Foros ›
Autor
Mensaxe
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Dom, 15 Xan 2017, 20:09
Asunto: Re: Diario de eumealto

beuckelssen escribió:
Pues al final te vino bien que la Monumental no te saliera como querías al principio. ¡Pedazo regalo! Abraiado


Reconozco que me dejas un poco sorprendido con lo del sol. Aunque claro, eso es subjetivo. Yo, que también estuve allí, lo recuerdo como algo agradable que mantenía a raya el frío, o las nieblas. Si este te afecta en las carreras de junio/julio lo debes de pasar muy bien. Mr. Green


Este ano vou a poñer en práctica un remedio in-fa-li-ble para as carreiras de xuño/xullo, que é ¡Non correlas! Molón En Xuño darei por rematada a tempada, tomareime unhs 2-3 semanas de descanso e en Xullo inda estarei en baixa forma coma para competir. Mr. Green O ano pasado corrín en Begonte unha de 5400m o 3 de Xullo con 25º e case morro no intento.


Última edición por eumealto o Mar, 17 Xan 2017, 16:15; editado 2 veces
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Dom, 15 Xan 2017, 20:47
Asunto: Re: Diario de eumealto

Vamos intentar darlle un empuxonciño a isto que me estou quedando anticuado Confuso

Sábado 17
12.2kms a 5'09'' (Tirada polo entorno da Gañidoira con baixada a Muras)

Foi unha tirada longa suave, coa primeira parte e chan e logo cuns 4 kms de baixada onde non apretei, chegando á casa moi cómodo.

Luns 19
2K + 6*1000 rec 1:30 + 1K

4:24-4:23-4:31-4:20-4:24-4:12 (Media 4:22)

Nova sesión de series aumentando un pouco máis o ritmo e podendo con elas con solvencia.

Mércores 21
7.5 kms a 5'15'' (25 voltas ó campo de fútbol)

Sigueme cansado de máis a herba, inda que me saen bos ritmos chégame acabar a tirada con frescura.


Sábado 24
8.57 kms a 5'36'' (Ruta de Musdradas)

Tocábame saír ontes pero por diversos motivos non puiden. E como por razóns obvias neste día tan sinalado non iba a poder facelo de noite, decidín madrugar e facer esta tirada bastante esixente e rompepernas ás 8 da mañán antes de desaiunar...O resultado foi unha pájara apoteósica. Esta ruta comeza con 3 kms todos de subida onde xa notei que a cousa non iba nada ben. Logo desa subida por nacional, veñen 500m de baixada por secundaria e logo unha subida forte onde xa tiven que parar a andar. Despois case 3 kms baixando con algún repeito pequeno pero que costaba, e logo outra subida fuerte que tamén tiven que poñer pe a terra antes de acabala. O resto da tirada con baixadas e subidas curtas pero duras fixena malamente, e tiven que acortala en case 600m antes de chegar á casa pois xa non podía máis. Creo que o motivo deste desastre foi saír co estómago valeiro e non estar afeito a entrenar a estas horas.

Domino 25
11,11 kms a 5'09'' (Tirada rodeando o casco urbán de As Pontes)

Non quedei a gusto trala petada de ontes e a pesares de ser día de Navidade, decidin comprobar se o problema fora unha cousa puntual ou é que me volvera lento de repente. Muerto Menos mal que a cousa non foi así, e volvín e incluso mellorei os meus ritmos habituais.

Martes 27
2K + 6*1000 rec 1:30 + 1K

4:26-4:20-4:26-4:10-4:22-4:08 (Media 4:19)

Sigo mellorando na series, esta vez foi o mellor ritmo medio que conseguin nunca nun entreno similar.

Xoves 29
8.1 kms a 5'21'' (27 voltas ó campo de fútbol)

Hoxe foi un día que sentín frío de verdade. Comecei a correr ás 20:30 e xa estaba a herba do campo tesa co xeo. creo recordar que o termómetro marcaba 0º. Din acabado as 27 voltas pero cando rematei e estaba estirando comprobei que tiña as puntas dos cordóns das zapatillas conxeladas!! acabei rápido de estirar e funme para a casa porque facía frío de verdade.


Con isto acabaron os entrenamentos e as carreiras do 2016. Tiña pensado correr a San Silvestre de As Pontes, pero este último entrenamento con tanto frío provocoume un pequeno resfriado que me mantivo 3 días parado. En total foron 1329kms no ano. Contaba superar amplamente os 1414kms do 2015 pero eses contratempos nos meses de Xullo e Agosto impedíronmo. Esperemos que o 2017 sexa un ano libre de lesións, e cargado de motivación e gañas de correr.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mar, 17 Xan 2017, 14:47
Asunto: Re: Diario de eumealto

Luns 2
8,55kms a 5'01'' (Asfalto chan)

Non tiña claro se estaría recuperado do catarro e saín a probarme facendo unha distancia de entre 7 e 8 kms en función de como me atopase. Contra todo pronóstico dende os primeiros metros sentinme rápido e lixeiro coma unha pluma, non sabía se esa sensación duraría todoo entreno ou me desfondaría ás primeiras de cambio pero non foi así e saiume unha tirada que nen nons meus mellores soños podía esperar.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mar, 17 Xan 2017, 14:53
Asunto: Re: Diario de eumealto

Mércores 4

9,54kms a 5' 20'' (4 voltas a un circuito con subidas e baixadas + tramo final de 3 kms)

Hoxe tocaban costas pero non tiña gañas de facer un dos meus circuitos habituais rompepernas, así que lle metín un percorrido máis suave con pendentes un pouco parecidas ás da San Xiao que teño prevista correr o Domingo. Contento sobre todo do forte que puiden subir a costa final a 400m de acabar o entreno.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mar, 17 Xan 2017, 14:59
Asunto: Re: Diario de eumealto

Venres 6
12,01 kms a 5'13'' (Tirada rodeando o casco urbán de As Pontes)

Levaba tempo sen facer unha tirada medianamente longa e tiña medo de chegar ás 10k da San Xiao falto de kilómetros, así que a pesares de ser só 2 días antes da carreira, decidin ir pola ducia pero a un ritmo ó que me puidese atopar totalmente cómodo, e sen forzar a máquina en nengún momento. Satisfeito de comprobar que ese ritmo cómodo foi todo un flamante 5:13 Satisfecho
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mar, 17 Xan 2017, 15:30
Asunto: Re: Diario de eumealto

Domingo 8
9,81kms a 4:36 (San Xiao 2017)

3ª Participación nesta bonita carreira. A mañá presentábase fresca inda que con sol...Unha climatoloxía parecida á do día da Monumental en Lugo que tan mal mo fixera pasar, pero desta vez era unha hora máis cedo e cun percorrido con máis sombras. Cheguei a Ferrol moi cedo, pasando só uns minutos das 9:30, para non ter problemas de aparcar case ó lado da meta nen de recollida do dorsal. Moitos amigos e coñecidos cos que entre charla e charla se me foi esa hora e media de marxe case sen darme conta. A carreira en sí, pois disfruteina...E xa me tardaba. Os primeiros 2 kms moi favorables a unha media de 4:25 o Terceiro polo Arsenal con ese adoquinado incómodo solventando ben a papeleta a pesares do sol que xa empezada a quentar polo lado esquerdo. Logo do saír do recinto militar, comeza a costa de Mella, primeiro repeito duro que fago sen problemas, e xa entro en zona de sombra que me fai ir cómodo. A subida polo Callao tamén dura, pero recupero ben na baixada, e así co resto. A todo isto que comprobo que a media de ritmo anda polos 4:35 e aguántase ahí, o cal me da animos. Avituallamento cortesía do Bar Lusitania no km 5 do cal abuso Angel e pillo 2 botellíns dos que bebo a metade dun e o resto tiroo pola cabeza e o lombo. Sen contar con él, novo avituallamento esta vez o oficial á altura da praza de armas e volto a repetir a operación do anterior. Vou todo empapado pero fresco Bailar A pesares diso, o último tramo por detrás do edificio do concello antes de entrar na Praza de España, faiseme o peor momento da carreira e o ritmo medio cae a 4:38 , sigo así medio renqueante en toda a volta pola praza ate o km 8 que comeza a baixada. Neste tramo recupero e a subida por Esteiro que contaba que me faría dano, fágoa bastante ben, aguanto ben todo o tramo chan antes da última subida,na que me noto con forzas e apreto para adiantarlles a 2 rapazas e a 1 rapaz, inda así a costa faiseme un pouco longa e no tramo final teño que afloxar algo e adiántame o rapaz ó que lle adiantara eu no comezo da subida. En canto xiro á dereita para encarar meta, miro o pulsómetro e vexo que vou a 4:37, apreto o que podo para intentar mellorar e ó final cruzo a meta cun tempo neto de 45:08. O cal se fosen 10K homologados sería MMP pero como non é así deixaremos a MMP para outra ocasión Sorriso

Moi contento do resultado. Como dixen esta foi a 3ª participación. No 2015 que era o percorrido exactamente igual a este fixera 47:32, e no 2016 pero con algúns metros máis de distancia 47:06. Por fin acabo plenamente satisfeito nunha carreira, porque polo menos puiden regular, apretar, recuperar, volver a apretar e non como outras veces que chega un momento en que único que podo facer é arrastrarme ate chegar a meta.




Última edición por eumealto o Mar, 17 Xan 2017, 18:35; editado 3 veces
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mar, 17 Xan 2017, 15:50
Asunto: Re: Diario de eumealto

Martes 10
9,22kms a 5'14'' (Ida e volta ate a parroquia de Xelgaiz)

MMP nun dos meus habituais circuitos duros rompepernas, baixando 3''/km o anterior récord de ritmo. Bailar
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mar, 17 Xan 2017, 15:53
Asunto: Re: Diario de eumealto

Xoves 12
12,03 kms a 5'02'' (Riazor-Metade do dique de abrigo-Riazor)

Tirada longa polo paseo martítimo da Coruña. Moi cómodo e moi áxil, MMP dunha hora. Bailar
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mar, 17 Xan 2017, 16:01
Asunto: Re: Diario de eumealto

Sábado 14

3,70 kms a 4'07'' (CCNós Nocturna Monumental)

21'' menos que o ano pasado. MMP en 3 kms e MMP en proba de 12' Bailar

Sobra decir que acabo de pasar a mellor semana dende que comecei a correr, facendo MMP en cada un dos 2 entrenamentos e as 2 carreiras dende o Domingo 8 ate o Sábado 14. Obviamente agora mesmo estou no meu mellor momento histórico de forma (descontando a idade de 15 a 17 anos claro) Agora quédame a dúbida se de aquí a fin de tempada que espero sexa aló por Xuño seguirei mellorando ou se isto foi un pico de forma, e de aquí en diante irei a peor. Sólo o tempo o dirá Disimulando


Última edición por eumealto o Mar, 17 Xan 2017, 18:36; editado 3 veces
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mar, 17 Xan 2017, 16:11
Asunto: Re: Diario de eumealto

Luns 16
10,01kms a 5'23'' (Subidas por carretera nacional)

Hoxe quería facer un circuito non habitual para non tolear e picarme a ver se sigo batendo record de circuitos, así que me confeccionei un trazado que nunca fixera, cunha subida de 3 kms pola carretera de Viveiro, e logo con outros tramos de subidas e baixadas máis curtos. Nas subidas atopeime forte e fixenas bastante cómodo, creo que podería apretar máis. Nas baixadas tiña o aire en contra e tampouco quixen forzar de máis porque me interesaba máis facer kms que facelos rápido.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mér, 18 Xan 2017, 22:40
Asunto: Re: Diario de eumealto

Mércores 18
2K + 6*1000 rec 1:30 + 1K

4:26-4:26-4:19-4:20-4:22-4:21 (Media 4:22)

Nova sesión de series que xa tocaban. 3'' de media máis lentas que na última sesión, pero hai que ter en conta que hoxe fixenas por un circuito máis lento, dado que neste, a parte final de cada serie pica lixeiramente para arriba, e no outro pica lixeiramentente para abaixo, e iso nótase sobre todo nas 2 últimas. Cando estaba facendo o último km de enfriamento deume unha especie de calambre na parte alta do xemelgo dereito que foi o mesmo que tanta lata me dera no verán, pero non foi na mesma zoa, e logo de parar uns segundos puiden seguir trotando sen máis problemas. Espero que todo se quede nun susto. Confuso
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Dom, 22 Xan 2017, 10:06
Asunto: Re: Diario de eumealto

Sábado 21

7 Kms a 4:18 (XIV MEMORIAL EDUARDO FERNÁNDEZ VILLAMARÍN - RÁBADE)

Terceira vez que participo nesta carreira e lóxicamente a vez que máis contento quedo. No 2015 fixera un tempo de 31:55 e xa daquela me parecera un bo tempo. O ano pasado sen embargo, iba coa idea de rebaixalo, pero uns problemas estomacais cos que me levantei ese día, unido ós preto de 20º de calor leváronme a uns decepcionantes 32:49. Este ano por sorte foi todo o contrario. Nengún problema físico e uns 5º de frío que me fixeron voar Satisfecho Comecei a primeira volta cun compañeiro de clube, e fun ó seu ritmo, que para min consideraba demasiado alto. Unha vez pasada a metade da carreira, el apretou e eu quedeime pois consideraba que para min eu xa iba rápido dabondo. Seguín así facendo a miña carreira, e puden acabar cun tempo neto de 30:06 posto 178 de 390 (aquí o posto pouco indica pois hai moito nivel) E o mellor de todo: MMP en 7K, MMP en 6K e MMP en 5K Molón




Última edición por eumealto o Lun, 23 Xan 2017, 8:57; editado 2 veces
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Dom, 22 Xan 2017, 13:13
Asunto: Re: Diario de eumealto

Enhorabuena por la más que evidente mejoría. Aprovecha el buen momento para seguir afinando la forma, no tienes motivos para estancarte. Te encuentras bien física y animicamente, sin lesiones, tienes continuidad,....
aprovecha el momento.
Una duda que me surge es que la mayoría da por finalizada la temporada en la época estival, y me gustaría saber cual es el motivo.
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Ven, 27 Xan 2017, 21:08
Asunto: Re: Diario de eumealto

Enhorabuena por esas mejores marcas personales. A seguir disfrutando...y ¿tienes entre ceja y ceja alguna otra MMP? ¿10K quizás?
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
483 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Dom, 05 Feb 2017, 19:55
Asunto: Re: Diario de eumealto

cK13 escribió:
Enhorabuena por la más que evidente mejoría. Aprovecha el buen momento para seguir afinando la forma, no tienes motivos para estancarte. Te encuentras bien física y animicamente, sin lesiones, tienes continuidad,....
aprovecha el momento.
Una duda que me surge es que la mayoría da por finalizada la temporada en la época estival, y me gustaría saber cual es el motivo.

No meu caso en particual o feito de rematar tempada en época estival é por racións obvias pois a calor espántame. Demo sorrindo





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos