Foros ›
Dubra Trail, 25 xuño. Val do Dubra
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Lun, 08 Mai 2017, 12:56
Asunto: Dubra Trail, 25 xuño. Val do Dubra

No Calendario de CnG vexo que se organiza un novo Trail na comarca de Compostela grazas ao Clube Dubra Team.

O 25 de Xuño en Val do Dubra: www.correrengalicia.or...e=20170625
Ademáis semella que hai distancias para todos/as e para os andariegos Bailar
Cita:
> Andaina --- 14 km aprox.
> Mini Trail -- 14 km aprox.
> Trail ------- 25 km aprox.

Inscrición: emesports.es/event/i-dubra-trail/
Regulamento: emesports.es/wp-conten...-25-06.pdf



Estaremos atentos as novidades e se alguén do equipo anda por aquí pois ojalá nos teñan informados Guiño e desexar que finalmente a carreira saia adiante.



-- Chámame "ghose"

Última edición por XoseM o Ven, 09 Xuñ 2017, 5:45; editado 4 veces
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
873 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Mai 2017, 13:56
Asunto: Re: Dubra Trail, 25 xuño. Val do Dubra

Quería estrearme na Baixada de Visma pero si os do Dubra Team nolo venden ben ó mellor cambio de idea Moi feliz
artabro81

Montañés
Montañés
31/10/16
58 Carreiras
497 Mensaxes
Sada, Irixoa, Ames
Respostar citando Envío Mar, 09 Mai 2017, 11:15
Asunto: Re: Dubra Trail, 25 xuño. Val do Dubra

a ver que tal

Intento Mejorar y Superarme
C.A.R. Marisqueiro
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Sáb, 20 Mai 2017, 6:06
Asunto: Re: Dubra Trail, 25 xuño. Val do Dubra

do facebook de DubraTeam
temos o REGULAMENTO, inscricións en emesports.

Cita:
I DUBRA TRAIL con dos modalidades de Trail,una larga de aproximadamente 25 kms y una corta de aproximadamente 15 kms, además de una Andaina de 15 kms.
La ruta corta y la andaina son comunes y discurrirá por la Ruta de la Fervenza do Rexedoiro PR-G202.
Habrá avituallamiento de sólidos y líquidos,aunque se recomienda portar hidratación si la temperatura lo requiere y protección para el sol.
Próximamente se facilitará el track y perfil de las rutas.

Na web do concello podese ver info sobre a PR-G 202

Imaxe de @clickame na ruta


-- Chámame "ghose"
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2792 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 07 Xuñ 2017, 23:39
Asunto: Re: Dubra Trail, 25 xuño. Val do Dubra

Un que se anota!! Ten moi boa pinta Guiño

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
DubraTeam

Novo foreiro
Novo foreiro
13/06/17
1 Carreiras
4 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 14 Xuñ 2017, 19:56
Asunto: Re: Dubra Trail, 25 xuño. Val do Dubra

Bos días
Moitas Gracias a XoseM o Moderador por facerse eco do noso DUBRA TRAIL.
Por problemas técnicos non daba contactado con vos. Pero gracias a Iván Pablo Sanmartín xa temos voz para animarvos a vir correr ó Dubra.

Como novedades dicirvos que limpamos antigas canles de auga,que surtían os muiños da zona para movelas pedras...e correremos por elas.
Cruzaremos o Rego de Porto unha vez,o Rego de Rodís tres veces,unha delas por baixo da Ponte de Couzo para non invedir a estrada. E finalmente refrescaremos un pouco as pernas no Río Dubra,pouco antes do remate da proba.

E un trazado sen moito desnivel positivo, 450 mts no trail curto e uns 850 mts no trail longo. Pero moi técnico e rompepernas no tramo das canles e no tramo fluvial. Logo unha parte de pisteo moi rápida que nos levará a meta.

Avituallamentos haberá dabondo,eso non quita que veñades preparados por se toca sol. Inda que o trazado descurre pola sombra,comprobamos que a temperatura e veraniega nas zonas donde non corre o aire. Haberá un na Fervenza do Rexedoiro,km 8 aproximadamente común a todos, de sólidos e líquidos. Deixamos atrás os da andaina e seguimos os traileros. Na separación de trails haberá un de líquidos,estamos xa no km 14. E finalmente antes de subir Carboeiro,na ponte de Rodís teremos outro de sólidos e líquidos,km 19.
Son aproximacions. Afinaremos o mais pronto posible. Pero e que seguimos tentando que no vexades o asfalto.
Na meta teremos outro avituallamento completo.

Estamos preparando sorpresas varias para que pasedes un día estupendo se decidides vir a correr con nos.

Tedes toda información seguindo a nosa páxina DUBRA TEAM co enlace para apuntarse:http://emesports.es/event/i-dubra-trail/



E para animar os da andaina:

youtu.be/dHYLOEEvPw4
DubraTeam

Novo foreiro
Novo foreiro
13/06/17
1 Carreiras
4 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 20 Xuñ 2017, 13:36
Asunto: Re: Dubra Trail, 25 xuño. Val do Dubra

E agora o turno dos tracks e perfís que todos estades demandadando.
Xa avisei que os Garmin non se poñen de acordo, logo que ninguén colla medo. recortamos o Longo. Finalmente quedan en 16 e 26.5 respectivamente Curto e Longo.
Dicirvos que hay avituallameto cada 7-8 Km mais ou menos.
Pero sigo recordando que no e mala idea que traiades provisión de auga se dan calor gordo.
E seguide a apuntarvos,cada hora somos máis !!

emesports.es/event/i-dubra-trail/

Trail Longo

scontent.fmad3-4.fna.f...e=59C8292E

Trail Curto scontent.fmad3-4.fna.f...e=59E223BF

scontent.fmad3-4.fna.f...e=59D4572D

En pettit comité....haberá grifo de cervexa ...caño libre!!!
DubraTeam

Novo foreiro
Novo foreiro
13/06/17
1 Carreiras
4 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 23 Xuñ 2017, 11:30
Asunto: Re: Dubra Trail, 25 xuño. Val do Dubra

Información importante para o I DUBRA TRAIL patrocinada por xente especial que colabora con nos para que repitades a experiencia de vir correr ó Val do Dubra: Frutería Beyma, Fisiovita e Talleres Noya.
Empezamos ca recollida de dorsais: 8:30-9:20
Sairemos da Tilleira e retornaremos a ela donde teredes as duchas no campo de fútbol.
Teremos uns minutos de charla técnica antes da saída.
Sairán primeiros os do Trail Longo as 9:30 e 15 min despois os do Curto e Andaina 9:45
Os da Andaina deben seguir o trazado marcado en branco e marelo, típico das rutas de sendeirismo. Inda que pode haber sinais verticais aclaratorias.
Os Trails teñen balizas verticais con carteis de dirección e perigo, e as típicas cintas brancas e bermellas xa coñecidas.
Na meta teremos un avituallamento completo con algunas sorpresas.
Aquí un enlace ca localización do campo de fútbol da Tilleira con aparcamento e a zona de duchas.

www.google.es/…/data...bd001b1…
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mar, 27 Xuñ 2017, 13:59
Asunto: Re: Dubra Trail, 25 xuño. Val do Dubra

gracias a todas as personas que traballaron para sacar a proba adiante Aplauso

Para ser a primeira edición eu creo que todo estivo moi ben. Os avituallamentos nos lugares indicados, "xente" en cada cruce que puidese ser conflictivo, a sinalización perfecta, aparcamento, duchas e papatoria ao pe da meta, o speaker tamén está en forma Sorriso ... ate a temperatura acompañou.

O percorrido en si superou as miñas espectativas e prexuizos

Personalmente non teño queixa pero debo dicir, por dicir algo negativo, que os da andaina dixéronme que a sinalización non era totalmente clara e houbo quen se confundiu no recorrido. Dixerono varias personas, por eso o digo, pero na ruta longa a min pareceume perfecto.

Estas andainas son perfectas para as personas que non se "atreven" a correr pero si disfrutan ese par de horas coñecendo a contorna con unha actividade moito máis asequible Aplauso

Gracias de novo e agardemos que poida consolidarse no calendario Guiño

-- Chámame "ghose"
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2792 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 28 Xuñ 2017, 23:49
Asunto: Re: Dubra Trail, 25 xuño. Val do Dubra

Comparto a opinión de XoseM . Un trail cun trato exquisito e boa organización. Eu corrín o longo e nin un pero. Todo de luxo. A seguir así, amigos do Dubra!!

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
DubraTeam

Novo foreiro
Novo foreiro
13/06/17
1 Carreiras
4 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 11 Xul 2017, 9:43
Asunto: Re: Dubra Trail, 25 xuño. Val do Dubra

Gracias a todos os que viñestes coñecer o Val.
Teremos en conta todos os comentarios.
E certo que a andaina empañounos un pouco o día... pero tamén e certo que foi boa cousa,porque así nos demos conta que a sinalizada da depuración non e todo o boa que debería. Teremos que engadir sinais.
Con todo para o ano esperamos sorprendervos outra vez.
E adiantarvos que estamos argallando a maneira de deixar as rutas sinalizada permanentemente,con todas as suas variantes operativas.
Gracias pola atención !!!!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos