Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 04 Dec 2017, 9:53
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Quen poidera reir como chora Sanmikel ... Creo que esta versión da canción xa a cantou Doutor máis dunha vez neste diario... Sen entrenar, sen ganas, así así, con so 30 km na semana e rematas unha media con ese tempo... Eu creo que calquera foreiro firmaba agora mesmo Moi feliz Moi feliz . Parabéns!!
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 04 Dec 2017, 10:06
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Caray Alicia, non chorei nada, por o menos da carreira.
So que non me apetecía ir a carreira, a iso lle chamo sen ganas, a veces se está mellor na cama, e na casa coa familia, en vez de escaparte a correr por a Cidade.
Grazas por a norabóa, non ma merezco.
Por certo, non sei se estás fixando, pero creo que está baixando a media de mulleres nas carreiras.
Vilagarcía a semán pasada 19 de 375 chegados a meta.
Ou quizais so sexa unha apreciación miña, e so sexa nas Medias Maratóns, pero en Vilagarcía me chamou moito a atención.


Última edición por sanmikel o Lun, 04 Dec 2017, 10:12; editado 1 vez
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Lun, 04 Dec 2017, 10:11
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

26 mujeres ayer en Vigo.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Xov, 07 Dec 2017, 13:11
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Noraboa polas dúas últimas medias Óscar! Como dis, volvendo os teus tempos, preto desa 1h21'. Polo que lin, deixaches entrever que para a Coruña21 ao mellor tes obxectivos máis ambiosos. Ves factible baixar de 1h20'?
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Xov, 07 Dec 2017, 13:25
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Noraboa a ti, rapaciño, agora lebre oficial! E co obxetivo de c42, como non.

Obxetivos teño, claro, e sub 1:20 é un deles se entrenarse un pelín, non moito, vexo asequible sen ter que matarme a entregar, e como teño as vida organizada.
Pero é dificil, non fixen nada dende a mm de vigo, e mañán toca invasión celeste. Como non sexa capaz de entrenar/competir 4 días a seman, vexo todo difícil.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 19 Feb 2018, 15:35
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Dende a miña última aportación neste diario xa pasou algún tempo. Non só tempo, se non tamén os obxectivos. Parecía alá por decembro que ía voltar a ter un pouco de continuidade, pero a realidade se fixo cargo da ciencia ficción. Sen darme conta me presentei en Reis con 1 saída de trote a semana, e algunha carreira, como Catoira e a San silvestre.
É basicamente xaneiro foi así. Traballo, pouco entren e carreiras o fin de semana.
Incluso me fun a facer a MM de Viana, como un campión con 8km esa semana.
Podería continuar, pero a realidade e que non me doe nada, pero normal, sen entreo non pode queixárseme os xeonllos.
A motivación me voltou derivada de dous acontecementos, gañarlle a Suso na carreira do Entroido en Vigo no derradeiro km, cando foi diante toda carreira, e tamén o ofrecemento do Presidente do CARMA, Pancho, de participar na contra reloxo por Equipos.
Asociado iso, con que ía ir a MM de Coruña, e Suso ía intentar marca, pois me lancei.
Despois de confirmar esta semana co CARMA, a miña inclusión no equipo de contrareloxo, e a miña unión física e espiritual co CARMA, me lancei a probar o mércores, unha pequena proba.
En castrelo fixen 5km de quecemento, e fixen 8 series a ritmo controlado (orixinalmente eran 7, pero cando rematei me regalei unha extra). Pouca recuperación 1m, é a primeira a 3:47 e a última a 3:32. Todas conténdome, excepto nas dúas últimas onde me soltei un pouco.
Con estas sensacións, me lancei a por todas, ia con Suso, a intentar votarlle unha man en C21 2018.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 19 Feb 2018, 16:26
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Todo preparado para c21.
Ía ir para Coruña no “CARMA Bus” de Jorge, co presidente. Madrugón importante, pero o vicio é o vicio. [Agora que pertenzo o CARMA, estou facéndome o seu vocabulario.....]
Chegada a Coruña con tempo, Marzoa ten os dorsais de todo o equipo CARMA, e líos a todos para ir tomar café onde quedei cos Coruñeses.
Alí estaba lihto, dende as 08:00 da maña, estaba seixi, Maseda .... e Admin, o querido Admin, o cal lle din o día a mañan, o medio día e a tarde....
CARMA Foto, e tamén fotokedade de CeG.
Suso xa estaba localizado, cando nos encontramos xa non nos separamos, (isto parece o libro de Emery Lord).
Quecemento case nulo, uns metros cos do clube e para a saída.
Saída perfectamente organizada por caixóns, e controlando a entrada, non houbo ningunha aglomeración. Oito minutos antes na saída, pero foi o que tocaba.
So lle había dito a Suso de ir a ritmo todo o rato, 3:55. Él estaba de acordo pero decía que no primer kilómetro non nos precipitáramos, e se saía máis lento non importaba, estabamos de acordo.
Saída con calma, controlando as sensacións ,e sen saber moi ben o ritmo. Había decidido, como en todas homologadas de darlle a lap, por cada paso marcado por a organización.
O paso do primer km non o vin, pero si tiña claro, que nos pasou moitísima xente, e iso que íamos rápido e habiamos saído nunha posición que nos correspondería.
No paso por o km 2 saíu en 7:56. Aquí iamos os dous moi cómodos, falando e eu case todo rato diante mirando para atrás.
Eu tiña a sensación dende o antes da proba de que a Suso lle ía costar, pero tampouco as tiña todas conmigo, pois non teño fondo ningún. Sen embargo os km sairon xenial o paso por o km3 en 3:57, o km4 en 3:55 o km6 e km7 en 7:49 (3:55).
Suso ía moi ben, collía él a auga, e lle decía que non falase, que gardase fozas, que non viña a nada.
Como é habitual en min, o final durante un 3/4km se nos xuntou un grupo, onde un servidor parecía seguido de un séquito de runners (non sei canto se considera un séquito, pero 7-10 debíamos ser)
Nos separamos deles sobre o km 9 ou 10, non recordo moi ben, non por dar máis ritmo, pois nos seguimos, km8, 3:56, km9 3:59 (tiña claro que estaba mal posto, pero me daba igual, asi llo dixen a suso).
Pasamos o 10 en 3:52, 39:20 netos. Eu ía ben, pero xa dende o 7 notaba as pernas pesadas, non me ía ser tan fácil como creía.
Suso ía xenial, me levaba enganado, nin se inmutaba, a martillo pilón.
So íamos xuntos, eu diante a maioría da veces, pero él xenial, non incrmentabamos ritmo, só íamos xuntos, ou pasando corredores, nada de tirar un é despois outro. O 11 caeu en 3:56, o 12 e 3:54 e o 13 en 3:56 e o 14 en 3:54. Aquí me sacou uns metros, é lle dixen que seguise, eu ía ben, pero non tiña todas conmigo, prefería ir ritmo, e so eran uns 10m, que se incrementaron ata uns 30-40 no momento máximo. Por aquí tiñamos a Mateo animándonos en bici: “Vais muy bien, muy buena cadencia, Pepe va 150m delante vuestra..... “
Estaba eu dicindo lle non pares, non pares, segue..
Despois me quería a min de lebre, dicíame eu, Suso ía xenial
Eu non baixei o ritmo, foi Suso quen o aumentou un pouco.
O paso por o 15 foi en 3:54, o 16 en 3:48, o 17 en 3:51.
Na subida lle berraba dende atrás, non pares sigue... non te preocupes, que te collo máis adiante (creo recordar que lle dixen...) ¿ A que mente privilexiada se lle ocorreu por esa costa da hípica na Segunda volta?
18 e 19 en 7:52.
Xa collía a Suso, lle recortaba bastante metros dende a subida, pero eu non había aumentado o ritmo, só me mantíña.
O 20 sae e 3:51, e acababa de pasalo antes da baixada da costa, lle dixen que me seguise, para tirar un puoco por él, pero a verdade e que na costa abaixo me embalei ,e me non forzei, pero me deixi ir, lle dixen que non soltase, que xa tiña a marca.
Nese km non forcei, pero con inercia saiu a 3:41, e os 100m da meta en 19’’, sen complicacións, aínda que tiven que esprintar a un na liña de meta, case como se nos xogásemos o posto primeiro e segundo.
Sen forza, sabía que era su23, pero non canto, so levaba os parciais. Miro para atrás e felicito a Suso. Que pedazo carreira fixo!! Me levou enganado, está moi ben, e preparado para derreter a súa marca en c42.
Despois falar, felicitar a quen corresponde, ducharse, e comida cos amiguetes, foreros, administradores... o lado de “Riazor”.
Me levo un grato recordo deste día, coñecín a admin persoalmente despois de 4 anos, e me pasei unha tarde agradable.
Agora so me falta entrear para o obxetivo que me puxeron para o 3 de Marzo.


Última edición por sanmikel o Lun, 19 Feb 2018, 18:41; editado 1 vez
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 19 Feb 2018, 17:01
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Parabens Sanmikel!! De momento segue a celebrar a túa segunda MMP. O obxectivo do día 3 que non te quite o sono, que tí vas facelo cos ollos pechados e sen despeinarte Sorriso


Última edición por Meigalicix o Lun, 19 Feb 2018, 21:05; editado 1 vez
galaxian

Foreiro Senior
Foreiro Senior
30/11/15
121 Carreiras
404 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 19 Feb 2018, 18:23
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Enhorabuena por la carrera, y un placer conocerte en persona Oscar
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Lun, 19 Feb 2018, 19:31
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Enhorabuena por el tiempazo Óscar, para el día 3 no vas a tener ningún problema Guiño
mateotn

Maratoniano
Maratoniano
27/11/13
0 Carreiras
1524 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 19 Feb 2018, 20:20
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Ay! El día que entrenes....
VICTORALVAREZ

Experto no foro
Experto no foro
13/10/10
196 Carreiras
5440 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 19 Feb 2018, 22:11
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Muy bien crack Aplauso Aplauso
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
8104 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 20 Feb 2018, 11:31
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Fantástico nécora!!!!

cronicasdelcarma.blogspot.com/
www.facebook.com/home....6312823999
www.facebook.com/home....0742123559
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mar, 20 Feb 2018, 15:21
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

O dito Sanmikel, mil grazas por todo! Unha pasada poder contar contigo ao lado!
Como xa dixeron outros, cando teñas tempo e che apeteza poñerte un pouquiño para ver canto poden dar esas pernas, a saber que pode saír! Creo que moitos estaremos expectantes cando chegue ese momento.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mar, 20 Feb 2018, 15:45
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Grazas por palabras amables, non se merecen.
O día que entrene, so poderá ser.. que as nenas sexan maiores, e non dependan de un (difícil co mileurismo actual), que me toque a lotería (difícil, pois case non a xogo), que me xubile (isto si que sería tocarme o gordo tal como está o estado actual).
Derivado dese 3 de Marzo, saco forzas de onde non as teño para entrenar.

Onte luns19, a hora da comida, sen gañan ningunha, con maniotas nos cuadrices, con nudos nos xemelgos, e sen gañas ningunhas, me marchei a correr:
10.5 km, en 56m. Arrastrándome literalmente na parte final.... E o garmin voltandose tolo , pois os 2km me marcaba 180ppp

Hoxe martes 20, a hora do comida, tiña as mesmas sensacións que onte. Pero saín igual.
68m para facer 14.4 km, ppm 146, ppMax 162.
O comezo moi ben 4:30-4:40, ata que o dar a volta, dende coruxo a Samil, o vento viña de cara, e os parciais baixaron a 4:45-4:50. Os úlitmos 3 km, xa igual que onte, casi arrastrándome.

Esta semán tiña pensado facer algo de velocidade, pero así coas pernas non as teño todas conmigo, xa veremos.

Por o demáis cambie de idea, e me inscribín para o 10k de Padrón, que necesito velocidade.
Pode haber outra crónica conxunta!!!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos