Foros ›
II Carreira popular Ao son do Masma (Barreiros) 18/11/2017
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
sargoman

Novo foreiro
Novo foreiro
16/09/13
0 Carreiras
22 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 11 Nov 2017, 16:41
Asunto: II Carreira popular Ao son do Masma (Barreiros) 18/11/2017

Boa tarde.
Unha carreira que non vos debedes de perder. 5 km prácticamente chans no entorno do río masma en Celeiro de Mariñaos no concello de Barreiros.
Deixo a nota que me pasou a organización.

Estimados amig@s,
dende o Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros queremos convidarvos a participar na segunda edición da Carreira Popular Ao Son do Masma, que terá lugar en Celeiro de Mariñaos (Barreiros) o vindeiro sábado, 18 de novembro a partir das 16:30h.
Tal e como se especifica no cartel que vos achegamos haberá carreiras para nen@s e adult@s, e tamén unha categoría adaptada a persoas con algunha discapacidade que opten por non competir na proba absoluta. A xornada pecharase cun ambiente de lecer, e compartiremos uns pinchos e unhas castañas.
As inscricións para participar nesta carreira realizanse na páxina inscripciones.ranckr.c...-do-masma, onde está ademais toda a información precisa.
Se queredes seguir ao tanto de outras novidades en relación a esta iniciativa, podedes seguir a páxina de Facebook do Ao Son do Masma en: www.facebook.com/aosondomasma, e a de Ollomao, colectivo organizador en: www.facebook.com/colec...ralollomao
Agardamos contar coa vosa presenza e agradecemos difundades esta actividade entre todas as persoas que consideredes interesadas.
Graciñas e un saúdo.


No seu facebook tendes toda a información, e creo que andan a argallar algún sorteo.
xaquinci

Foreiro infantil
Foreiro infantil
27/01/12
3 Carreiras
70 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 12 Nov 2017, 18:39
Asunto: Re: II Carreira popular Ao son do Masma (Barreiros) 18/11/2017

Haberá que ir.
xose9

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
6/08/12
10 Carreiras
241 Mensaxes
RIBADEO (LUGO)
Respostar citando Envío Lun, 13 Nov 2017, 21:12
Asunto: Re: II Carreira popular Ao son do Masma (Barreiros) 18/11/2017

Fermosa carreira e moi recomendable. Xa estou inscrito e agardo que as molestias que teño no gemelo pasen pronto para poder disfrutar da mesma.
xaquinci

Foreiro infantil
Foreiro infantil
27/01/12
3 Carreiras
70 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 19 Nov 2017, 9:34
Asunto: Re: II Carreira popular Ao son do Masma (Barreiros) 18/11/20

Bonita carreira e efectivamente chan, agás 700 m. moi duros de subida o final de todo.,
Onde se poden ver as clasificacións e fotos?
sargoman

Novo foreiro
Novo foreiro
16/09/13
0 Carreiras
22 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 19 Nov 2017, 18:59
Asunto: Re: II Carreira popular Ao son do Masma (Barreiros) 18/11/20

Gracias a todos por asistir á carreira.

Toda a información, clasificación e fotos da carreira se pode ver en https://www.facebook.com/aosondomasma/

Irase publicando segundo vaia chegando a información. Estade atentos.

E tamén en: http://inscripciones.ranckr.com/eventos

http://inscripciones.ranckr.com/resultados

http://www.prueba-t.es/events.html
quetepillo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/05/10
0 Carreiras
184 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 22 Nov 2017, 21:48
Asunto: Re: II Carreira popular Ao son do Masma (Barreiros) 18/11/2017

Unha carreira ben organizada, e nun lugar moi adecuado,e bon avituallamiento. A inscripción pa non dar ningun obsequio e un pouco cara, pero sobre todo os premios ( unha medalla de cartón, parecéronme ridículos) a miña xa chegou rota a casa. Sempre se pode mellorar. Gracias.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos