Foros ›
Sorteo 2 dorsais para Malpica (8/9/18): PECHADO
Foros de debate / Arquivo sorteos 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 11 Ago 2018, 22:36
Asunto: Sorteo 2 dorsais para Malpica (8/9/18): PECHADO

Sorteo de dorsais para a carreira:
III Carreira Pedestre Concello de Malpica
Sábado 8 de setembro de 2018


Que se sortea?
2 dorsais

Como participar?
Explícase no regulamento

REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar e data de celebración: Malpica, sábado 8 de setembro de 2018.
Web da carreira: https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1535/iii-carreira-pedestre-do-concello-de-malpica
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=CPGNuCalendar&view=event&id=6009&date=20180908
Enlace ao fío do foro: http://www.correrengalicia.org/index.php?name=Forums&file=viewtopic&t=20777

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o domingo 12 de agosto de 2018 ao xoves 16 de agosto de 2018, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 16 de agosto. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios rexistrados en www.correrengalicia.org e que estén dados de alta no Circuíto 2018-19. Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde os participantes deberán escribir cumprindo sempre os seguintes requisitos:
-Indicar o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.
-Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 12 de agosto ás 23:59 do 16 de agosto). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

9. A comunicación coas persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Contactarase con estas persoas exclusivamente a través dunha mensaxe privada no foro de Correr en Galicia para confirmar que aceptan o premio e solicitar os datos persoais necesarios para realizar efectiva a inscrición na carreira. É responsablidade de toda persoa participante comprobar a súa carpeta de mensaxes privados do foro nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por sonsuso o Ven, 17 Ago 2018, 21:52; editado 2 veces
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4686 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Dom, 12 Ago 2018, 11:30
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Malpica (8/9/18): ata 16/8/18

Pues quiero participar,no conozco esta carrera,aunque leí que es durilla,además hace años que no piso Malpica,y ya va tocando
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1926 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Dom, 12 Ago 2018, 17:34
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Malpica (8/9/18): ata 16/8/18

Outro tamén a participar.

Non coñezo a carreira, ainda que si o pobo (vila mariñeira de moita beleza e nun entorno, para min, privilexiado).

Como coñezo a zona, xa parto da base que a carreira non vai ser doada, ainda que as vistas compensarán con creces o esforzo.

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Lun, 13 Ago 2018, 17:36
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Malpica (8/9/18): ata 16/8/18

Me apunto al sorteo.

Hasta hace escasamente un mes nunca había estado en Malpica. Mientras caminaba por el paseo marítimo me encantó la vista con las islas Sisargas al fondo.

Tras investigar el recorrido de esta carrera estoy convencido de que tendrá algunos tramos preciosos. Así que quiero ir sí o sí. Ah, también tendrá cuestas y eso es un plus. Moi feliz
cerqueiro9

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/10/11
0 Carreiras
68 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 14 Ago 2018, 12:03
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Malpica (8/9/18): ata 16/8/18

Otro mas para el sorteo... pues conozco la zona de Malpica y me encanta correr por ese tramo de costa hasta San Adrian, es espectacular. Sea durilla o no estaremos en la salida.
Weder

Foreiro infantil
Foreiro infantil
2/10/11
1 Carreiras
102 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 15 Ago 2018, 11:25
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Malpica (8/9/18): ata 16/8/18

Non fun nunca a Malpica adi q seroa 1° vez
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Mér, 15 Ago 2018, 13:37
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Malpica (8/9/18): ata 16/8/18

Hola weder, para poder participar en el sorteo hay que cumplir algunas cosas (está explicado en el reglamento), entre otras:

- decir que quieres participar: por tu mensaje no queda claro
- explicar qué te motiva a participar: a parte de ser tu primera vez, claro. Alguna referencia tendrás de la carrera para querer ir
- estar inscrito en el circuito 2018-19: no estás inscrito

Saludos!
belenpm

Novo foreiro
Novo foreiro
26/09/11
0 Carreiras
10 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 16 Ago 2018, 11:15
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Malpica (8/9/18): ata 16/8/18

QUERO PARTICIPAR NA CARREIRA DE MALPICA!!
Quero volver de novo a carreira do comezo do Camiño do Faros e atoparme cos meus colegas trasniños.
Non teño moi claro como inscribirme no circuito 2018-9, e por este motivo mandei hoxe un correo electronico, pero non teño constestacion ainda.... Pero como hoxe e o ultimo dia para participar, e non sei si me dara chegado a contestacion.... Vou probar....
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 16 Ago 2018, 17:12
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Malpica (8/9/18): ata 16/8/18

Pois por que me gustaría correr, esta carreira, por que é nunha localidade na que nunca corrín, e creo que só fun 1 vez, hai xa moitísimos anos.
Ainda que non me toque o dorsal posiblemente a corra (moi económica a inscripción), o que pasa que tería que dobrar ese finde, xa que o Domingo é a solidaria da Piscina de Muros, e a esa non se debe faltar.
Domato

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
14/05/12
208 Carreiras
167 Mensaxes
Arteixo
Respostar citando Envío Xov, 16 Ago 2018, 19:37
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Malpica (8/9/18): ata 16/8/18

Boas, desexo participar no sorteo.
Nunca participei na carreira e como coñezo Malpica, pois apetéceme dar unha voltiña polo pobo correndo e seguramente descubrindo algún lugar novo.
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Xov, 16 Ago 2018, 22:02
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Malpica (8/9/18): ata 16/8/18

Sorteo finalizado. Muchas gracias por participar. En breve os informaremos de los resultados. Suerte!
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Ven, 17 Ago 2018, 7:30
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Malpica (8/9/18): ata 16/8/18

Sorteo 2 dorsales para Malpica (8/9/18)

Enhorabuena a Kurty y Domato. Son los dos ganadores de los dorsales para la III Carreira Pedestre Concello de Malpica del sábado 8 de septiembre de 2018

Necesitamos que enviéis un correo a la siguiente dirección de email: infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:
Nombre y apellidos
Fecha de nacimiento
DNI
Localidad
Talla de camiseta
Email
Teléfono
Si estáis o no federados
Nº de federado
Club en el que estás federado
Número de chip (para carreras de CCNorte)

Link del resultado: http://www.randorium.com/es/EpuRBWOU


Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 17 Ago 2018, 16:15
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Malpica (8/9/18): ata 16/8/18

Agora non hai excusa, a Malpica SI ou SI.
Datos enviados, moitas grazas.
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Ven, 17 Ago 2018, 16:36
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Malpica (8/9/18): ata 16/8/18

Noraboa Kurty. Agardamos que a disfrutes moito moitísimo Sorriso





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos