Foros ›
XXV Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra) 11/09/16
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Popular_de_Gundián

Novo foreiro
Novo foreiro
16/09/09
0 Carreiras
26 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 01 Ago 2016, 23:41
Asunto: XXV Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra) 11/09/16

25ª CARREIRA POPULAR “GUNDIÁN 2016”
PONTE ULLA Vedra
11 de setembro

Inscrición
Inscrición obrigatoria e gratuíta en www.gundian.gal/inscricion
ata o 7 de setembro ás 23:59h.

Categorías
A Especial (masculina e feminina). Até 4 anos (nados/as do 2.012 ao 2.016)
A (masculina e feminina). De 4 a 8 anos (nados/as do 2.008 ao 2.011)
B (masculina e feminina). De 9 a 12 anos (nados/as do 2.004 ao 2.007)
C (masculina e feminina). De 13 a 15 anos (nados/as do 2.001 ao 2.003)
D (masculina e feminina). De 16 a 18 anos (nados/as do 1.998 ao 2.000)
E Feminina. De 19 a 35 anos (nadas do 1.981 ao 1.997)
E Masculina. De 19 a 40 anos (nados do 1.976 ao 1997)
F Feminina. Maiores de 35 anos (nados até o 1980 inclusive)
F Masculina. Maiores de 40 anos (nados até o 1975 inclusive)

Realización da proba

Recollida de dorsais: o 11 de setembro ata as 10:00 h no Restaurante Ríos (Ponte Ulla)
Saída: ás 10:30 h desde Ponte Ulla.
Percorrido: o circuíto consta de aproximadamente 4 quilómetros. Transcorre por ambas marxes do río Ulla, con chegada na ermida do Gundián. Para as categorías A Especial, A e B haberá percorridos máis curtos.

Premios
Vencedores/as absolutos/as: trofeo conmemorativo en cerámica da Ponte de Gundián e 360 € (1º), 200 € (2º) e 150 € (3º), tanto na categoría feminina coma na masculina.
Primeiros/as e segundos/as de cada categoría: trofeo conmemorativo en cerámica da Ponte de Gundián e vales para material deportivo por valor de 50 € (1º) e 35 € (2º) en Deportes Caneda.
Primeiros/as clasificados/as da parroquia: trofeos conmemorativos en cerámica da Ponte de Gundián doados por Super Ulla, tanto na categoría feminina como na masculina.
Premios conmemorativos en cerámica da Ponte de Gundián ao máis veterano/a e ao máis novo/a da carreira.

Os premios non serán acumulativos en ningún dos casos (só 1 premio por persoa).
Non poderán acceder aos trofeos e premios en metálico aqueles/as participantes que non presenten orixinal ou fotocopia do DNI ou do libro de familia.
As primeiras 300 persoas en inscribirse recibirán unha camiseta conmemorativa.
Todas as persoas participantes disporán de bebida, Donuts e froita.
Todos os partipantes das categorías A Especial e A que cheguen a meta recibiran un vale de 6 euros doado por Super Ulla.
Entre todos os participantes presentes no momento da entrega de premios faranse dous sorteos: unha bicicleta de montaña e o peso dun corredor/a (ou de seu pai/nai) en litros de gasóleo.
Condicións de participación
A inscrición nesta carreira popular implica que a persoa que se inscribe, ou o pai/nai/titor no caso de menores:
– Certifica que se atopa en bo estado de saúde.
– Exime de responsabilidade á organización por por calquera lesión ou padecemento producido por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a participante, así como de calquera outra circunstancia relacionada coa participación no evento (agresión, perda de obxectos persoais etc).
– Autoriza a organización á toma de fotografías e a utilización da súa imaxe en webs, redes sociais, publicacións, carteis etc, co obxecto de promocionar este evento en particular e o deporte en xeral. Calquera persoa poderá denegar o permiso de utilizar a súa imaxe previa solicitude á comisión organizadora da carreira, por escrito ou a través do correo contacto @ gundian.gal.

Conforme á Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable a Asociación de Veciños Virxe de Gundián. A finalidade do ficheiro é levar a cabo as xestións relacionadas coa inscrición na Carreira Popular do Gundián e informalo de futuras edicións e eventos deportivos organizados por esta asociación. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, poderá facelo a través do correo contacto @ gundian.gal, acompañando a solicitude dunha fotocopia do seu DNI.

A organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte as presentes condicións de participación.

A organización poderá modificar calquera aspecto da proba de consideralo necesario.

As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento.
Popular_de_Gundián

Novo foreiro
Novo foreiro
16/09/09
0 Carreiras
26 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 25 Ago 2016, 20:30
Asunto: Re: XXV Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra) 11/09/16


Para os que xa nos coñecedes, unha web chea de recordos; Fotos, Historia da Carreira, Clasificacións históricas.
Os que non sepades o que é a Carreira de Gundián, en www.gundian.gal podesdes ver o Percorrido, o Regulamento e moitas mais cousas.
Un Saúdo a todos e esperamosvos ver na "nosa" casa, na "vosa" carreira, o vindeiro 11 de Setembro.
Alfonsorf

Foreiro infantil
Foreiro infantil
5/05/15
20 Carreiras
130 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 11 Set 2016, 16:32
Asunto: Re: XXV Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra) 11/09/16

Excelente carreira.
Organización de 10. É van xa 25 edicions. Percorrido fermoso e duro , o mellor as vistas desde a ponte, fan que se olvide por unha rato que hay que volver a subir.
Carreira feita con moito cariño e totalmente gratuita para os participante, das que xa quedan moi poucas.
Noraboa os organizadores, voluntarios e patrocinadores a seguir outras 25 edicions.
richiarg

Maratoniano
Maratoniano
19/12/13
108 Carreiras
323 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 11 Set 2016, 21:08
Asunto: Re: XXV Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra) 11/09/16

la primera vez que voy... y ... ENCANTADO, el viaje valio la pena, hermosa carrera y organizacion, dura pero hermosa a la vez, a seguir asi. gracias por el esfuerzo
Popular_de_Gundián

Novo foreiro
Novo foreiro
16/09/09
0 Carreiras
26 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 12 Set 2016, 22:59
Asunto: Re: XXV Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra) 11/09/16


Gracias a tod@s por participar nesta edicción 25 da Carreira de Gundián. Na nosa páxina web podedes consultar todas as Clasificacións, Fotos, etc.

Estamos encantados cos comentarios positivos escritos neste foro, e tamen agradecemos as críticas constructivas que algúns participantes nos fixestes chegar o día da carreira, por que en definitiva como dixen nun comentario anterior, esta é a "nosa" casa a "vosa" carreira. Por eso o ano que ven este GRAN GRUPO DE AMIGOS que organizamos a carreira de Gundián, intentaremos mellorar todo o que sea posible, para que vos sintades como na vosa casa, e cada ano seamos mais. Un Abrazo a tod@s e ata GUNDIÁN 2017 (10/09/2017).
Moncho

Novo foreiro
Novo foreiro
22/11/05
0 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 14 Set 2016, 9:28
Asunto: Re: XXV Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra) 11/09/16

Bo día , tedes a vosa disposición na galería da web WWW.gundian.gal , máis de 400 fotos en distintos puntos da carreira .
Saúdos





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos