Dom, 21 Mai 2017, 11:12
Asunto: Re: Diario de Sonsuso
Dende o Estado Libre da Baviera (ou Freistaat Bayern como se di aquí) ... e catro semanas despois... volvo a escribir no foro.
Hoxe é o día
133 do diario e
día 91 do plan. Completada así a 13ª e penúltima semana do plan para a maratón, pois este domingo 28 de maio é a Maratón.
Por resumir estas 19 semanas de diario, este era a primeira vez que ía seguir un plan. Despois de 4 maratóns e facer dúas veces 3h13'', quería ser ambicioso e intentar acercarme ás 3h. O plan eran 20 semanas: unha parte inicial de 6 semanas para recuperar ritmo e preparar o corpo para o plan, pois volvía de estar varias semanas parado, e logo outras 14 semanas de plan-maratón.
Estas 6 primeiras semanas foron progresivas e moi positivas, tanto en sensacións como na introducción de traballo de forza ou xumnasio por primeira vez nos meus entrenamentos. Saíron:
25,100 (1ª semana), 36,150 (2ª semana), 33,710 (3ª semana), 22,450 (4ª semana), 36,780 (5ª semana), 56,370 (6ª semana)
Durante as 14 semanas seguintes, ademais da maratón, había 2 obxectivos marcados: os 10km da Interruning no Porriño (12 de marzo, 3ª semana) e unha media maratón en Munich (29 de abril, 10ª semana). A idea era facer MMP nas dúas, sub40' e sub1h23' respectivamente. Ademais, na 7ª semana estaría en Alemania e a partir da 10ª me quedaría aquí definitivamente para estes meses, en Baviera.
Podo sacar lecturas moi positivas das 6 semanas iniciais e das 3 primeiras semanas do plan (ter continuidade, seguir o plan, introducir forza e ximnasio, as propias sensacións, ...). Pero dende a 4ª semana ata a 9ª, esas 6 semanas foron case perdidas. Certo é que tiven unha viaxe dunha semana e logo o posterior traslado tamén a Alemania, ademais dos preparativos de ambas. Penso que podería ter buscado algún oco libre máis e non deixarme levar tanto, pero non me arrepinto, pois hai outras prioridades e se algo non quería era queimarme.
Ao final, respecto aos kms, estas 13 semanas quedaron así:
1ª: 62 km
2ª: 69 km
3ª: 64 km (38'30" na Interruning)
4ª: 16 km
5ª: 30-35 km
6ª: 35-40 km
7ª: 30 km
8ª: 45 km
9ª: 42 km
10ª: 60 km (non puiden correr a MM de Munich)
11ª: 75 km
12ª: 70 km
13ª: 90 km
As 4 últimas semanas aumentaron tanto en número de kms como en calidade, pero as saídas nunca pasaban da 1h15' ou dos 15km.
Evidentemente, esa idea inicial de acercarme ás 3h está descartada. Pasei a ter en mente disfrutar da maratón e ser conservador. Buscar unha "MMP internacional" de 3h30, despois das 3h30' e algún minuto máis de Porto14 e Moscú16. En calquer caso, como non fixera ningunha tirada larga e pese a estar só a 7 días da maratón e non ser a mellor idea, decidín probarme e ver se realmente estaba en condicións de facer a maratón. Así que hoxe planeei unha tirada longa de 25-28 kms.
Ao final sairon 30,52 km en 2h 22' 33" (4'40/km de media).
As sensacións foron moi moi boas. Tras 20km cunha media de 4'52"/km (aprox 3h25" na maratón), decidín aumentar un pelín o ritmo e buscar eses 4'35"/km (das 3h13' en maratón). Os seguintes 8kms foron a 4'31"/km de media. Non ía sobrado, pero ía cómodo. Podía seguir, pero xa levaba 28kms e o obxectivo non era cansar o corpo. Máis cando saira a correr sen almorzar e sen auga nin xeles. Así que decidín volver a casa e facer os últimos 2km suaves a 5'30"/km.
Isto dame moita confianza para a maratón do domingo. Penso que sair a polas 3h30" é o máis realista e o mellor para poder disfrutar da carreira. Coñézome e sei que nas 4 maratóns anteriores saín a arriscar e modo kamikaze. A ritmo de 3h05' na Coruña no 2014 (pinchei no km 32 e fixen 3h13'), buscando as 3h10' en Porto 2014 (caínme no km 13 e lesioneime, fixen 3h30'), co globo de 3h15" na Coruña no 2015 (fixen 3h13') e tamén co globo de 3h15' en Moscú 2016 (kamikaze con maiúsculas, fixen 3h30' e algo).
Penso que algo aprendín de Moscú, e non vou facer o mesmo. Pero despois do de hoxe, non creo que a priori salga a polas 3h30'. Teño que pensalo. Pero seguramente faga algo parecido a hoxe. Ata a media maratón a un ritmo cómodo, co grupo de 3h30'. E se non hai malas sensacións, a partir de ahí aumentar pouco a pouco o ritmo. Para logo disfrutar a partir do km 30.
Apertas para todos!!!
PD: estou moi desconectado de todo o que non sexa o meu día a día aquí (salvo unha pequena escapadiña a ver ao Celta a Old Trafford
). Espero poder reactivar isto a partir do xoves e poñerme ao día nos vosos diarios, así como contarvos un pouco como é Baviera. Que é moito máis que Munich!