Foros ›
PonteAndar 2017. 23/09/2017. 50km/30Km
Foros de debate / Andainas
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
AveFenix

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
23/08/10
0 Carreiras
328 Mensaxes
Diante do PC
Respostar citando Envío Mar, 18 Abr 2017, 15:26
Asunto: PonteAndar 2017. 23/09/2017. 50km/30Km

O día 29 de abril do 2017, o Club AROMON Pontevedra Montañeiros A Roelo e a Federación Galega de Montañismo, contando ca colaboración do Concello de Pontevedra, Deporte Pontevedra, Concello de Barro, Concello de Moraña, Concello de Campo Lameiro, Supermercados Froiz, Alimentación Isabel, Chema Sport, Panaderías Acuña e Deputación de Pontevedra, organiza a andaina “IV PONTEANDAR 50 Km” de Pontevedra, valedoira para a Copa Galega 2017 de Andainas de 50 Km da Federación Galega de Montañismo.
Paralelamente desenvolverase unha andaina cun percorrido de 30 Km, que salvo un tramo de conexión de 2 Km, coincide co itinerario da Andaina de 50 Km.

- Información.
- Reglamento.
- Inscricións.
- Percorrido.


Última edición por AveFenix o Mér, 30 Ago 2017, 11:34; editado 2 veces
AveFenix

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
23/08/10
0 Carreiras
328 Mensaxes
Diante do PC
Respostar citando Envío Dom, 23 Abr 2017, 20:59
Asunto: Re: PonteAndar 2017. 29/04/2017. 50km/30Km

Acaban de cambiar a data, do 29/04/2017 pasa a ser o 23/09/2017. Máis información en aromon.es/2017/03/insc...ndar-2017/
AveFenix

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
23/08/10
0 Carreiras
328 Mensaxes
Diante do PC
Respostar citando Envío Lun, 24 Abr 2017, 10:45
Asunto: Re: PonteAndar 2017. 29/09/2017. 50km/30Km

Tedes como alternativa ese mesmo día a Pontevedrada, que sae de Pontevedra cara Santiago de Compostela ás 20:00 horas. Son 63 km ata chegar á Praza do Obradoiro.
Aventura40

Foreiro infantil
Foreiro infantil
24/04/09
0 Carreiras
85 Mensaxes
Coruña
Respostar citando Envío Mar, 25 Abr 2017, 9:31
Asunto: Re: PonteAndar 2017. 29/09/2017. 50km/30Km

AveFenix escribió:
Tedes como alternativa ese mesmo día a Pontevedrada, que sae de Pontevedra cara Santiago de Compostela ás 20:00 horas. Son 63 km ata chegar á Praza do Obradoiro.

No me parece "correcto" promocionar como alternativa una de las dos actividades que le "quitó" los participantes. Es poco Ético. Una caminata "solidaria" no puede crecer a costa de perjudicar a una prueba deportiva.
AveFenix

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
23/08/10
0 Carreiras
328 Mensaxes
Diante do PC
Respostar citando Envío Mér, 26 Abr 2017, 22:17
Asunto: Re: PonteAndar 2017. 29/09/2017. 50km/30Km

Aventura40 escribió:
AveFenix escribió:
Tedes como alternativa ese mesmo día a Pontevedrada, que sae de Pontevedra cara Santiago de Compostela ás 20:00 horas. Son 63 km ata chegar á Praza do Obradoiro.

No me parece "correcto" promocionar como alternativa una de las dos actividades que le "quitó" los participantes. Es poco Ético. Una caminata "solidaria" no puede crecer a costa de perjudicar a una prueba deportiva.

Vouche a poñer toda a información que teño para que sexas consciente do meu comportamento, segundo ti "pouco ético":

- A Pontevedrada celebra este ano a 7ª edición, sempre a finais de abril/principios de maio.
- PonteAndar celebra este ano a 4ª edición. O ano pasado (descoñezo os anteriores) celebrouse en setembro. Participei nesta edición, cunha organización excelente.
- Quen moveu a data foi PonteAndar e non a Pontevedrada. A Pontevedrada leva máis tempo celebrándose, cunha data fixa, e ten máis participantes. Este ano a Pontevedrada superou os 1.000 inscritos, segundo indicaron no Facebook (podes velo neste enlace). PonteAndar o ano pasado nin de lonxe se acercou a esa cifra (estiven na saída), polo que o de medrar a conta doutro creo que vai a ser que non: a Pontevedrada non fixo nada que non fixera en anos anteriores para ter máis inscritos a costa de PonteAndar.
- Este ano coinciden no día de celebración. Os organizadores de PonteAndar eran conscientes do feito. Seino de primeira man, xa que de casualidade comenteino cun dos organizadores ao remate da Andaina de As Neves - Arbo.
- Eu fun quen abriu o fío para promocionar a proba PonteAndar, na que ía a participar (aínda non estaba anotado), optando por esta andaina en vez da Pontevedrada. Obviamente a miña intención era que PonteAndar tivera a maior difusión e, polo tanto, o maior número de participantes. E irei, se poido, en setembro, tal e como fun no 2016.
- Cando vin que aproximadamente 1 semana antes da celebración de PonteAndar a proba se suspende (non vin en ningún lado os motivos reais) pois comentei unha alternativa, para a xente que se quedou "tirada". Hai xente que pide o día no traballo, que ten que organizar a vida, reservar aloxamento,... para poder botar 1 día polo monte, e neste caso avisáronos cunha semana de antelación, cando xa tes todo planificado e quedas medio tirado. Podes ver neste enlace que hai xente que ten que pedir o día no traballo e que non lle sentou nada ben a cancelación. No meu caso agradezo moito o traballo dos organizadores, polo que ante a cancelación non teño nada que dicir, só tratar de ir na nova data.

Como podes ver, din unha alternativa para a xente que quedou "tirada", polo que me parece totalmente ético e correcto o feito que fixen e, obviamente, volvería a facelo.
AveFenix

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
23/08/10
0 Carreiras
328 Mensaxes
Diante do PC
Respostar citando Envío Mér, 30 Ago 2017, 11:37
Asunto: Re: PonteAndar 2017. 23/09/2017. 50km/30Km

Recordarvos que o sábado 23 de setembro de 2017 terá lugar a andaina Ponteandar.

www.twitter.com/JesusAmieiro





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos