Foros ›
Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)
Foros de debate / Kedadas e grupos
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
8104 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 24 Ago 2018, 12:03
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

Buenas tardes!!! Hace tiempo que tenía descuidada nuestra casa.
Entro para invitaros a que nos hagais una visita por Castrelos en las 24 Horas de Vigo que se celebran este fin de semana entre las 12 horas del sábado y las 12 horas del domingo.
Además ya tenemos la CARMA lotería de Navidad por si quereis comprar participaciones.

Un saludo

cronicasdelcarma.blogspot.com/
www.facebook.com/home....6312823999
www.facebook.com/home....0742123559
carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 28 Ago 2018, 8:54
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

¿SABÍAS QUÉ?

35/52

Este año en el C.A.R. Marisqueiro batimos nuestro récord de fichas federativas.

Este año digilenciamos un total de 78.

carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 30 Ago 2018, 14:33
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

Resumo da fin de semana do 25 e 26 de agosto de 2018

Tres foron as carreiras que contaron coa presencia das nosas nécoras: as 24 horas de Vigo, a Carrera Popular de Randufe e a Carreira das Areas en Carnota.

24 HORAS DE VIGO

No Parque de Castrelos, en Vigo, o C.A.R. Marisqueiro presentou un equipo na categoría de equipos mixtos. Isto permitiu que esta carreira contara un ano máis cun equipo do CARMA. Este ano a tarefa non foi fácil, pero finalmente puido formarse equipo. Como di Beauvais, o noso presidente, "es un evento en el que emanan los sentimientos. Aúna tantas circunstancias, esfuerzos, apoyos que se te pone la piel de gallina. Y ese ambiente casa a la perfección con nuestro espíritu, el tan manido Espíritu CARMA." De feito, non só puidemos disfrutar do CARMA MIXTO en Castrelos, senón que Cristian Valencia na categoría individual luciu a negra durante 24h e outras 11 nécoras participaron con outros equipos. Son as 24h de Vigo, unha carreira distinta, un fin de semana especial!

Sobre os resultados, Cristian Valencia quedou na posición 19 de 31 participantes, tras recorrer 138km ao circuíto de Castrelos. Mentres que o noso equipo finalizou na novena posición de 21 equipos na categoría de equipos mixtos, para un total de 306 km reais e 326,502 km na clasificación compensada.

Noraboa por vivir unha experiencia como esta nécoras! E sobre todo, felicitar a Cristian Valencia por participar nunha carreira coma esta! Espectacular!

Ademais, aquí tedes as "CARMA imáxenes" desta fin de semana de convivencia no parque de Castrelos: enlace para ver as CARMA imáxenes.

CARREIRA POPULAR DE RANDUFE

Con moita calor, Lybri, Karames e gdmfirm estiveron en Randufe. Os dous primeiros subiron ao podium. Lybri como terceiro da xeral e primeiro da categoría, mentres que Karames tamén subiu dúas veces, unha como segundo da categoría e outra para recoller o recoñecemento ao máis maior da carreira. Non só iso, senón que gdmfirm tamén fixo unha gran carreira quedando décimo na xeral e quinto na súa categoría. Isto si que é facer case pleno!!!

CARREIRA DAS AREAS - CARNOTA

Ata Carnota se desprazou Lete, quen participou na súa primeira carreira da tempada tras cinco semanas de adestramentos de cara ás maratonas de Sistelo e Porto. "Bó adestramento de calidade e fermosísima e dura carreira" como el mesmo asegura.

---------
Isto foi todo por esta fin de semana. Como sempre, podedes consultar todo tipo de detalles, fotografías e minicrónicas que escribiron as nosas nécoras no enlace: Minicrónicas da fin de semana do 25 e 26 de agosto.
carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 03 Set 2018, 8:31
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

¿SABÍAS QUÉ?

36/52

El C.A.R. Marisqueiro es un equipo en el que abundan los fondistas.

Casi la mitad de sus miembros han realizado, por lo menos, un maratón o un ultra (33 de 82).

carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 04 Set 2018, 10:46
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

Resumo da fin de semana do 1 e 2 de setembro de 2018

A continuación comentamos as probas nas que estiveron as nosas nécoras esta fin de semana.

Ultratrail Valle del Tena

O noso compañeiro daniel4734 desprazouse ata o Pirineo de Huesca, onde participou nesta carreira súper dura, como el mesmo nos conta, cun 50% do percorrido onde era imposible correr. Foron 78km cun desnivel positivo de 6800 en 14h03'21".

II Trail Vila de Padrón – Desafío Vértice

Nesta carreira tan técnica participou Kmpon666. Unha carreira á cal, ademais da súa propia dureza, uniuse que comezase ás cinco da tarde. De feito, tan só 58 corredores entraron en meta, 5 non pasaron o corte e houbo ata 18 abandonos (máis dun 20%). Isto fala da esixencia que tivo. Sobre a organización, o propio Kmpon666 nos comenta que foi sobresaínte, e asegura que "on me resta máis que darlle os meus parabéns ó Vértice Club de Montaña polo seu bo facer nesta carreira".

Ultra Güeyos del Diablo

En Lena, Asturias, estiveron Kapioviedo e j.m.pedrosa, unha gran carreira na cal os participantes afrontaban 12700 metros de desnivel acumulado, con cotas de 2125 m de altitude ao paso polo cumio de Peña Rueda. Abandonaron os nosos compañeiros no km 19, como di Kapioviedo "no era ni sitio ni lugar".

Carrera Popular de Noia

E como non, falta o de sempre, o que nunca falla, Karames! E por suposto, de novo no podium! Primeiro de categoría tras ser segundo e terceiro nas outras dúas participacións. Noraboa!

CARMA dominicales

Para rematar, facer mención aos CARMA dominicales que volven a aparecer agora que comeza a tempada.

O máis numeroso tivo lugar en Vigo, onde Beauvais, Moussambani, assis, jgvillanueva (só o quecemento), sonsuso, Miguel Freire e Javier Conde arrancaron ás 9:20 para facer 10 km a ritmo obxectivo de 4'10"/km.

Tamén en Pontevedra houbo un CARMA dominical, coa presenza de Txabi, Papabaloo e o seu amigo Suso. Duro adestramento e sufrindo as consecuencias da "feira franca". Foron 18 km para baixar esa cervexa, churrasco e excesos varios deses días, pero con moi boas sensacións.


---------
Isto foi todo por esta fin de semana. Como sempre, podedes consultar todo tipo de detalles, fotografías e minicrónicas que escribiron as nosas nécoras no enlace: Minicrónicas da fin de semana do 1 e 2 de setembro.
carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Set 2018, 10:47
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

¿SABÍAS QUÉ?

37/52

Las carreras más "internacionales" del CARMA son el Maratón de Porto y la media maratón Manuela Machado (Viana do Castelo).

Representantes del club han corrido en los grandes maratones del mundo. De los 6 Marathon Major solo se nos resiste Tokio. Las calles de Berlín, Chicago, Nueva York, Boston y Londres han visto correr miembros de este equipo.

Habitual también ha sido la presencia de nécoras montunas en Portugal: Ultra Trail Serra da Freita, os Trilhos dos Abustres...

carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 12 Set 2018, 17:18
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

Resumo da fin de semana do 8 e 9 de setembro de 2018

Segunda fin de semana de setembro, e as nécoras continúan a lucir as nosas cores por distintas carreiras.

VI Trail Terras do Mandeo

En Betanzos estiveron j.m.pedrosa, artabro81 e Lete no trail corto, mentres que marybego participou no mini-trail.

XXXIV Carreira Popular Concello de Meaño

Un terceiro posto de categoría, con 27:19, se levou Karames desta clásica na que tanto coidan aos participantes.

VII Carreira popular Volta a Oza

Por último, Khene participou nesta carreira na Coruña. Non moi longa, uns 6 km, pero con costar a fartar como el mesmo asegura.

---------
Isto foi todo por esta fin de semana. Como sempre, podedes consultar todo tipo de detalles, fotografías e minicrónicas que escribiron as nosas nécoras no enlace: Minicrónicas da fin de semana do 8 e 9 de setembro.
carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 14 Set 2018, 9:48
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

Aquí temos unha nova carma crónica. Hoxe, o Ultra Trail Desafío Somiedo por daniel4734!
https://carmarisqueiro.com/ultra-trail-desafio-somiedo/
carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Set 2018, 13:56
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

¿SABÍAS QUÉ?

38/52

Desde su fundación el número de nécoras se multiplicó por más de 7.

carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 21 Set 2018, 14:16
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

Resumo da fin de semana do 15 e 16 de setembro de 2018

Só 5 carreiras con presencia das nosas nécoras a fin de semana pasada, pero vaia carreiras!

Campeonato Máster Mundial de Media Maratón (Málaga)

Beauvais, asiss, Montxo e Papabaloo cambiaron esta semana a negra pola camiseta da selección española, pois participaron no Mundial de Media Maratón en Málaga.

Unha carreira dura debido á calor e á humidade, pero iso non impediu que disfrutasen do evento e que deran o mellor de si mesmos. Estes foron os tempos:
Beauvais 1h33’15” - 303 (49 M50)
asiss 1h37’16” - 376 (49 M40)
Papabaloo 1h43’15” - 482 (72 M50)
Montxo 1h57’18” - Puesto 653 (71 M60)

IX 10 kms do Berbés

Ata 15 nécoras se acercaron ao Berbés para correr este 10km homologada. Unha carreira distinta e especial por dentro do porto de Vigo. Destacar o 4º posto de Lybri na clasificación xeral (3º de categoría).

Podedes consultar os resultados de todos eles e as mini crónicas de Aurora, JAGC e Lybri no enlace que hai ao final desta mensaxe!

XVIII Carreira Pedestre Popular Julia Vaquero

Citábamos a Lybri polo seu 4º posto nos 10km do Berbés. Pero non rematou aí a súa mañá atlética. Rapidamente e sen esperar polo pódium, o noso compañeiro colleu o coche e acercouse ata A Guarda para correr esta carreira de 6300m. Non só dobrou e correu dúas carreiras nunha mañá, senón que gañou esta segunda carreira!!! Espectacular Lybri!

Outras dúas nécoras participaban nesta Carreira Pedestre Julia Vaquero. E por se fóra pouco, gdmfirm logrou un 2ºposto na xeral e 1º da súa categoría! Así como lisi, que rematou 3ª da xeral e tamén 1ª de categoría!

Non se pode pedir máis. Tres nécoras na carreira e ata seis trofeos! Tres podiums na xeral e tres primeiros postos de categoría! Noraboa!!!!

Tamén podedes ler as tres mini crónicas que fixeron no enlace que hai ao final da mensaxe.

Trail do lobo (Xurés)

Tamén tres nécoras nesta proba. Dúas no trail de 43 km, e outra no de 28km.

Trail del lobo 43
Xabi_callosraba 8º (5h30’)
Kmpon666 28º (7h01’19”)

Trail 28
bubazila 27º (3h59’25”)

Carreira Nocturna Corresan (Santiago)

Nesta curta pero preciosa carreira que ten lugar en Compostela e que da comezo ao Circuíto CorreSan, participaron 4 nécoras. O gran Karames, Lete, Khene e artabro81.

---------
Isto foi todo por esta fin de semana. Como sempre, podedes consultar todo tipo de detalles, fotografías e minicrónicas que escribiron as nosas nécoras no enlace: Minicrónicas da fin de semana do 15 e 16 de setembro.
carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 21 Set 2018, 21:38
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

Dous dos nosos mundialistas, Beauvais e Papabaloo, comparten con nós a súa experiencia no Mundial de Media Maratón de Málaga! Non vos perdades as súas crónicas Guiño

Aquí tedes os enlaces:
- Mundial Máster de Media Maratón, por Beauvais.
- Cómo sufrir 21 kms con dignidad (Crónica de un Campeonato del Mundo), por Papabaloo.
carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 24 Set 2018, 9:44
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

¿SABÍAS QUÉ?

39/52

La nacionalidad más representada en el CARMA tras la española ha sido la portuguesa.

Han pasado por el C.A.R. Marisqueiro 7 portugueses.

También tuvimos un alemán, un francés... y no, esto no es un chiste.

carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 26 Set 2018, 12:23
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

Resumo da fin de semana do 22 e 23 de setembro de 2018

Estas foron as carreiras nas que houbo participación do C.A.R. Marisqueiro:

Trail Valle de Samuño

Kapioviedo estivo en Asturias, a súa terra, para participar na que foi galardoada como mellor carreira de Asturias. Según as súas propias palabras: "24 km ni difíciles ni fáciles , partes no técnicas , partes técnicas, pero sobre todo con 1 km por dentro de una mina. Para un asturiano aunque sea de ciudad la mina y el carbón son parte de nuestra identidad como región y os aseguro que uno se emociona corriendo por ahí." Promete crónica!

XV Pedestre Concello de Moaña

Cinco nécoras participaron nesta carreira no Morrazo o sábado pola tarde:
Carrera 5 km
Cristian Valencia (20) 18’31”
Carrera 10 km
Sanmikel (32) 37’49”
Carioco (45) 38’52”
Cachofoucellas (47) 39’11”
Beauvais (50) 39’39”

Podedes ler a crónica de Beauvais no enlace que está ao final desta mensaxe!

III Carreira Desafío Santander-Islas Cíes

Outras cinco nécoras participaron nesta carreira paralela ao Triatlón que se celebraba na praia do Vao, en Vigo. Destacar a gdmfirm! Outro que se vai acostumando a estar no podium en cada carreira. Noraboa!!!

Resultados:
gdmfirm 25:28. 3 da xeral e 2º da categoría
Cristian Valencia 28:04. 21 da xeral e 9 da categoría
Trécola 32:42. 58 da xeral e 10 da categoría
JAGC 34:00. 76 da xeral e 7 da categoría
Xurxo 37:38. 117 da xeral e 20 da categoría

Podedes ler a crónica de JAGC no enlace que está ao final desta mensaxe!

Terremoto Trail

Chancletas participou neste trail en Triacastela, que en marca dentro da súa preparación (aínda que non específica) para a Maratón de Valencia que ten lugar en decembro. Podedes ler a súa crónica no enlace que hai ao final da mensaxe!

Trail Serra D’Arga

Mclego participou nesta carreira, concretamente na modalidade Sunset. Podedes ler a súa crónica e como conta que tiveron que cruzar o río Miño en kayak no enlace que hai ao final da mensaxe!

---------
Isto foi todo por esta fin de semana. Como sempre, podedes consultar todo tipo de detalles, fotografías e minicrónicas que escribiron as nosas nécoras no enlace: Minicrónicas da fin de semana do 22 e 23 de setembro.
carmarisqueiro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/01/13
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 28 Set 2018, 14:50
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

Xa queda menos para comezar a nova temporada atlética oficialmente, todavía menos para estrenar a nova equipación que vestirá ás nosas nécoras, pero xa podemos anunciar novas incorporacións ao C.A.R. Marisqueiro!!!

Dende Cuntis pero vivindo en Vigo, e para correr coa negra nas carreiras de ruta, chega Vicky! Kyusvi para os foreiros de Correr en Galicia! Benvida ao club!!!! Bailar

A segunda incorporación é Juan Abeijón! Que tamén chega ao mesmo tempo que a nosa nova indumentaria, polo que poderá estreala nada máis chegar! Sorte e moita zapatilla nécora!!! Aplauso


Última edición por carmarisqueiro o Lun, 01 Out 2018, 11:07; editado 1 vez
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
8104 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 29 Set 2018, 21:43
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)

Benvidos!!!

cronicasdelcarma.blogspot.com/
www.facebook.com/home....6312823999
www.facebook.com/home....0742123559





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos