Foros ›
V Circuito de Carreiras Correndo pola Costa da Morte
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 09 Set 2018, 8:32
Asunto: Re: V Circuito de Carreiras Correndo pola Costa da Morte

Pois despois da malleira de onte en Malpica, que ainda que é da Costa da Morte, non pertence ao circuito, o vindeiro Sábado, temos a carreira de Corcubión, eu só a corrín no 2013 e creo que eran 9 Kms. e durísimos.
Onte comentaban algúns que están apuntados ao circuito que segue sendo dura (coma caseque todas as do circuito), que lle sacaron a parte máis dura, e pregunto se alguén pode informar algo do circuito agradécese. Son 2 voltas?
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4686 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Dom, 09 Set 2018, 19:58
Asunto: Re: V Circuito de Carreiras Correndo pola Costa da Morte

Buenas,yo cuando la hice hace ya algunos años era 1 vuelta,pero por lo que veo en championchip parece que ahora son 2:
ABSOLUTA 10K (2002 E ANT.)
Salida prevista: 15 sept. 2018 a las 19:00
Distancia: 10000 m
DUAS VOLTAS O CIRCUITO

Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 11 Set 2018, 20:01
Asunto: Re: V Circuito de Carreiras Correndo pola Costa da Morte

A min me parece pola fotografía que de subidas non nos libra ninguén, pero haberá que facer a primeira volta de recoñecemento e na segunda, facer o que se poida.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Out 2018, 17:23
Asunto: Re: V Circuito de Carreiras Correndo pola Costa da Morte

Compañeiros, este finde, temos a derradeira proba do circuito na localidade de Fisterra, fermosísimo e emblemático lugar da xeografía galega.
Eu esta carreira só a corrín no ano 2010, cando o xornal O Correo Gallego, organizaba unha proba cada ano nunha localidade da Costa da Morte.
Imaxino que o percorrido será similar ao que corrimos daquela, dura subida cara o faro e baixada a tumba aberta.
Se alguén que a correu ultimamente pode escribir algo ao respecto agradécese. Xa que o que atopei no foro non é moi explicito ao respecto.

Na páxina da carreira pon sobre o percorrido: Saída diante da lonxa, continuar dirección Federico Ávila, colexio Mar de Fora, rúa Potiña,Camiño da Barcia ata as inmediacions do Pavillón Municipal, zona de Mar de Fora, baixada polo camino da Insua, dirección Faro onde se procederá a dar a volta, baixada por manuel Lago Pais e paseo da Ribeira.

Entendo que só debe ser unha volta, e non 2 como na maioría das carreiras do circuito.
jjtajes

Novo foreiro
Novo foreiro
25/10/12
123 Carreiras
45 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 09 Out 2018, 7:24
Asunto: Re: V Circuito de Carreiras Correndo pola Costa da Morte

Ola, exacto é unha única volta, o que pasa e que como a subida ao faro ten unha distancia aproximada de 3 km, pois para completar o circuito o que fan e darche antes unha volta polo pobo duns 3 km, nun terreo rompepernas.

Así pois, 3km polo pobo, despois colles a carretera do faro e aproximadamente uns 3 km de subida con outros 3 de baixada para completar uns 9,40 km máis ou menos.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 10 Out 2018, 17:53
Asunto: Re: V Circuito de Carreiras Correndo pola Costa da Morte

Graciñas JJtajes, o que me imaxinaba, pois tocará "sufrir" unha vez máis nunha carreira do circuito.
Pero como "sarna con gusto non pica" alí estaremos.
Joslem

Foreiro infantil
Foreiro infantil
7/10/12
80 Carreiras
51 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Mér, 10 Out 2018, 20:36
Asunto: Re: V Circuito de Carreiras Correndo pola Costa da Morte

Kurt, coidado con esta.. Saímos embalados hacia arriba en plan rompepernas polas rúas entre casas ata mar de fóra. Damos volta e xa empeza a repichar un pouco.. Baixamos medio km e de repente a partir da capilla empeza a subida cara o faro..aqui automaticamente levantas un pouco o pé do acelerador ata atopar un Ritmo que non te mata xa que queda un treito ata o faro. Chegas ó medio da subida no punto de avituallamiento. Aquí se non o necesitas recomendo non beber pq rompe o ritmo e despois é peor, pódese beber na baixada. Cando chegas arriba ojito.. Baixas uns metros ata a cafetería e á volta tes que volver a subir eses metros. Recorda que xa ves reventado. Agora sí, soltar as pernas e recuperarse costa abaixo e incluso empezar a acelerar.. Pasada a capilla entramos na vila por un adoquinado.. Chegamos ó porto e agora quen teña forzas esprint de 200 metros Llanos ata a meta.. Día perfecto! Bailar
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 14 Out 2018, 20:46
Asunto: Re: V Circuito de Carreiras Correndo pola Costa da Morte

Pois rematado o circuito con esta boa carreira. Gustoume moito a carreira de hoxe, moita dureza, pero máis levadeira que noutras probas do circuito, xa que esta en canto chegas ao faro e das a volta, xa é todo baixar, e se levas forzas voar.
Respecto a miña carreira moi contento, encontreime bastante ben na subida ata o faro (xa que a parte desta xa tiña antes unhas cantas) adiantando xente case que todo o tempo.
O malo foi na baixada, xa que entre o medo que lle teño a forzar a rodilla e que o asfalto estaba algo húmedo contuvenme algo. E ahí uns cuantos dos que adiantara na subida devolveronme a xogada.

Darlle as grazas aos concellos que fan posible este circuito e supoño que repetiremos para o ano.
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Sáb, 05 Xan 2019, 19:19
Asunto: Re: V Circuito de Carreiras Correndo pola Costa da Morte

En el facebook del circuito han compartido esta imagen con las cuentas de la pasada edición del mismo. Eso sí en los gastos ya han descontando las aportaciones de los colaboradores; por lo tanto no sabemos cuales han sido. Pero de todos modos es la mayor transparencia de una organización que he visto.

Comparto porque seguro que a más gente le va a parecer interesante o al menos curioso.








Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos