Foros ›
XIX CARREIRA POPULAR SANTA UXIA. CONCELLO DE RIBEIRA
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
SantaUxía

Organización
Organización
4/09/18
0 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 05 Set 2018, 15:46
Asunto: XIX CARREIRA POPULAR SANTA UXIA. CONCELLO DE RIBEIRA

O Concello de Ribeira a través da Concellería de Deportes organiza o sábado 29 de setembro de 2018, a partir das 17.00 horas, a XXI edición da Carreira Popular de Santa Uxía que formará parte do VI Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, así como do III Circuíto de Carreiras Populares da Mancomunidade de Concellos de Arousa Norte.

A proba disputarase sobre a distancia 10 km aprox. na súa categoría absoluta. As probas levaranse a cabo na localidade de Ribeira e estarán baixo o control técnico do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

Para a XXI Carreira Popular de Santa Uxía as categorías de competición serán as seguintes:


PITUFO : Atletas nados no 2014 e posteriores
PREBENXAMÍN : Atletas nados no 2011, 2012, 2013
SUB 10 H/M : anos 2009 e 2010
SUB 12 H/M : anos 2007 e 2008
SUB 14 H/M : anos 2005 e 2006
SUB 16 H/M : anos 2003 e 2004
SUB 18 H/M : anos 2001 e 2002
SUB 20 H/M : anos 1999 e 2000
SUB 23 H/M : anos 1996, 1997 e 1998
SENIOR H/M : de 1995 ata máster
MASTER 1 H/M : de 35 a 40 anos
MASTER 2 H/M : de 41 a 49 anos
MASTER 3 H/M : de 50 a 59 anos
MASTER 4 H/M : de 60 anos en diante
“SAPATILLA INCLUSIVA” : Categoría única absoluta para persoas con diversidade funcional

* As categorías Pitufo e Prebenxamín non son categorías federadas

As inscricións estarán abertas ata ó día 27/09/2018 ás 12:00 horas en EmeSports

Podedes consultar AQUÍ o regulamento completo.



Baralloco

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/14
3 Carreiras
366 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 05 Set 2018, 17:36
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR SANTA UXIA. CONCELLO DE RIVEIRA

"...10 km. aprox..."

Entón deixa de estar homologada ?

"By endurance we conquer"
Ernest Shackleton
SantaUxía

Organización
Organización
4/09/18
0 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 07 Set 2018, 12:41
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR SANTA UXIA. CONCELLO DE RIVEIRA

Baralloco escribió:
"...10 km. aprox..."

Entón deixa de estar homologada ?

Ola Baralloco. Debido as obras que houbo no malecón, decidiuse non homologar o circuito ata que non haxa un percorrido definitivo que se poida manter. Con todo, estará ben medido e cos puntos quilométricos marcados.

Un saúdo.
SantaUxía

Organización
Organización
4/09/18
0 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Set 2018, 19:16
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR SANTA UXIA. CONCELLO DE RIVEIRA

Aínda non estás inscrit@ na XXI edición da Carreira Popular de Santa Uxía??
A proba formará parte do VI Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación Provincial da Coruña , e do III Circuíto de Carreiras Populares da Mancomunidade de Concellos de Arousa Norte e estas serán as categorías que podrás participar, onde ademais das habituales haberá unha especial; a SAPATILLA INCLUSIVA Categoría única absoluta para persoas con diversidade funcional.
Inscríbete xa en emesports.es/event/xix...e-riveira/


SantaUxía

Organización
Organización
4/09/18
0 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 13 Set 2018, 16:03
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR SANTA UXIA. CONCELLO DE RIVEIRA

¡¡ SORTEO !!

O noso patrocinador Revolutrion sorteará todo este material deportivo entre os participantes da "Carreira Popular Santa Uxía" Inscribídevos ata o día 27 as 12:00 horas en EME Sports


SantaUxía

Organización
Organización
4/09/18
0 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 20 Set 2018, 18:05
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR SANTA UXIA. CONCELLO DE RIVEIRA

DERRADEIRA SEMANA DE INSCRICIÓN
Inscríbete antes das 12 horas do vendeiro xoves 27 en EME Sports a través do enlace emesports.es/event/xix...e-riveira/


SantaUxía

Organización
Organización
4/09/18
0 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 24 Set 2018, 19:04
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR SANTA UXIA. CONCELLO DE RIVEIRA

COMEZA A CONTA ATRÁS ... EN 3 DÍAS PECHAMOS INSCRICIÓNS.

Para que vos animedes a participar Grupo Ferrin Autocares sorteará o día da carreira entre os participantes este TomTom Runner 3 .
Inscríbete ata as 12:00 horas do xoves 27 en EME Sports a través do enlace emesports.es/event/xix...e-riveira/ e poderá ser teu!!


SantaUxía

Organización
Organización
4/09/18
0 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 25 Set 2018, 17:19
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR SANTA UXIA. CONCELLO DE RIVEIRA

2 DÍAS PARA PECHAR INSCRICIÓNS!!!

Os nosos colaboradores Revolutrion, Grupo Ferrin Autocares, Congalsa, Sportbike Galicia, Deportes Estevez e Centro de Fisioterapia y Rehabilitación María Martínez Paz, lémebranvos as categorías e os sorteos que se farán entre tod@s @s participantes da XXI CARREIRA POPULAR SANTA UXIA.

Inscríbete en emesports.es/event/xix...e-riveira/ ata as 12:00 horas do xoves 27.


Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 26 Set 2018, 16:06
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR SANTA UXIA. CONCELLO DE RIVEIRA

Pois ainda que non estou adestrando moito, teñolle gañas a esta carreira, xa que as 3 carreiras de 10 Kms. que corrín despois da operación (As Areas-Carnota, Malpica e Corcubión) foron moi duras, polo que non teño unha constancia real do meu estado de forma.
Así que este sábado espero comprobalo para empezar a marcar obxetivos.


Non vos despistedes cas inscripcións, xa que pechan mañán día 27, pero as 12 horas da mañán. Nestes momentos xa teñen caseque 700 entre todas as categorías e case 300 nos 10 Kms.
SantaUxía

Organización
Organización
4/09/18
0 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 26 Set 2018, 16:37
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR SANTA UXIA. CONCELLO DE RIVEIRA

ÚLTIMO DÍA DE INSCRICIÓNS ... e @s rapac@s de Asociación Ambar animan a participar na XXI CARREIRA POPULAR SANTA UXÍA na categoría “Sapatilla Inclusiva” , categoría única absoluta para persoas con diversidade funcional. www.facebook.com/conce...405129138/

Inscríbete en emesports.es/event/xix...e-riveira/ ata as 12:00 horas de mañán día 27.
SantaUxía

Organización
Organización
4/09/18
0 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 26 Set 2018, 20:24
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR SANTA UXIA. CONCELLO DE RIVEIRA

A piques de entrar nas derradeiras 12 horas de inscrición, deixámosvos o mapa do percorrido e ubicación de servizos.

Non vos quededes sin participar na XXI CARREIRA POPULAR SANTA UXIA, aínda estades a tempo de inscibirvos en EMESPORTS


SantaUxía

Organización
Organización
4/09/18
0 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 27 Set 2018, 9:05
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR SANTA UXIA. CONCELLO DE RIVEIRA

Estos serán os trofeos para @s tres primeir@s clasificad@s do Concello de Riveira, diseñados polo artista local Abraham Benítez.

Tamén vos deixamos os premios e trofeos que acadarán as diferentes categorías da XXI CARREIRA POPULAR SANTA UXÍA.

Aínda estades a tempo de inscribirvos, non te quedes sin o teu dorsal!!!!

emesports.es/event/xix...e-riveira/



SantaUxía

Organización
Organización
4/09/18
0 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 27 Set 2018, 10:19
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR SANTA UXIA. CONCELLO DE RIVEIRA

INSCRICIÓNS PECHADAS‼

MOITAS GRAZAS A TOD@S



Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 30 Set 2018, 10:38
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR SANTA UXIA. CONCELLO DE RIBEIRA

Moi contento despois da carreira de onte. Circuito rapidísimo, sen costas ningunha, simplemente uns pequenos desniveis que se compensan ao momento.
Obxetivo de onte acercarme o máximo posible a 4'35" por Km. pero xa saín por debaixo de 4'30" os 2 primeiros Kms, e depois só fixen por riba de 4'30' o 3º,4º e 6º, indo en todo momento moi ben, facendo o derradeiro Km. en 4'10", para baixar uns cuantos segundos de 45'.
Contento, xa que levei un ritmo moi parello toda a carreira. nos 9 primeiros Kms. só houbo unha diferencia de 6" entre o mellor (9 Km.) e o peor (3º Km.).
Carreira moi ben organizada, moita animación na zona de saida/meta e un bo avituallamento final líquido e sólido, con cerveciña incluida. Servicios médicos e servicio de fisioterapia, ademáis de todo o montaxe que leva Emesports as carreiras, con Terio Carrera de "Speaker".
Este ano como ben dixeron non estaba homologada por mor das obras que levaron a cabo, pero se a voltan a homologar, é un sitio idoneo para facer MMP, se vas en forma. E para os que xa non nos imos a acercar as nosas marcas, sair cunha satisfacción da carreira.
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2792 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Dom, 30 Set 2018, 13:35
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR SANTA UXIA. CONCELLO DE RIBEIRA

Coincido con Kurty na gran organización da proba. Circuito rápido, gran ambiente, e todo luxo de detalles. Para min de 10.
Detallazo con Ramón Folgar na saida. Un icono do atletismo popular gallego.
Respecto a miña carreira mellorando pouco a pouco ritmos despois dunha caida semanas atrás.
O circuito Arousa nestaa edición mellorou moito. Bo traballo tamen de fotografía, información e rrss.
Noraboa @ todos/as!!.

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos