Foros ›
III Meeting Popular en pista Celta Atletismo
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
gatsu

Novo foreiro
Novo foreiro
11/05/12
0 Carreiras
47 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 23 Mar 2017, 11:04
Asunto: III Meeting Popular en pista Celta Atletismo

celtaatletismo.es/blog...cument.pdf

O Real Club Celta de Atletismo, Club Atletismo Femenino Celta e a Escola Celta Atletismo, co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra, Abanca, Econocom, os Socios Colaboradores do Grupo Celta Atletismo e a colaboración da Federación Galega de Atletismo e o Comité Galego de Xuíces, organizarán o vindeiro 8 de abril o “III MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO”. Será a terceira edición dunha competición na que, como organizadores, pretendemos achegar ás pistas de atletismo os atletas populares e as súas familias, deixando por un día o asfalto polo tartán.
A competición estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e formará parte do seu calendario oficial. Haberá cronometraxe eléctrica controlada polo comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Inscricións: A inscrición farase a través do enlace www.carreirasgalegas.c...ddff159a5a
O prazo de inscrición rematará o xoves 6 de abril ás 20:00 horas. Non se aceptarán inscricións fora de prazo.
Entrega do dorsal: Os dorsais recolleranse na zona de secretaría da pista o mesmo día da competición, cunha hora de antelación sobre a proba na que se participe.
Horario:

10:00 h. 500m. INFANTIL M – H.
10:20 h. 500m. ALEVÍN M – H.
10:40 h. 500m. BENXAMÍN M – H. ¿XOGAS O ATLETISMO?.
11:00 h. 100 m. PRE-BEXAMÍN M – H.
11:20 h. 600 m. CADETE M – H.
11:40 h. Milla. XUV. ata VET. MULLERES.
12:00 h. Milla. XUV. ata VET. HOMES.
12:30 h. ENTREGA DE PREMIOS.
Entregarase trofeo o 1º clasificado e medallas o 2º e 3º clasificado de cada proba e categoría. Todos os atletas de categoría pre-benxamín recibirán unha medalla conmemorativa da proba. Ademáis, entregaranse outros agasallos doados polos patrocinadores da competición.
¡Esperámosvos na terceira edición do noso Meeting Popular!
Lolinho38

Maratoniano
Maratoniano
24/10/13
147 Carreiras
313 Mensaxes
Redondela
Respostar citando Envío Ven, 24 Mar 2017, 19:12
Asunto: Re: III Meeting Popular en pista Celta Atletismo

Una pregunta... Para poder participar hay que correr con zapatillas de clavos o se puede correr con unas zapatillas normales propias de las carreras en ruta... Muchas gracias.
gatsu

Novo foreiro
Novo foreiro
11/05/12
0 Carreiras
47 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 27 Mar 2017, 18:58
Asunto: Re: III Meeting Popular en pista Celta Atletismo

Puedes correr con el calzado que más te apetezca.
gatsu

Novo foreiro
Novo foreiro
11/05/12
0 Carreiras
47 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 06 Abr 2017, 11:31
Asunto: Re: III Meeting Popular en pista Celta Atletismo

Inscríbete na Milla Popular do "III Meeting Popular en pista Celta Atletismo" e lévate o saco oficial da proba.



17759897_1538279152862850_8082987486558105354_n.jpg
Descrición:
Visto: 1248 veces
17759897_1538279152862850_8082987486558105354_n.jpg






Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos