Foros ›
Autor
Mensaxe
mateotn

Maratoniano
Maratoniano
27/11/13
0 Carreiras
1524 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 11 Xuñ 2018, 19:25
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Contigo va a resultar más cómodo hacer una plantilla de felicitación.
Nos vemos en Palas. Voy de tranqui, así que ni por asomo intentaré seguirte.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Xov, 14 Xuñ 2018, 16:54
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Eu irei a disfrutar tamén, sen ningunha outra pretensión. Despois dependendo de como surxa ou o que me pida o corpo xa verei se intento ir máis ou menos rápido. Pero a idea é disfrutar da festa Sorriso

Non actualizo porque como xa comentara, descanso e pouco máis.
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1339 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Ven, 15 Xuñ 2018, 12:42
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Creo que todos vamos con una idea parecida. Yo iba a competir pero en el último momento Pepe me recordó que al día siguiente hay un 10km en Carballo. Y por ahora quiero dedicarme a distancias cortas. Por lo menos hasta Coruña10 en octubre.
Así que mi idea es reservarme para el domingo. A ver si consigo frenar mi ansia competitiva. Disimulando
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 17 Xuñ 2018, 10:52
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Luns 11 ao venres 15 de xuño: descanso
Tan só o martes fun a pilates e fixen unha boa sesión de estiramentos. O resto foi todo descanso.

Sábado 16 de xuño: os 21 do Camiño
Un deses grandes días. Un día para disfrutar. Nunca participara nesta media maratón, e non defraudou. Normal que teña a fama e prestixio que ten. Xa non é só o percorrido nin a organización, senón o feito de que haxa tanta xente coñecida e de que sexa unha auténtica festa do atletismo popular. Noraboa a todos!!!

Eu fun en bus dende Compostela a Palas de Rei, onde é a saída. Primeiros saúdos e recoller o dorsal (este é un dos días onde é mellor non citar nomes, porque ou ben non termino ou ben me esquecerei dalgúns). Despois fun a tomar un café e aproveitar para cambiarme e preparar todo. Gardarroupa e de novo a conversar coa xente. Apenas quentei, só trotei moi moi suave uns 2-3 minutos no lugar da propia saída. O obxectivo era rodar e ir dándolle ao corpo o que pedise.

Saín cómodo, moi preto de jose.losada. Sen presas. Quizais ao redor do posto 50-60. Nas primeiras rampas adiantei a bastantes corredores, e a partir de aí a ritmo. Durante os primeiros 4 km foi un continuo de adiantamentos según fose subindo, baixando ou chan, menudo baile! Ata o km 4 vai picando para arriba e rondamos os 4'/km baixos. No km 5 volvemos a Palas e a partir do km 6 o que para min é o tramo máis bonito da carreira, onde xa se estabilizan as posicións e imos 5 corredores bastante preto. Precisamente aquí comezo a atoparme a gusto e empezo a ir máis rápido. De feito, estes quilómetros sairon por debaixo de 4' xa. Avituallamento no km 8 en subida e sepárome do grupo uns metros, aínda que pouco despois volverán alcanzarme tres deles. Despois dunha baixada nos km 9 e 10 volvo a coller uns metros de diferencia (uns 10 segundos según o punto de control do km 11, onde ía 25º). Comeza a cronoescalada. Con moita calma e cabeza, pero a ritmo. Alcanzo a un corredor ao pouco de comezar e pese a ir xuntos uns metros logo xa se queda. Tardei uns 8'18" en facer a subida segundo championchip. Agora ía completamente só, pois por diante non vía a ninguén ao lonxe e por detrás tiña bastantes metros. Intentando disfrutar cada metro e animando ou agradecendo a cada paso dun grupo de xente. Espectacular o número de volutnarios e de persoas animando por todo o percorrido!

A partir de aquí un continuo sube e baixa (por se antes non o foi xa) no cal vexo que me acerco a dous corredores que van por diante e tamén sinto que por detrás me van recortando algúns metros. Sigo só, pero polo que se ve son o punto medio a nivel ritmo. Iso anímame. Non cambia a cousa durante varios kms. Xa no km 18-19, unha longa recta onde está o último avituallamento e se pode ver moi ben onde está cada un. Por diante, agora si que hai un goteiro de xente e vou acercándome cada vez máis, mentres que por detrás tamén se me acercan os dous corredores dous corredores (cos que fun nos km 5-10 e cos que chegarei a meta). Como xa dixen, espectacular a festa que había montada en cada punto no que había xente animando!

Eu sigo a ritmo. Cada metro costa o seu e non hai necesidade de acabar máis morto que vivo por adiantar uns postos (no caso de que fose capaz e non pinchase). Non vou nada sobrado e hai que ter cabeza, así que nin o intento. Algo antes do km 20 adiántame como unha moto un chico, como acabou! Eu sigo ao meu e chegamos á subida da entrada de Melide. A mesma distancia por diante e por detrás xa están moi cerca. Eu deixome levar un pouquiño nesa subida final para respirar un pouco. Cólleme a parella de corredores e xa iremos xuntos ata meta. Chegada a meta os tres xuntos, disfrutando, aplaudindo e agradecendo á xente os animos. Espectacular!

Tempo final: 1h26'37" (a 4'07"/km)
Posto na xeral: 27º
Posto na categoría:

Moi contento pola carreira! Xa non só polo tempo, que foi moi bo, senón polo que disfrutei e por poder poñer un punto e final tan boa a esta temporada. Despois saúdos, charlas, cervexas e para Compostela de volta.

Xa dixen ao comezo que non é unha cuestión de pór nomes, pero o de onte é unha auténtica pasada. Unha festa de verdade! Xa digo, non só pola bolsa do corredor, pola bellaza do percorrido ou pola propia dureza que lle dá un punto romántico. Senón polo que aporta cada persoa da organización, cada corredor e cada persoa que está dando ánimos nalgún punto da carreira, ao final iso é o que a fai grande. Un pracer e noraboa a todos pola festa de onte! Aplauso

Domingo 17 de xuño: descanso
Ía descansar si ou si, pero comentar que o corpo está canso canso. Por se non o tiña claro, toca descanso (e non me refiro só a hoxe Mr. Green ).
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 18 Xuñ 2018, 20:03
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Ningunha molestia pero si bastante cansancio. Aproveitando que son semanas de moito traballo e despois da gran carreira do sábado, vou deixar as zapatillas durante varias semanas. Descanso e aire fresco. Recuperar un pouco de todo o esforto feito neste 2018. Dende o 1 de xaneiro fixen 1.150 km, incluíndo 14 semanas do plan para a maratón Coruña42. Moito máis do que estou acostumado, polo que o descanso virá moi moi ben.

Así que tamén é momento de repasar un pouco o feito nestes 6 meses. Por exemplo, no que a marcas se refire:
10km
Antes: 38'28" Coruña10 (08/10/2017)
Agora: 37'34" Interrunning (18/03/2018), e non homologada 36'35" en Samil10K (20/05/2018)
Media Maratón
Antes: 1h23'31" VigBay (06/04/2014)
Agora: 1h20'59" Riveira21 (03/06/2018)
Maratón
Antes: 2h57'39" Coruña42 (15/04/2018)
Agora: 3h13'02" Maratona de Porto (05/11/2018)

Creo que din un salto de nivel moi grande, e tamén está ben que o corpo o asimile. Así que a descansar, seguir coidando a alimentación e o descanso como fixen estes últimos meses, e xa volveremos a plantexarnos pequenos obxectivos. A miña idea é comezar a mediados de xullo de novo, moi suave e con calma para preparar ben o corpo e centrarme ata nadal en carreiras de 10km e medias maratóns. Gustaríame chegar cunha boa base e descansado a comezos de 2019, coa idea de intentar algo bonito na maratón da VigBay en abril. Dura vai ser, seino, pero seguro que se deixa querer! jejeje

Moitas grazas a todos os que entrades por aquí algunha vez e ledes algo, ou escribides. Grazas! Comentábao con algúns de vos o sábado en Melide, a verdade é que isto é como unha pequena familia, e axuda moito máis do que pensamos a lograr os nosos pequenos obxectivos. Ter un diario, ese puntillo de motivación, os comentarios e ánimos do resto, compartir carreiras como teño feito con moitos de vos. Todo axuda!
Moitas grazas e apertas grandes!
Vémonos nunhas semanas Guiño
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Ven, 20 Xul 2018, 8:37
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Despois de pouco máis dun mes onde estiven case totalmente parado (tan sí saín o 4 de xullo cun amigo a facer 45' suaves, a 5'/km) hoxe volvín aos adestramentos. Ía comezar o luns, pero levei un golpe no cuádriceps o sábado e preferín esperar ata hoxe para non ter a zona dolorida.

Hoxe venres 20 foron 11,5km a pouco máis de 5'/km con Gefreiter, case unha hora. Unha boa rodaxe para comezar. Sensacións moi boas. O cuádriceps non se queixa, corpo descansado e sen gañar moito peso despois de case 5 semanas parado. Mañá máis e mellor!


Última edición por sonsuso o Lun, 13 Ago 2018, 23:09; editado 2 veces
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 23 Xul 2018, 10:38
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Sábado 21 e domingo 22 descanso. Mentres que hoxe luns 23 acerqueime á Alameda moi cedo pola mañá xunto a Gefreiter. Despois duns 20 minutos de carreira continua, fixemos 6 costas sen ir ao máximo e logo había 14x200 na Alameda. Como para min era demasiado, fixen só 12x200 e rematando uns 10-20 metros antes varias veces, para así controlar e non excederme, ao ser aínda o segundo día de adestramento. Sensacións boas pero rematei moi moi canso e sen forzas.


Última edición por sonsuso o Lun, 13 Ago 2018, 23:08; editado 1 vez
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 13 Ago 2018, 23:08
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

A idea era ter continuidade xa dende ese luns 23, pero ao final nas tres semanas seguintes só saín dous días:
-O 6 de agosto: 12 km progresivos a 4'40"/km de media con Beauvais en Castrelos, para rematar con 6 progresivos de 150m.
-O 9 de agosto: fixen 10 km en Aranda del Duero, xa que estaba alí de vacacións. 8 km progresivos nunha longa recta entre viñedos, acabando bastante forte (5:10, 5:01, 4:35, 4:16, 4:12, 4:09, 3:57, 3:48) e outros 2 km de volta a casa.

Hoxe, 13 de agosto, volvín saír con Sanmikel para facer unha rodaxe de 1h máis ou menos por Castrelos e o paseo do Lagares. Uníuse tamén moterodeseco nos primeiros 10 km. Ao final foron 14km progresivos de 5'/km a 4'30"/km con posterior trote ata casa.

A ver se desta si, collo continuidade nos adestramentos.
iRattle

Maratoniano
Maratoniano
6/06/14
0 Carreiras
94 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 15 Ago 2018, 17:01
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Un pouco de parón en verán sempre e bó! Vaía rexistros fixestes este ano, noraboa! 4 meses desde C42, eu sigo parado dende esa, e quédanme 4 semaniñas máis sin correr... Que gañas de volver!!!
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 18 Ago 2018, 13:05
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

iRattle escribió:
Un pouco de parón en verán sempre e bó! Vaía rexistros fixestes este ano, noraboa! 4 meses desde C42, eu sigo parado dende esa, e quédanme 4 semaniñas máis sin correr... Que gañas de volver!!!

Toda a razón iRattle! Tanto mental como fisicamente. Nos últimos meses atopábame moi canso e sen forzas, aínda que os resultados eran moi bos. Agora hai que ir pouco a pouco, pero estou con máis descansado e con ganas. Moito ánimo con esa lesión de rodilla!!! Aplauso

Por primeira vez en moito tempo enlazo tres adestramentos seguidos, despois do luns 13, tamén saín correr o martes 14 e mércores 15. Con sensacións moi distintas cada día, pero sumando quilómetros.

O martes 14 fixen 10km suaves pero moi moi incómodos. Tiven ganas de parar e comezar a andar en moitos momentos pero ao final conseguín facer 10 km exactos. Comecei en Castrelos e polo Lagares cara a Avenida de Madrid a un ritmo similar ao do luns, pero ía acelerado e asfixiado. Facía calor, pero menos que onte ao ser máis tarde. Cousa rara. Xa no km 4 ou 5 decidín baixar o ritmo e dedicarme a ir suave para facer unha pequena tirada. Ao final 10km que saíron a ritmo de 5'01"/km.

O mércores 15 fixen unha tirada de 16km cos compañeiros de equipo Beauvais e asiss. Foron progresivos, pola carreteira a Baiona (ida e volta, dende Castrelos ata Mide). Comezando en pouco menos de 5'/km e rematando a 4'10"/km (aprox). Hoxe si, boas sensacións e con forza. Penso que adestrar con compañía axuda moito nesta época onde o estado de forma non é bo e o chip é máis de vacacións que outra cousa.

O xoves 16 e o venres 17 descansei por motivos vacacionales. Digamos que me dediquei a ter as pernas a remollo en auga fría para recuperar o dos 3 días anteriores Bailar
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mér, 22 Ago 2018, 11:06
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Ao final non volvín poñerme as zapatillas ata hoxe, mércores 22. Pouco máis de 10 km suaves a 4'56"/km. Vai ser que seguimos de vacacións.
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4257 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Mér, 22 Ago 2018, 11:07
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Estás estancado, vas ter que volver a Santiago para empezar a coller forma...
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Xov, 23 Ago 2018, 16:26
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

O certo é que si Gefreiter. Non sei se é modo vacacións ou que, pero estame costando moito saír correr. O certo é que estas semanas non estou tendo unha rutina, e cóstame moito máis madrugar pola mañá. Entón ao non saír a primeira hora, xa logo non o fago pola calor ou porque me da pereza e priorizo outras cousas (isto a última hora da tarde). Como ti dis, teño que volver a Santiago para comezar a adestrar decentemente.

Hoxe máis do mesmo, non saín. A ver se mañá fago uns quilómetros suaves, coma os de onte, e xa sábado e domingo son as 24h en Castrelos.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Xov, 30 Ago 2018, 10:37
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Finalmente non saín o venres 24 tampouco. Así que con tan só saídas moi puntuais nas pernas, tocaba correr as 24h de Vigo cos Jackbauers v5.0 o sábado 25 e o domingo 26.

24 HORAS DE VIGO: Jackbauers v5.0

A miña 2ª participación nesta carreira, e a primeira cos Jackbauers v5.0! Polo que o nivel de esixencia ía ser máximo. Capitaneados polo Doctor Slump, chamados a filas estaban coñecidos foreiros como Amina, Lihto, Sanmikel, Maseda, Chamorun, Montxo e Mon, ademais de Nando, Jose Antonio e Paula. Coas 24h repartidas a dúas horas por cabeza, aínda que posteriormente retocadas por unha lesión e compatibilizacións familiares/laborais de última hora no equipo, tocoume facer 5 bloques. Na súa maioría en turnos de 2km, aínda que algún de 1km tamén. Foron os seguintes:

1º bloque (de 14h a 16h30, 6x2000 entre Sanmikel, Maseda e máis eu):
Foi o tempo xusto para facer 6 repeticións cada un. De menos a máis e controlando, sobre todo o principio, pois as 24 horas moi longas, e como di a canción, "non todo é o que parece amigo". Así os parciais foron:
7:50,5 - 7:34,1 - 7:33,9 - 7:31,3 - 7:25,1 - 7:27,0

2º bloque (de 22h a 23h, 2x2000 + 1000 entre Lihto, Maseda e máis eu):
Como agora só era unha hora, fixemos dúas rondas de 2000 e unha última de 1000. Os dous miles moi cómodos, de feito fixen nun deles o quilómetro máis rápido (3:30); e xa no último km non forcei, pois unha hora despois tocaba repetir o mesmo esquema. Os parciais foron:
7:23,1 - 7:22,7 - 3:47,1

3º bloque (de 00h a 01h, 2x2000 + 1000 entre Lihto, Maseda e máis eu):
Mesmo esquema que antes, pero agora as pernas xa non son as mesmas, o cansancio aparece e, sobre todo, saber que hai que correr de 3am a 4.30am fai que un garde forzas. Os tempos foron:
7:36,4 - 7:56,0 - 3:55,7

5º bloque (de 3h a 4h30, 3x2000 + 1000 entre Lihto, Maseda e máis eu):
Un dous mil máis que antes, ao ser media hora máis longo o turno, pero a idea é a mesma. Por primeira vez fago o km por debaixo de 4'. A última repetición de 2000 faise moi dura, aínda que para o último 1000 volvo a recuperar algo de forzas. Tempos:
8:10,9 - 8:19,3 - 8:50,9 - 3:57,1

6º bloque (de 9h a 10h, 3x2000 + 1000 entre Maseda e máis eu):
Último bloque. Despois de durmir dúas horas escasas e unha boa ducha, parecía que as pernas estaban algo máis frescas. Así o primeiro 2000 sae moi forte, pero xa os seguintes costan moito máis. Os parciais son:
7:33,1 - 8:06,9 - 8:31,0 - 4:09,0

Sextos na categoría de equipos mixtos e récord de voltas reais dos Jackbauers. Así que para estar máis que contentos no aspecto deportivo, pero sobre todo unha pasada a convicencia de 24h seguidas. Animando, charlando, comendo... tempo para todo! Un pracer formar parte deste xa clásico equipo das 24h de Vigo! Grazas Jackbauers!
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Xov, 30 Ago 2018, 10:54
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Polo que a min se refire e máis alá da carreira. Despois dun mes de descanso planeado dende "Os 21 do Camiño" o 16 de xuño ata mediados de xullo, a idea era regresar aos adestramentos pouco a pouco. Finalmente foi máis pouco que moito, facendo 98km en 6 semanas ata as 24h de Vigo, uns 16km/semana de media. Posiblemente este fose o principal motivo de rematar tan mal muscularmente as 24h e os ritmos empeorasen moito na parte final.

A idea agora si que é coller volume de quilómetros e ir adestrando ben. Sen ningún obxectivo claro para esta tempada 2018/19 máis alá de correr o que apeteza e o que a dispoñibilidade de tempo me permita. Estou inscrito para a Maratona de Porto a comezos de novembro e no horizonte vai aparecendo a Vig-Bay maratón, que presumiblemente terá lugar en abril. Para a primeira sen ningunha gran pretensión, nin baixar de 3h nin similares, e para a segunda xa se decidirá máis adiante (pero aquí o gusanillo de facer un bo tempo si que o hai).

Chega setembro e volvo aos aires do norte, a Santiago. Como di Gefreiter, a ver se así vou collendo o punto Molón





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos