Foros ›
III Trail de Villestro, Santiago de Compostela (28/05/2017)
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
lowy46

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/04/15
1 Carreiras
57 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 24 Mai 2017, 16:12
Asunto: Re: III Trail de Villestro, Santiago de Compostela (28/05/2

Boas tardes.No percorrido do trail corto haberá 2 avituallamientos.o primeiro liquido sobre o km6 e o segundo (solido e liquido) situado no km 11aprox.Mentres que no trail longo a organizacion ten previsto situar 3!!!.O primeiro(líquido)no km6,outro no km 12aprox(liquid)e outro sobre o km 20(solido e liquido).
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Xov, 25 Mai 2017, 4:40
Asunto: Re: III Trail de Villestro, Santiago de Compostela (28/05/2

gracias lowy46 Guiño

-- Chámame "ghose"
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1015 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 25 Mai 2017, 6:26
Asunto: Re: III Trail de Villestro, Santiago de Compostela (28/05/2

Boas, no caso do trail longo, poñer no km 20 o único avituallamiento sólido que haí, creo que é bastante tarde.
Un saudo e sorte ca proba.
lmartsil

Foreiro infantil
Foreiro infantil
17/04/13
0 Carreiras
114 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 25 Mai 2017, 9:56
Asunto: Re: III Trail de Villestro, Santiago de Compostela (28/05/2017)

Bos días, unha pregunta:
entendo que as duas probas salen cintas, si é así, en que km nos separamos?
Moitas gracias.
lowy46

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/04/15
1 Carreiras
57 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 25 Mai 2017, 13:17
Asunto: Re: III Trail de Villestro, Santiago de Compostela (28/05/2

Boas as duas probas d trail saen xuntas e separanse sobre o km 10 aprox.xa vai estar debidamente sinalizado xa q de momento so está marcado con cintas....Respeto o avituallamient solido,decidimos situalo sobre o km18-19aprox para poder coincidir co do trail curto...ainda que haberá algo d froita nos anteriores avituallamients liquidos!!!De todas formas aconsellase coma sempre de levar algo d avitualla para isos km....
lowy46

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/04/15
1 Carreiras
57 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 27 Mai 2017, 7:00
Asunto: Re: III Trail de Villestro, Santiago de Compostela (28/05/2017)

TRACK TRAIL LONGO ( 25KM).Recordamos que houbo unha pequena variación no percorrido pero está debidamente sinalizado.

es.wikiloc.com/wikiloc...d=17895536
lowy46

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/04/15
1 Carreiras
57 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 27 Mai 2017, 7:03
Asunto: Re: III Trail de Villestro, Santiago de Compostela (28/05/2017)

TRACK TRAIL CORTO (15KM).Recordamos que houbo unha pequena variación no percorrido pero estará debidamente sinalizado.

es.wikiloc.com/wikiloc...d=17895533
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2792 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Dom, 28 Mai 2017, 13:55
Asunto: Re: III Trail de Villestro, Santiago de Compostela (28/05/2

Noraboa a lowy46 e a todo o equipo que organizou este trail. Un percorrido fermoso. Fixen a ruta curta e pareceume espectacular. Un 10. Para o ano repito seguro Aplauso Aplauso Aplauso .

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
lmartsil

Foreiro infantil
Foreiro infantil
17/04/13
0 Carreiras
114 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 29 Mai 2017, 6:25
Asunto: Re: III Trail de Villestro, Santiago de Compostela (28/05/2017)

Noraboa os organizadores, participei na 1ª Edición e ahora nesta 3ª. A mellora do trazado é moi grande, ánimo! e seguide para adiante con esta proba.
Unha aperta.
RadicalMarc1

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
6/10/13
77 Carreiras
889 Mensaxes
O Burgo/Castelo/Caldebarcos
Respostar citando Envío Lun, 29 Mai 2017, 8:36
Asunto: Re: III Trail de Villestro, Santiago de Compostela (28/05/2017)

Participei na I edición da Btt e na I do trail, este ano fixen o trail corto e pareceume unha pasada.

O percorrido espectacular, nada que ver co da primeira edición. A primeira parte do percorrido, dende que cruzamos a estrada de Noia, ata que volvimos a pasar por debaixo foi unha pasada; camiños moi estreitos, zonas moi técnicas, cruces con ríos...

Logo subida ata ó punto máis alto do percorrido. A néboa impediu que houbese mellores vistas, logo baixada rápida e bastante zona de pisteo mezclado con algún camiño ata a xa clasica baixada do gasoducto de Roxos.

Por poñer algún pero, a marcaxe algo escasa e imprecisa nun par de ocasións. E que non había auga na meta. Pero polo demás moi bo trail, noraboa á organización.


Última edición por RadicalMarc1 o Lun, 29 Mai 2017, 10:19; editado 1 vez
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1015 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 29 Mai 2017, 10:18
Asunto: Re: III Trail de Villestro, Santiago de Compostela (28/05/2

Boas, eu participeí no trail longo. O recorrido encantoume, aínda que non tiña un gran desnivel e era bastante corrible, sí que era bastante rompepernas. Moí bén "exprimida" a zona para sacar un bonito trazado en xeral.
O único pero e que había bastantes tramos onde, ó meu modo de ver, as cintas eran algo excasas.
Os pinchos finaís moí ben, pero quizaís estaría bén poñer unha mesa en meta con auga e algo de fruta para poder tomar nada maís chegar.
Para o ano se podo repitireí.
Un saudo.
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mar, 30 Mai 2017, 5:27
Asunto: Re: III Trail de Villestro, Santiago de Compostela (28/05/2

Gracias a todas as personas que TRABALLARON para sacar esta proba adiante Bailar

a min pareceume todo moi correcto, e o recorrido superou as miñas expectativas (por ignorante) Aplauso
Tamén avituallamento correcto nos lugares indicados.

Con respecto a marcaxe... eu fixen a ruta longa e desde que se separaban as rutas fun completamente so, non tiña ninguén de referencia ou con quen axudarme, e só tiven que parar duas ou tres veces a mirar por onde tirar. Non me perdín ou pillei o camiño erróneo, só tiven que parar para mirar. Quero dicir que pareceume PERFECTAMENTE sinalizado con tanta cinta e marcas no chan.

Que por certo, por curiosidade, a pintura das flechas é biodegradable? A veces vas polo monte e ves marcas de carreiras, de btt, de andainas, ... e pregúntome se non haberá algunha pintura que dure unhas semanas e despois se degrade (sen contaminantes).

Sen dúbida queda marcada esta proba como unha das que paga a pena repetir polo bo sabor de boca que me deixou.

-- Chámame "ghose"
romelle

Novo foreiro
Novo foreiro
30/03/14
0 Carreiras
18 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 30 Mai 2017, 8:34
Asunto: Re: III Trail de Villestro, Santiago de Compostela (28/05/2

noraboa a organizacion polo traballo ben feito,eu fixen o trail curto e encantoume, a zona do rio chulisima despois unhas boas subididñas e a disfrutar baixando, o tema da sinalizacion e a eterna discusion,tendo en conta que corremos polo monte debemos saber que temos que estar atentos as marcas e as veces imos tan despistados que nin que nos poñan carteles luminosos nos vale.Neste caso para min estuvo perfecta a señalizacion e supoño que a pintura e biodegradable como en case todolos lados...
dponte

Maratoniano
Maratoniano
18/05/13
5 Carreiras
322 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 30 Mai 2017, 14:39
Asunto: Re: III Trail de Villestro, Santiago de Compostela (28/05/2

Eu tamén fixen a I edición do trail e repetín este ano na modalidade longa, e teño que dicir que me gustou moito máis este último. Tamén fixen gran parte do trazado só coma o compañeiro XoseM e non tiven ningún tipo de problema ca sinalización.

Noraboa ao clube Os Andadios, espero poder repetir o ano que ven e a ver si se anima máis xente porque realmente paga a pena.
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1339 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 30 Mai 2017, 15:06
Asunto: Re: III Trail de Villestro, Santiago de Compostela (28/05/2

XoseM escribió:


Que por certo, por curiosidade, a pintura das flechas é biodegradable? A veces vas polo monte e ves marcas de carreiras, de btt, de andainas, ... e pregúntome se non haberá algunha pintura que dure unhas semanas e despois se degrade (sen contaminantes).


Bueno yo soy un ignorante en estos temas pero los organizadores del Brigantia por ejemplo comentaban creo en su facebook que usaron pintura biodegradable que desaparecía en poco tiempo para marcar el recorrido. Y por curiosidad lo busqué en internet y determinadas marcas la venden siendo componentes naturales los que la forman dicen. Así que haberla parece que haila.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos