Foros ›
Author
Message
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
470 Posts
Muras
Reply with quote Post Sun, 05 Feb 2017, 21:00
Post subject: Re: Diario de eumealto

beuckelssen escribió:
Enhorabuena por esas mejores marcas personales. A seguir disfrutando...y ¿tienes entre ceja y ceja alguna otra MMP? ¿10K quizás?


jejeje, iso de entre ceja y ceja non vai conmigo, prefiro ir vendo cómo me atopo cada semana sen marcarme grandes obxetivos, porque os contratempos en forma de lesión ou similares sempre están ahí ameazantes, como agora mesmo que levo 4 días parado por un 2º resfriado co que non contaba. Muro
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
470 Posts
Muras
Reply with quote Post Sat, 11 Feb 2017, 12:09
Post subject: Re: Diario de eumealto

Luns 23

10' + 5*3' Fuerte Rec 3' Trote + 5'

Hoxe fixen o entrenamento oficial do clube Olympo ó que pertenzo. Parecía unha sesión suave pero o certo que as 2 últimas series tiraban do aire, jejeje. O mellor de todo poder entrenar en compañía e contando contos.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
470 Posts
Muras
Reply with quote Post Sat, 11 Feb 2017, 12:21
Post subject: Re: Diario de eumealto

Mércores 25

12,61 kms a 5'10'' (Circuito habitual das tiradas longas)

Saín bastente abrigado pois estaba unha noite fría: Mallas piratas, camiseta interior de manga curta e por encima unha de manga longa: Primeiro km costandome un pouco coller ritmo pero logo xa puden rodar máis ou menos ben, inda que sen acabar de atoparme cómodo por levar tanta roupa encima.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
470 Posts
Muras
Reply with quote Post Sun, 19 Feb 2017, 10:52
Post subject: Re: Diario de eumealto

Sábado 28

10,62 kms a 5'09'' (Ruta rompepernas en descenso)

Hoxe foi un entrenamento aproveitando de novo a ubicación de saída, a 7 kms da casa pero a unha maior altitude. Como non quería facelo tan fácil, variei a ruta e no canto de baixar todo o tramo pola carretera de Viveiro, á metade desvieime por unha secundaria pola que fago a ruta de Musdradas na que hai uns repeitos tan importantes como que a última vez que pasei por ahí tiven que parar a andar nun par deles. Desta volta non foi así e sobroume bastante para non ter que parar a andar, inda que hai que ter en conta a primeira parte en baixada favorable.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
470 Posts
Muras
Reply with quote Post Sun, 19 Feb 2017, 10:57
Post subject: Re: Diario de eumealto

Luns 30
2K + 6*1000 rec 1:30 + 1K

4:27-4:27-4:21-4:20-4:17-4:18 (Media: 4:22)

Nova sesión de series ó mesmo ritmo que as anteriores pero indo de menos a máis, e estirando o período de enfriamento a 2kms e pico. De xeito que en total saíron 11,31kms.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
470 Posts
Muras
Reply with quote Post Sun, 19 Feb 2017, 11:13
Post subject: Re: Diario de eumealto

Mércores 1
9,52 kms a 5'07'' (Entrenando por Almendralejo)

Tocoume visitar terras Extremeñas por traballo, e non desaproveitei a ocasión de facer un entrenamento-turístico. Saín en coche dende a casa despois de comer e cheguei alí cerca das 21:00, un pouco cansado pero con bastantes gañas de correr. O percorrido a facer xa o mirar antes de saír da casa tirando de Google Maps, e seguín unha ruta pola carretera de Sevilla dende o meu hotel ate outro hotel que hai ás foras do pobo, aproveitando un tramo de carril-bici. A miña idea era facer uns 10 kms, e saín demasiado alegre a 5'01'', sen darme conta que os primeiros 3 kms picaban lixeiramente para abaixo, e sen darme conta tampouco que tiña o aire a favor. En canto cheguei ó punto de dar volta, xa vin que volta se me iba a facer dura, e dura se me fixo sobre todo cando cheguei ós 3 kms finais que agora picaban para arriba e co aire en contra. Ó final vinme totalmente abaixo e acabei tan reventado que tiven que parar 500m antes dos 10kms. Supoño que tería que ver o cansanzo da viaxe e non coñecer o percorrido pero aínda así saiume unha sesión xeitosa.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
470 Posts
Muras
Reply with quote Post Sun, 19 Feb 2017, 11:24
Post subject: Re: Diario de eumealto

Luns 6
8,48 kms a 5'06'' (Testeando o catarro)

Non me sentou nada ben a viaxe a Extremadura. Durmin fatal as 2 noites que pasei alí, e collín catarro. A volta para a casa o Venres á mañá foi unha tortura, tendo que parar varias veces, a facer as miñas necesidades, a mercar sobres para o catarro, a comer, a durmir 15'', que se me pechaban os ollos... E inda por riba, chego á casa e atópome co temporal, sen luz, e coa miña filla con bronquitis. En resumen, unha fin de semana desastrosa que me tivo 4 días días parados. Saín por fin o Luns a testearme, e a cousa foi aceptablemente ben, inda sen atoparme ó 100% xa que inda teño bastantes mocos.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
470 Posts
Muras
Reply with quote Post Sat, 04 Mar 2017, 12:01
Post subject: Re: Diario de eumealto

Mércores 8
9,20kms a 5'22'' (Ida e volta ate a parroquia de Xelgaiz)

A pesares de que ainda ando con catarro vou tratar de entrenar normalmente. Hoxe tocaba rompepernas e aló fun. Comecei demasiado brioso subindo o primeiro repeito demasiado rápido, pero logo comprobei que non teño o corpo para apretar duro nun circuito tan esixente coma este. As rampas da 2ª metade do circuito fixéronseme duras, pero puden con elas sen ter que parar a andar, que é obxetivo principal deste entrenamento.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
470 Posts
Muras
Reply with quote Post Sat, 04 Mar 2017, 12:09
Post subject: Re: Diario de eumealto

Venres 10
12,02 kms a 5'12'' (Tirada rodeando o casco urbán de As Pontes)

Rodaxe bastante cómodo onde iba no km 11 a un ritmo medio de 5:10 pero o último km, creo que se lle foi un pouco a perola ó GPS, ó pasar por un tramo de edificios altos, e facer un xiro de 180º que se me foi o ritmo deste km a 5:42 arruinándome a media total.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
470 Posts
Muras
Reply with quote Post Sat, 04 Mar 2017, 12:14
Post subject: Re: Diario de eumealto

Domingo 12
7.5 kms a 5'12'' (25 voltas ó campo de fútbol)

Xa iba tocando que a vaca volvese ó prado a catar unha pouca de herba. Laughing Contra todo pronóstico atopeime un chan segado, e co terreo compactado, pois deberon de pasarlle o pisón recentemente. Así que me saiu de xeito espontáneo un ritmo tan bo que batín o récord das 25 voltas Cool
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
470 Posts
Muras
Reply with quote Post Mon, 10 Apr 2017, 11:19
Post subject: Re: Diario de eumealto

Actualizo o diario para indicar que levo mancado dende o 21 de Marzo. A Carreira de San Xosé deixoume tocado o xemelgo dereito que era no que tiven os problemas o verán pasado. E no cando de facer unha rodaxe suave,
para ver cómo respondía, no seguinte entreno trala carreira metinlle case 13 kms a 5'08'' rompéndome de novo a apenas 20 metros de acabar. Estivome ben por facer o burro!! O Mércores pasado fixen un intento de retomar a actividade, pois xa levaba varios días sen molestias, pero no km 3 voltaron e tiven que parar. Hoxe teño cita na fisio a ver qué me di.
mateotn

Maratoniano
Maratoniano
27/11/13
0 Carreiras
1511 Posts
A Coruña
Reply with quote Post Mon, 10 Apr 2017, 21:08
Post subject: Re: Diario de eumealto

Ánimo y con calma! Fácil de decir pero más complicado de hacer. Que pase pronto y que no vuelva.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
470 Posts
Muras
Reply with quote Post Sun, 16 Apr 2017, 21:04
Post subject: Re: Diario de eumealto

Domingo 16
6,11 Kms a 5'24''

Case un mes despois volvo a rodar sen molestias. Tiña moito medo de volver a romper, e decidin levar un ritmo tranquilo, inda que tampouco é que poidese apretarlle moito máis pois a inactividade pasa factura de xeito implacable. Agardemos que o de hoxe non sexa un intento de arranque frustrado e poda ter continuidade polo menos nos próximos 6 meses, pois o obxetivo pasa a ser facer unha boa carreira na Coruña 10 do próximo Outubro, que nas 2 veces que a corrín acabei bastante frustrado. Todo o contrario que o 10K paralelo á Coruña 42 nos que fixen MMP nos 2 últimos anos. Obviamente este ano en caso de participar que seguramente non o faga, non vai ser así. Todo dependerá de cómo me atope ó longo da semana.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
470 Posts
Muras
Reply with quote Post Tue, 25 Apr 2017, 8:53
Post subject: Re: Diario de eumealto

Martes 18
6.62 kms a 5'16''

Aumentamos levemente a distancia, melloramos ostensiblemente o ritmo combinando asfalto e terra. Un tanto fundido no último km e medio, pero sen molestias.
Despóis do entreno tiña cita coa fisio. Atopoume bastante ben inda que non me deu luz verde total para entrenar. Me suxeriu que nas próximas 3 sesións deixe 2 días de descanso entre cada unha. Terei que facerlle caso. Pensando

Venres 21
7.38 kms a 5'13''

Con este mes de parón perdín un pouco os hábitos de "runner" e un deles foi acordarme de cargar o pulsómetro regularmente, así que me atopei no comezo do entrenamento coa batería case esgotada. Cronometei a sesión co móvil e corrin por sensacións, 1km de terra e o resto asfalto. Sain bastante tarde e facía fresquiño, o cal propiciou que me atopase cómodo e saiu un ritmo aceptable.

Luns 24
8.47 kms a 5'12''

Entramos en distancias xa algo aceptables. Comecei suave e fun aumentando a partir do 1º km. 100% asfalto, moi ben de sensacións en todo momento, incluso quedándome forzas para facer o último km a 4'56'' por terreo chan. As molestias non están nen se lles esperan Cool
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
470 Posts
Muras
Reply with quote Post Tue, 16 Jan 2018, 13:52
Post subject: Re: Diario de eumealto

Como no fío da San Xiao falei do meu esguince e dado que non é o sitio máis
axeitado para seguir con ese tema, continúo no meu diario para indicar que ontes fun á miña fisio habitual e xa de primeiras me deu a bofetada de "3 semanas de inactividade deportiva mínimo", e faloume de esperar a Xoves para descartar facer unha radiografía e saber se había algún oso roto. Eu a verdade non creo que sexa para tanto, podo andar sen nengún tipo de molestia, e incluso podo saltar á pata coxa co pé mancado. Lóxicamente teño algo de hinchazón e derrame pero únicamente me doe cando doblo o pé no sentido do esquince. En fin agardaremos polo diagnóstico do Xoves.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum