Foros ›
Autor
Mensaxe
CorreSan

Organización
Organización
7/08/16
14 Carreiras
53 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 29 Nov 2016, 21:56
Asunto: San Silvestre Santiago (31/12/2016)

Boas noites amig@s.

Dentro do programa Saudable "San" en materia de running do Concello de Santiago de Compostela, está a carreira San Silvestre do 31 de decembro.

Anunciamos a celebración da mesma o sábado 31 de decembro a partir das 18.00 horas con cambios importantes en relación a varios aspectos pero sen perder o ambiente festivo característico da proba.

Este ano haberá un circuito máis longo debido a cantidade de atletas que o pasado ano participaron. Volcaremos todos os esforzos en realizar unha proba rápida, divertida e cun fermoso circuito. A saída e meta estará ubicada na praza do Obradoiro.

En breve máis información. Apertura de inscricións o vindeiro venres na Gala do V Circuito de Carreiras Saudables de Santiago, CorreSan 2016.
pantasma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/12/13
0 Carreiras
299 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 29 Nov 2016, 23:00
Asunto: Re: San Silvestre Santiago

Moi boa noticia!!!! Esperamos impacientes os cambios, creo que é boa idea que sexa un percorrido un poco maís longo xa que esta carreira non deixa de medrar.

Quen mo iba a decir a min fai uns anos que iba a rematar o ano correndo e non..... Demo sorrindo jajajajajj


Bueno, a ver con que nos sorprendedes este ano, o do canon de escuma do ano que rematou na alameda foi do mellor.
Keka77

Organización
Organización
10/03/14
0 Carreiras
233 Mensaxes
Frades
Respostar citando Envío Mér, 30 Nov 2016, 9:26
Asunto: Re: San Silvestre Santiago

A min persoalmente gústame o percorrido do ano pasado (4,2 km), xa que a carreira si se amplía a distancia os participantes disminúen.
pantasma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/12/13
0 Carreiras
299 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 30 Nov 2016, 10:06
Asunto: Re: San Silvestre Santiago

Eu imaxino que o aumento de distancia que será pouco, e o ser de carácter " festivo" tampouco creo que coste moito facelos.
E unha motivación extra para a xente que empeza, alguen que corra mais de 4 km ese día sen problema creo que pode disfrutar un par deles mais.
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1018 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 30 Nov 2016, 10:24
Asunto: Re: San Silvestre Santiago

Boas, estou de acordo. Non é unha carreira competitiva senón para xuntarse e despedir o ano, aínda que a vez na que participeí nesta proba vendo correr a algúns parecía o contrario.
Penso que unha persoa que da feito 4,2 kms pode facer 5 ou 6 kms a un ritmo tranquilo e sen problemas.
Un saudo.
CorreSan

Organización
Organización
7/08/16
14 Carreiras
53 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 30 Nov 2016, 11:50
Asunto: Re: San Silvestre Santiago

Hola.

Os motivos que levaron a solicitar as autoridades o aumento da distancia é polo alto volumen de participantes. O pasado ano foron case 2000 os participantes.

Tratamos con isto de estirar un pouco o grupo e tratar de que non se formen tantos tapóns. O circuito gañará ademais en vistosidade e é moi rápido, e dicir, case sen costas, cousa rara en Santiago.
Creemos que esto non vai a sacar o ambiente festivo. Serán sobre 5,5 km.

Xa iremos dando máis información amig@s. Gracias
pantasma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/12/13
0 Carreiras
299 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 03 Dec 2016, 13:35
Asunto: Re: San Silvestre Santiago

Buenas!!!! Xa hai percorrido e xa están abertas as inscripcions. Ten moi boa pinta e o tramo que lle aumentan é favorable, eu xa estou inscrito.
Ágora a esperar o día para acabar o ano de moi boa maneira, facendo deporte.

www.carreirasgalegas.c...d8f1875422
madytos01

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
1/04/08
115 Carreiras
207 Mensaxes
SCQ
Respostar citando Envío Xov, 08 Dec 2016, 21:09
Asunto: Re: San Silvestre Santiago

Eu entro en sansilvestresantiago.com e só vexo info de 2015... En algún sitio pódese ver o percorrido?
FleKy

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
8/01/07
244 Carreiras
1098 Mensaxes
pontecesures e tamen milladoiro
Respostar citando Envío Xov, 08 Dec 2016, 22:28
Asunto: Re: San Silvestre Santiago

En carreiras galegas eu vin un mapa onde a inscripcion

You´ll never run alone
pantasma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/12/13
0 Carreiras
299 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 08 Dec 2016, 23:08
Asunto: Re: San Silvestre Santiago

Eu non sei donde o vin, non o atopo, pero creo lembrar que salia do Obradoiro cara a iglesia de San Francisco, xirabas a esquerda cara Carretas, seguías hasta San Clemente, subías hasta correos despois a esquerda hasta a entrada do Obradoiro e alí a dereita e xa facias o percorrido do ano pasado.
CorreSan

Organización
Organización
7/08/16
14 Carreiras
53 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 10 Dec 2016, 15:12
Asunto: Re: San Silvestre Santiago

Hola a tod@s.

Pedirvos desculpas polo tema do circuito, xa que visualizouse por erro durante unhas horas. Debemos ter a confirmación definitiva das autoridades para publicalo, pero a propostas está sobre a mesa coa ampliación de distancia falada. A vindeira semana teremos todo en marcha, pero foi erro noso. A páxina web tamén.

Na vindeira semana iremos informando de todo. Reiteramos desculpas polo erro.

Gracias!!
CorreSan

Organización
Organización
7/08/16
14 Carreiras
53 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 15 Dec 2016, 0:12
Asunto: Re: San Silvestre Santiago

Agora si!

Xa o tendes. Pantasma , gracias!
Este é o novo circuito da carreira San Silvestre 2016. Xa vós podedes inscribir en Inscripción San Silvestre Santiago 2016 e a partir do vindeiro venres en www.sansilvestresantiago.com



Avanti!!
CorreSan

Organización
Organización
7/08/16
14 Carreiras
53 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 16 Dec 2016, 23:22
Asunto: Re: San Silvestre Santiago

Xa está operativa a páxina web http://www.sansilvestresantiago.com/ onde podedes consultar toda a información da proba.

Este ano premios ao mellor disfraz de grupo, ao club federado, equipo popular, disfraz individual e moito máis !!

O vindeiro martes presentación oficial e 14 de días de promoción intensa para esta proba. Xa somos 330!!
CorreSan

Organización
Organización
7/08/16
14 Carreiras
53 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 21 Dec 2016, 11:30
Asunto: Re: San Silvestre Santiago (31/12/2016)

Onte foi presentada a proba co novo percorrido no Concello de Santiago.

Presentación San Silvestre Santiago 2016

Anunciar que tamén están abertas as inscripcións presenciais no Multiusos Fontes do Sar e Complexo Deportivo de Santa Isabel.

Nesta semana anunciaremos o punto de recollida de dorsais e agasallo técnico.

Moitas gracias!!
pantasma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/12/13
0 Carreiras
299 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 25 Dec 2016, 20:11
Asunto: Re: San Silvestre Santiago (31/12/2016)

Buenas!!!! Despois da que se está montando na San Silvestre da Coruña pola camiseta, na de Santiago vía habela?????





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos