Foros ›
I Andaina 50 Km Val do Lérez 2007
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Bugarin

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/07/06
0 Carreiras
230 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 31 Ago 2007, 0:21
Asunto: I Andaina 50 Km Val do Lérez 2007

A derradeira fin de semana de setembro o Club de Montañeiros de Pontevedra organiza a 1ª andaina de 50 Km. que se organiza na cidade.
Eu xa coñezo o percorrido e parte del é por onde entreno en ocasións e está realmente ben.
A aqueles interesados direilles máis detalles, tales como inscripcións a descripción do que eu coñezo do percorrido, etc.. esa fin de semana eu non vou estar en Pontevedra, e máis boa pena que me queda por non poder participar.
Tamén teño algunhas noticias comerciais interesantes a nivel de ofertas con motivo deste evento, pero non as debo poñer aquí de xeito que para os interesados estou a súa disposción.
Un saúdo e ánimo.
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Mensaxes
Castiñeiras
Respostar citando Envío Ven, 31 Ago 2007, 10:24
Asunto:

Boa iniciativa, tratarei de apoia participando. Ocurre que este fin de semana tamén teño que colaborar na andaina de Ribeira, o próximo tocame ir a Penedos e a siguiente voltar a colaborar na carreira de Ribeira, onte recibín a chamada da avogada da miña muller, esta noticia vai representar a sinatura do divorcido......boeno, tiña que ser, non ai mal que por ben non veña.
Eduardo

Novo foreiro
Novo foreiro
26/12/05
0 Carreiras
5 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 06 Set 2007, 11:29
Asunto:

Contar conmigo para la andaina, allí estaré.
telmocho

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
30/07/07
0 Carreiras
346 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Mér, 26 Set 2007, 1:36
Asunto:

Terminó el plazo de inscripción el 29 Abraiado .
No contaba con eso, así que no podré estar allí.
Eduardo

Novo foreiro
Novo foreiro
26/12/05
0 Carreiras
5 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 01 Out 2007, 15:34
Asunto:

¿Alguien ha participado en la andaina?, ¿ que tal os fué?, necesitamos comoentarios para poder mejorar para proximas edicciones.
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 01 Out 2007, 19:18
Asunto:

Crónica dos 50 km. do Val do Lérez:
Non sonou o despertador. Polo menos non o escoitei. En vez de salir ás 7.20 como tiña previsto eran as 8.00. Total que chego a Pontevedra ás 9.20. Avergoñado Busco a estación do tren. E agora? esquerda ou dereita? Tomo á esquerda. Ley de Murphy: si vas tarde a un sitio, escolle esquerda ou dereita: sempre tomarás o lado equivocado. Dou a volta. Atopo o local da asociación de veciños de donde sale a proba. Collemos o dorsal, o carnet de ruta e indicannos como chegar ó sendeiro xa que a primeira parte é guiada e non hai indicacións.
Son as 9.35. Chove. Salimos pitando. Non hai "escobas" polo tanto non retiran as cintas. Un alivio!! As marcas son escasas, pero suficientes.A beira do río Lérez, agradable. Recorrido máis ou menos llano. Empezo a trotar un pouco. Avituallamento antes de empezar a subida. Un carreiriño ó lado dun regato. Chulo. Empezo a pillar xente. No km. 8 aprox. subida xeitosa. Subo andando, pero a moi bo ritmo. Paso a bastante xente. Carreiros estreitiños entre leiras xa cerca dunha aldea. Seica hai avispas. Abraiado Picanlle a varios. No control que hai nesa aldea o máis demandado é a pomada para as picaduras. Eu non me enterei. Razz Hai bastante xente. Pillo fruta e bebida, e non paro...Os controles están preparados para marchar entre 4 e 6 km/hora. Cheguei con 10 minutos de retraso sobre a apertura. Pillo ó grupo de Victor Revenga. Vou falando con él. Ven de facer unha travesía por Pirineos. 11000 metros de desnivel acumulado. Máis dificil que Carros de Foc. E xa está pensando en novos retos. Unha máquina!! Guiño Adiantoos e volvo a trotar. Chego ó segundo control: km 23. Chego con dous minutos de adianto, e xa deixaron marchar ós primeiros. Dinme que eran uns 20 e saliron fai 10 minutos. Estiro, como empanada, bebo aquarius e descanso 10 minutos. As mozas da organización, moi amables. O seguinte punto son 9 km. e o control abre ás 2 horas. Sobrao!! Xa os pillarei. Demo sorrindo Nese tramo está o teito da ruta: o Frachal. Troto un pouquiño. Empeza a subida cun cortalumes. Ã?s 30 metros de subida...crack...o puñetero abductor...clavadiño me quedo....o trauma de Penedos!! Chorando Chorando Estiro, pero non me pasa... Tiro a mochila. Pero sei que non me podo sentar, senon non me levanto. Espero. Baixame o tirón. Empezo a subir a un paso que nin miña abuela!. Chego arriba. Empezo a baixar. Nin rastro do tirón. Estupendo. Zonas en baixada e llano, monte sin moito interés. Subida ó Frachal. Amago de novo tirón. Sigo suave. Sin problemas. Boa panorámica. Control: abre ás 14.30. Son as 14.26 e xa non hai ningúen. Mentras capo non asubío!, decían os vellos. Pois é verdá: mentras falaba por teléfono non vín unha marca e cando me din conta levaba como un km. despistado. Como iba baixando, iba de p.m. e ben que me costou volver a subir. As risas que se deberon botar os que viñan de frente!! Demo sorrindo
Baixada joidilla. Para compensar, empezo a trotar. Cracks...o abductor...outra vez clavado. A boa nova é que atopo a forma de estirar o músculo que se agarrotaba...
Non volvo a correr. O tramo son 7 km. e hai hora e media. Teoricamente, chupado...peeeeeero....os susodichos 7 kilómetros, levanme 2 horas...tiña que haber un erro sustancioso!!. Demo ..os ultimos km. á beira dun regato, llano, un carreiro en fila de un, moi agradable...rematei a full, nun grupiño que levaba un ritmo endiablado...Tempo total: 9:10...nunca había baixado de 9.20 (Allariz). Si lle descontamos a media hora do comenzo, 8:40...buenooo..máis contento que unhas pascuas...eso si: mollado, cheo de merda por todos lados...un asquito!! Avergoñado
Duchas quentes no propio local da asociación de veciños. Chocolate quente, empanada, aquarius...charla cos que xa remataran...casi todos coñecidos...varias camisetas de Ribeira...doulle a noraboa ós organizadores...a camiseta da proba, en fin Demo (para 15 euros de inscripción) pero bueno...xa irán mellorando...
Conclusión: andaina con moitos paraxes estupendos, algúns certamente espectaculares e en xeral moi agradable; organización cun trato moi amable cos participantes, preocupándose das sensación de cada un; recorrido: suave-duro en subida-duro en baixada-suave; avituallamentos moi correctos; boa situación do local da salida/chegada, con aparcamento xusto ó lado e (relativamente) fácil de atopar; en canto ós peros: en algúns lugares moi concretos señalización escasa; nos controles non foron moi estrictos cos tempos previstos; camiseta mellorable; a época do ano que fai que a partir das 20.30 os participantes que aínda non chegasen poderían ter serios problemas de orientación; en resumen,...paseino moi ben, e aconsellaríalle ós andaríns que anotasen esta proba para o ano que ben!!
telmocho

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
30/07/07
0 Carreiras
346 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Mar, 02 Out 2007, 0:00
Asunto:

Gracias pola crónica, diches cera ao asunto.
Algún levou o forerunner e pode deixar o camiño? Por se algún día se me da por facelo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos