Foros ›
VIII Carreira solidaria do Arenteiro (18/12/2016)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
luisiño

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/11/10
0 Carreiras
113 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 26 Out 2016, 20:05
Asunto: VIII Carreira solidaria do Arenteiro (18/12/2016)

Ola amigos, que tal?
Comentarvos que dende o Concello do Carballiño como organizador e os clubs Atletismo Arenteiro e Korpore carballiño como colaboradores xa estamos a traballar para celebrar a VIII Carreira Solidaria do Arenteiro.
Como sabedes este ano Decembro é un caos para cadrar fechas (festivos en domingo, posibles eleccións,…etc…). Como sabedes a nosa intención no tempo e celebrar a carreira o último domingo do ano, pero polo motivo que espuxen este ano faise imposible. Polo tanto optamos de adelantala unha semana e será o domingo 18 de Decembro.
Esperamos vos animedes a participar neste evento, xa que máis que unha carreira queremos facer un evento solidario e como non unha festa do deporte. Vamos a traballar para portarnos con todos os que vos acheguedes como vos merecedes.
Este ano vai haber novidades que vos irei contando, pero a primeira e que este ano a inscripción e cronometraxe vai a ser a través de championchipnorte. En próximos días publicaremos regulamento e abriremos a inscripción…..
Non vos perdades o parque do Carballiño, a Veracruz, máis de 80 trofeos , clasificación por equipos, regalos para sortear, regalo da carreira, bica e chocolate quente,….e como non, o noso máis senceiro agradecemento¡¡¡¡
jesusb

Maratoniano
Maratoniano
11/05/07
2535 Carreiras
6615 Mensaxes
Ferrol (Coruña)
Respostar citando Envío Sáb, 29 Out 2016, 7:39
Asunto: Re: VIII Carreira solidaria do Arenteiro 18-12-2016

¿Que distancia?

www.facebook.com/jesus.bernalgomez
coyote

Foreiro infantil
Foreiro infantil
10/09/11
0 Carreiras
103 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 30 Out 2016, 14:16
Asunto: Re: VIII Carreira solidaria do Arenteiro 18-12-2016

Jesus ,sobre 10km, os primeiros 7 llanos,pero os 3 ultimos son en

subida, animate!!
jesusb

Maratoniano
Maratoniano
11/05/07
2535 Carreiras
6615 Mensaxes
Ferrol (Coruña)
Respostar citando Envío Dom, 30 Out 2016, 16:20
Asunto: Re: VIII Carreira solidaria do Arenteiro 18-12-2016

coyote escribió:
Jesus ,sobre 10km, os primeiros 7 llanos,pero os 3 ultimos son en

subida, animate!!

Pregunté la distancia porque con la lesión solamente hago carreras cortas sin esforzarme. Si pudiese correría esta prueba. Muchas gracias por la información coyote Guiño

www.facebook.com/jesus.bernalgomez
luisiño

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/11/10
0 Carreiras
113 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 30 Out 2016, 17:38
Asunto: Re: VIII Carreira solidaria do Arenteiro 18-12-2016

Hola Jesús, se podes vir anímate¡¡¡¡ estamos encantados en que participes nesta carreira¡¡¡ Moitas gracias coyote¡¡¡
jesusb

Maratoniano
Maratoniano
11/05/07
2535 Carreiras
6615 Mensaxes
Ferrol (Coruña)
Respostar citando Envío Dom, 30 Out 2016, 21:07
Asunto: Re: VIII Carreira solidaria do Arenteiro 18-12-2016

luisiño escribió:
Hola Jesús, se podes vir anímate¡¡¡¡ estamos encantados en que participes nesta carreira¡¡¡ Moitas gracias coyote¡¡¡

Las distancias que estoy haciendo, con alguna molestia, son sobre 5 ó 6 km., para participar tendría que haber una opción de correr otra distancia aunque fuese con otras categorías. Lo que no me gusta es tener que abandonar sin conseguir el objetivo de llegar a Meta.

Muchas gracias por la invitación luisiño Aplauso

www.facebook.com/jesus.bernalgomez
femari

Novo foreiro
Novo foreiro
8/06/10
0 Carreiras
4 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 03 Nov 2016, 19:22
Asunto: Re: VIII Carreira solidaria do Arenteiro 18-12-2016

PUES VAYA!!!! LLEVAMOS ESPERANDO TODO UN AÑO PARA VOLVER A CORRER EN CARBALLINO Y LO PONEIS EN UNA FECHA IMPOSIBLE PARA LOS QUE VIVIMOS LEJOS......EN FIN.
SE QUE ERA DIFICIL PERO CORRER EN NAVIDAD HUBIERA SIDO UN LUJO,PERO ENTIENDO QUE LOS QUE LO ORGANIZAIS NO QUERAIS METEROS EN LIOS NAVIDEÑOS.
BUENO YA SERA OTRO AÑO.
luisiño

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/11/10
0 Carreiras
113 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 04 Nov 2016, 16:34
Asunto: Re: VIII Carreira solidaria do Arenteiro 18-12-2016

Ola Femari, é unha pena que non poidas asistir. este ano como xa puxen antes foinos imposible poñela para outra fecha¡¡¡ pero xa sabes, se adelantas as vacacións contamos contigo. saúdossss
luisiño

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/11/10
0 Carreiras
113 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 07 Nov 2016, 13:07
Asunto: Re: VIII Carreira solidaria do Arenteiro 18-12-2016

Ola amig@s¡¡¡ deixovos aquí o enlace para a inscrición.

championchipnorte.com/...carballino


Animadevos¡¡¡¡¡
luisiño

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/11/10
0 Carreiras
113 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 19 Nov 2016, 17:27
Asunto: Re: VIII Carreira solidaria do Arenteiro 18-12-2016

VIII Carreira Solidaria do Arenteiro

Data: domingo, 18 de decembro de 2016.
Hora: a partires das 11:00 h.
Lugar: O Carballiño. Na praza da Veracruz.
Distancia: de 280 a 10.000 m aprox.
Organiza: Concello de O Carballiño.
Colaboran: Aletismo Arenteiro e Korpore Carballiño.
Inscrición: Ver no regulamento. En Championchipnorte.com
CATEGORÍAS . Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións diferenciadas. As categorías corresponden aos nados nos anos indicados:
CATEGORÍA NOME ANO NACEMENTO:
A PITUFOS 2013, 2014, 2015
B PREBENXAMÍN 2011, 2012
C BENXAMÍN 2007, 2008, 2009, 2010
D ALEVÍN 2004, 2005, 2006
E INFANTIL - CADETE de 2000 a 2003
F XUNIOR-PROMESA de 1993 a 1999
G SENIOR de 1992 ata veteranos
H VETERAOS “A” M–35 W–35
I VETERANOS” B” M-40 W-40
J VETERANOS” C” M-45 W-45
K VETERANOS “D” E M-50 e posteriores W-50 e posteriores




Equipos: Haberá unha clasificación por equipos (que poderan estar formados por mulleres, homes ou mixto) e se confeccionará inscribindo os integrantes do equipo no apartado que está habilitada para tal efecto na páxina de inscripción de championchipnorte(importante cubrir ben este apartado senón non se terá en conta para a clasificación). Para que un equipo teña clasificación, terán que rematar a proba como mínimo 6 corredores do mesmo equipo. Para confeccionar a clasificación dos equipos sumaranse os postos dos 6 primeiros corredores clasificados e obtendo o mellor resultado o equipo que na suma menos puntos acade e asi sucesivamente.
PERCORRIDO
PROBA HORA CATEGORÍAS DISTANCIA
1º 11:00 F, G, H, I, J, K 10 km (ABSOLUTA).
2º 12:10 D,E 2 km.
3º 12:30 ESPECIAL OLYMPICS 450m.
4º 12:40 C 450 m.
5º 12:50 A,B 250 m.
Avituallamento líquido no km 6 e sólido-liquido na meta. Tamén faremos un chocolate quente para todos os participantes.
Os kms estarán perfectamente sinalados na Proba Absoluta.
INSCRICIÓNS :
Dado o carácter solidario da carreira, pregaselle a todos os participantes que colaboren coa entrega de productos de comida non perecedeiros, que se entregarán o día da proba na carpa da organización.
CATEGORÍAS INFANTILES
CAT PREZO PRAZO
A, B, C, GRATIS dende o 7 de Novembro ata as 11:00h do 18 de Decembro.
A inscrición é totalmente gratuíta para as categorías A, B, C. e Special Olympics, e farase:
- Na páxina web de championchipnorte.com
- Na área de deportes do Concello do Carballiño (Claudio), no número de telefono 988 530 007 ext 348 ou o mesmo día da carreira ata as 11:00h.
CAT PREZO PRAZO
D, E Inscrición online GRATIS+entrega de 1kg de produto non perecedeiro ao recoller o dorsal. Dende o luns 7 de Novembro ata o Xoves 15 de Decembro, ás 23:59h.

CATEGORÍAS ABSOLUTAS
CAT PREZO PRAZO
F, G, H, I, J, K, Inscrición online 4€+entrega de 1kg de produto non perecedeiro ao recoller o dorsal os que teñan en propiedade o chip amarelo e 5€+entrega de 1kg de produto non perecedeiro ao recoller o dorsal os que non teñan o chip amarelo en propiedade . Dende o luns 7 de Novembro ata o xoves 15 de Decembro, ás 23:59h.
A inscripción se fará a través de : www.championchipnorte.com
Para calqueira dúbida, chamar o teléfono 607515725 en horario de oficina.
"AGÁS CAUSA XUSTIFICADA NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO SINALADO, NIN TAMPOUCO AS QUE NON CUMPRAN OS REQUISITOS OBRIGATORIOS"
PREMIOS
A entrea de trofeos realizarase a partires das 13:00h. Na zona de Saída-Meta Praza da Veracruz.
- Trofeos para os tres primeiros clasificados, masculinos e femininos, nas categorías D, E, F, G, H, I, J , K.
- Trofeo para os tres primeiros clasificados absolutos masculinos e femininos.
+100Euros o primeiro/ra 75Euros o segundo/a 50Euros o terceiro/a, en Vales a canxear no establecemento Lamargha do Carballiño .
- Trofeo para os tres primeiros equipos clasificados.
- Trofeo ó/a primeiro/a carballiñés/a (Empadroado/a no concello do Carballiño). (o trofeo é acumulativo).
- Trofeo o/a de maior idade que remate a proba.
- Os trofeos non son acumulativos, salvo os indicados.
- As categorías D, E, F, G, H, I,J,K tamén recibirán un agasallo conmemorativo do evento. Tamén se está xestionando a posibilidade de sortear agasallos según a disponibilidad dos patrocinadores.
PREMIOS ÓS ATLETAS QUE REMATEN A SÚA PROBA:
- Medallas para para os participantes das categorías A, B, C e Special Olympics. Tamén recibirán un agasallo por determinar.





REGULAMENTO XERAL
1º) PROBAS: Celebraranse seis probas con percorridos e horarios diferentes segundo as categorías.
2º) As inscricións das categorías D, E, F, G, H, I,J,K pecharanse sin excepción ás 23:59 horas do 15 de Decembro e non se admitirán o mesmo día da carreira, agás causa xustificada.
3º) Ós participantes das categorías A,B,C,D,E,F,G,H,I,J,K facilitaráselles o dorsal e chip correspondente á súa categoría, debendo colocalo para a súa identificación durante a carreira e chegada á meta.
4º) Ós participantes das categorías SPECIAL OLYMPICS facilitaráselles o dorsal correspondente á súa categoría, debendo colocalo no seu peito para a súa identificación durante a carreira e chegada á meta.
5º)Sortearanse agasallos donados por colaboradores según disponibilidade e da maneira que cree oportuna a organización. Todos estes agasallos entregaranse só o día da proba, todos aqueles agasallos que non sean recollidos o día da proba non se entregarán.
6º) Ó longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderán descalificar ós participantes que cometan algunha irregularidade.
7º) O control de chegada da Proba Absoluta pecharase 40 min despois de que chegue o primeiro clasificado.
8º) A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes antes, durante e despois da carreira, se ben en todo momento estará disposto un equipo de primeiros auxilios e fisioterapeuta.
9º) A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.
10º) Duchas: Na instalación deportivas da Uceira, con autobús dende a Veracruz , (Zona de saída/Meta).
11º) RESULTADOS: en www.correrengalicia.org e Championchipnorte.com
12º) Dado o carácter eminentemente popular e festivo desta carreira, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espírito deportivo.
13º) Todos os corredores co feito de anotarse na carreira fanse responsables de acatar dito regulamento e o seu descoñecemento non exime do seu cumprimento.

A ORGANIZACIÓN : CONCELLO DO CARBALLIÑO

COLABORAN: ATLETISMO ARENTEIRO E KORPORE CARBALLIÑO

Enlace inscricción:

championchipnorte.com/...carballino
JaviParedes

Maratoniano
Maratoniano
24/01/14
0 Carreiras
42 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 27 Nov 2016, 20:14
Asunto: Re: VIII Carreira solidaria do Arenteiro 18-12-2016

carreira moi recomendable, animádevos a participar
luisiño

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/11/10
0 Carreiras
113 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 29 Nov 2016, 11:29
Asunto: Re: VIII Carreira solidaria do Arenteiro 18-12-2016

PREMIOS E AGASALLOS DA VIII CARREIRA SOLIDARIA DO ARENTEIRO DOADOS POLOS NOSOS PATROCINADORES (actualizado )
Os trofeos serán un diseño especial para a proba, son patrocinados polo Restaurante-Pulpería Fuchela do Carballiño.
Premios: (Carreira Absoluta)
Primeira/o Absoluta/o:
100Euros en vale de compra na tenda Lamargha + trofeo.
Segunda/o Absoluta/o:
75Euros en vale de compra na tenda Lamargha + trofeo.
Terceira/o Absoluta/o:
50Euros en vale de compra na tenda Lamargha + trofeo.
- Trofeos para os/as tres primeiras/os de todas as categorías.
- Agasallo da proba e avituallamiento (fruta, bebida, chocolate e bica).
Agasallos (para sortear entre todos os participantes da Carreira Absoluta):
Centro Comercial Aberto do Carballiño(C.C.A):
- 5 vales de compra de 30 euros para utilizar nos establecementos aderidos do Carballiño.
Bar Peñasco:
- 3 Vales para canxear por 1 tortilla.
Fisiovitalsaúde (Ourense):
- Dúas sesións.
Fisioterapeuta Lopez Alonso (O Carballiño):
- Dúas sesións.
Centro de Fisioterapia Marta:
- Dúas sesións.
Fisio Martín Pérez:
- Dúas sesións.
Clínica de fisioterapia Fisaúde:
- Dúas sesións.
Fisio Dacal:
- Dúas sesións.
Fisio Julián Mena Valiño:
- Dúas sesións.
Plaza de abastos do Carballiño:
- Catro lotes de productos.
Os locais da ruta das tapas 2016-2017: (unha comida/cea para dúas persoas)
- Parrillada San Andrés.
- Soldado.
- Furancho do Totó.
- Don Paco.
- Como na Casa.
- A Raiña.
- Plaza.
Agasallos (para sortear entre todos os participantes da Carreira de menores 1999/2005) + trofeos os tres primeiros/as da categoría.
Os pitufos, prebenxamins e benxamins levarán medallas e unha bolsa con, fruta, agua, golosinas, etc…..

championchipnorte.com/...carballino
Nes

Foreiro Senior
Foreiro Senior
2/07/12
415 Carreiras
593 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Mér, 14 Dec 2016, 11:39
Asunto: Re: VIII Carreira solidaria do Arenteiro 18-12-2016

ESTOY ANOTADO POR PRIMERA VEZ, PERO ACABO DE LEER QUE EL FINAL ES EN SUBIDA. ¡¡¡TRES KILÓMETROS DE SUBIDA!!!
ME ESTOY ARREPINTIENDO.......
matogrosso

Multimedia
Multimedia
24/07/09
101 Carreiras
1348 Mensaxes
Aquae Urente
Respostar citando Envío Mér, 14 Dec 2016, 12:32
Asunto: Re: VIII Carreira solidaria do Arenteiro 18-12-2016

El regreso desde el paseo fluvial hacia la meta podría haber sido por la ruta más corta, con lo cual no serían no más de 800m y con una pendiente... digamos que bastante durilla Silbar .
En vez de eso la carrera da un amplio rodeo, en cuesta sí, pero con unas pendientes muy llevaderas(exceptuando un pequeño tramo), que si suben de revoluciones es porque al ser llegando uno tiende a apretar más.
Si la meteorología acompaña ya te aseguro que no te vas a arrepentir.

Homo homini gallicus canis
luisiño

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/11/10
0 Carreiras
113 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 14 Dec 2016, 23:44
Asunto: Re: VIII Carreira solidaria do Arenteiro 18-12-2016

olaaa, gracias Matogroso pola aclaración. vou facer una pequeña descripción do recorrido para que NesLugo ou quen o precise lle poida axudar no trascurrir da carreira.

o percorrido é de aprox. 10km. Para a carreira absoluta.

A zona de saída e meta está na Praza da Veracruz, donde tamén recolleremos o dorsal desde as 9.30 ata 30 minutos antes de dar a saída, que para a proba absoluta é as 11. Tamén depositaremos alí o producto non perecedeiro, o avituallamiento(bolsa do corredor con fruta, bebida e agasallo da proba), chocolatiño quente e bica, o autobús para ir as duchas e a entrega de trofeos e sorteos,.....etc.....

o saída é fluida, aunque a 50 metros faise un xiro a esquerda de 90º, despois e una recta gande que é a calle principal da vila e peatonal duns 500 metros aprox que son un falso llano cara abaixo, o que falta ata o k1 e llano por estrada de asfalto. este km1 coincide co último km que nos leve a línea de meta, polo tanto e o mesmo pero o revés.
o km1 é, os 300 primeiros metros chans e o restante en baixada por carretera de asfalto.
o km2 é, en baixada os 800 metros por carretera de asfalto. OLLO chegado a este punto entramos por un paseo fluvial, e neste punto de conexión temos una rampa de 15 metros PERIGOSA en baixada e viramos a dereita, agora o terreo e terra e empedrado.
o km 3 empeza con 100 metros de subida leve por asfalto nun cruce a esquerda e o acabar a subida xiramos a dereita para volver o paseo fluvia. a partires de aquí o contorno e espectacular xa que discorremos polas marxes do rio Arenteiro e ata o km 6 que está o avituallamemiento o terreo e cambiante pero casi todo por zahorra (terra conpacta) e adoquin, aunque nalgun sitio estreito (km 4 ata o 4,2) ai que ir en fila india e despois do 4,2 ata o 4,4 temos una pasarella de madeira. tamén temos un puente de aceiro no km 5,1 que debemos ter ESPECIAL COIDADO, o cal nos leva a cambiar de marxen do rio e volver cara abaixo.aqui o terreo e chan con algún tobogán pero de pequeña dureza.
No km 6 está o avituallamiento, e aquí xa voltamos o asfalto e seguiremos con el ata a línea de meta. este km e completamente casi chairo ( donde aproveitan os runners do carballiño para facer as series).
no km7 OJO 200 metros de SUBIDA e xiramos a esquerda para meternos no corazón do parque municipal do carballiño. podemos disfrutar un pouco da súa beleza e recuperamos folgos porque o rsto do km é en baixada, chan e asfalto.
o km8 os 500 primeiros metros é en baixada e os restantes e en subida tendida (ir a ritmo) porque xa o chegar o alto volvemos facer o último km como o primeiro........gassss a tope¡¡¡¡

en resumen, o circuito está moi chulo, o terreo e 70% asfalto 25% terra e 5% outros. podese correr a bo ritmo xa que non ten especial dureza sempre e cando reservemos algo para o km 7 e 8,5. e ter especial coidado nos puntos que sinalize a organización ( baixada o paseo, rampas de madeira, puente de aceiro,etccc) a disfrutarrrrr

podedes consultar o plano da carreira aquí:
championchipnorte.com/...nitivo.pdf

e consultar o regulamento e inscricións ata maña xoves en.
championchipnorte.com/...carballino

moitas gracias e saúdos....





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos