Ven, 15 Set 2017, 15:45
Asunto: 17-12-17 Carreira Nadal San Cibrao - Cto Provincial 10k ruta
XVI CARREIRA PEDESTRE DO NADAL
CONCELLO SAN CIBRAO DAS VIÑAS
17 de decembro de 2017
SAÍDA E META
PISCINAS MUNICIPAIS DE PONTE NOALLA
INSCRICIÓNS
Presenciais: Runmaniak (Avenida Buenos Aires, nº 17) ata o luns día 11 de decembro.
On-line: a través da web
www.carreirasgalegas.com ata o martes 12 de decembro.
A carreira de adultos estará limitada a 500 participantes e a colaboración coa carreira será de 5€. A carreira de escolares estará limitada a 100 participantes e a colaboración coa carreira será de 2€. As inscricións da carreira de pitufos faranse o día da proba e non levarán chip. A inscrición é gratuíta.
INFORMACIÓN
www.carreirasgalegas.com
www.sancibrao.es
tlf. 647913079 - 680135711
HORARIOS
10:30 horas: saída carreira escolares
11:00 horas: entrega de trofeos ós escolares
11:30 horas: saída carreira adultos
13:00 horas: saída carreira pitufos
13:10 Ágape para os participantes
13:30 horas: entrega de trofeos e sorteo de agasallos
REGULAMENTO XERAL
1. A saída e a meta estarán situadas nas piscinas municipais de ponte Noalla, nas inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas. As coordenadas da saída son as seguintes: GPS (WGS84) 42º17’01”, 7º50’15”O - UTM x:595802 y:4681920
2. A recollida de dorsais efectuarase na secretaría da competición o día da proba ata media hora antes da saída de cada carreira.
3. O percorrido será de 200 m para a categoría Pitufos, de 2’5 km para as categorías A – B- C- D - E e de 10 km para as restantes categorías. O percorrido está medido e homologado pola Real Federación Española de Atletismo.
4. A clasificación será absoluta e por categorías. Os premios non son acumulables. Para recibir o premio o atleta deberá estar presente na cerimonia de premiación. En caso contrario, a organización entende que renuncia ó premio. A carreira da categoría Pitufos non é competitiva e non se entregarán premios ós vencedores/as.
5. A organización contará co asesoramento da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo, o Comité de Xuíces e a colaboración de organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.
6. Todo corredor que chegue á meta sen o dorsal ou chip será desclasificado.
7. O percorrido estará sinalado cada km.
8. Todos os participantes están amparados por unha póliza de seguros de responsabilidade civil e outra por accidentes. Quedan excluídos os casos derivados de un padecemento latente, imprudencia, inobservancia das leis.
9. As inscricións estarán limitadas a 500 participantes na carreira de adultos e a 100 participantes na de escolares.. Non se admitirán inscricións o día da proba salvo casos excepcionais.
10. Establécense os seguintes premios
• 150€ - 100€ - 75€ - 60€ - 60€ - 60€ ós 6 primeiros clasificados/as en material deportivo.
• Trofeo aos 3 primeiros/as clasificados/as en cada categoría.
• Camiseta técnica para todos os/as participantes que rematen a carreira escolar e a carreira de adultos.
• 60€ ós seis primeiros/as clasificados/as do Concello de San Cibrao das Viñas en material deportivo.
• Medalla para todos os Pitufos participantes ata esgotar existencias
• Sortearanse numerosos agasallos e produtos gastronómicos, bicicletas, cestas de Nadal, sesións de fisioterapia, etc.
• Premio especial ós 6 primeiros traballadores-empresarios do Polígono de Barreiros e San Cibrao das Viñas
11. Establécense as seguintes categorías:
A) Sub10-Benxamín: 2009 e 2010
B Sub12-Alevín: 2007 e 2008
C) Sub14-Infantil: 2005 e 2006
D) Sub16-Cadete: 2003 e 2004
E) Sub18-Xuvenil: 2001 e 2002
Distancia a percorrer: 2’5 km (1 volta pequena)
Saída ás 10:30 horas
F) Sub23-Xunior/promesa: 1996 a 2000
G) Senior: 1995 ata veterán
H) Veterán A: de 35 a 44 anos
I) Veterán B: de 45 a 54 anos
J) Veterán C: de 55 anos en adiante
Distancia a percorrer: 10 km (2 voltas)
Saída ás 11:30 horas
Pitufos: 2011 e posteriores
Distancia: 200 m.
Saída ás 13:00 horas
12. A participación de atletas estranxeiros e doutras federacións autonómicas, rexerase polas normas recollidas na CIRCULAR 145/2017: “Reglamento de Competiciones de Campo a Través, Ruta, Marcha, Trail y Reuniones de Pista Cubierta y Aire Libre 2017-2018”
www.rfea.es/sirfea/fic...124315.pdf
13. Poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba non máis tarde de 30 minutos despois de publicarse oficialmente os resultados. A participación é libre e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. O non recollido no mesmo resolverase de acordo, por esta orde, as norma da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
14. A Organización obsequiará cun ágape a todos os participantes da proba. Haberá servizo de duchas ao finalizar a proba. Non haberá gardarroupa.
15. O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e internet para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito.
16. Aqueles aspectos que non se contemplen no Regulamento, resolveranse polo disposto no regulamento da Federación Internacional de Atletismo.
REGULAMENTO IV CAMPIONATO PROVINCIAL DE 10KM EN RUTA
O Campionato provincial de 10 km en ruta, terá lugar o día 17 de decembro de 2017 na localidade de Ponte Noalla, no concello de San Cibrao das Viñas, coincidindo coa disputa da XVI Carreira Pedreste do Nadal. A saída e a meta estarán situadas nas piscinas municipais de ponte Noalla, nas inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas.
PARTICIPACIÓN: No Campionato Provincial de 10km en ruta só poderán participar os atletas con licenza federativa, nacional ou autonómica, en vigor para a tempada 2017–2018 tramitada pola Delegación Ourensana, que pertenzan a un Clube Ourensán ou que naceran na provincia de Ourense (debendo acreditar estes últimos posuír licenza federativa, nacional ou autonómica, en vigor para a tempada en curso). Os atletas que incumpran o presente apartado non poderán participar.
INSCRICIÓNS: Os clubes e atletas federados deberán inscribirse na Extranet da RFEA (https://isis.rfea.es/sirfea2/). Dispoñen de prazo para a inscrición ata as 20:00 horas do luns día 11 de decembro.
CLASIFICACIÓNS: estableceranse clasificacións individuais en todas as categorías e por equipos na categoría absoluta:
Individuais (*): nas categorías SENIOR (nados/as en 1995 e anteriores ata o ano en que cumpran 35 anos), PROMESA/SUB23 (nados/as en 1996-1997-1998), XUNIOR/SUB20 (nados/as 1999/2000) e VETERANOS/AS/MASTER (nas seguintes categorías: A de 35 a 44 anos, B de 45 a 54 anos e C de 55 anos en adiante) Homes e Mulleres.
(*) Para o Cto. Provincial Individual contarán unicamente aqueles atletas que cumpran 3 das seguintes condicións:
1. Ser cidadán español (acreditado mediante o carné de identidade).
2. Ser ourensán de nacemento (acreditado mediante o carné de identidade ou partida de nacemento)
3. Con domicilio legal na provincia de Ourense (acreditado mediante certificado de empadroamento).
4. Estar en posesión de licenza federativa por un clube da provincia de Ourense para a tempada 2017 – 2018.
Por equipos (**): na categoría ABSOLUTA masculina e feminina, trofeo aos 3 primeiros clubes da provincia de Ourense. O número de atletas dun equipo é libre, contando para a clasificación os 6 primeiros que cheguen a meta e contabilizando os postos dos 4 primeiros atletas de cada clube. Realizando a clasificación da seguinte forma:
• Confeccionarase unha lista de chegada formada polos atletas que compoñen os equipos, con exclusión dos que non clasificaran a lo menos a 4 atletas.
• Esta lista soamente estará formada polos atletas dos clubes que enviaran a inscrición no prazo previsto.
• A cada atleta se lle atribuirá un número de puntos coincidente co posto que ocupe segundo esta nova lista de chegada.
• Sumaranse os puntos dos 4 mellores clasificados en cada equipo.
• Será proclamado vencedor o equipo que obteña o menor número de puntos,
• Os empates a puntos resolveranse a favor do equipo cuio cuarto atleta rematara máis próximo ao vencedor da proba.
(**) Para a clasificación por equipos puntuarán todos aqueles atletas fichados por clubes da provincia de Ourense.
PREMIOS: concederanse premios aos tres primeiros/as clasificados absolutos e premio aos tres primeiros/as clasificados en cada categoría (xúnior/sub20, promesa/sub23, sénior e veteranos/masters A , B e C) e premio aos tres primeiros clubes da provincia de Ourense en categoría absoluta, tendo para elo a obligatoriedade de asistir a cerimonia de premiacións. Os participantes no Campionato Provincial que desexen optar os premios da XVI CARREIRA PEDESTRE DO NADAL deberán aboar a inscrición prevista pola organización
HORARIO E DISTANCIAS A PERCORRER: o horario e as distancias a percorrer son os indicados no regulamento xeral da Carreira Pedestre do Nadal.
Última edición por San_Cibrao o Mér, 06 Dec 2017, 9:29; editado 8 veces