Foros ›
Trail Galaica 2018 - Pantón - Cañóns do Río Miño - 15/07
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 07 Feb 2018, 19:29
Asunto: Trail Galaica 2018 - Pantón - Cañóns do Río Miño - 15/07

Boas tardes!.

Comenzamos o circuito Trail Galaica 2018 coa proba do 25 de febreiro no Concello de Ames, unha proba que nos levará pola ruta da Auga a través de muiños e sendeiros ancestrais, ademais de visitar as beiras do río Tambre, Ponte Maceira e rematar nas impresionantes instalacións do Real Aeroclub.

Na páxina web www.trailgalaica.com tendes toda a información da proba e tamén do circuito en si do cal falaremos durante estos días.

Como novidade nesta edición, dividimos o circuito nas modalidades de trail curto ou mini-trail e trail, con distancias de entre 14 e 28 km todas as probas, podendo participar como indivual e equipos en calquera das dúas modalidades.

Respecto a proba de Ames, podedes consultar toda a información aquí: Trail Galaica Ames - Ruta da Auga

Grazas a todos/as por participar.

Vémonos o 25 de febreiro.


Última edición por TrailGalaica o Xov, 12 Xul 2018, 8:55; editado 9 veces
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Lun, 12 Feb 2018, 9:56
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - Ames / Ruta da Auga - 25/02

Gracias! Bailar

Só aclarar que o Aeroclube (recollida de dorsáis e bus de traslado) é doado de atopar e está sinalizado na web de trailgalaica, pero o lugar chámase Cernadas, xunto a Belén.

Digo esto para "os do gps" que o lugar de Ameixenda (como di na web) está a uns 3/4 km. e despóis andamos perdidos dando voltas Silbar

Si o recorrido é semellante ao ano pasado son uns trails (os dous) moi axeitados para aprender a correr este tipo de probas, con poucos ou ningún sitio pa'matarse pero si con lugares onde ir concentrado e aprendendo.

Sobre si ten dureza ou non pois eso como sempre depende do que un poida e queira exprimirse.

Esperemos poder disfrutar, este ano si, das vistas do Val da Maía en Ames desde o alto do monte.

-- Chámame "ghose"
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 15 Feb 2018, 9:20
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - Ames / Ruta da Auga - 25/02

Gracias XoseM pola información. Efectivamente, este trail de Ames transcorre no mini polas Ribeiras do Tambre e pasa por varios muiños ancestrais que son espectaculares. Transcorre por sendeiros estreitos, cascadas tipo esta foto:



Xa na ruta longa, aumenta moito o desniven pois subese ao Monte de San Marcos e varios montes anexos.

Un trail divertido e antesala de Muros, que aumentará moito os desnivies e dureza.

Animarse!!
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1015 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 23 Feb 2018, 9:40
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - Ames / Ruta da Auga - 25/02

Moi boas, visto a cantidade de inscritos non sería mellor retrasar a saida do minitrail as 10:45 / 11:00?
Un saudo.
lmartsil

Foreiro infantil
Foreiro infantil
17/04/13
0 Carreiras
114 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 23 Feb 2018, 10:13
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - Ames / Ruta da Auga - 25/02

Rufino escribió:
Moi boas, visto a cantidade de inscritos non sería mellor retrasar a saida do minitrail as 10:45 / 11:00?
Un saudo.
Bos días, coincido con Rufino no de retrasar a saída da proba corta.
Coñecendo o percorrido (participei nas duas edicións anteriores) vaise a formar un tapón o chegar a senda do Tambre (Km 2).
romaris

Maratoniano
Maratoniano
10/04/13
0 Carreiras
262 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Ven, 23 Feb 2018, 10:52
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - Ames / Ruta da Auga - 25/02

Teño a mesma opinión... Con tanta xente deberíades plantexar separar as salidas
Mendeselassie

Maratoniano
Maratoniano
7/03/10
285 Carreiras
307 Mensaxes
Bertamirans
Respostar citando Envío Ven, 23 Feb 2018, 10:59
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - Ames / Ruta da Auga - 25/02

Rufino escribió:
Moi boas, visto a cantidade de inscritos non sería mellor retrasar a saida do minitrail as 10:45 / 11:00?
Un saudo.
+1

Cuando bajas drop, ya no hay stop...
River19

Novo foreiro
Novo foreiro
21/10/14
36 Carreiras
11 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 23 Feb 2018, 14:04
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - Ames / Ruta da Auga - 25/02

+1
Josedr10

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/10/11
3 Carreiras
57 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 23 Feb 2018, 15:08
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - Ames / Ruta da Auga - 25/02

Opino lo mismo, debería haber al menos 15 minutos de diferencia en la salida entre el trail corto y el largo para que unos no perjudiquen a los otros. No cuesta nada hacerlo. Un saludo.
Anomander

Novo foreiro
Novo foreiro
31/03/17
0 Carreiras
18 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 24 Feb 2018, 10:33
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - Ames / Ruta da Auga - 25/02

Ca cantidade de inscritos que somos, e visto o embotellamento que se vai facer cando se entre na senda do río, parece máis que razoable pensar que van a separar as salidas de ambas carreiras.
TrailGalaica

Organización
Organización
23/12/15
2 Carreiras
116 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 24 Feb 2018, 23:16
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - Ames / Ruta da Auga - 25/02

Boas noites e desculpade a hora.

O tema de non separar as rutas non é por unha razón deportiva, e por razóns loxísticas que ten relación coa cortes de carreteras e varios asuntos máis que impiden facelo unha bez vista a inscrición.

Inda que vós damos a razón porque sería ideal facelo, pedimosvos que en 2 km tentemos estirar o grupo e que non exista ningún embotellamento.

Grazas de antemán e moita sorte mañán a tod@s!!.
BAÑOTELLI

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/12/16
0 Carreiras
72 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 25 Feb 2018, 17:18
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - Ames / Ruta da Auga - 25/02

Boas! Sabe alguén onde atopar as clasificacións da proba?
lmartsil

Foreiro infantil
Foreiro infantil
17/04/13
0 Carreiras
114 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 25 Feb 2018, 20:48
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - Ames / Ruta da Auga - 25/02

Hoxe alguen, de forma planeada, dedicouse a sabotear a proba. Certo que o consigueu en parte, pero os corredores responderon de unha forma espectacular. Abandonouse toda idea de competir, sólo importou axudar para que o resto de corredores non se equivocasen.
Un pracer compartir kms con esa xente: Ces, Pelejrino, Samuel, Xosé María e un largo etc.
A Trail Galaica, que non desespere, seguiremos (eu desde logo) apostando polas suas probas.
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1447 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 25 Feb 2018, 22:05
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - Ames / Ruta da Auga - 25/02

lmartsil escribió:
Hoxe alguen, de forma planeada, dedicouse a sabotear a proba. Certo que o consigueu en parte, pero os corredores responderon de unha forma espectacular. Abandonouse toda idea de competir, sólo importou axudar para que o resto de corredores non se equivocasen.
Un pracer compartir kms con esa xente: Ces, Pelejrino, Samuel, Xosé María e un largo etc.
A Trail Galaica, que non desespere, seguiremos (eu desde logo) apostando polas suas probas.
Si señor ... Todos eles un exemplo, entrando todos xuntos e facendo lle o pasillo a unha rapaza que chegaba co grupo de todos eles. Levaron un merecido aplauso o igual que a organización. Foi unha gran patada.
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1305 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Dom, 25 Feb 2018, 22:25
Asunto: Re: Trail Galaica 2018 - Ames / Ruta da Auga - 25/02

Quen queira que lle intentase facer boicot a estas fermosas probas organizadas co maior dos mimos posibles, vai ter que lamer o efecto Streisan que vai suceder nas próximas probas, a organización debería regalar o libro FAriña aos participantes da seguinte proba.

Noraboa a todolos participantes pola vosa solidaridade e a organización por ter resolto o problema do mellor xeito posible dentro das súas posibilidades e seguir apostando por organizar este tipo de probas na nosa comunidade.

www.youtube.com/channe...subscriber





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos