Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 25 Mar 2017, 1:02
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

O plan de entreno vai avanzando un pouco coma na letra da canción que Don Andrés, "por delicadeza", deixou na súa entrada: Nin tan pura como para cumplir cada horario e kilometraxe marcado, nin tan ruin como para non facer as saídas nos días programados.

Este venres, atrapada unha vez máis no efecto dominó, a saída a Chapela do mediodía tiven que cambiala para as 10 da noite, comprimíndoa a 12 "oitos" na Balbarda, por se volvía a haber tronada (coma esta tarde) que non me pillase lonxe de casa.

Os tres primeiros pasos por liña de meta estiven acompañada por Platón. Debe de ser frecuente nos gatos ( e non só exclusivo de Penaldo) o de esprintar os primeiros 20 metros. Primeiro fíxoo desde o portal de casa coma se fose por acompañar. Na segunda volta estaba espreitando debaixo dun coche e saltoume en plan carreira sorpresa, supoño que polo instinto de xogar a predador felino indo tras da presa. Na terceira estaba en posición da caza na horta dun veciño , e achegouse á cuneta a saudar (ou se cadra a tantear se ía de volta para casa a darlle de comer). Na cuarta debeuse aburrir e desapareceu.
Tamén eu me aburrin de ceder paso ós coches que ían e viñan... menuda animación de tráfico no calexón para ser a hora que era.

Finalmente resultaron ser 8020 metros en 49:55 minutos. Ritmo floxo, pero tampouco aspiraba hoxe a máis.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 26 Mar 2017, 18:22
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Remata a semana unha vez mais baixo o efecto dominó. Tiña que ter saído de mañá cedo , pero o entreno cruzado coa Viking e a Bosch do sábado na nosa horta e da miña cuñada pasaron factura. Acabei despegándome das sábanas ás 9:40 , hora nova.
Así que tiven que pasar o entreno para o medidodía. Coas presas decidin ir ó rápido e calzar o primeiro que me viu á man: ás Nike vellas de diario , que levan sempre posto un dos xogos de plantillas. Fun resignada a que me caíse un bo trebón en calquera momento, pero houbo sorte . Con esto de que tiña frío ó sair, e presa para volver para xantar, funlle dando caña ata onde mo permitía o glúteo dereito. Cando xirei no Alto da Encarnación vin que o cronómetro andaba en 25:29 minutos.Non era mal crono. O que non pensei foi de chegar ó portal de casa en 47:30 minutos:Novo récord neste mes, e obxectivos mais ou menos cumplidos.
E para acabar a recuperación, cocido en familia e agora descanso no sofá con Platón durmindo plácidamente á miña dereita.

Un bo xeito de rematar a semana... A ver se podo dicir esto mesmo en Baiona o domingo que ven.


Última edición por Meigalicix o Dom, 26 Mar 2017, 21:52; editado 2 veces
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Dom, 26 Mar 2017, 18:58
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Si estás satisfecha con tus tiempos seguro que te irá bien en la Vig-Bay. Te conoces perfectamente y sabes hasta donde puedes llegar.
PequeñaCriatura

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/10/12
0 Carreiras
975 Mensaxes
Ferrol
Respostar citando Envío Dom, 26 Mar 2017, 19:07
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Mucha suerte Meiga!! Seguro que saldrá como esperas!

Yo me quedaré en otra masificada este finde: la Torre
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 26 Mar 2017, 20:50
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Nada no te queda nada ya.ahora a relajarte para disfrutar de la vig el fin de semana.pasalo fenómeno ya lo podían echar en la tele
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 27 Mar 2017, 11:19
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Estaré atento como siempre a la cita del año. Forza Meiga, algún año nos veremos por allí. Te dejo un regalo sugestivo para que seas vehemente, dura y cabreada el domingo.

deportes.elpais.com/de...61523.html
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 28 Mar 2017, 22:01
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Cenoria contundente a que me pos diante, Freaky. As cláusulas de embarazo son xa tendencia desde hai décadas, incluso en empresas pequenas coma a conserveira de Catoira... " Si yo tuviera una escoba " coma Lesli dos Sirex "if I had a hammer " coma Pete Seeger, ou se as mulleres mandasen , con ou sen coro de zarzuela. En definitiva, "Si cantase el gallo rojo otro gallo cantaría" ... Pero só podo correr, coma Forres Gump, e para iso non creo que chegue a facelo máis que a un ritmo de 5:30 este domingo. Pero polo menos poderei correr que xa ě moito.

Onte sesión de ximnasio ( Jota tivo algo de piedade esta vez). Hoxe penúltima saída pola tarde. A ritmo de 5:45,
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Mér, 29 Mar 2017, 16:59
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Bien, Meiga. Estás ya casi en la rampa de lanzamiento y ya sólo falta apretar el botón de "Engine Start". Ya sé que estas frasecitas tienen un nada desdeñable doble filo, dan ánimos, pero también meten presión. Pero, qué le vamos a hacer, no las venden por separado. Disimulando
matogrosso al final estará también en la salida, y puede que Papa-Léguas (uséase, yo) le acompañe cámara en mano como observador internacional.
Trataré de buscar al Doctor para no aburrirme ni envidiar demasiado al personal, o al menos, que nos aburramos y envidiemos juntos.
Atenta pues para poner la preceptiva cara de foto. Puedo aparecer como los conejos, que es lo que de momento sigo siendo tras la Interruning, detrás de cualquier matorral y sin avisar. Silbar

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 30 Mar 2017, 23:19
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Crónicas da favela: Y hasta aquí pescao vendido . 7ª temporada"

Hoxe ó mediodía , tal e como figuraba no plan ( cousa rara) , tocou facer a última saída. "Despacito, suave suavecito" igual que no retrouso este de moda. En plan descarga, porque tiña maniotas acumuladas da sesión de ximnasio do luns e da saida do martes . De feito acabei en 52: 18 minutos (tampouco o corpo daba para máis)
Como modelo de simulación non estivo mal, digamos que ó longo do percorrido foro sucedéndose todos os escenarios posibles que me poden esperar o domingo: Calor, vento de cara, amagos de bochas nos dedos gordos de cada pe ( estou a meditar de novo o asunto dos compeeds, se chove irán soltos estorbando como ano pasado, pero non levalos pode ser arriscado). En fin, que vai ser a séptima media ( a octava se contamos a Behobia 2015), e aínda me da o pánico escénico en certas cousas.
Expectativas: Intentar rematar en 1h55, e se podo rebaixalo, mellor. Confesión coresmal: picoume no amor propio que o ano pasado un compañeiro meu do traballo me sacase 5 minutos cando ata ese momento eu solía entar en meta diante del.... Que si, que corremos para pasalo ben, e as endorfinas, e a paz interior, pero dese lado escuro, tan humano, ninguén se libra .
Agora si, como ben di Papa-Leguas estamos na rampa de saída. De aquí ata o domingo xa so mimar as pernas a masaxes e pomadas, o que me deixe o ritmo doméstico e laboral.

Seguindo a moda e tradición , ou directamente plaxiando o estilo doutros diarios, deixo aquí as miñas razóns para correr un ano máis a Vig Bay ( en plan cutre e sen fotos, puro estilo favelense, todas igual de importantes, escritas segundo me van saíndo :

- Botar un sprint para estar 10 minutos antes do previsto , e aínda así chegar á fotokedada cando xa están rematando.

- Acelerar pola baixada á Praia América mentras unha veciña nos vai regando coa karcher , coas vistas da ría de decorado de fondo.

- Resucitar co par de esponxas molladas que che reparte unha cativa voluntaria chegando á Ramallosa, mentras lle das as grazas, e devolves o saúdo .

- Pensar na sorte que tes de que as pernas respondan sen calambres, mentras vas deixando atrás veteranos A feitos e dereitos apeados na cuneta a escasos 2 kilómetros da chegada.

- Poder escoitar ó meu preparador físico dicir "impresionante" despois de cruzar a meta nun crono inferior do que él me calculaba .

-Chegar ó pabillón de deportes de Baiona cando aínda dan vez para entrar directamente nas duchas sen facer cola na escaleira, e unha vez dentro poder contar co último fío de auga, a compartir por turnos coas demais resignadas populares.

- Sair co corpo limpo e levitando desde o pabillón ata o coche, que está no quinto pemento, pero non importa porque non toca conducir , e o que vai a continuación é unha comida riquísima, na mellor das compañías.


Última edición por Meigalicix o Ven, 31 Mar 2017, 10:36; editado 1 vez
PequeñaCriatura

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/10/12
0 Carreiras
975 Mensaxes
Ferrol
Respostar citando Envío Ven, 31 Mar 2017, 5:10
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Mucha suerte Meiga. Te lo mereces por cada una de esas razones, y seguramente más. Y sobre todo, disfrútala.
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Ven, 31 Mar 2017, 13:27
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Moito ánimo e que tanto ti, coma o resto, disfrutedes da carreira. Ah, e se chegas por diante do compañeiro do traballo, mellor que mellor.
VICTORALVAREZ

Experto no foro
Experto no foro
13/10/10
196 Carreiras
5440 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 31 Mar 2017, 15:29
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Muchísima suerte Meiga Aplauso Aplauso

Seguro que le pegas un bocado a 1h55' que ya te tienes más que chupada esta carrera.

Un saludo Guiño
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Ven, 31 Mar 2017, 15:47
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Sorte o Domingo na carreira, aínda que os dous bikos e a sorte in situ non cho vai quitar ningúen na fotokedada.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 31 Mar 2017, 16:50
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

sanmikel escribió:
Sorte o Domingo na carreira, aínda que os dous bikos e a sorte in situ non cho vai quitar ningúen na fotokedada.

Non esperaba menos, Sanmikel. Outra das razóns que non puxen na lista , porque se da por suposta de antemán, é a alegría e os ánimos que da encontrarse coa xente do foro antes entrar en rampa de saída.

Criatura, Nando e Víctor, moitísimas grazas polos ánimos, e sorte tamén para vos no que teñades previsto nas vindeiras datas.
Pollastre

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/01/14
16 Carreiras
508 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Sáb, 01 Abr 2017, 8:00
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Muy bien Meiga, a disfrutar esa Vig-Bay. A ver si no cae una tromba como la que acaba de caer en Coruña, aunque entre tanto participante, debe haber alguno que pone huevos a Santa Clara, hace vudú o lleva una patita de conejo en el bolisllo, y luego el tiempo suele respetar.
En cualquier caso, haz el favor de ir a la foto kedada con tiempo, aunque caigan chuzos de punta esta gente va.
Saludos





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos