Foros ›
Autor
Mensaxe
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 24 Out 2016, 17:55
Asunto: Iº TRAIL BISBARRA DO SAR

A organización da Andaina Bisbarra do Sar, con motivo do seu décimo aniversario, anuncia a celebración do
Iº TRAIL BISBARRA DO SAR


Esta edición terá lugar o 01/04/2017 no Concello de Padrón, cun percorrido circular de 15 quilometros (desnivel aproximado +600 m) polo monte Meda.

PERCORRIDO
Lugar: Padrón
Saída e Chegada: Paseo do Espolón
Circular de 15 Km. (desnivel aproximado +600 m) sinalizado con fitas e marcas no chan, que transitará polo monte Meda.
Haberá tramos de asfalto (3 Km), camiños (4 Km), pistas forestais (4 K) e cortalumes (4 K).
Nalgúns puntos cruzaranse estradas con tráfico, ainda que vixiados por membros de Protección civil, debese ter a máxima precaución e respectar as normas de circulación

DORSAIS:
Entregaranse o día da proba no punto de encontro (Poli. Mpal. do Souto, ao lado do campo de fútbol), entre as 09:15 h. e as 10:45.
A entrega será personalizada (poderase solicitar acreditación oficial) previa firma na folla de control.
A organización poderá establecer un control para retirar a tódolos participantes sen dorsal.

TROFEOS:
A entrega de trofeos realizarase a partir das 13:15 nun espazo preto da liña de meta.
Aos 3 primeiros HOMES en categoría Senior (ata 45 anos) e Veterano (+ 45)
As 3 primeiras MULLERES en categoría Senior (ata 40 anos) e Veterana (+ 40)
A os 3 primeiros EQUIPOS (suma dos tempos d@s 3 mellores corredor@s de cada equipo, que deberá ser mixto e ter un mínimo de 5 compoñentes).
A organización poderá solicitar a os atletas xustificar a súa idade.

INSCRICIÓNS:
PRAZOS: 01 de XANEIRO ata 29 de MARZO (20:00 h.)
MÁXIMO: 250 PARTICIPANTES.
PRECIOS:
-XANEIRO 8 €
-FEBREIRO 10 €
-MARZO (ata 29/03) 12 €

Ligazóns:
Web asociada
Facebook I Trail Bisbarra do Sar
Google+ Trail Bisbarra do Sar
Información e inscricións a partir do 01/01/2017 na plataforma http://trailbisbarra.galitiming.com


Última edición por U o Mér, 01 Mar 2017, 20:00; editado 6 veces
koala36

Multimedia
Multimedia
31/12/06
0 Carreiras
1670 Mensaxes
vedra
Respostar citando Envío Lun, 24 Out 2016, 19:08
Asunto: Re: Iº TRAIL BISBARRA DO SAR

Ten boa pinta!!!!
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 01 Dec 2016, 19:46
Asunto: Re: Iº TRAIL BISBARRA DO SAR

Completouse a primeira mensaxe com máis información acerca do trail.
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 02 Dec 2016, 23:47
Asunto: Re: Iº TRAIL BISBARRA DO SAR

Ligazóns ao Trail en Internet:
Web asociada: Andaina Bisbarra do Sar.
Facebook: I Trail Bisbarra do Sar.
Google+: Trail Bisbarra do Sar.
Información e inscricións http://trailbisbarra.galitiming.com


Última edición por U o Mér, 01 Mar 2017, 20:07; editado 2 veces
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 30 Dec 2016, 21:20
Asunto: Re: Iº TRAIL BISBARRA DO SAR

INSCRICIÓNS

As inscricións para o I TRAIL BISBARRA DO SAR, que terá lugar o sábado 01 de abril do 2017, con saída e chegada no Paseo do Espolón en Padrón, habilitaranse a partir do 01/01/2017 na páxina web: http://trailbisbarra.galitiming.com

Para realizar o percorrido, circular de 15 km., cun desnivel aproximado de 600 metros positivos, onde se atravesará o Monte Meda (448 m), dispoñerase dun tempo límite de 02:30 horas.

A proba está organizada pola ASOCIACIÓN COLECTIVO REMONTE, as concellerías de Deportes de Rois e Padrón, contando coa autorización de actividade deportiva da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia.

A inscrición está limitada a 250 participantes, polo que a organización aconssella non esperar á última hora para inscribirse.

Confirmanse os seguintos prazos / prezos para efectuala:
01/01-31/01 / 8€
01/02-28/02 / 10 €
01/03-29/03 / 12 €

IMPORTANTE:
. Para inscribirse correctamente deberán cubrirse todos os campos da plataforma de pago. Confirmado o pago, a persoa inscrita aparecerá na listaxe oficial. (No caso de non recibir o pago nun máximo de 4 días dende a pre-inscrición, a solicitude será cancelada).
. O importe da inscrición non será reembolsable en ningún caso. Prazo ata o 29 de Marzo.
. A organización poderá facer as modificacións que entenda necesarias para o correcto desenvolvemento da proba. En caso de forza maior podería chegar a suspender a proba transladándoa a nova data.
. A organización non se fará responsable dos danos físicos, morais ou materiais que poidan sufrir os participantes antes, despois ou durante o desenrolo da proba.
. O feito de facer a inscrición conleva acatar todas as condicións expostas pola organización.
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 24 Xan 2017, 19:49
Asunto: Re: Iº TRAIL BISBARRA DO SAR

A organización pídeme que lembre que o prazo de inscrición con custo reducido acaba dentro dunha semana, o día 31 de xaneiro, pasando despois de 8€ a 10€.
Lete

Maratoniano
Maratoniano
13/09/13
0 Carreiras
135 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 30 Xan 2017, 21:57
Asunto: Re: Iº TRAIL BISBARRA DO SAR

Inscrito!
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 09 Feb 2017, 16:23
Asunto: Re: Iº TRAIL BISBARRA DO SAR

Cartel:


LINEA 900: Carreteras Mortales Parte 1, Parte 2, Parte 3
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 09 Feb 2017, 16:26
Asunto: Re: Iº TRAIL BISBARRA DO SAR

Perfil:


LINEA 900: Carreteras Mortales Parte 1, Parte 2, Parte 3
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 27 Feb 2017, 19:44
Asunto: Re: Iº TRAIL BISBARRA DO SAR

Lémbrase que o segundo prazo de inscrición con custo reducido de 10€ acaba mañán. A partir do día 01 de marzo, e ata o 29 dese mes que remata definitivamente o período de inscrición, pasa a ser de 12€.

LINEA 900: Carreteras Mortales Parte 1, Parte 2, Parte 3
manuel_slm

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/03/13
0 Carreiras
137 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 01 Mar 2017, 12:06
Asunto: Re: Iº TRAIL BISBARRA DO SAR

U, ó principio podias entrar no blog trailbisbarradosar.wordpress.com/ que non sei se se actualiza ou se pon algunha noticia sobre o trail. O caso e que dende fai un tempo non vai. E pon isto:

This site is marked private by its owner. If you would like to view it, you’ll need permission from the site owner. Request an invite and we'll send your username to the site owner for their approval.

Un saudo,
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 01 Mar 2017, 19:55
Asunto: Re: Iº TRAIL BISBARRA DO SAR

manuel_slm escribió:
U, ó principio podias entrar no blog trailbisbarradosar.wordpress.com/ que non sei se se actualiza ou se pon algunha noticia sobre o trail. O caso e que dende fai un tempo non vai. ...

Un saudo,

Boas.

Comentáronme que deshabilitaron ese blog, unha vez que abriron a páxina no facebook , e activaron a plataforma de inscricións , dende onde se pode consultar a información e novas do trail.

Eliminarei as ligazóns ao blog inicial, graciñas por avisar.

LINEA 900: Carreteras Mortales Parte 1, Parte 2, Parte 3
manuel_slm

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/03/13
0 Carreiras
137 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 01 Mar 2017, 22:10
Asunto: Re: Iº TRAIL BISBARRA DO SAR

Grciñas U
artabro81

Montañés
Montañés
31/10/16
58 Carreiras
497 Mensaxes
Sada, Irixoa, Ames
Respostar citando Envío Ven, 03 Mar 2017, 10:37
Asunto: Re: Iº TRAIL BISBARRA DO SAR

apuntado

Intento Mejorar y Superarme
C.A.R. Marisqueiro
U

Mods
Mods
21/06/06
0 Carreiras
559 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 20 Mar 2017, 16:39
Asunto: Re: Iº TRAIL BISBARRA DO SAR

Trofeos para os gañadores das distintas categorías:



LINEA 900: Carreteras Mortales Parte 1, Parte 2, Parte 3





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos