Foros ›
10km no corazón - Chantada (30/04/17)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
ATLETISMOCHANTADA

Organización
Organización
22/03/13
0 Carreiras
101 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 30 Mar 2017, 9:15
Asunto: 10km no corazón - Chantada (30/04/17)

Xa están abertas as inscricións para a VIII carreira popular de Chantada. Nesta edición prácticamente todo é novo, pasamos dos 8 aos 10km cun trazado chan, moi rápido, mudamos a zona de saída para intentar mellorar os servizos ao corredor, tamen mudamos o día e a hora, en vez de sábado pola tarde pasámola a domingo pola mañá , abrímonos a novas categorías pra dar cabida a atletas en cadeira de rodas e handbike, ademais esta edición ímola facer solidaria por Nuria López e imos contar coa súa presenza e participación.
Tendes máis información en www.10nocorazon.com e iremos informando de todas as novidades na nosa páxina de facebook
As inscricións están abertas en championchipnorte



Última edición por ATLETISMOCHANTADA o Xov, 30 Mar 2017, 18:04; editado 1 vez
BaoEs

Mods
Mods
29/11/07
700 Carreiras
1637 Mensaxes
O Barco de Valdeorras (OURENSE)
Respostar citando Envío Xov, 30 Mar 2017, 12:38
Asunto: Re: 10km no corazón - Chantada (30/04/17)

Ya estoy inscrito.... "A por ellos" Silbar Disimulando Aplauso
Keka77

Organización
Organización
10/03/14
0 Carreiras
233 Mensaxes
Frades
Respostar citando Envío Xov, 30 Mar 2017, 13:21
Asunto: Re: 10km no corazón - Chantada (30/04/17)

Perfil de carrera porfavor, si vale para marca...?
Muchas gracias
ATLETISMOCHANTADA

Organización
Organización
22/03/13
0 Carreiras
101 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 31 Mar 2017, 15:19
Asunto: Re: 10km no corazón - Chantada (30/04/17)

keka77, de momento o trazado non está homologado, a nosa intención é facelo, e precisamente este ano imos pedir as vosas opinións sobre o mesmo pra saber si é atinado ou hai que cambiar algo de cara á súa homologación
ManelVazquez

Novo foreiro
Novo foreiro
28/12/15
0 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Abr 2017, 22:41
Asunto: Re: 10km no corazón - Chantada (30/04/17)

Cal é o recorrido da proba?
ATLETISMOCHANTADA

Organización
Organización
22/03/13
0 Carreiras
101 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 11 Abr 2017, 9:47
Asunto: Re: 10km no corazón - Chantada (30/04/17)

Temos un "acordo" coa Policía Local para non publicar o percorrido por razóns de seguridade vial. Xa ten habido algún susto con persoas que se botan á rúa a adestrar de noite sin a sinalización adecuada e queren evitalo.
Nes

Foreiro Senior
Foreiro Senior
2/07/12
415 Carreiras
592 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Lun, 24 Abr 2017, 7:49
Asunto: Re: 10km no corazón - Chantada (30/04/17)

Si no podemos conocer el circuito, ¿podéis decirnos algo de la dureza del recorrido?¿Podemos compararlo con alguno conocido?¿Es mas bien plano?
Dcasa14

Novo foreiro
Novo foreiro
10/05/14
15 Carreiras
44 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 24 Abr 2017, 10:46
Asunto: Re: 10km no corazón - Chantada (30/04/17)

A meno de unha semana vista da carreira estaría ben ver un plano ou polo menos un perfil da carreira, por mor da xente que se pode achegar e non conoce a zona.
ManelVazquez

Novo foreiro
Novo foreiro
28/12/15
0 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 24 Abr 2017, 22:55
Asunto: Re: 10km no corazón - Chantada (30/04/17)

A policía local de Chantada debería ir pensando en por os medios para controlar os riscos na circulación vial, xa que a partir do domingo o trazado da proba non vai poder manterse por máis tempo en secreto, e se o circuito resulta homologado este problema extenderase no tempo. De tódolos xeitos unha visita ás terras de do Asma paga sempre a pena, o domingo alí estaremos.
bkwsky

Novo foreiro
Novo foreiro
21/03/17
20 Carreiras
4 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 25 Abr 2017, 7:13
Asunto: Re: 10km no corazón - Chantada (30/04/17)

Sábese algo da homologación?

Un saúdo.
Dcasa14

Novo foreiro
Novo foreiro
10/05/14
15 Carreiras
44 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 25 Abr 2017, 7:17
Asunto: Re: 10km no corazón - Chantada (30/04/17)

Haberá habilitado algún punto como gardarroupa?
ATLETISMOCHANTADA

Organización
Organización
22/03/13
0 Carreiras
101 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 25 Abr 2017, 17:55
Asunto: Re: 10km no corazón - Chantada (30/04/17)

Boa tarde, coincidimos totalmente coa túa opinión ManelVazquez, pedíronnos que se fixera así e así o fixemos, nos guste ou non a policía é unha parte importante no desenvolvemento da proba e son os que teñen que dar os permisos para que se poida celebrar, e dito esto, deixamos a información que nos pedides.
Como xa apuntamos en varias ocasións, e prácticamente chan, somente ten unha pequena costa duns 50m. aprox., ídela atopar no 0,6km e no 5,6km xa que son dúas voltas a un trazado de 5km, polo resto é un percorrido moi rápido, Deixamos imaxe do perfil.
O da homologación dependerá da información que recollamos das vosas opinións, homologar un trazado costa cartos e queremos asegurarnos de que agrada á maioría, doutro xeito non ten sentido.
Haberá servizo de gardarroupa no mesmo punto no que se recollen os dorsais.

Ferdinando

Novo foreiro
Novo foreiro
3/05/17
15 Carreiras
1 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 03 Mai 2017, 16:17
Asunto: Re: 10km no corazón - Chantada (30/04/17)

Un acerto o Novo percorrido . Un 10 K o que hai que ir Sí ou Sí. Noraboa a organización seguide así.
ATLETISMOCHANTADA

Organización
Organización
22/03/13
0 Carreiras
101 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 04 Mai 2017, 16:32
Asunto: Re: 10km no corazón - Chantada (30/04/17)

Grazas Ferdinando, a nosa intención é a de mellorar en todo o que poidamos, aprender dos fallos, que os houbo, e seguir camiñando pra ofrecer unha proba con cada vez máis atractivos.
Vémonos na vindeira edición, ou se cadra antes... Guiño





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos