Correr en Galicia, carreiras populares. Corre, sinte, vive... Carreras Populares en Galicia Calendario O Circuíto Fotos Mapa
PortadaCalendarioForosA miña conta Activar contenido
Foros ›

ULTRA TRAIL DO BARBANZA - 30 de Abril (Ribeira)
Ir a páxina 1, 2, 3, 4, 5, 6  Seguinte
Foros de debateCarreiras de Montaña
Publicar novo tema   Respostar ao tema
Ver tema anterior { View newer topic }

Autor
Mensaxe
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
407 Mensaxes
Rianxiño
EnvíoPublicado: Sáb, 19 Mar 2016, 0:45    Asunto: ULTRA TRAIL DO BARBANZA - 30 de Abril (Ribeira) Respostar citando

Veñenme as lágrimas aos ollos e choro coma un meniño só de pensar nesta proba... Canta emoción!!

Esta vai ser xa a cuarta edición desta proba e é unha das pioneiras no país onde hai moitos corredores destas distancias e, sen embargo, poucas probas.

Participei tódolos anos, dun ou outro xeito, correndo ou colaborando coa tropa de Arousa NeO, encabezabados por Manolo e Edu, e de todas quédomo coa de 2.013 que foi a primeira e foi onde me desvirxei e dende aquela convertinme nun adicto... neste tipo de distancias. Recoñezo que a proba está ano tras ano indo a máis e o seu encanto radica, á parte dos típicos e tópicos: beleza dos paisaxes, boa sinalización, magnífica organización..., está en que non busca o máis difícil "todavía" senon que tén un pouco de todo (subidas duras, pistas, sendeiros, baixadas técnicas...

Para min esta proba é a auténtica UT(M)B - ULTRA TRAIL MONTES DO BARBANZA porque me fai máis ilusión participar nela que no Ultra Trail do Mont Blanc... os que levamos nesto dende antes da "febre" traileira non precisamos para ser recoñecidos colocar "muescas" no revolver a modo de participación ou resultados en grandes probas, o único que precisamos e desfrutar do monte e onde vou desfrutar máis que na Serra da Barbanza que me viron nacer como corredor de montuno alá polo 2006 formando parte do Equipo Penedos e do CarBarbanza. Aquelas "quedadas" coa xente de Vigo do CAR Marisqueiro e coa xente de Santiago (Lentoperosejuro, Aficionado, Marola...) por Mosquete, Vitres, Curota, Chans...foron os xermes, sen dúbida, desta proba.

Pero voume deixar de sentimentalismos e de recordos porque me estou convertindo xa nun vello que non para de contar "batallitas" duns tempos pasados que non teñen porque ser nin mellores nin peores senon diferentes.

O importante é que o próximo 30 de abril en Santa Uxía de Ribeira temos Trail do bo. Dúas distancias:

- 60 kms e 2.700 metros de desnivel positivo que saíra do Centro de Ribeira. Gran acerto por moitos motivos: comodidade, ambiente, público, servizos... aplaudo a iniciativa. O percorrido será practicamente o mesmo do ano pasado co enlace na saída e no regreso que hai que facer ata enlazar en Moldes o que provoca que aumente o d+.

30 kms e 1500 metros de desnivel positivos que saíra tamén do Centro de Ribeira e que tamén compartirá parte do percorrido coa proba do ano pasado pero con algunha variación máis.

Non me dá chegado o intre de que estes liantes de Arousa NeO colguen toda a información da proba:

- Perfil
- Regulamento
- ...

Aproveito o foro para felicitalos polo traballo que están facendo estes anos na difusión deste deporte coa organización desinteresada de multitude de pro as entre elas a UT(M)B sen esquecernos das Trail Series, Andaina da Chuvia,...

Espero vervos a todos o día 1 na liña de saída.
Ver perfil de usuario
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
671 Mensaxes

EnvíoPublicado: Sáb, 19 Mar 2016, 1:55    Asunto: Re: ULTRA TRAIL DO BARBANZA - 30 de Abril (Ribeira) Respostar citando

A info xa fai algún tempo que esta na web www.arousa.com

INFORMACIÓN TÉCNICA

Día: 30 de Abril de 2016 (prazo inscrición do 01 de Xaneiro ao 24 de abril)
Hora: 9:30 h.
Distancia: 60 km. RUTA A - 35 km. RUTA B
Saída e chegada: Praza de García Bayón -Ribeira
Duchas: Clube Náutico de Riveira
Organiza: Arousa Natureza e Ocio
Colabora: Concello de Ribeira, Asociación de Veciños de Carreira.
Información: www.arousa.com - email: contacto @ arousa.com
Inscricións: www.arousa.com --- www.galitiming.com
Prezo da inscrición: 25 € RUTA A -- 15 € RUTA B

Ver perfil de usuario Visitar web do foreiro
mlestonf

Montañés
Montañés
23/01/13
0 Carreiras
430 Mensaxes
Muros de San Pedro
EnvíoPublicado: Sáb, 19 Mar 2016, 13:11    Asunto: Re: ULTRA TRAIL DO BARBANZA - 30 de Abril (Ribeira) Respostar citando

Anxo, xa me tocastes a vena Quixotesca e malo será que o 30 de Abril este Praia de Carnota Runner non esté con vos na saída. Ata de agora non tiven ocasión de facela pero este ano cae
Ver perfil de usuario
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
407 Mensaxes
Rianxiño
EnvíoPublicado: Sáb, 19 Mar 2016, 21:34    Asunto: Re: ULTRA TRAIL DO BARBANZA - 30 de Abril (Ribeira) Respostar citando

mlestonf escribió:
Anxo, xa me tocastes a vena Quixotesca e malo será que o 30 de Abril este Praia de Carnota Runner non esté con vos na saída. Ata de agora non tiven ocasión de facela pero este ano cae
Os Praia de Carnota Runners sempre sodes benvidos por estas terras quero dicir por estes montes, sobre todo, porque sodes boa xente.

Ademais contoume un paxariño que para o ano algún da vosa tropa tén na súa cabesiña (sen pelo) montar unha Ultra polos arredores do Olimpo Celta así que propoñovos un intercambio #vosvindesnosimos.

Vente Miguel que non che defraudará nin a organización nin os paisaxes nin o percorrido.
Ver perfil de usuario
nopudoser

Montañés
Montañés
18/07/08
123 Carreiras
294 Mensaxes
walden-trez
EnvíoPublicado: Lun, 21 Mar 2016, 21:57    Asunto: Re: ULTRA TRAIL DO BARBANZA - 30 de Abril (Ribeira) Respostar citando

Tedes o perfil da ultra? Non o vexo na páxina.Gracias.
Ver perfil de usuario
mcorredoira

Montañés
Montañés
21/12/10
0 Carreiras
966 Mensaxes
la coruña
EnvíoPublicado: Mér, 23 Mar 2016, 13:48    Asunto: Re: ULTRA TRAIL DO BARBANZA - 30 de Abril (Ribeira) Respostar citando

¡Que tiempo limite dan? ¿Y los controles de paso donde están? Yo recomiendo viiiiivisamente la carrera.
Ver perfil de usuario
pichichi

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
22/01/11
160 Carreiras
322 Mensaxes
O Pino
EnvíoPublicado: Mér, 23 Mar 2016, 15:17    Asunto: Re: ULTRA TRAIL DO BARBANZA - 30 de Abril (Ribeira) Respostar citando

no cartel que enviaron abaixo de todo ponche a web para informarte.

teño na cabeza que para a de 60k dan 12horas

saúdos
Ver perfil de usuario
mcorredoira

Montañés
Montañés
21/12/10
0 Carreiras
966 Mensaxes
la coruña
EnvíoPublicado: Mér, 23 Mar 2016, 21:15    Asunto: Re: ULTRA TRAIL DO BARBANZA - 30 de Abril (Ribeira) Respostar citando

Yo desde luego pienso ir.El año pasado la niebla fué tremenda pero se intuía un recorrido espectacular.La combinación de partes técnicas con sitios donde se podía correr es perfecta.Nada de esa manía de las carreras últimamente de haber quien la hace más dura lo que hace que a veces los recorridos sean una gilipollez.Esta es una delicia.
Ver perfil de usuario
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
671 Mensaxes

EnvíoPublicado: Xov, 24 Mar 2016, 0:21    Asunto: Re: ULTRA TRAIL DO BARBANZA - 30 de Abril (Ribeira) Respostar citando

nopudoser escribió:
Tedes o perfil da ultra? Non o vexo na páxina.Gracias.

Nestes dias completamos info con eses detalles que pedides.
Ver perfil de usuario Visitar web do foreiro
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
671 Mensaxes

EnvíoPublicado: Xov, 24 Mar 2016, 0:23    Asunto: Re: ULTRA TRAIL DO BARBANZA - 30 de Abril (Ribeira) Respostar citando

mcorredoira escribió:
Yo desde luego pienso ir.El año pasado la niebla fué tremenda pero se intuía un recorrido espectacular.La combinación de partes técnicas con sitios donde se podía correr es perfecta.Nada de esa manía de las carreras últimamente de haber quien la hace más dura lo que hace que a veces los recorridos sean una gilipollez.Esta es una delicia.

Graciñas!!!

O do ano pasado parecia que o ceo desplomara sobre os Forcados... Ufff... Menudo día.

Os corredores estivechedes de 10 demostrando estar a altura dunha climatoloxía que se empeñou en convertir un "paseo" nunha batalla contra os elementos.
Ver perfil de usuario Visitar web do foreiro
nopudoser

Montañés
Montañés
18/07/08
123 Carreiras
294 Mensaxes
walden-trez
EnvíoPublicado: Xov, 24 Mar 2016, 1:56    Asunto: Re: ULTRA TRAIL DO BARBANZA - 30 de Abril (Ribeira) Respostar citando

Edu_Iglesias escribió:
nopudoser escribió:
Tedes o perfil da ultra? Non o vexo na páxina.Gracias.

Nestes dias completamos info con eses detalles que pedides.

Ok.esperaremos la info.
Ver perfil de usuario
mcorredoira

Montañés
Montañés
21/12/10
0 Carreiras
966 Mensaxes
la coruña
EnvíoPublicado: Xov, 24 Mar 2016, 12:42    Asunto: Re: ULTRA TRAIL DO BARBANZA - 30 de Abril (Ribeira) Respostar citando

¿Antes de la carrera va alguien a entrenar por esa zona? A mí me encantaría quedar con alguien que la conociese,eso sí que me permitiese ir a un ritmo decente que soy malo.
Ver perfil de usuario
Polbotrail

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
14/01/16
1000 Carreiras
287 Mensaxes

EnvíoPublicado: Xov, 24 Mar 2016, 13:25    Asunto: Re: ULTRA TRAIL DO BARBANZA - 30 de Abril (Ribeira) Respostar citando

SORTEO, SORTEO DORSAL ..
Cuarta edición do Ultratrail do Barbanza que non deixa de reinventarse, esta vez ca novidade primordial de disfrutar da saida do mesmo centro de Ribeira , con novo trazado non che deixará indiferente.
El/la afortunad@ puede elegir entre la larga o la corta....
Día do sorteo : 21 de Abril en POLBOTRAIL
Mais Info : www.arousa.com
¿como participar? Pues 3 opciones : os etiquetáis en el cartel , compartís el cartel o comentáis este con el nombre de un amigo , cualquiera de las 3 opciones en nuestra pagina...
Suerte y animaros !!

Ver perfil de usuario
mlestonf

Montañés
Montañés
23/01/13
0 Carreiras
430 Mensaxes
Muros de San Pedro
EnvíoPublicado: Ven, 25 Mar 2016, 14:41    Asunto: Re: ULTRA TRAIL DO BARBANZA - 30 de Abril (Ribeira) Respostar citando

Apuntado!! No veo la hora de conocer al "mito" Corredoira
Ver perfil de usuario
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
671 Mensaxes

EnvíoPublicado: Ven, 25 Mar 2016, 17:51    Asunto: Re: ULTRA TRAIL DO BARBANZA - 30 de Abril (Ribeira) Respostar citando

mcorredoira escribió:
¿Antes de la carrera va alguien a entrenar por esa zona? A mí me encantaría quedar con alguien que la conociese,eso sí que me permitiese ir a un ritmo decente que soy malo.

Ao longo do mes que ven faceremos varias saidas por tramos do percorrido. Avisaremos no noso feisbuk e aqui neste fio.

Guiño
Ver perfil de usuario Visitar web do foreiro
Mostrar mensaxes dos últimos:   
Publicar novo tema   Respostar ao tema    Foros de debate -> Carreiras de Montaña Tódalas horas son GMT + 2 Horas
Ir a páxina 1, 2, 3, 4, 5, 6  Seguinte
Páxina 1 de 6


Cambiar a:  
Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos

Categorías
Donde


2003-2017 Correr en Galicia
Correndo xuntos.
Interactive software released under GNU GPL, Code Credits, Privacy Policy