Foros ›
IV Carreira Popular Concello de Rianxo
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
smdrianxo

Organización
Organización
13/06/16
0 Carreiras
98 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 14 Out 2016, 10:39
Asunto: IV Carreira Popular Concello de Rianxo

Ola a tod@s! Xa temos a información da IV Carreira Popular Concello de Rianxo[i]:

O Concello de Rianxo, a Mancomunidade de Municipios Arousa-Norte e o Club Atletismo Rianxo organizan a IV Carreira Popular Concello de Rianxo, o martes 1 de novembro de 2016. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos:

- IV Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da Coruña.
- 4 Carreiras 1 Meta, o Circuíto Carreiras Populares Arousa Norte, promovido e organizado polos Concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte: Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Riveira.

Información, regulamento e percorridos en concelloderianxo.gal e emesports.es

Tamén temos Evento de facebook para a información actualizada

Agardámosvos un ano máis!!!

smdrianxo

Organización
Organización
13/06/16
0 Carreiras
98 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 19 Out 2016, 16:49
Asunto: Re: IV Carreira Popular Concello de Rianxo

Deixámosvos o mapa de percorridos e servizos da proba.
www.facebook.com/conce...mp;theater

- Percorrido Amarelo: 100m. - Xoubas (1 V.)
- Percorrido Verde: 500m. - Sardiñas (1 V.) // Benxamíns (2 V.)
- Percorrido Azul: 750m. - Alevíns (2 V.) // Infantís (3 V.)
- Percorrido Vermelho: 3.333m. - Cadetes (2 V.) // Absoluta (3 V.)

Inscríbete en:
emesports.es
arousa-norte.es
concelloderianxo.gal

#carreira #popular #concello #rianxo #arousanorte #circuíto
smdrianxo

Organización
Organización
13/06/16
0 Carreiras
98 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 21 Out 2016, 13:20
Asunto: Re: IV Carreira Popular Concello de Rianxo

Entramos na última semana de inscrición... seremos quen de superar o número de atletas de edicións pasadas?? Este ano imos a polos 1.000!!


Inscríbete en:
emesports.es
arousa-norte.es
concelloderianxo.gal

#imosapolos1000 #carreira #popular #concello #rianxo #arousanorte #circuíto
smdrianxo

Organización
Organización
13/06/16
0 Carreiras
98 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 24 Out 2016, 11:12
Asunto: Re: IV Carreira Popular Concello de Rianxo

Categorías participantes na IV Carreira Concello de Rianxo

Categoría------Distancia-----------Horario

Xoubas -------------100 m. ---------------10:45 h.

Sardinas ----------- 500 m. -------------- 11:00 h.

Benxamín------------1.000 m. ------------11:10 h.

Alevín -------------- 1.500 m ------------- 11:25 h.

Infantil--------------2.250 m.---------------11:40 h.

Cadete---------------6.600 m. --------------12:00 h.

Absoluta* ---------10.000 m. ------------- 12:00 h.

*Xuvenil/Júnior/ Promesa/Sénior e Veteranos


Inscríbete en:
emesports.es
arousa-norte.es
concelloderianxo.gal

Só quedan 4 días para pechar inscripción!! #imosapolos1000

#carreira #popular #concello #rianxo #arousanorte #circuíto
smdrianxo

Organización
Organización
13/06/16
0 Carreiras
98 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 27 Out 2016, 19:14
Asunto: Re: IV Carreira Popular Concello de Rianxo

Non vos perdades o curto que protagonizan os nosos compañeiros do Clube Atletismo Rianxo e da Piscina Municipal de Rianxo para convidarnos o día 1 na IV Carreira Popular Concello de Rianxo.

www.facebook.com/conce...246065511/

INSCRIBETE EN
emesports.es Tedes de prazo ata maña 28 ás 23:59.


>>FALTAN 5 DÍAS<<
#imosapolos1000
#carreirapopular
#concellorianxo
#arousanorte
#circuito
smdrianxo

Organización
Organización
13/06/16
0 Carreiras
98 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 28 Out 2016, 12:13
Asunto: Re: IV Carreira Popular Concello de Rianxo

ÚlLTIMO DÍA DE INSCRICIÓN!!

Non deixedes de acompañarnos e de disfrutar de un dos percorridos máis vistosos e asequibles para facer marca.




- Percorrido Amarelo: 100m. - Xoubas (1 V.)
- Percorrido Verde: 500m. - Sardiñas (1 V.) // Benxamíns (2 V.)
- Percorrido Azul: 750m. - Alevíns (2 V.) // Infantís (3 V.)
- Percorrido Vermelho: 3.333m. - Cadetes (2 V.) // Absoluta (3 V.)


Aínda estado a tempo de inscribirvos ata as 23:59 en :

smdrianxo

Organización
Organización
13/06/16
0 Carreiras
98 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 28 Out 2016, 21:54
Asunto: Re: IV Carreira Popular Concello de Rianxo

Boas noites!!!
Si nos vos deu tempo a inscribiros á IV Carreira Popular Concello de Rianxo, non vos preocupedes porque aínda tedes outra oportunidade... ampliamos prazo de inscrición ata o domingo ás 23:59 horas.



Manteremos aberto este prazo a través da páxina de EME Sports

Vamos que chegamos ós 1.000!!!

>>FALTAN 4 DÍAS<<
#imosapolos1000
#carreirapopular
#concellorianxo
#arousanorte
#circuito
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 01 Nov 2016, 15:32
Asunto: Re: IV Carreira Popular Concello de Rianxo

Por unhas ou outras razóns, nunca tuvera a ocasión de disfrutar desta carreira. A impresión da organización e do ambiente que rodea a proba, é realmente positiva. A praza Castelao pareceume un sitio moi acolledor e cómodo para a xona de saída e meta.
O circuito, de tres voltas, faise bastante ameno, e pareceume bastante rápido. Quizais a zona portuaria é a menos atractiva, aínda que, no meu caso, que tiña á familia na praza de Galicia (na entrada a esa zona portuaria), puden recibir o seu apoio hasta en 6 ocasións...!! Silbar
Gustoume o sistema de recollida das botellas do avituallamento: unha especie de "canastas" nas que encestabas as botellas despois de beber a auga. De feito, as botellas tiradas na estrada podíanse contar cos dedos dunha man!! Aplauso
Moi ben tamén a coordinación da policía local que permitía a circulación intervalada de coches para poder salir da zona portuaria sin ter que esperar a que rematase a proba, e todo con total seguridade para os corredores.
Por último, o montaxe de Emesport fai que te sintas partícipe dun evento, -como díría aquel personaxe de Manquiña- "Profesional, moi profesional"!!
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 01 Nov 2016, 21:02
Asunto: Re: IV Carreira Popular Concello de Rianxo

Pois despois da ausencia do ano pasado, este ano volvín a Rianxo, anoteime o venres animado por un compañeiro, xa que non contaba correr por que ia correr o Domingo en Santiago, e parecíanme 2 esforzos moi seguidos.

Así que fun ca expectativa de resarcirme do mal día de Santiago, e sair a un ritmo asumible en todo momento e disfrutar da carreira.

E así foi, ainda que en todo momento fun algo mási rápido do que contaba, fun a un ritmo un pouco superior aos 4' toda a proba, cuns parciais por volta moi equilibrados, 13'31"; 13'33" e 13'22". A derradeira volta moi animado, xa que ao ir adiantando xente un venxe arriba.
Ao final 40'25" netos, moito mellor do agardado.

P.D.: Eu co que flipei foi co recorte que vin nesta carreira, dentro do 1ºKm. cando se colle a esquerda para encarar o paseo marítimo, uns cantos corredores subíronse ao xardin duns 30 cms. de altura, téndo que baixarse para non tocar cas polas do olivo que hai prantado, e despois loxicamente salto diante dos que iamos correctamente polo percorrido facéndonos frear.
E despois o que xa é un clásico nesta proba a rotonda campo a través do final do muelle, (3 veces e imaxino que 3 pasos por riba, xa que había quen o facía xa na 1ª volta) que ahí si que o fai unha gran cantidade de corredores.
Despois a xente queixaxe das medicións das carreiras. Silbar Silbar
richiarg

Maratoniano
Maratoniano
19/12/13
108 Carreiras
323 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 01 Nov 2016, 22:04
Asunto: Re: IV Carreira Popular Concello de Rianxo

totalmente de acuerdo kurty con el tema de recortes, pero pasa todos los años, llevo 3 años seguidosllendo y siempre pasa lo mismo, ojala la organizacion tome cartas en el asunto para el año y por lo menos coloque una cinta delimitando aunque sea la rotonda, por lo demas esta bien, aun no entiendo que es lo que ganan recortando, pero admito que da bronca apretar el ritmo para pasar a peña y despues te recorten y se te escapen de nuevo jajja
mariano

Maratoniano
Maratoniano
18/01/11
0 Carreiras
440 Mensaxes
rianxo
Respostar citando Envío Mér, 02 Nov 2016, 7:07
Asunto: Re: IV Carreira Popular Concello de Rianxo

www.facebook.com/Rianx...0993126020

aqui tedes enlace dalgunhas fotos en meta


Última edición por mariano o Mér, 02 Nov 2016, 7:12; editado 1 vez
mariano

Maratoniano
Maratoniano
18/01/11
0 Carreiras
440 Mensaxes
rianxo
Respostar citando Envío Mér, 02 Nov 2016, 7:12
Asunto: Re: IV Carreira Popular Concello de Rianxo

www.facebook.com/Rianx...3713115748

estas dun punto intermedio
mariano

Maratoniano
Maratoniano
18/01/11
0 Carreiras
440 Mensaxes
rianxo
smdrianxo

Organización
Organización
13/06/16
0 Carreiras
98 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 02 Nov 2016, 13:15
Asunto: Re: IV Carreira Popular Concello de Rianxo

Dende a organización da IV Carreira Popular Concello de Rianxo, queremos darvos as grazas a todos os que nos acompañastes na xornada de onte, que
como novidade nesta edición a proba estivo incluida no Circuíto Carreiras Populares Arousa Norte, promovido e organizado polos Concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte http://arousa-norte.es

Ano tras ano, tratamos de correxir todas esas cousas que se nos escapan e que os participantes non transmitides, polo que tomamos nota das vosas suxerencias para futuras edicións.

Queremos agradecer tamén a axuda de todos os Voluntarios, parte fundamental para que todo saia o mellar posible, Protección Civil de Rianxo e Serra de Outes, os Clubes de Piragüismo e Remo de Rianxo e o Clube de Atletismo
E por suposto a todos os colaboradores e patrocinadores que cada edición apoian esta iniciativa.

Podedes ver todas as imaxes da carreira a través da páxina de facebook da Concellería de Deportes do Concello de Rianxo.
www.facebook.com/Rianx...710500551/

E as clasificacións na página de emesports.
emesports.es/event/iv-...de-rianxo/

MOITAS GRAZAS A TODOS/AS UNHA VEZ MÁIS POR ACOMPAÑARNOS E VÉMONOS O VINDEIRO ANO!!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos