Lun, 08 Out 2018, 17:23
Asunto: Re: V Circuito de Carreiras Correndo pola Costa da Morte
Compañeiros, este finde, temos a derradeira proba do circuito na localidade de Fisterra, fermosísimo e emblemático lugar da xeografía galega.
Eu esta carreira só a corrín no ano 2010, cando o xornal O Correo Gallego, organizaba unha proba cada ano nunha localidade da Costa da Morte.
Imaxino que o percorrido será similar ao que corrimos daquela, dura subida cara o faro e baixada a tumba aberta.
Se alguén que a correu ultimamente pode escribir algo ao respecto agradécese. Xa que o que atopei no foro non é moi explicito ao respecto.
Na páxina da carreira pon sobre o percorrido: Saída diante da lonxa, continuar dirección Federico Ávila, colexio Mar de Fora, rúa Potiña,Camiño da Barcia ata as inmediacions do Pavillón Municipal, zona de Mar de Fora, baixada polo camino da Insua, dirección Faro onde se procederá a dar a volta, baixada por manuel Lago Pais e paseo da Ribeira.
Entendo que só debe ser unha volta, e non 2 como na maioría das carreiras do circuito.