Foros ›
V PINGA PINGA (11 OUTUBRO) GRACIAS A TOD@S!!!
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
245 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 15 Set 2014, 11:35
Asunto: V PINGA PINGA (11 OUTUBRO) GRACIAS A TOD@S!!!

Pingueiros e demáis correlegas, xa estamos de volta!!!


PINGA-PINGA 2014

Co obxectivo de dinamizar o deporte na zona do Morrazo, máis en concreto no Concello de Marín, e dar a coñecer a parroquia de San Tomé de Piñeiro, o Club Deportivo Pinarium convoca a quinta edición da Carreira Pinga-Pinga que terá saída e chegada no recinto do Campo de Fútbol da Parroquia de San Tomé de Piñeiro.

REGULAMENTO
1.- XERAL:
Participación:
Poderán participar atletas federados e non federados.

Normativa:
A) A saída darase no recinto da Festa da Sidra e da Mazá, ao igual ca chegada.

B ) A clasificación será absoluta.

C) Os participantes deberán colocarse na liña de saída cando estableza a organización.

D) Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. O incumprimento desta
norma suporá a eliminación do atleta acompañado.

E) O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.

F) A Organización contará coa axuda dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido. É unha obriga obedecer ás indicacións de ditos organismos.

G) Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe ofrecido pola organización.

H) TODOS OS CORREDORES DEBERAN ENTREGAR O CHIP Ó FINALIZAR A PROBA.

I) A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasione a participación nesta carreira.

J) A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste
regulamento.

K) Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

2.- HORARIOS E LUGARES.
Data: sábado, 11 de Outubro de 2014
Lugar: Campo de Fútbol S.D SANTOMÉ- San Tomé de Piñeiro (Marín)

CATEGORIAS
MENORES:
Menores A: Hora: 16:10 - Idade: Benxamín = 2005/2006 - Percorrido: 250 mts aprox.
Menores B: Hora: 16:15 - Idade: Alevín =2003/2004 - Percorrido: 500 mts aprox.
Menores C: Hora: 16:25 - Idade: Infantil/Cadete = 1999/2002 - Percorrido: 2.000 m – unha volta pequena.

CHUPETES/PITUFOS Hora: 16:45h - Idade: Chupetes: nados no 2010 e posteriores; Pitufos: nados no 2007-2008-2009 -Percorrido: Chupetes: 100mts aprox ; Pitufos: 250mts aprox.

MAIORES (CATEGORIA RAIÑA): Hora: 17:00h - Percorrido: 8 kms – tres voltas a un circuito - Idade: a partir de 15 anos.
Xuvenil, Xunior e Promesa 1992/1998
Senior 1991 e anteriores (ata veteranos)
Veteranos A: De 35 a 44 anos
Veteranos B: De 45 a 54 anos
Veteranos C: A partir de 54 anos

3.- INSCRICIÓNS :
CHUPETES E MENORES: Mediante o formulario habilitado na web www.pinarium.com (recomendable) ou o excepcionalmente o mesmo día ata media hora antes da proba correspondente

MAIORES: na páxina www.cronotec.es, que se encargará das inscricións, dorsais, chips e resultados da categoría Absoluta (Categoría Raíña).

A INSCRIPCIÓN DA "ABSOLUTA" CERRARASE CANDO SE CHEGUEN OS 400 INSCRITOS.

4.- PERCORRIDO:
PERCORRIDO MENORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de Pinga-Pinga – Cruceiro – Baixada cara o Campo de Fútbol de San
Tomé.(1 Volta pequena)

PERCORRIDO MAIORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de Pinga-Pinga – Bar Stop – Igrexario – Bar o Tobo – Campo de Fútbol de San Tomé.(3 Voltas).

5.- PREMIOS:
CHUPETES: Medallas para todos os participantes.
MENORES: Os 3 primeiros clasificados de cada categoría recibirán un trofeo.
MAIORES: Trofeo aos tres primeiros clasificados MASCULINO E FEMENINO das cinco categorías establecidas, exceptuando os 3
primeiros da categoría absoluta.

Trofeo ao clube con máis participantes na absoluta, sin contar ao C.D. Pinarium, clube organizador.
Trofeo para o primeiro e primeira atleta de Marín.

Na carreira absoluta, recibirán os seguintes premios en metálico:
ABSOLUTA MASCULINO
1º - 200 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2º - 100 € e Trofeo
3º - 50 € e Trofeo

ABSOLUTA FEMENINO
1ª - 200 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)
2ª- 100 € e Trofeo
3ª- 50 € e Trofeo

OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO DEBERÁN ACREDITARSE CO D.N.I. OU O PASAPORTE.

6.- AGASALLOS
400 Camisetas técnicas na categoría absoluta, avituallamento para todos os participantes e regalos varios para os
máis pequenos (MEDALLAS,etc)

Organiza: CLUB DEPORTIVO PINARIUM e CONCELLO DE MARÍN en colaboración coa Comunidade de Montes de Santo Tomé de Piñeiro, Frutas Sol, Pontevedraviva, Diario de Pontevedra.


Última edición por PINGA-PINGA o Dom, 12 Out 2014, 17:50; editado 8 veces
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1625 Carreiras
14100 Mensaxes
Lestrove
Respostar citando Envío Lun, 15 Set 2014, 13:10
Asunto: Re: V Carreira Pinga Pinga (11-10-2014)

Vaya por Dios,con las ganas que tenia yo estrenarme en esta Carrera,y me reclaman en la CorreSan de la Ciudad de la cultura. Indiferente
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
245 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 22 Set 2014, 18:09
Asunto: Re: V Carreira Pinga Pinga (11-10-2014) INSCRICIÓNS ABERTAS

Atención pingueir@s as inscricións están abertas dende hoxe en www.cronotec.es. Nos vos despistedes que en 2 semanas xa pechan ou ao chegar aos 400 inscritos na categoría absoluta. Seguimos últimando detalles para que todo saia como en edicións anteriores ou mellor se cabe.
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
245 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 22 Set 2014, 18:14
Asunto: Re: V Carreira Pinga Pinga (11-10-2014)

lestrove escribió:
Vaya por Dios,con las ganas que tenia yo estrenarme en esta Carrera,y me reclaman en la CorreSan de la Ciudad de la cultura. Indiferente

Mágoa Lestrove, haberá que esperar á seguinte edición para que nos honres coa túa presencia. Tes un ano enteiro para preparala. Como segas afinando como nos últimos meses que temblen os gacelos que A Pinga Pinga 2015 ten un serio candidato!!! Guiño
antony

Novo foreiro
Novo foreiro
21/09/10
0 Carreiras
26 Mensaxes
Ardan
Respostar citando Envío Mar, 23 Set 2014, 21:34
Asunto: Re: V Carreira Pinga Pinga (11-10-2014) INSCRICIÓNS ABERTAS

Ya tenemos de vuelta la Pinga Pinga, y cerquita de casa. Espero no perdermela este año tampoco. Una fija en mi calendario la carrera de Santomé Guiño
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1625 Carreiras
14100 Mensaxes
Lestrove
Respostar citando Envío Mar, 23 Set 2014, 22:04
Asunto: Re: V Carreira Pinga Pinga (11-10-2014)

PINGA-PINGA escribió:
lestrove escribió:
Vaya por Dios,con las ganas que tenia yo estrenarme en esta Carrera,y me reclaman en la CorreSan de la Ciudad de la cultura. Indiferente

Mágoa Lestrove, haberá que esperar á seguinte edición para que nos honres coa túa presencia. Tes un ano enteiro para preparala. Como segas afinando como nos últimos meses que temblen os gacelos que A Pinga Pinga 2015 ten un serio candidato!!! Guiño

A verdade que tiña moitas ganas de ir a PINGA-PINGA,pero reclamanme do CorreSan en labores organizativos.
E de todos xeitos un enorme e potente equipo ten PINGA-PINGA.Poucos son batibles sobre o asfalto.
Moita suerte e unha cousa vos digo,o éxito está asegurado. Aplauso
diegovic

Foreiro infantil
Foreiro infantil
26/10/11
9 Carreiras
109 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 24 Set 2014, 11:07
Asunto: Re: V Carreira Pinga Pinga (11-10-2014) INSCRICIÓNS ABERTAS!!!!

Me acabo de inscribir en cronotec, pero parece ser que el único modo de pago es mediante transferencia bancaria. Es una pena, porque con mi horario laboral y ubicación no puedo acercarme al banco a hacer el ingreso. ¿No hay otra forma de pago?
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
245 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 24 Set 2014, 17:58
Asunto: Re: V Carreira Pinga Pinga (11-10-2014) INSCRICIÓNS ABERTAS

Diegovic, eu personalmente fixen un par de inscricións mediante o "pago online (con tarxeta)". Tamén hai esa opción. No primeiro intento doume un erro. Pero uns minutos despois repetín a operación e o pago realizouse correctamente. Calquer problema informarme. Grazas!!!
xenosilve

Maratoniano
Maratoniano
6/08/10
315 Carreiras
489 Mensaxes
San Xulián-Marín
Respostar citando Envío Xov, 25 Set 2014, 18:31
Asunto: Re: V Carreira Pinga Pinga (11-10-2014) INSCRICIÓNS ABERTAS

Para o mismo día da carreira está programada a Festa da Mazá e da Sidra igual que nas edicións pasadas. Parece que non faltará ambiente festivo para tomar unhas sidras os acompañantes ou os corredores despois da carreira e con orquestas pola noitiña para quen quera prolongar a festa Bailar Mr. Green
diegovic

Foreiro infantil
Foreiro infantil
26/10/11
9 Carreiras
109 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 26 Set 2014, 8:20
Asunto: Re: V Carreira Pinga Pinga (11-10-2014) INSCRICIÓNS ABERTAS

PINGA-PINGA escribió:
Diegovic, eu personalmente fixen un par de inscricións mediante o "pago online (con tarxeta)". Tamén hai esa opción. No primeiro intento doume un erro. Pero uns minutos despois repetín a operación e o pago realizouse correctamente. Calquer problema informarme. Grazas!!!

Feito, agora si. Moitas gracias
Germanmd

Foreiro Senior
Foreiro Senior
14/01/09
0 Carreiras
946 Mensaxes
marin-piñor(barbadás)
Respostar citando Envío Ven, 26 Set 2014, 11:14
Asunto: Re: V Carreira Pinga Pinga (11-10-2014) INSCRICIÓNS ABERTAS

Os xuvenis, cadetes, etc tamén teñen que pagar os 4 euros, graciñas pola aclaración.
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
245 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 26 Set 2014, 21:29
Asunto: Re: V Carreira Pinga Pinga (11-10-2014) INSCRICIÓNS ABERTAS

Pagarán inscricións os que teñan que inscribirse en www.cronotec.es (4 eur) e terán dereito a un avituallamento completo e unha camiseta técnica ao rematar a proba.

Dende xuvenís (nados no 98 e anteriores) teñen que inscribirse en www.cronotec.es.
O resto de menores inscríbense en www.pinarium.com.

Calquera dúbida, aquí estamos. Saúdos.
corroseguro

Maratoniano
Maratoniano
22/11/05
0 Carreiras
4906 Mensaxes
Galicia-Gales
Respostar citando Envío Dom, 28 Set 2014, 14:04
Asunto: Re: V Carreira Pinga Pinga (11-10-2014) INSCRICIÓNS ABERTAS

xenosilve escribió:
Para o mismo día da carreira está programada a Festa da Mazá e da Sidra igual que nas edicións pasadas. Parece que non faltará ambiente festivo para tomar unhas sidras os acompañantes ou os corredores despois da carreira e con orquestas pola noitiña para quen quera prolongar a festa Bailar Mr. Green
¡ Hola ,forero !, tu avatar está muy bien logrado.Felicidades al autor. Guiño

Friends forever
javichu

Novo foreiro
Novo foreiro
10/02/10
0 Carreiras
49 Mensaxes
mogor marin
Respostar citando Envío Dom, 28 Set 2014, 14:16
Asunto: Re: V Carreira Pinga Pinga (11-10-2014) INSCRICIÓNS ABERTAS

Hola buenas este año a quien se le va hacer el homenaje de la carrera podias dar alguna pista
POFF

Novo foreiro
Novo foreiro
6/07/12
100 Carreiras
46 Mensaxes
MARIN
Respostar citando Envío Dom, 28 Set 2014, 23:10
Asunto: Re: V Carreira Pinga Pinga (11-10-2014) INSCRICIÓNS ABERTAS

Un acierto que el C.D. Pinarium no participe en el premio al club mas numeroso.
Entiendo que se premia al club que termine la carrera con mas participantes?
Saludos y nos vemos el dia 11 en San Tome.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos