Foros ›
Andaina de Soutolongo. Roteiros de Lalín
Foros de debate / Andainas
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
efervescente

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/01/08
0 Carreiras
127 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 10 Mai 2017, 22:03
Asunto: Andaina de Soutolongo. Roteiros de Lalín

Soutolongo.

Domingo 28 de maio de 2017.

A décimocuarta andaina de Roteiros de Lalín será un percorrido circular con inicio e final en Soutolongo, concretamente no lugar de Vista Alegre, no local social, que foi en tempos a escola, axudada a construir pola emigración.

Será un roteiro completísimo en todos os sentidos. Pasaremos polos pazos de Soutolongo e de Des. Polos castros de Soutolongo e Vilar. Veremos mámoas. Iremos polo camiño real ou dos arrieiros. E disfrutaremos de fermosas carballeiras e soutos que se irán sucedendo case ata o infinito. Faremos un tramo de altísimo valor ecolóxico e botánico a carón do río Asneiro, pasando pola antiga fábrica da luz. E moito máis.

Horarios:

8:45 a 9:15 concentración na praza da igrexa de Lalín.

9:15 saída en autobús ata Soutolongo.

9:30 comezo da andaina.

PERCORRIDOS

Percorrido longo 22 quilómetros – duración 5 horas – dificultade media

Vista Alegre – Soutolongo de abaixo (Pazo e fonte) – Carballeira e hermida de San Caetano – Ludeiro (fonte republicana do Alcalde Ferreiro) – O Outeiral – Castro de abaixo – As Lavandeiras – Monte do Castro – Camiño real – Campelo – O Fixón – Cruz do Coto – castro de Soutolongo – A Cancela – Monte dos Gancedos – Muíño do Perito – Carballeira de Barcia – Portadeite – Marcelín – Fábrica da Luz – Castro de Vilar – río Asneiro – Agro de Arriba – Des – Pazo de Des – igrexa de Soutolongo – Vista Alegre.
Percorrido medio 17 quilómetros – duración 4 horas – dificultade baixa

Vista Alegre – Soutolongo de abaixo (Pazo e fonte) – Carballeira e hermida de San Caetano – Ludeiro (fonte republicana do Alcalde Ferreiro) – O Outeiral – Castro de abaixo – As Lavandeiras – Monte do Castro – Camiño real – Campelo – O Fixón – Cruz do Coto – castro de Soutolongo – camiño real ou dos arrieiros – O Barreiro – mámoa – Portadeite – Marcelín – Fábrica da Luz – Castro de Vilar – río Asneiro – Agro de Arriba – Des – Pazo de Des – igrexa de Soutolongo – Vista Alegre.
Percorrido curto 12 quilómetros – duración 3 horas – dificultade baixa

Vista Alegre – Soutolongo de abaixo (Pazo e fonte) – Carballeira e hermida de San Caetano – Ludeiro (fonte republicana do Alcalde Ferreiro) – O Outeiral – Castro de abaixo – As Lavandeiras – Monte do Castro – Camiño real – Campelo – O Fixón – Cruz do Coto – castro de Soutolongo – camiño real ou dos arrieiros – O Barreiro – mámoa – Vista Alegre.
Tamén indicaremos a posibilidade de facer outro percorrido curto de 6 quilómetros.

Recomendacións:

Non apto para menores de 12 anos.
Calzado de monte e crema solar ou chuvasqueiro
Levar avituallamento sólido e líquido.


http://roteiros.lalin.gal/2017/05/10/roteiro-soutolongo/





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos