Foros ›
Autor
Mensaxe
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mar, 25 Set 2018, 5:05
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Aplauso

din que fan falta 21 días para "pillar un vicio" (chámanlle "adoptar un hábito novo") así que estás de sorte Guiño

O importante é o que dis de poder correr con saúde e ao teu xeito e grazas por compartir

-- Chámame "ghose"
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Mar, 25 Set 2018, 5:13
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Óscar, me alegro muchísimo por ti, sobre todo por lo de poder correr sin dolor, que te permite disfrutar plenamente de esta locura de correr Sorriso

Si ya vas como vas y sin entrenamiento específico... Que tiemble el podium masculino del Circuito, que este año tiene en ti a un gran rival.

Enhorabuena Oscar!
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mar, 25 Set 2018, 11:22
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Grandes novas que volvas por estes lares! Aplauso Aplauso Aplauso
Máis alá de que me alegro moito de que por fin poidas ter esa continuidade e que disfrutes dela, teño curiosidade por ver que pasa se acumulas quilómetros e bos adestramentos. Así que moito ánimo e vémonos na Costa da Vela este domingo!
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 26 Set 2018, 16:52
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Deixar isto, nunca o deixaches, iso témolo claro. Unha auténtica alegría saber que te atopas mellor. Coincido con Amina, que se vaian preparando todos, porque a pouco que teñas un bo día, arrasas
Pollastre

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/01/14
16 Carreiras
508 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Xov, 27 Set 2018, 14:40
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Bienvenido de nuevo a los diarios, que no a las carreras, por lo que cuentas. Yo también estuve en el Berbés, aunque como no nos conocemos, pues no hubo ocasión de saludarnos. Y coincido con todos, que si dices que has entrenado poco y estás en un nivelazo, ya entrenando en serio y sin molestias te acercabas a Bargiela.
Un saludo
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Xov, 27 Set 2018, 17:12
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Me alegro por el regreso de este diario a la rabiosa actualidad informativa. De su autor ya sabíamos, si bien, que no se había ido muy lejos... Mr. Green

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 01 Out 2018, 13:32
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Este autor agradece os ánimos e a loubanzas, pero todo con calma, que a Costa da Vela me puxo no meu sitio hoxe.
A semán rematou con 75km, é o mes de Setembro con 267.

Semán voi variada:
Luns descanso.

Martes, 14.5k: 5x400 (1:26 e recuperación a 1:44) +4k a 4:15 (3.5k de quecemento e 3 de efriamento (ppm 152, ppMax 176)
Mércores, 62m de trote: 12.36km a 5:08 (ppm 136, ppMax 151)
Xoves, 42m de trote prefutbol sala: 8.2km en 43min a 5:10 (ppm 128, ppMax 149) + 1 hora de fútbol sala intenso.
Venres, 13km de trote: 11km a 4:40 + 1km de quecemento +1k enfriamento (ppm 138, ppMax 155)
Sábado descanso.

Domingo, 21K Costa de Vela:
Quecemento casi nulo (0.6km), acordamos saír Suso e Isaac case a tope, tomando o principio con calma, Suso e Isaac veñen de facer 7km previos.
Saída con calma onde os primeiros 2k saen controlándose a 4:05. Aquí comeza unha subida de case 2km onde Suso desaparece de maneira inalcanzable é imposible de seguir, é onde Isaac vai diante é o vexo. Incluso na subida en un tramo fun andando, intenteino, pero me parecía un exceso en o comezo da proba, así que como todos ían andando eu tamén.
3 km case en baixada, onde pillo a Suso e Isaac, incluso os paso, pero nas pequenas subidas se poñen a par, son 3km a 3:50. Nese intre coñezo baixando a lolinho38, que se presenta e non coñecía (un despistado un servidor); con el fun eu baixando diante del, e el nas subidas me pasaba. Iso sucedía con Isaac e Suso tamén, ata que eles se foron e non os vin.
A partir de aquí xa nin recordo, so sei ,que Isaac non o vin máis e a Suso o levaba moi lonxe, e houbo ratos que non o vía.
Non recordo nin km nin nada, so recordo que nos avituallamentos paraba 2 segundos a beber un grolo, tiraba o vaso e seguía.
Recordo oír mar batendo nos acantilados, pero non ver o mar, me resultou curioso, é incluso abrumador (nunca mellor dito).
Fun todo o rato controlando sen ir a tope, tiña un pouco de respecto os tramos por as praias, pero sen embargo na de barra, ía moi tranquilo, e non me parece nada difícil, pois por a area dura se ía moi ben, pero o truco estaba na subida da praia os camiños, ai votei man do freno de man, non era capaz a correr na subida de barra, intenteino, pero decidín facer andando eses 100m, onde me pasou un corredor.
Salvo Suso, Isaac e ese corredor todo o circuíto fun adiantando corredores.
Circuítos moi técnicos en algúns momentos, e moi duros nas subidas da praias, nas subidas por adoquíns, e escaleiras.
A partir do km 14 non tiña gaña de ir a máis, e so contaba os minutos para rematar. Me relaxei tanto, que me pasou un corredor de Pinarium, sobre o 15, o cal mantiven a unha distancia moi corta, e xa nunha subida no 18 o sobrepasei.
Mantiven un ritmo onde establecía a distancia co corredor do Pinarium, e sen darme conta tiña a Suso a 150m, onde lle dixen que non soltase, pero me esperou, para facer os últimos 1.5 km xuntos, a un ritmo para manter a distancia co corredor de atrás. No último xiro, a falta de 200m da meta, Suso se cae, me paro e vou atrás, pero está ben, so foi "chapa e pintura", seguimos correndo, miramos para atrás, e entramos xuntos na meta en 01:35:38. Nos abrazamos, saudamos o corredor do Pinarium, e felicitamos a Isaac, que nos sacou 2 minutos. Descansamos uns 5 minutos, e facemos un trote de 1km a un ritmo de pataca.
Tiñamos un equipo feito con varias nécoras, que debido un erro de duplicidade e mala comunicación, quedamos descualificados, cando seríamos segundos.

Por o demais unha excelente proba a nivel organizativo, a nivel avituallamentos, a nivel duchas, que as montaron sen ter duchas, e estivo moi ben, e a nivel avituallamento final, con mexillóns e cervexa.

O único pena desta proba, é que foi a proba máis cara a que fun, tras dúas "denuncias" a policía local, onde quedaramos o saír da casa.
Hoxe levanteime ben case sen maniotas ( so no cuadríceps), pero a medida que pasou a mañá foi a máis, agora os cuadríceps e o ris si que protestan.
Teño pensado cambiar o trote de recuperación por bicicleta estática.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 01 Out 2018, 18:11
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Boa crónica e gran carreira Sanmikel! Un pracer compartir kms contigo e rematar xuntos a proba. Sigue así, meténdolle ao corpo estes quilómetros e con ese ritmillo, porque con mínimo de continuidade e coa calidade que tes de por si, véxote en abril facendo algo chulo Guiño
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1339 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 01 Out 2018, 20:28
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Buena crónica. Te había comentado un poco el recorrido antes porque a mi el primer año me había pillado totalmente por sorpresa. Me esperaba una media dura que era como lo había vendido la organización antigua de aquellas pero no algo así. Parece una mezcla entre un trail y una media. Claro, salí a fuego y había llegado a la meta por inercia y pidiendo la hora. Muerto
El segundo año ya sabia lo que había y ya fuí preparado.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 08 Out 2018, 7:12
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Bo día, unha semana chea de maniotas, como facía moito tempo que no nos os tiña, me deixou tocado os cuadríceps.
Luns, descanso.
Martes, 12k, 64min a trote, por Castrelos, con compañeiros do carma.
Mércores, 6k, 32 min moi tranquilos. Despois 40min de unha fútbol sala moi tranquilo.
Xoves, 12.5 km, 65 minutos a trote.
Venres, 15k, en progresión, 72minutos. 4:40, últimos 4 a 4:20, 1km a 3:43
Sábado, tiña pensado ir facer 7km precarreira, pero o venres o despois da ducha, comezoume a molestar na zona do glúteo (o piramidal creo), estiven estirando o venres, é como o levantarme sentía a molestia, non fun trotar.

Domingo Carreira do Grove, marchei con meu primo, costándome o meu, pois viñen dunha voda, é cheguei a 01:00 da mañan a casa. E nin me preocupei por a carreira, o que significa que o dei todo da voda.

Un frío de narices no Grove, tomamos un café con "Yomismo", e saudamos a "Matogrosso" e "Papa-Legúas", por non falar dos do cambados, compañeiros e veciños, a verdade moitas cara coñecidas. Estaba canso, e estiven a punto de vomitar , pero me mantiven relativamente ben. Sabía que non ía ir arriscar, vendo como me pedise o corpo.
Novo circuíto (por o menos na saída),
Un primer km a 3:51, onde ía vendo como ía o meu corpo.
Segundo km a 3:44, onde me pasa como un lóstrego un veciño da miña aldea, que non sabía que corría.
Eu ía controlando, pero non ía cómodo, aquí xa notei o dor no glúteo, que non era paralizánte, pero si molesto.
O terceiro km, sae a 3:44
Aquí me colle David ("yomismo"), que aínda que este mal de forma, mantén a súa calidade.
Km a a 3:59. na subida o monte, paso o meu veciño, é tamén a David, que se me había escapado. As costas son curtas, e con non moita inclinación, pero as levo ben, algo faría nas pedras a "Costa da Vela",
Km 5 a 4:19, coincide por o monte, e ese sube baixa. O saír do monte, me pasa David, eu vou moi forzado, moi incómodo, debería ter mellore sensacións, pero non, loito para non baixar o ritmo.
Km 6 a 3:53, aquí fun uns metros detrás de David, no campo de golf, pero aquí xa empezo a pasar corredores, incluído a David, non vou ben, pero o ritmo é bo.
km 7, a 3:57, por a herba do cambo de golf, é un sube baixa pequeniño, que fai que non sexas capaz a coller ritmo.
km 8, a 3:55, aínda seguimos no campo de golf, eu sen ir máis forte, me manteño, e vou pasando a algún corredor.
km9, 3:50, non apretei, so me mantiven, e vía diante un grupo de uns 5 corredores, a menos de 20m, e que se levaban 2-3 metros entre eles.
Último km, que le faltan uns 100m, tirei máis rápido, xa me topaba mellor, parece que as sensacións malas desapareceron, ata parecía que o día anterior había estado tomando augas. A falta de 800 metros na ponte, pasei a 4 dos 5 que levaba diante, o seguinte se pegou, pero non aguantou o ritmo, e o a 200 metros tiña outro corredor diante, pero para pasalo tiña que facer un cambio de ritmo moi grande, é non me parecía oportuno. Entrada a meta en 38:20 netos, pero as sensacións de carreira para ese ritmo era moi esixentes, pero me parece que estivo moito mellor do que esperaba, o corpo respondeu ben.
Dei volta para buscar a meu primo, pero abortei os 100m, chegou en menos de 42, é iso que non corre nada máis que un día a semana.
Un km para soltar, unha ducha, uns estiramentos, saúdos os coñecidos, e o non encontrar a clasificación, nos fomos para a casa.
ppm: 167 ppMax: 179

Teño a molestias no glúteo, estouno estirando, pero a ver como vai, creo que é o piramidal, por os estiramentos que fago que me doen, é me da que non vai ser fácil sacar esa molestias, xa veremos.
A semana remata con 57.5km, que para as maniotas que tiven, non está mal.
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1339 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 08 Out 2018, 9:00
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Ja, Ja, Ja. Yo si tomo esas "aguas que tomaste tu " en la carrera me crecen hasta los km. Una vez ya hace varios años fuí a correr a Estrada habiendo tenido celebración el día anterior. Me empecé a poner de todos los colores desde rojo a amarillo. Las sensaciones fueron indescriptibles. Disimulando
Buena carrera.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 08 Out 2018, 11:57
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Onte e hoxe, recordei que non recordaba cousas que habían sucedido..... Silbar
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 15 Out 2018, 8:28
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Semana complicada, pois as molestias no glúteo/piramidal, non baixaron cos estiramentos.
O luns, un pouco de Bicicleta estática, algo que xa me empeza a gustar, non por deporte en si, senón por o xeito de poder facer despois de unha competicións un pouco de exercicio, non invasivo, e que ademais ofrece a posibilidade de ler, o ver unha serie/película, espero poder seguir así de vez en cando.
Martes 9, 70 minutos, 15k en progresión con @alfonso, co cal me encontrei indo para castrelos, aproveitamos a ir por o lagares ata o Vao, e a volta lle apertei un pouco. Empezamos a 4:50 e rematamos a 4:20.
Mércores 10, 36 minutos, 7km, pre fútbol sala. 3.5km costa abaixo, e outros 3.5 costa arriba. Alí por Cabral onde deixei o coche, non existe termino medio. A baixada de relax, e na subida un pouco máis forte. Despois 1h de fútbol sala, moderado.

Xoves 11, non tiven tempo, e aproveite un oco pequeno a tarde, para facer 4.5 km, os primeiros 2.2 costa abaixo, e os seguintes dous 2.5 case a tope costa arriba.
Venres 12 e Sábado 13, decidín descansar para ver se melloraba algo o piramidal.

Domingo 14, Trail Curto de Montes de Vigo, 13 km.
Me levantei cedo e cheguei hora e media antes da saída. Aproveitei para saudar os amigos que saían no Trail Longo, que saías as 09:30, unha hora antes que o noso.
O tempo nos coidou, nin gota de choiva, pero si moito frío antes da saída, cousa que despois mellorou.
Ía a esta carreira sen moita idea de participantes, nin de como ía facer, se ía ser dura, se ía ser técnica. So sabía que tiña 3 subidas.

Saída con calma, onde xa nos primeiros 200metros un rapaz de Bikila de Trail se adiantou moitísimo, ía rapidísimo, aproveitando a baixada, e as primeiras zonas de terra. Eu tiña pensado saír con máis calma, pero dado que os primeiros 500m eran para abaixo, pois o final te deixas como todos.

A partir do km 1.5 xa se diferenciaban 3 grupos. O rapaz do Bikila, que ía de primeiro, un grupo de 5 corredores, e despois un grupo de 2 ou tres, no que ía eu. Salvo o primeiro, os demais íamos relativamente cerca. Nesta primeira subida do 0.5 ata o 1.7, xa andando. Unha baixada onde se ía rápido pero con calma, pois eu levaba zapatillas de entreno, é nas baixadas non eran moi adecuadas para o Trail de hoxe.

Seguinte subida km 2.5 a 3.5, con calma, andando, subida curta, pero moi dura, onde si que se separaron os grupos, o chegar a cima xa todos en filas de un. Nesta baixada, si que vía os 6 que ían diante miña, que me sacaban uns 300m. Onde o comezo, ía detrás dun rapaz, onde me parecía arriscarse a adiantar con esas zapas. Pero tan pronto apareceu uns 500 metros de terra firme, pasei a todos, poñéndome detrás de Durán, dos taninos, que baixaba forte, e fomos cando nos demos conta, na seguinte subida xa non víamos ningún do grupo que viña detrás. Dende esta baixada do km 5.5, compartimos o resto da carreira, onde fomos falando, gardando forzas na subida, e tirando recto un do outro onde se podía correr. Esta última subida non se me fixo dura, pero si foi a máis longa, 3km. Cando chegabamos a un dos altos vimos detrás a un corredor. Non teño nin idea a que distancia viña, pois era en unha subida, e non son capaz de calcular moi ben, so que nun seguinte tramo corrible en lixeira pendente, de uns 500m, non o vin detrás.
Subida o alto dunhas pedras, con unhas vista fantásticas a Vigo ( Mirador Maúxo Grande).

A partir de aquí todo en baixada, uns 500m moi técnicos, e os demais bastante embarrados, con moita pedra e moita rama e troncos. En teoría dende o alto do mirador son 3km en baixada, así que pouco queda.
Durán vai diante, baixa moi forte, eu sigo a unha distancia de seguridade, onde non podo pasalo pois as miñas zapatillas esbarran, onde me teño que ir con moito ollo, podería pasalo, pero as baixadas son empinadas, técnicas e moito barro. Nunha destas baixadas, o final dela nos decatamos que non temos cintas, deberon quedar a dereita, no medio dalgunha delas. (Despois no track da proba, vin que na case o final desa baixada, tiñamos que xirar o a dereita para ir para a meta).

Vemos cintas da andaina, e seguimos medio trotando, eu paro o gps, e poño o track que tiña descargado, pero nese intre encontramos xente da organización e Durán xa ía por o camiño correcto, onde xa se me adiantou case 300 metros, onde xa non o ía coller, pois faltaba nada para chegar a meta. Debemos facer uns 500m de máis, ademais de baixar o ritmo, e non sabía moi ben se alguén nos había adiantado nese tramo.
Entrada en meta de Terceiro, que nos confirman nada máis chegar.
Aínda así, o cuarto quedou a 1:45 miña, o que significa que levabamos moita vantaxe.
Moi contento, e non lle din importancia, estou igual de ledo quedar de segundo que de terceiro. Pero os últimos 500m da proba o terreo era moi propicio para correr se esbarrar, e houbese intentado, pero o final non se dou.
Non pido mais. Dúas participacións neste Trail, e dous terceiros postos xerais.
Ducha quente, avituallamento final con cervexa e xamón. Saudar os amigos que viñan do Trail Longo, e compartir as experiencias con eles, e por suposto subida o podium.

A semana remata con 41 km. Pero dos cales uns canto foron costas, así que moi ben.
Se esta semana o glúteo o permite, na Media de Pontevedra, iremos un grupo chulo saíndo para 1:22
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4686 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Lun, 15 Out 2018, 8:38
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Bravo Óscar,estás abonado en ese trail jajaja.
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1339 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 15 Out 2018, 9:56
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Enhorabuena también por este medio por ese podium, Óscar . Muy bueno. Aplauso Aplauso





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos