Foros ›
XX Edición Carreira Pedestre Pico Sacro
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Gamacar

Novo foreiro
Novo foreiro
9/08/17
0 Carreiras
6 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 09 Ago 2017, 21:05
Asunto: XX Edición Carreira Pedestre Pico Sacro

Boas a todos!

O próximo sábado 19 de agosto, terà lugar a XX Edición da Carreira do Pico Sacro, no lugar de San Pedro de Vilanova , Vedra.
A hora de saìda será as 18 horas.
Serà un percorrido de 8,500 kilómetros e con probas para todas as categorías, dende pitufos a absoluta.
A cuota de inscripción será de 2 euros, agàs nas categorias infantìs que será de balde.
Toda a información e inscripción de corredores atòpase na pàxina carreirapico.galitiming.es e o prazo ampliarase ata o 17 de agosto.
A carreira comeza e remata no mesmo lugar, campo da festa do Santiaguiño, en Outeiro, San Pedro de Vilanova, concello de Vedra. Discurrirá por camiños de asfalto e terra, parte do percorrido transita polo camiño real dos peregrinos, da ruta da prata.

A recollida de dorsais e chips realizase o mesmo día e no mesmo lugar, entre as 17 e 17:45 horas.

Este ano a novidade è que haberà a maiores unha andaina de aproximadamente 6 km.

Teremos avituallamento líquido na metade do percorrido, e xa na meta avituallamento líquido e sólido.
Trofeos para o gañador de cada categoría.
Medallas para todos os participantes da categoría infantil.
Non habrá premios económicos.
Resto de información, bases, reglamento ...na pàxina de galitiming.
Para calquer duda teléfono de información 981 81 46 91.

Esperamos a vosa participación e que sexa do voso agrado!!
Gamacar

Novo foreiro
Novo foreiro
9/08/17
0 Carreiras
6 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 09 Ago 2017, 21:15
Asunto: Re: XX Edición Carreira Pedestre Pico Sacro

Percorrido
es.wikiloc.com/wikiloc...d=19006564
Alfonsorf

Foreiro infantil
Foreiro infantil
5/05/15
20 Carreiras
130 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 20 Ago 2017, 12:43
Asunto: Re: XX Edición Carreira Pedestre Pico Sacro

Excelente carreira onte en vedra, que demostra unha vez mais que as carreiras feitas con cariño cara os corredores son as que mellores recordos nos deixan.
Ainda que variou algo o percorrido , a sua esencia sigue sendo a misma cas suas costas e despois as correspondentes baixadas, parece que suavizou un pouco a sua dureza con respecto a 2016 , ainda así a costa final fixonos reducir unha marcha, que metros mais tarde recuperariamos co apoio recibido pola xente que nos animaba nos metros finais.
Gracias a organizacion e os seus voluntarios por brindarnos esta carreira.
Vemonos po ano vedra.
Gamacar

Novo foreiro
Novo foreiro
9/08/17
0 Carreiras
6 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 21 Ago 2017, 14:32
Asunto: Re: XX Edición Carreira Pedestre Pico Sacro

Hola.
Moitísimas gracias polo comentario. A verdade é que despois de todo o traballo que supon organizar estos eventos se agradece e motiva. De cara o próximo tentaremolo facer todavía mellor.
Graciñas por participar.
O_Esquio

Novo foreiro
Novo foreiro
21/04/14
0 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 22 Ago 2017, 10:43
Asunto: Re: XX Edición Carreira Pedestre Pico Sacro

Moi boa carreira, dura a par que bonita! A organización nótase que esta feita con moito agarimo... gustoume moito que estiveran preocupados todo o tempo polos corredores.

Simplemente un par de apreciacións a modo constructivo:
- A saída da carreira foi un pouco confusa pois deuse cunha bomba de palenque e a voz de "vamos" sen estar os participantes colocados, defeito non habia nin liña de saída... para a vindeira edición deberiades colocar aos participantes e dar a saída a todos a un tempo porque a varios de nos colleunos algo desprevenidos.

- Por outra banda, o tema dos trofeos e clasificacións segundo o meu entender deberiades meter algunhas categorias... hoxe en día comprar trofeos sale relativamente barato e creo que contribuiría a aumentar considerablemente o número de participantes.

Non quero que se malinterpreten as miñas palabras pois quedei encantado coa carreira, simplemente quería expresar ese par de matices con afán de mellora. Unha vez mais NORABOA AOS ORGANIZADORES.
Gamacar

Novo foreiro
Novo foreiro
9/08/17
0 Carreiras
6 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 22 Ago 2017, 11:42
Asunto: Re: XX Edición Carreira Pedestre Pico Sacro

Hola. Gracias polo comentario. As críticas constructivas sempre son positivas.
Sabemos o do tema dos trofeos. O problema è que este ano se deu un cambio de directiva na asociación a finais de xullo, e como podedes imaxinar apenas nos deu tempo nin de familiarizarnos coa carreira.
Encima coincidindo con vacacions...cando nos puxemos a organizar todo resulta que non daba tempo a encargar os trofeos, nin a modificar o reglamento, nin estudiar a ruta...e moitas cousas mais.
En fin, que tomamos nota, consciente dos fallos.
E ao contrario, agradecemos os comentarios, sempre que se din con respeto sólo nos pode axudar a mellorar.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos