Lun, 23 Abr 2018, 20:34
Asunto: Re: V Circuito de Carreiras Correndo pola Costa da Morte
Xa levaba uns cantos anos sen correr en Vimianzo, e coma sempre moi boa a organización da mesma.
Ademáis este ano cambiaron o percorrido, e ainda que seguen sendo 2 voltas, suprimiron a subida dura, polo que agora teñen un circuito bastante rápido.
Respecto a miña carreira máis do mesmo, non podo adestrar a carreira, e só fago bici elíptica e estática. Polo que vou a disfrutar das carreiras, primeira volta toma de contacto e segunda volta un pouco máis rápida e como nas 4 carreiras que fixen este ano, un ritmo casi calcado de 4'40 e pico segundos.
Un pracer saudar a uns cantos coñecidos e unha pequena charla con Litho.