Foros ›
I ANDAINA ARREDORES PICO SACRO (VEDRA)
Foros de debate / Andainas
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Gamacar

Novo foreiro
Novo foreiro
9/08/17
0 Carreiras
6 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 10 Ago 2017, 22:42
Asunto: I ANDAINA ARREDORES PICO SACRO (VEDRA)

Boas a todos,

O sábado 19 de agosto, ás 18:00 horas, aproveitando a celebración da XX edición da carreira Pico Sacro, organizada pola AA VV Picón, e coa colaboración de Ramsa e Concello de Vedra, celebraremos a I Andaina do Pico Sacro.

A inscripción estará aberta ata o día 17 de agosto na páxina
carreirapico.galitiming.es, donde poderedes encontrar toda a información.

O prezo será de 2 euros.

O lugar de saída e chegada da andaina será o mesmo que da carreira: lugar de Outeiro, xunto a capela do Santiaguiño, en San Pedro de Vilanova, Vedra.


Será un percorrido de aproximadamente 6 km, por camiños de asfalto e sendeiros por onde discurre parte do camiño da Vía da Prata, moi preto da ladeira do Pico Sacro.

Haberá avituallamento líquido na metade do percorrido, e avituallamento líquido e sólido na meta.

Nos próximos dous días intentaremos colgar o percorrido, de todas formas no foro de carreiras populares, temos aberto un fío coa carreira, e alí podedes ver o itinerario desta última, contade con que máis ou menos é o mesmo recorrido pero con aproximadamente 2,5 km menos (sen a última subida).

Máis información no teléfono 981 814 691

Animadevos!!
Gamacar

Novo foreiro
Novo foreiro
9/08/17
0 Carreiras
6 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 11 Ago 2017, 23:30
Asunto: Re: I ANDAINA ARREDORES PICO SACRO (VEDRA)

es.wikiloc.com/wikiloc...d=19121740

Aquí vos deixo enlace de wikiloc da ruta da andaina.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos