Xov, 09 Feb 2006, 23:11
Asunto:
Ladrillo???
De ladrillo nada, Charly.
No quilómetro 37 de todas as maratóns (eu levo 10, e non fun de paseo a ningunha) chegas a preguntarte:
Para qué?, Por qué? Volverei tentalo?
E cando un chega ao derradeiro quilómetro, debe baixar á terra, relaxarse, sí, relaxarse, e sentir a emoción duns metros nos que levas semanas, meses pensando.
Eu teño pensado moito neste asunto: por qué?
A épica do maratón reside en que é o reto físico e psicolóxico máis importante a que un ser ordinario, coma a maioría de nós, pode someterse de forma consciente e premeditada.
O ser humano, nestes tempos precisa de retos para ubicarse nun mundo de mentiras, de ficción, de farándula.
O maratón non engana. Son 42.195 metros e punto. Non hai novas tecnoloxías, nin realidade virtual, nin enxeños cibernéticos.
Neste noso mundo esixente, artificial e equívoco, correr segue a ser unha das pouquiñas actividades que nos achegan á esencia de nós mesmos, que nos plantexa retos fermosos, sanos, cheos de sociabilidade, compañeirismo, solidariedade,..
Pois bén, o maratón é o cumio da actividade de correr, porque esta carreira de Fílipides colócanos no umbral do tempo que humanamente podemos chegar a aguantar correndo con dignidade: esta é a sua maxia.
Tete: por todo o que che dixen, o maratón convén afrontalo con valentía, cariño e preparación, pero con moita, moita prudencia, e tratándose do primeiro, cunha inmensa dose de xenerosidade contigo mesmo: O feito de intentalo dignifica a calquera corredor popular. Eu, no 2002 rematei o MAPOMA en 4 horas e 10 minutos, e cheguei á meta emocionado como nunca máis volvín chegar. Ainda hoxe síntome moi orgulloso daquela carreira que non esquecerei.
Moito ánimo Tette, e animo a todos os foreiros a que, se a saude llo permite, e se ainda non o fixeron, afronten o seu primeiro maratón.