Lun, 15 Out 2018, 8:28
Asunto: Re: Diario de Sanmikel
Semana complicada, pois as molestias no glúteo/piramidal, non baixaron cos estiramentos.
O luns, un pouco de Bicicleta estática, algo que xa me empeza a gustar, non por deporte en si, senón por o xeito de poder facer despois de unha competicións un pouco de exercicio, non invasivo, e que ademais ofrece a posibilidade de ler, o ver unha serie/película, espero poder seguir así de vez en cando.
Martes 9, 70 minutos, 15k en progresión con @alfonso, co cal me encontrei indo para castrelos, aproveitamos a ir por o lagares ata o Vao, e a volta lle apertei un pouco. Empezamos a 4:50 e rematamos a 4:20.
Mércores 10, 36 minutos, 7km, pre fútbol sala. 3.5km costa abaixo, e outros 3.5 costa arriba. Alí por Cabral onde deixei o coche, non existe termino medio. A baixada de relax, e na subida un pouco máis forte. Despois 1h de fútbol sala, moderado.
Xoves 11, non tiven tempo, e aproveite un oco pequeno a tarde, para facer 4.5 km, os primeiros 2.2 costa abaixo, e os seguintes dous 2.5 case a tope costa arriba.
Venres 12 e Sábado 13, decidín descansar para ver se melloraba algo o piramidal.
Domingo 14, Trail Curto de Montes de Vigo, 13 km.
Me levantei cedo e cheguei hora e media antes da saída. Aproveitei para saudar os amigos que saían no Trail Longo, que saías as 09:30, unha hora antes que o noso.
O tempo nos coidou, nin gota de choiva, pero si moito frío antes da saída, cousa que despois mellorou.
Ía a esta carreira sen moita idea de participantes, nin de como ía facer, se ía ser dura, se ía ser técnica. So sabía que tiña 3 subidas.
Saída con calma, onde xa nos primeiros 200metros un rapaz de Bikila de Trail se adiantou moitísimo, ía rapidísimo, aproveitando a baixada, e as primeiras zonas de terra. Eu tiña pensado saír con máis calma, pero dado que os primeiros 500m eran para abaixo, pois o final te deixas como todos.
A partir do km 1.5 xa se diferenciaban 3 grupos. O rapaz do Bikila, que ía de primeiro, un grupo de 5 corredores, e despois un grupo de 2 ou tres, no que ía eu. Salvo o primeiro, os demais íamos relativamente cerca. Nesta primeira subida do 0.5 ata o 1.7, xa andando. Unha baixada onde se ía rápido pero con calma, pois eu levaba zapatillas de entreno, é nas baixadas non eran moi adecuadas para o Trail de hoxe.
Seguinte subida km 2.5 a 3.5, con calma, andando, subida curta, pero moi dura, onde si que se separaron os grupos, o chegar a cima xa todos en filas de un. Nesta baixada, si que vía os 6 que ían diante miña, que me sacaban uns 300m. Onde o comezo, ía detrás dun rapaz, onde me parecía arriscarse a adiantar con esas zapas. Pero tan pronto apareceu uns 500 metros de terra firme, pasei a todos, poñéndome detrás de Durán, dos taninos, que baixaba forte, e fomos cando nos demos conta, na seguinte subida xa non víamos ningún do grupo que viña detrás. Dende esta baixada do km 5.5, compartimos o resto da carreira, onde fomos falando, gardando forzas na subida, e tirando recto un do outro onde se podía correr. Esta última subida non se me fixo dura, pero si foi a máis longa, 3km. Cando chegabamos a un dos altos vimos detrás a un corredor. Non teño nin idea a que distancia viña, pois era en unha subida, e non son capaz de calcular moi ben, so que nun seguinte tramo corrible en lixeira pendente, de uns 500m, non o vin detrás.
Subida o alto dunhas pedras, con unhas vista fantásticas a Vigo ( Mirador Maúxo Grande).
A partir de aquí todo en baixada, uns 500m moi técnicos, e os demais bastante embarrados, con moita pedra e moita rama e troncos. En teoría dende o alto do mirador son 3km en baixada, así que pouco queda.
Durán vai diante, baixa moi forte, eu sigo a unha distancia de seguridade, onde non podo pasalo pois as miñas zapatillas esbarran, onde me teño que ir con moito ollo, podería pasalo, pero as baixadas son empinadas, técnicas e moito barro. Nunha destas baixadas, o final dela nos decatamos que non temos cintas, deberon quedar a dereita, no medio dalgunha delas. (Despois no track da proba, vin que na case o final desa baixada, tiñamos que xirar o a dereita para ir para a meta).
Vemos cintas da andaina, e seguimos medio trotando, eu paro o gps, e poño o track que tiña descargado, pero nese intre encontramos xente da organización e Durán xa ía por o camiño correcto, onde xa se me adiantou case 300 metros, onde xa non o ía coller, pois faltaba nada para chegar a meta. Debemos facer uns 500m de máis, ademais de baixar o ritmo, e non sabía moi ben se alguén nos había adiantado nese tramo.
Entrada en meta de Terceiro, que nos confirman nada máis chegar.
Aínda así, o cuarto quedou a 1:45 miña, o que significa que levabamos moita vantaxe.
Moi contento, e non lle din importancia, estou igual de ledo quedar de segundo que de terceiro. Pero os últimos 500m da proba o terreo era moi propicio para correr se esbarrar, e houbese intentado, pero o final non se dou.
Non pido mais. Dúas participacións neste Trail, e dous terceiros postos xerais.
Ducha quente, avituallamento final con cervexa e xamón. Saudar os amigos que viñan do Trail Longo, e compartir as experiencias con eles, e por suposto subida o podium.
A semana remata con 41 km. Pero dos cales uns canto foron costas, así que moi ben.
Se esta semana o glúteo o permite, na Media de Pontevedra, iremos un grupo chulo saíndo para 1:22