Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 02 Xul 2017, 21:31
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: " Uma escalada portuguesa é com certeza uma escalada portuguesa "

Como xa anotara no plan semanal, onte tocaba ir coa terceira edade do barrio ata Portugal. Excursión típica , turisteo en Gimaraes, xantar no Parque da Pena, e pola tarde no Bom Xesús de Braga... Se antes chego a escribir aquí o de estirar as pernas subindo e baixando chanzos, antes me dou de fuciños coa escena : Mentras unha morea de xente encopetada ocupaba o interior e atrio da igrexa participando nunha boda vip, outro grupo de xente andaba a montar un podium, e a atender a xente que chegaba con roupa de deporte, dorsal no peito e suor considerable. Enton fixeime nos carteis:

Corrida contra relogio dos escadorios do Bom Xesús do Monte. Circuito das catro estacións... Aproveitando que andabamos de santuario, consultei a San Google e respondeu que desde o pe do monte sálvase unha altura de 116 metros e patéanse mais de 500 chanzos ( como para inscribir na proba ó tipo ese que vai ó ximnasio de Freaky e se mosquea coa máquina). Impresionante.

Non faltou quen se metera conmigo dicindo que como non trouxera as zapatillas para participar no evento. Xa...

O caso é que había que reservar forzas para hoxe, e xa de entrada amanecín cansada, incapaz de erguerme ata as 9 da mañá. O sol xa demasiado alto para o plan e circuito que tocaba. Pero finalmente ás 9:30 xa estaba facendo os deberes de Jota aplicadamente: Ese exercicios que deixei aparcados no inverno por mor do glúteo dereito e que agora estou retomando. Non sei moi ben que nome darlle. Supoño que ven sendo parte fartlek e parte series, pero desde logo é mais esixente que o que fago normalmente.

Tocaba unha primeira parte de 35 minutos: 5min quentar, e logo ir alternando ritmo forte con ritmo suave en progresión de minutos de tempo: 2x1, 2x1:30, 2x2, 2x3, 2x2, 2x1:30, 2x1, 30" finais a ritmo forte e 5 minutos de rebaixar, seguido logo de tanda de estiramentos (que sempre fago que me toquen no parque de Chapela).

A segunda parte é de un 31 minutos mais ou menos. 5min de quencemento, e logo 10 repeticions de 1 minuto a ritmo forte + 1.30 a suave, rematando con 2:30 minutos de ritmo baixo e estiramentos.

A información recollida non Garmin é un pouco caótica , pero creo que desta primeira sesión a conclusión que saco é que os ritmo suves saen entre 6:30 e 7:30 min/km, e que os rimtos rápidos son moi variables, pero andan entre 4;30 a 4:50.

Folla de ruta desta semana cumprida. Iso sí, entre isto e o calor, teño o corpo como levitando...



Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 05 Xul 2017, 16:01
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Retomamos o fío.

Despois da caña que me metin o domingo, o luns tocaba descanso. Onte martes seguia a darme pereza pensar no tema,e tamén tiña a axenda ocupada de mais.

Hoxe ó mediodía por fin me animei. Menos mal que había néboa da ría, senón sería inviable ir ás 14 horas polos asfaltos da favela.

Quedárame curiosidade de como resultaría facer a zona da Xorxa costa abaixo, así que fixen a saída cara Chapela en sentido inverso, comezando pola Avenida de Galicia e rematando pola Xorxa e Buenos Aires.

Decisión acertada no tocante a evitar os tramos de beirarrúa levantada por obras, pero un gran equivocación á hora de dosificar as costas. Penso que feito deste xeito toca salvar cara arriba pendentes máis duras ( tampouco tiñas as pernas no mellor momento, depois de dous días de moito traballo sentada, ou parada de pe). O único positivo foi sentir que polo menos o ritmo de respiración era cómodo.

En resumen, resulta que facendo a variante pola Xorxa saen 100m menos. O tempo total foi de 52:12, a un ritmo de 5:54... En fin, a ver se mañá no ximnasio me levantan un pouco a autoestima poñéndome a facer exercicios nos que faga unha execución impecable.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 08 Xul 2017, 15:40
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Crónicas da favela: Living la vida loca"

Creo que xa puxen esta entrada máis dunha vez , pero non vou pararme agora a comprobalo na morea de páxinas anteriores.

En fin, a cousa vai de que nesta semana só saín o mércores, o xoves tocou ximnasio con Alba e aínda me duran as maniotas que me deixou a máquina, e hoxe ó mediodía estaba demasiado cansa de andar coa cortadora de man rozando roseiras e bouganvillas, quitando o sutil detalle de que os termómetros estaban a 30 grados.

Non paran de xurdir compromisos familiares de todo tipo (en cinco minutos teño que coller o coche e achegarme a Caldas ). Así que a segunda sesión de series quedará para mañá moi cedo (hoxe pola tarde non vai poder ser)

Polo medio de todo isto, estou de estrea de zapatillas. Non é que se atope doadamente oferta variada para un número 37/38 pisada pronadora nas tendas físicas habituais. Asi que optei outra vez por unas Asics (Duomax esta vez) A verdade é que o chegar a casa e comparar a suela coas vellas Gel Kayano era como poñer os Pirineos ó lado da Terra Chá... e eu pensando que non estaban tan gastadas.

O vindeira carreira vai ser a do Carneiro ó Espeto en Moraña, inscripcion recen feita para a carreira de 10 km e tamén para a de parellas. A ver como sae semellante experimento...

Non sei se darei domesticado ben as zapatillas novas de aquí a alá, porque non vai a haber moitos días para usalas: Mañá marcho de vacacións ó mediodía, e non veño de volta ata o día 20. E a miña norma é levar só zapatillas vellas cando vou polo mundo adiante, que non me fio eu de que non se perda ninguna maleta.

O plan queda como sigue (outra cousa é se o chego a cumplir)

Domingo 9 (ben cedo) : 1 hora de fartlek (ou o que veña sendo) entre Teis e Chapela

Luns 10 pola tardiña ou 11 moi cedo: Minimo 30 minutos de trote polos arredores de Angra do Heroismo

13, 15 e 17. Outras sendas tandas de 30 minutos polos arredores de Faja de Santo Amaro

18, 19 e 20: Intentar facer estiramentos e rutinas camiño de Lisboa , e logo volvendo a Vigo, para paliar o síndrome de clase turista e a ausencia de entrenos .

21- Ultima saída xa por Teis

22 - Descanso, estiramentos e automasaxes

23- 10+2 km en Moraña, e que non acabe afurricando
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Sáb, 08 Xul 2017, 16:39
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Disfruta de las vacaciones. Sorriso

Yo cuando hago algún viajecito tampoco me llevo las zapas más nuevas. Mäs vale previnir...

Veo que te me estás profesionalizando a pasos agigantados, en un solo post has usado las palabras "series" y "fartlek". Molón
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 09 Xul 2017, 21:25
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

A donde vas esta vez de vacaciones?que el año pasado pusite el listón muy alto....pasarlo genialll
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Xul 2017, 6:30
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meiga no revela su lugar de vacaciones para que no se le acumulen los paparazzi Ríndose
Felices Vacaciones. Te las tienes muy merecidas. Lo sé de Buena Fuente Silbar
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 11 Xul 2017, 23:20
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Andrés61 escribió:
Meiga no revela su lugar de vacaciones para que no se le acumulen los paparazzi Ríndose ...

Creo Don Andrés que os paparazzis teñen mellores cousas que facer que andar a acosar a alguen coma min, cunha vida normal , carente de morbo.

Hoxe cumplín o da saida de media hora pola bisbarra de Angra do Heroísmo (Illa Terceira - Azores). Evitando a zona de adoquins do casco urbano, e procurando coller a curva de nivel favorable en zonas de asfalto, pero este é un lugar de tantos desniveis que case sentin saudade polas costas da Guía.

Como me da tanta pereza esperar a que se conecte o Garmin, últimamente sempre boto a trotar en posición cronómetro. Saiu menos de media hora de entreno e 4500 metros, pero creo que serán mais. De momento non me preocupan os ritmos, simplemente non perder a forma en vacacións... ainda todo o sendeirismo que fixemos hoxe pola zona de Santa Bárbara debe valer por 3 sesións

Pasado mañá seguinte intento, xa na Illa de Sao Jorge
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 14 Xul 2017, 0:42
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Segundo entreno vacacional, xa na Illa de Saõ Jorge.
Unha illa longa e estreita, cunha topografía en cume de tellado ( só 4 km de marxe para pasar do nivel do mar ata altitudes de 600 m e mais) . Iso obriga a que as vilas e aldeas sexan moitas veces liñas encaixadas nunha pendente por onde pasa unha única estrada principal da que saen camiños moi empinados.
O mércores pola tarde dediquei un tempo á localización de exteriores . O único lugar preto do aloxamento que non fose estrada xeral e non tivese costas mortais era a baixada ó porto de Ribeira de Nabo.... En fin, os nomes dos sitios aquí son así.
O anticiclón das Azores está de vacacións, por iso o bo tempo vai para outras zonas, e aquí queda unha especie de poalla permanente Iso sumado ò correr costa arriba leva a un estado de ineficiencia enerxética sudorosa de nivel 10. Pero ainda con todos eses inconvenientes logréi facer uns 25 minutos de trote .
Mañá un roteiro de montaña de mais de 10 km ( que así o planificaron os demais do grupo co que veño)... Mellor non penso no asunto senón xa non me movo.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Xul 2017, 13:42
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Me encanta conocer destinos, aunque sea virtualmente. Yo, acostumbrado al subebaixa da terra, tengo curiosidad por Azores. A San Jorge nunca fui, por eso la estudié aprovechando y te dejo un perfil de la que parece ser la carretera de la isla que va de sur a norte. Parece suavecito, regular y tranquilo, hasta que ves la cota máxima.

Pasao ben y ya contarás de esa ruta de montaña que para una experiementada como tú es calderilla.

es.wikiloc.com/wikiloc...d=18693000
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Xul 2017, 21:35
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Pasao moi ben!!!
Eu en unhas semanas de excursión tamen...por ágora tocou mercar almofadas para a caravana...jeje cando lle dicen 5 a dependienta case lle da un parrus!!!!
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 18 Xul 2017, 23:59
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

freakyrunning escribió:
... Parece suavecito, regular y tranquilo, hasta que ves la cota máxima. ...

Ese é o conto do asunto, que calquera distancia hai que salvala indo por costas " muito íngremes" , como din aquí... Despois de facer un par de días uns roteiros algo mais curtos que ese, o corpo quedou baldado, sen tempo nin forzas para as 4 tiradas previstas.
Hoxe fixen a terceira, seno o en Angra do Heroísmo, esta vez polo Monte Brasil, un total de 8130 m polo Garmin, pero só rexistrei o tramo de baixada, saindo un ritmo medio de 5:46... Certo que tiñamos 26ºC, e que as subidas previas desgastaron as pernas, pero se ese é o ritmo que son capaz de facer costa abaixo, mal me vexo para este domingo en Moraña.
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 19 Xul 2017, 6:11
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

... Y lo bien que nos lo vamos a pasar en Moraña...?
Estamos haciendo la "pretemporada", además nuestros resultados son mejores en las Carreras que en los entrenamientos... Así somos los "atletas de élite" Molón
www.youtube.com/watch?v=ryWxDpiz1bk
Pd: ¿.... Y el Carneiro ó espeto que nos vamos a meter entre pecho y espalda? Bailar
2ª Pd: he de confesarte que no me gusta nada la pareja que has escogido para la Carrera... ¿Que tiene él que no tenga yo? (No es necesario que respondas) Chorando
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 19 Xul 2017, 8:16
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Pois a ver se é verdade Don Andrés, que o domingo viamos todos coa mesma alegría que as bolboretas da canción ( cantos anos fai que non a escoitaba!!!)... E xa que menciona @s atletas de élite, precisamente iso é o que hai de abondo na Carreira de Moraña... En concreto das seis persoas que estamos inscritas na miña categoría de veteranas D vai correr o dream team: a actual cabeza de lista da clasificacion do Runrun Vigo, unha campiona europea de 10 km en pista, unha campiona galega en milla... todo un luxo compartir pista .
Con respecto á carreira de parellas teño que aclarar que fun invitada, e eu aceptei. Así que Don Andrés non se faga mala sangue e non lle dea máis voltas. Vémonos o domingo
EnriqueC

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
24/01/17
7 Carreiras
200 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 19 Xul 2017, 17:52
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

¿Angra do Heroismo? Bonito lugar. Estuve trotando en su puerto. Lo pasé bien el pasado mes de Febrero. Pásalo bien tu también.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 22 Xul 2017, 11:41
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Xa estamos de volta na favela desde antonte. Atrás quedan Sao Jorge e Angra.

Onte sain a probar como respondían as pernas. Desde logo está claro que as zapatillas novas aínda están sin domesticar así que mañá correrei coas vellas.

As sensacións, en fin, mais lenta do que eu quixera . Tranquilízame que as previsión de tempo teñan cambiado e digan que mañá vai ser de nubes e claros sen pasar dos 25 graos. Hai que ser optimistas, espero poder repetir o crono do ano pasado (53 minutos na de 10km). E na competición de parellas, non me pronunciarie en ningún sentido, para non crear expectativas nin a alza nin á baixa, que xa hai xente de mais facendo quinielas co asunto.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos