Correr en Galicia, carreiras populares. Corre, sinte, vive... Carreras Populares en Galicia Calendario O Circuíto Fotos Mapa
PortadaCalendarioForosA miña conta Activar contenido
Foros ›

Adestrar?competir? ou adestrar competindo?
Foros de debateEntrenamientos y técnica
Publicar novo tema   Respostar ao tema
Ver tema anterior { View newer topic }

Autor
Mensaxe
mario.R

Montañés
Montañés
15/01/11
142 Carreiras
305 Mensaxes
Galicia
EnvíoPublicado: Sáb, 28 Mai 2016, 10:20    Asunto: Adestrar?competir? ou adestrar competindo? Respostar citando

Hola,levo unha temporada con esta dúbida e quería plantexar que opinades.
A historia é que fago trail e duatlon,tanto aquí como en Portugal e moitas veces debido a que todolos fines de semana teño unha ou duas probas ,teño que dedicar o resto da semana a recuperar e adestrar moi suave.
Por un lado as competicións danme esa chispa ese ritmo de carreira,pero por outro concentran todo o traballo en dous días,"perdendo" o resto da semana en recuperar.
Por iso vos pregunto que é o que pensades e cal vos resulta millor,adestrar e competir menos veces,ou competir intensamente e adestrar moi suave.
un saudo!!
Ver perfil de usuario
papero

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/09/12
0 Carreiras
963 Mensaxes

EnvíoPublicado: Sáb, 28 Mai 2016, 21:08    Asunto: Re: Adestrar?competir? ou adestrar competindo? Respostar citando

Tamen tes a opcion de competir mais suave tomandoo como un adestramento de calidade e competir so intensamente en probas que te propoñas como obxetivo. Desa maneira con que o día seguinte da competicion fagas un entreno mais suave non perdes toda a semana.
Ver perfil de usuario
vacatola

Foreiro Senior
Foreiro Senior
19/12/08
0 Carreiras
360 Mensaxes
A Coruña
EnvíoPublicado: Lun, 30 Mai 2016, 15:09    Asunto: Re: Adestrar?competir? ou adestrar competindo? Respostar citando

Eu durante moito tempo fixen como tí. Cada semana carreira e competir (non sabía facelo doutro xeito). Se botaba 3 semanas sen ir a algunha carreira xa estaba "rariño" e o certo e que durante moito tempo mellorei e estiven a un nivel bastante alto (para min) pero claro se queres poñer apuntar a unha carreira en concreto o mellor é planificar esa carreira / duatlón en concreto. Con todas esas cousas de cargas, volumes, traballo específico, velocidade e todo eso que seguro ti xa sabes.

Cando estaba en plan carreira fin de semana sí, fin de semana tamén só saí dous día pola semana:-un día rodaxe variada (sube-baixa), lenta e longa e outro día técnica con multisaltos e algo de potencia (pero pouco tempo 45-50 minutos)...

Agora por motivos non-deportivos non podo ir a tantas carreiras como quixera pero me gustaba moito máis saír a competir cada fin de semana aínda que non fóra o ideal. De feito, penso que a única carreira que preparo máis ou menos "en serio" é a maratón.

Resumindo, eu faría un poquiño o que che te guste, se vas cada finde podes a ter un nivel moi alto todo o ano aínda que non chegues a ningunha cita con todo o potencial
Ver perfil de usuario Enviar email Visitar web do foreiro
mario.R

Montañés
Montañés
15/01/11
142 Carreiras
305 Mensaxes
Galicia
EnvíoPublicado: Mar, 31 Mai 2016, 1:43    Asunto: Re: Adestrar?competir? ou adestrar competindo? Respostar citando

Gracias Papero e Vacatola polas vosas opinions.
Ver perfil de usuario
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Respostar ao tema    Foros de debate -> Entrenamientos y técnica Tódalas horas son GMT + 2 Horas
Páxina 1 de 1


Cambiar a:  
Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos

Categorías
Donde
 Foreiros:
  gefreiter > Foros
  Jose72 > Portada
  matogrosso > Foros
Publicidad


2003-2017 Correr en Galicia
Correndo xuntos.
Interactive software released under GNU GPL, Code Credits, Privacy Policy