Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 28 Xul 2015, 15:00
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Fun a Paquito, o neto do Señor Ventura, que tamén ten un bo emporio montado. O cal non é de extrañar , xa que polo que puiden calcular onte, debe de atender entre 40 a 50 persoas por día...
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 29 Xul 2015, 6:35
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Entre 600-800 eiuros diarios mínimo y ya te digo va gente de santiago
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 30 Xul 2015, 20:37
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Suponse que tiña que respetar a baixa dunha semana, pero como non tiña ni máis molestias nin menos molestias que antes da sesión de masaxes do luns, decidín aplacar o síndrome de abstinencia e saín correr, hoxe a última hora.

É que o corpo mo pedía, e sobre todo a mente : buff, 3 días dando voltas de mostrador en mostrador, coma a da canción que cantaba Concha Piquer ("Tatuaje"), e se ainda fose diante de duas copas de augardente, como na letra de León y Quiroga, aínda tiña un pase... pero é que foi unha procesión en rogativa desde Muface ata a Seguridade Social pasando polos servizos do BADAS e o censo do colectivo de artistas (que non sabía que existía tal cousa), e veña a pedir vidas laborais, cubrir instancias de baixa de servizos médicos, entregas de instancias e alegacións... En fin, se antes digo en voz alta iso de que de cando en vez me deixo matar polos fillos, menos tarda en caerme unha coma esta...

Total, que sain a Chapela ás 8:30 da tarde. Ceo gris chumbo e calor de tormenta(segundo o Garmin 23º C, moi fresco se estivésemos en Madrid, pero ca humidade de aquí , para mi xa foi de abondo)... Tempo de 52:12 , e o ritmo aí sigue, en 5:51... Pero se hoxe consigo durmir sen problemas de espalda e dos oídos xa dou por boa a saída.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 04 Ago 2015, 16:29
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Despois unha fin de semana en Madrid ,( reunida, non de paseo), e tantas horas sentada no tren, hoxe tocou por fin facer a primeira saida da semana.

Ás 14:15 horas, e 25ºC, menos mal que corría algo de brisa , a veces de cara, pero mellor para refrescar... Como saín co tempo xusto, paseo de coller o Garmin entre que esperar a que se conectase ben. Tanta presa levaba, que nin me decatei que o calzado que levaba non eran as Asics de correr, senón unhas Nike vellas da miña filla que puxera para facer recados e traballos logo na horta... Non din volta cambiarme, a verdade que resultaron cómodas despois de todo.
Tendo en conta que o reloxo que teño na miña mesa de noite non minte máis do que me mentiría o Garmin, diría que desta vez fixen un tempo de 50 minutos para o circuíto de Chapela, a un ritmo de 5:37. Tendo en conta a hora do día, ainda menos mal.

Agora, coa cociña recollida e en orde, dúas lavadoras de roupa dobladas e gardadas, e outra posta no tendal para aproveitar o sol da tarde, por fin teño un tempo de relax modo nirvana, tumbada no sofá, a tablet no colo, unha infusión de froitas do bosque, as pernas estiradas e en alto, non se pode pedir máis...
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 04 Ago 2015, 22:15
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Meiga eres a mina inspiración....Jaja a mina casa de recollida nada,as lavadoras si que funcionan a destajo porque os meus fillos siempre queren levar o ultimo que puxeron para as vacaciones...Xa avisei ...ultimas lavadoras mañan ...marchamos venres temprano
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 06 Ago 2015, 19:39
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Segunda saída da semana. Hoxe tocou ás oito menos cuarto da tarde, teóricamente mais fresquiño, pero a sudada universal paseina igual. Segundo o garmin foron 9070 metros en 51:06 minutos, a un ritmo de 5:39. Case imos dalo por bo e todo, tendo en conta o desgaste de traballo hortícola que levo no corpo.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 09 Ago 2015, 21:20
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Por segunda vez nestes días non puden usar a mesa do patio para pousar e doblar a roupa do tendal, así estamos en Vigo, inzados de cinza por todas partes, entre Freiremar, e os montes desta fin de semana.

Ceo gris, e ánimo gris tamén. Non sempre o videoxogo remata como di Freaky na fase en que se superan todas as probas e se libera á princesa... A veces remata brutalmente cando alguén perde ó seu único fillo nun accidente de tráfico.

Así que desta terceira saída da semana que fixen esta mañá o de menos era se molestaba ou non a perna dereita, se acabar o circuíto de Chapela en 50:33 minutos a un ritmo de 5:34 cubría os obxectivos... O importante era recargar pilas, recoller forzas para poder eu dalas esta tarde en Catoira a estes familiares .

No fondo é coma no monólogo "tuneado" de Trainspotting que escribía Freaky: Correr para poder manterse e pe e buscar un sentido no medio do caos que é a vida algunhas veces.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Ago 2015, 14:12
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Ánimo Meiga. A terceira saída é imprescindible nesas circunstancias, e o monólogo tamén.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Ago 2015, 14:50
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

ACABO DE LEER O DESE FAMILIAR,SINTO MOITO...TODO O ALENTO DO MUNDO PARA VOS,UNHA APERTA GRANDE PARA TI.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 10 Ago 2015, 16:34
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Moitas grazas polos ánimos, mozos... Pero como tamén dí o Doutor, hai que seguir, e nesas estamos.

Asi que esta mañá erguinme cedo para facer a primeira saída da semana.

Como ando na fase inicial de facer a maleta para sair de vacacións, decidín reservar os tops e as mallas boas no caixón, para metelos limpos na equipaxe o xoves, e púxenme unha malla longa das vellas. Cos ollos legañosos e a luz cativa da mesa de noite non me decatei,pero cando xa estaba na rúa e co garmin conectado, xa vin que fora a coller a que gardaba máis "o tempo entre as costuras": Algúns furados e descosidos nos laterais, a goma da cintura algo cedida, e empeñada en quedarse tres dedos por debaixo do embigo... Se fose unha senior B keniata de abdome plano, ata quedaría apropiado correr con tanto torso ó aire, pero tratándose das miñas dimensións e da miña idade, non acababa de telo claro... Pero decidin non perder tempo por dar volta a casa a cambiarme. E fixen ben, desa hora case non hai xente na rúa, e cada quen vai á súa vida. Non me sentin en ningún momento dando mais o cante que calquera outro día.

En total 9210 m en 51:42 minutos a un ritmo de 5:37 min/ km. A perna dereita tanto ten o que opine pois non vai pasar por ningunha camilla ata setembro, asi que imos coexistindo o máis pacificamente posible. O mércores máis, pero non creo que mellor.
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Mar, 11 Ago 2015, 13:37
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Meiga, la sola idea de una comparación me da vergüenza. Mucho ánimo a tus familiares.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
mateotn

Maratoniano
Maratoniano
27/11/13
0 Carreiras
1524 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 11 Ago 2015, 14:30
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Las situaciones que te hacen consciente de lo que realmente vale la pena en la vida. Correr es solo un aliciente. Mucho ánimo a esa familia por esa pérdida.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 11 Ago 2015, 16:27
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Moitas grazas ós dous , Doutor e Mateo, polos ánimos... E tedes razón, cousas así teñen que facernos esquecer as parvadas nas que non paga a pena enredarse, e dedicarse a vivir a fondo, e contaxiar vida ós que temos ó lado, non malgastar o pouco tempo que temos.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 11 Ago 2015, 21:05
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Claro que si Meiga !!pero sabes que eso de aproveitar o tempo e coma os propósitos de fin de ano.normalmente so duran un tempo breve.pero en cambio as veces a vida e a forma de pensar cambiache parra siempre e vivir siempre o 90%exprimindo cada momento e moi canso para un e para os que nos rodean
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 12 Ago 2015, 11:17
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Crónicas da favela: Facendo as maletas

Hoxe fixen a segunda saida da semana, con moito suor e resultados pouco destacables. Un ritmo de 5:45 no habitual circuito de Chapela, iso que eran as 7:15 da mañá, hora tranquila, e a temperatura no pasaba dos 17ºC... Polo menos non rebasei a barreira dos 52 minutos.

Desde mañá ata o día 27 o plan debería ser o seguinte

14 de agosto: recuperación despois da tira de horas de vixe. Saida de localización de exteriores aptos para correr entre Waikiki e Diamond Head

15 de agosto: Saida pola zona de Waikiki , a ver se sae un circuito de 7 km
17 e 18 de agosto: Mais do mesmo, pola mañá moi cedo
19 de agosto: descanso e traslado á Illa Grande
20 de agosto: Sumar algún km en Hilo, ó redor do campo de glof de Banyman e Coconut Island ( o da Kalanianaole Av, visto en Street wiew non me inspira confianza, parecen arcéns moi estreitos)
22 de agosto: Mais do mesmo.
24 e 25 de agosto: Intentar facer un circuito na zona do campus universitario de Kona, se é que está aberto e accesible as 24 h, senón non teño localizado un plan B.
26 e 27: Viaxe de volta. A compañía aérea tennos reservado hotel para pernoctar en escala. Se hai ximnasio, tentarei de atreverme a facer algo de cinta, se teñen

E agora que xa o deixo por escrito, non me queda outra que cumplilo.

Se teño wifi, xa irei contando.

A seguir facendo as maletas, senón o preparador físico xa se vai poñer impaciente.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos