3:23,4 con moi boas sensacións e subindo o ritmo nos últimos 400. Bo adestramento de pouco máis de 10 km. Mañá a ver se fago unha rodaxe algo máis longa pero suave.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Xov, 11 Out 2018, 8:03
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Ao final animouse a vir comigo o meu compañeiro de piso, que non corre con asiduidade, e saímos ás 8.30 da mañá, xusto cando comezou chover. Así que hoxe xoves 11 tocou o primeiro adestramento empapado. Non é algo que me disguste. Foron 40 minutos escasos de reloxo casio de toda a vida (dos de verdade), así que serían uns 7km, xa que o ritmo sería 5'30"/km máis ou menos. A idea era facer máis quilómetros, pero saiu así. Mañá descanso, e logo se todo vai ben: sábado rodaxe algo longo e domingo derradeira tirada longa.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 14 Out 2018, 12:13
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

O venres 12 descansei. Non houbo descanso gastronómico, pero si deportivo. Houbo visita ao San Froilán, e hai que dar o nivel, aínda que non se vexa reflexado en garmins nin stravas xD

A semana estaba indo moi curta de quilómetros, xa que só fixera 30km escasos. Así que decidín facer 16km suaves o sábado 13. Finalmente fixen 18,28km en 1h22'18" (a 4:30/km) co compañeiro de equipo isaac.m.f. Foi 1 km ata Castrelos dende casa, logo alí 16 voltas ao circuíto de 1km (sen mirar o reloxo, como saísen) e algo menos de 1km de volta a casa.

Hoxe domingo 14 tocaba a tirada máis longa na pensando na Maratona de Porto do 4 de novembro. O propio isaac.m.f. , que está preparando Valencia, tiña no seu plan 32km. Así que, aínda que nunca fixera unha tirada tan larga como esta antes de ningunha maratón, apunteime. Despois de 1km ata Castrelos moi moi suave, comezamos a tirada dirección Mide. Xiramos cando o gps marcou 16 km e ata Castrelos de novo. Comezamos a 4:30/km máis ou menos e rematamos a 4:10/km (aínda que algún saiu en 4:01 ou 4:05). Finalmente foron 32,01km en 2h19'39" (a 4:22/km). Despois estiramentos, charlilla e volta a casa duns 700 metros. Sensacións moi moi boas. Algo pesadote, sobre todo nos momentos no que o vento pegaba en contra ou a carretera picaba para arriba; pero acabei con forza nos últimos quilómetros a 4:05-4:10/km. Así que contento.

Remata a semana con 80,2km, que é a última de carga con tirada incluída. Agora correrei a MM de Pontevedra o domingo 21, na que será a última semana na que aínda farei bastantes quilómetros. E logo, as dúas últimas (Pedestre de Santiago e a propia da maratona) xa baixarei.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mar, 16 Out 2018, 12:01
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Semana 8 (de 10) para Porto

Luns 15 descanso.

Hoxe martes 16 quedei con Gefreiter a primeira hora da mañá. Despois de rodar uns vinte minutos xuntos pola Alameda, fixemos catro progresións e seis costas curtas (duns 80-90 metros) con recuperación a trote baixando. Despois a idea era facer varios miles pola herba do estadio (na que sería a rúa 9). Non sabía cantos faría eu (el tiña 6), pois viña da tirada de 32km do domingo. Saíron como segue: 3:37,9 - 3:23,2 - 3:20,0 - 3:31,2. O primeiro nada cómodo pero sen obsesionarme, o segundo e terceiro con moi boas sensacións (e apretando), e no derradeiro moi xusto xa (polo 600 vin que non podía e deixeime levar). Preferín rematar aí e continuar a trote. Aínda saiu un bo adestramento, de 10km, curtiño, pero estivo ben creo.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Ven, 19 Out 2018, 15:56
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Descanso tamén o mércores 17, e o xoves 18 1h07' suave pola tarde, a primeira parte cun amigo e logo só. Fun directo ás pistas sen pasar por casa, e non collera o reloxo. Así que non sei a distancia, pero serían uns 13km máis ou menos.

Hoxe venres 19 tamén descanso, e mañá... a ver mañá que fago, non creo que poida, pero intentarei quitar un oco para facer algo. Poida ou non, vai ser unha semana con moi moi poucos quilómetros.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Ven, 19 Out 2018, 16:10
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Iso está moi ben, baixas km, para estar moi preto da túa mmp.
Eu estou de descanso porque as patas non poden máis do trail, e porque os compromisos do fútbol sala me deixas as pernas "esnaquizadas", esta semán 2 veces.
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1339 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Ven, 19 Out 2018, 22:38
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Otro que quedó tocado del trail largo que me dió por hacer la semana pasada. De los errores se aprende. Esta semana apenas di entrenado como queria. Bueno al menos ayer fue el único entreno bueno.
Te sugiero que si mañana llegas a hacer algo sea una pequeña activación de 30 min suave y algunos progresivos de 100m.
lybri

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
12/10/11
0 Carreiras
1287 Mensaxes
la guardia
Respostar citando Envío Sáb, 20 Out 2018, 16:36
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

sonsuso escribió:
Semana 8 (de 10) para Porto

Luns 15 descanso.

Hoxe martes 16 quedei con Gefreiter a primeira hora da mañá. Despois de rodar uns vinte minutos xuntos pola Alameda, fixemos catro progresións e seis costas curtas (duns 80-90 metros) con recuperación a trote baixando. Despois a idea era facer varios miles pola herba do estadio (na que sería a rúa 9). Non sabía cantos faría eu (el tiña 6), pois viña da tirada de 32km do domingo. Saíron como segue: 3:37,9 - 3:23,2 - 3:20,0 - 3:31,2. O primeiro nada cómodo pero sen obsesionarme, o segundo e terceiro con moi boas sensacións (e apretando), e no derradeiro moi xusto xa (polo 600 vin que non podía e deixeime levar). Preferín rematar aí e continuar a trote. Aínda saiu un bo adestramento, de 10km, curtiño, pero estivo ben creo.

Un diario muy interesante Moi feliz
Sin duda alguna que con mucha mucha mejoría Guiño
ten cuidado con quien te juntas , Gefreiter es un galgo disfrazado de cordero Silbar
Nos vemos en ponte tío Chupete
lybri

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
12/10/11
0 Carreiras
1287 Mensaxes
la guardia
Respostar citando Envío Sáb, 20 Out 2018, 16:38
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

sonsuso escribió:
Semana 8 (de 10) para Porto

Luns 15 descanso.

Hoxe martes 16 quedei con Gefreiter a primeira hora da mañá. Despois de rodar uns vinte minutos xuntos pola Alameda, fixemos catro progresións e seis costas curtas (duns 80-90 metros) con recuperación a trote baixando. Despois a idea era facer varios miles pola herba do estadio (na que sería a rúa 9). Non sabía cantos faría eu (el tiña 6), pois viña da tirada de 32km do domingo. Saíron como segue: 3:37,9 - 3:23,2 - 3:20,0 - 3:31,2. O primeiro nada cómodo pero sen obsesionarme, o segundo e terceiro con moi boas sensacións (e apretando), e no derradeiro moi xusto xa (polo 600 vin que non podía e deixeime levar). Preferín rematar aí e continuar a trote. Aínda saiu un bo adestramento, de 10km, curtiño, pero estivo ben creo.

Un diario muy interesante Moi feliz
Sin duda alguna que con mucha mucha mejoría Guiño
ten cuidado con quien te juntas , Gefreiter es un galgo disfrazado de cordero Silbar
Nos vemos en ponte tío Chupete
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 20 Out 2018, 23:07
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Boas Sanmikel! Se sae unha boa carreira podo estar cerca. Aínda que creo que me vai costar na parte final. Quilómetros fixen, pero poucos foron por debaixo de 4'/km, só algúns soltos. Así que creo que o vou notar na parte final. Pero como dicides tanto ti como Maseda, reducir o número de quiómetros vén ben. Xa sexa por descanso ou para evitar problemas de evitar esforzos coma os vosos, pero vén ben. Vémonos mañá! Que imos facer un grupiño majo Guiño

Grazas polos comentarios Lybri! Vémonos mañá tamén, e a verdade é que adestrar con Gefreiter é todo un pracer, se non fose polos adestramentos que fago con el, non creo que puidese ter esa melloría.

Volvendo ao diario:

Hoxe sábado 20 ao final puiden saír en Vigo xa pola noite para facer uns quilómetros suaves. Foron 4,51km en 22'04" (a 4:54/km). Sobre todo para non estar tantos días parados e que o corpo se active como dixo Maseda.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos