Foros ›
Autor
Mensaxe
telait

Foreiro Senior
Foreiro Senior
31/08/08
49 Carreiras
424 Mensaxes
noia
Respostar citando Envío Mér, 30 Mar 2016, 17:29
Asunto: rotura de óso sesamoideo

boa tarde.

Teño unha dor na base do metatarso do pe dereito e as radiografías confirman ( como sospeitaban os medicos previamente ) que teño fractura dese óso. Polo que estou a ver, é unha lesión bastante complexa. Acudín a unha podóloga previo á confirmación da fractura e me comentou que neste caso o mellor sería a ciruxía.

Vos escribo por se algún de vos tivo esta lesión, para preguntarvos por como se resolveu, algún profesional ao que acudir ou algun consello en xeral.

Vou a acudir ao traumatólogo da SS, a ver que me comenta. Tamén estou barallando buscar un traumatólogo deportivo .


Moitas grazas e saudos!!!
Xakola

Foreiro infantil
Foreiro infantil
31/03/14
7 Carreiras
113 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 01 Abr 2016, 11:32
Asunto: Re: rotura de óso sesamoideo

Eu rompinno e estrieino por estrés (mala amortiguación e mala técnica), non foi rotura aguda por un golpe concreto, pero seguín entrenado despois de lesionarme por 6 meses con dor (só tiña dor durante os entrenos, podía camiñar sen dor e facer vida normal). Cando estiraba o talón de aquiles algo se me aliviaba de paso a dor na parte inferior do metatarso. Comprei unhas zapas con boa amortiguación diante e axudaba a levalo mellor nos entrenos. Mal feito por min non intentar parar.

Seis meses despois rompin dous dedos do pé ao caerme enriba algo cortante e pesado (o gordo e o do medio) e non me quedou outra que parar casi tres meses. Na radiografía que me fixeron do pe ao romper os dedos tamén se ve o dano que tiña no metatarso. Non me quedou outra que parar e nestes tres meses de descanso obligado ademáis dos dedos do pé tamén se curou o sesamoideo do metatarso.

Parece ser que o sesamoideo pode romper completamente ou fisurarse por estrés. No meu caso debía ser máis leve que o teu porque ata que non rompín os dedos puiden seguir correndo por meses ainda que o fixera aguantando a dor. Co descanso prolongado (casi tres meses) curánronse as fracturas nos dedos (bueno aos dedos fáltalles un pouco aínda pero van ben) e de paso o metatarso, e por riba tamén a tendinite no talón de aquiles que levaba crónica... todo foi bo.

Agora si facer ciruxía ou deixalo só en repouso prolongado e completo, saben mellor os médicos que calquera corredor. Hai unhas zapatillas ortopédicas para poñer a diario durante a túa vida normal en caso de rotura dos dedos, que alivian a presión na parte dianteira do pé e seguro que che van moi ben para darlle repouso.

Non é exactamente o mesmo caso que o teu, pero como de momento ninguén te responde douche o meu punto de vista nun caso semellante. Ánimo e a mellorarse
Javier_1

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
2/04/13
200 Carreiras
1541 Mensaxes
Arteixo
Respostar citando Envío Sáb, 02 Abr 2016, 18:42
Asunto: Re: rotura de óso sesamoideo

Pues yo llevo un año de lesiones.

Primero la rodilla y luego el pie.

El pie fui al medico de cabecera y me dijo que debía ser la fascia, pero lo de fascia ya lo sufri hace tiempo y no tiene que ver pienso.
Leí por internet y por los síntomas me da que podría ser una bursitis o un neuroma de nortom, ya que también me dolía por la parte de arriba del pie y lo tenia como dormido en esa zona.
Llevaba ya meses von dolor en la zona de la planta del pie izquierdo, por la zona de los dedos entre el dedo pequeño y el siguiente, al andar descalzo me dolía, y un día se me empezó a inflamar esa zona y en dos días bajó el hinchazón pero el dolor sigue después de casi tres semanas,desde esa hago solo bicicleta y natación, la doctora me mandó al traumatólogo pero hasta noviembre no tengo cita, y esto no creo sea de fisio.
A alguien le pasó esto?
telait

Foreiro Senior
Foreiro Senior
31/08/08
49 Carreiras
424 Mensaxes
noia
Respostar citando Envío Mar, 05 Abr 2016, 10:15
Asunto: Re: rotura de óso sesamoideo

Graciñas polos comentarios !!!

A min me comezou ao dia seguinte do adestramento, e aumentando ata o punto que tiña o dedo totalmente inflamado e apenas podía camiñar. Despois da visita a urxencias,tras varios dias remitiu a inflamación , pero, de novo, de súpeto e sen ningun esforzo aparente, volveuse a por como unha patata....

Este finde falando cun amigo, me comentou que tamén o rompera e que puido voltar a adestrar e facer vida normal sen molestias sen operalo. Co cal, estou nun mar de dúbidas sobre que será o mellor...
Por desgracia, teño tempo abondo para pensalo, pois teño cita no traumatólogo a finais de Setembro Avergonzado

Haberá que ter paciencia!!! saudos!!
Javier_1

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
2/04/13
200 Carreiras
1541 Mensaxes
Arteixo
Respostar citando Envío Mar, 05 Abr 2016, 11:16
Asunto: Re: rotura de óso sesamoideo

A ver si nos va a atender el mismo traumatólogo jajaja...

Seguro nos dirá lo que tenemos de un vistazo pero querrá estar seguro y nos mandará una resonancia o ecografía que tardará 6 meses y luego cita de nuevo para el trauma, hasta dentro de año y medio no estamos diagnosticados.
telait

Foreiro Senior
Foreiro Senior
31/08/08
49 Carreiras
424 Mensaxes
noia
Respostar citando Envío Lun, 08 Mai 2017, 16:01
Asunto: Re: rotura de óso sesamoideo

Boa tarde;
tras este longo periodo de radiografías, fixen unha resonancia, cuia diagnose foi sesamoiditis. Comentan que pode ocurrir por culpa da disminucion do arco da planta do pe, e consecuentemente, cargo demasiado o sesamoideo.
Os traumatólogos me dixeron que o problema non ten máis solución que o uso de plantillas. Tamén me recomendaron que faga estiramentos dos xemelgos.
A seman pasada fun a un podólogo a que me fixera as plantillas. Mañá as recollo e probarei a ver que tal se dan,a ver se non teño molestias ao correr. A verdade é que me da medo que, ao cambiar a pisada, poida cargar outras zoas..
Espero que non sexa así. Comentarei proximas sensacións
Saudos





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos