Foros ›
VII Carreira popular MONTE SANTA CRUZ EN RIBADEO (30/08/14)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
hares

Novo foreiro
Novo foreiro
4/10/11
20 Carreiras
23 Mensaxes
RIBADEO
Respostar citando Envío Lun, 04 Ago 2014, 15:56
Asunto: VII Carreira popular MONTE SANTA CRUZ EN RIBADEO (30/08/14)

Lembrar que o vindeiro 30 de agosto celebrarase en Ribadeo a sétima edición da carreira popular Monte de Santa Cruz.
Trátase dunha carreira por pistas forestais de 8.500 metros de lonxitude (dúas voltas a un circuito).
As inscricións están abertas na páxina de Championchipnorte a un precio de 5 euros. Ós maiores de 45 anos pasando polo centro auditivo Widex de Ribadeo terán a inscrición gratis, unha revisión auditiva gratis e unha camiseta de agasallo.
Tamén haberá carreira para os cativos, neste caso a inscrición é gratuita (pitufos, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete) con distancias que van dende os 80 aos 1.000 m.
En fin unha boa maneira de despedir o mes de agosto, nunha paraxe ben fermosa e disfrutando do deporte que máis nos gusta.

Unha aperta.
jesusb

Maratoniano
Maratoniano
11/05/07
2535 Carreiras
6615 Mensaxes
Ferrol (Coruña)
Respostar citando Envío Mar, 05 Ago 2014, 11:50
Asunto: Re: VII CARREIRA POPULAR MONTE SANTA CRUZ EN RIBADEO

Participaré

www.facebook.com/jesus.bernalgomez
plopez15

Novo foreiro
Novo foreiro
3/10/13
0 Carreiras
1 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Ago 2014, 12:19
Asunto: Re: VII Carreira popular MONTE SANTA CRUZ EN RIBADEO (30/08/14)

Hola...buenas..es muy dura la carrera..? Se puede hacer con deportivos normales..?
hares

Novo foreiro
Novo foreiro
4/10/11
20 Carreiras
23 Mensaxes
RIBADEO
Respostar citando Envío Ven, 08 Ago 2014, 8:52
Asunto: Re: VII Carreira popular MONTE SANTA CRUZ EN RIBADEO (30/08/14)

plopez15 escribió:
Hola...buenas..es muy dura la carrera..? Se puede hacer con deportivos normales..?
Que hai Pedro¡¡
Sobre as deportivas, non terás problema para correr con zapatillas normales. Se eres da zona o mellor é que te acheges por Bonari Total Sport en Ribadeo, onde te asesorarán sobre que calzado é o máis axeitado.

Noutra mensaxe farei unha análise persoal do percorrido
hares

Novo foreiro
Novo foreiro
4/10/11
20 Carreiras
23 Mensaxes
RIBADEO
Respostar citando Envío Ven, 08 Ago 2014, 8:54
Asunto: Re: VII Carreira popular MONTE SANTA CRUZ EN RIBADEO (30/08/14)

Carreira Monte de Santa Cruz. Ribadeo.

Resumo persoal do percorrido.

Km. 0 – 1. Aos 200m. da saída hai unha pequena costa de aproximadamente 50m. de gran pendente, a cal debemos tomarnos con tranquilidade porque nos pode deixar sen folgos. Unha vez coroada, o terreo vólvese favorable polo que debemos aproveitalo.

Km. 1 – 2. Este quilómetro é todo en subida, ao primeiro máis tendido pero vaise endurecendo a medida que avanzamos, por riba o terreo e bastante irregular o que nos dificultará no avance.

Km. 2 – 3. Este quilómetro é en baixada, moi favorable para recuperar do esforzo da subida pero mantendo un ritmo alegre. Lembrade que hai unha segunda volta.

Km. 3 – 4. Prácticamente ao comezo deste km. hai unha rampa durísima de 80 ou 90 m., a verdade é que durísima, e cada quen sube como pode. Despois o terreo é favorable pero bastante irregular polo que debemos ter os cinco sentidos alerta de onde pisamos.

Km. 4 – 5. O primeiro tercio do km. pica cara arriba e remata coa costa de gran pendente coa que comezamos a carreira. Logo ven unha gran baixada, na que debemos recuperar para enfocar o tercio final de carreira onde tiraremos de toda a reserva que nos quede.

Km. 5 – 6. O quilómetro é todo en subida, para min é o máis duro da carreira. A subida vai “in crescendo” e cara ao final deste quilómetro faise realmente dura.

Km. 6 – 7. O quilómetro é en baixada, como xa temos a meta bastante cerca poderemos lanzarnos a tumba aberta.

Km. 7 – 8. Novamente temos a rampa durísima da primeira volta pero con sete esixentes quilómetros nas pernas polo que a subir como se poida. Despois o terreo vólvese pouco a pouco moi favorable o que aproveitaremos para queimar “zapas”.

Os últimos cincocentos metros son xa dentro da área de Santa Cruz, polo que a cercanía da meta axudaranos a rematar a proba.

Ben, trátase dun percorrido esixente, rompepernas, pero soe acabarse con satisfación de rematar unha proba tan dura que nos dá unha boa medida do noso estado de forma.

Unha aperta.
escarcha

Novo foreiro
Novo foreiro
17/04/12
15 Carreiras
23 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 12 Ago 2014, 8:57
Asunto: Re: VII Carreira popular MONTE SANTA CRUZ EN RIBADEO (30/08/14)

Descripción perfecta Angel, sólo Che faltou reportaje fotográfico de donde se encontran as pedras e podemos ir cos ollos tapados.

Bon traballo para a xente que non conoce a carreira.

Animarlos desde aquí porque e un circuito muy entretenido e unha gran organización
hares

Novo foreiro
Novo foreiro
4/10/11
20 Carreiras
23 Mensaxes
RIBADEO
Respostar citando Envío Mar, 12 Ago 2014, 15:28
Asunto: Re: VII Carreira popular MONTE SANTA CRUZ EN RIBADEO (30/08/14)

A VII CARREIRA MONTE DE SANTA CRUZ EN RIBADEO aumenta os seus premios en metálico en 200 € doados polo CENTRO COMERCIAL ABERTO, a repartir en vales de compra de 25 € cada un para as tres primeiras clasificadas en categoría feminina absoluta, os tres primeiros clasificados en categoría masculina absoluta, a primeira clasificada ribadense e o primeiro clasificado ribadense. Os vales serán canxeables en calquera dos comercios asociados ao CENTRO COMERCIAL ABERTO DE RIBADEO.

Lembro os premios:

.- Medalla conmemorativa para todas as nenas e nenos que finalicen a súa proba.

.- Trofeo para os tres primeiros clasificados nas súas respectivas categorías.

.- Un XAMÓN, doado por GADISA + 100 € + VALE DE COMPRA DE 25 € para os primeiros absolutos.

.- 75 € + VALE DE COMPRA DE 25 € para os segundos absolutos.

.- 50 € + VALE DE COMPRA DE 25 € para os terceiros absolutos.

.- 50 € + VALE DE COMPRA DE 25 € para a primeira e primeiro ribadense.

.- Bolsa do corredor doada por EROSKI para todos os participantes.

.- Camiseta Técnica, marca JOMA, de manga longa patrocinada por BONARI TOTAL SPORT e RESTAURANTE COSTA VERDE.

.- Sorteo de agasallos entre os participantes, presentes, ao finalizar a carreira.


PARTICIPADE, PAGA A PENA.
Simom

Maratoniano
Maratoniano
5/04/13
0 Carreiras
364 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 29 Ago 2014, 19:45
Asunto: Re: VII Carreira popular MONTE SANTA CRUZ EN RIBADEO (30/08/

Pois mañá dispútase esta carreira...

Parecía que as inscricións estaban un pouco estancadas, pero ao final repuntaron... (algúns que o deixamos para o último momento, hehehe)

Esperemos que sexa un éxito! O ano pasado xa participei e gustoume bastante
salem_luis

Foreiro infantil
Foreiro infantil
24/05/14
2 Carreiras
65 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 29 Ago 2014, 20:07
Asunto: Re: VII CARREIRA POPULAR MONTE SANTA CRUZ EN RIBADEO

jesusb escribió:
Participaré

Ánimo Jesús
Simom

Maratoniano
Maratoniano
5/04/13
0 Carreiras
364 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 31 Ago 2014, 15:18
Asunto: Re: VII Carreira popular MONTE SANTA CRUZ EN RIBADEO (30/08/

Estupenda organización do clube de atletismo de Ribadeo.
Percorrido fermoso, cruces ben sinalizados, moit@s voluntari@s, bo avituallamento final, sorteos, moitos e moi bos premios, detalles coas nenas e nenos, entrega de premios ben montada... en fin que non sabería atoparlle algo malo.
Unha vez máis agradecer a tod@s @s da organización polo traballo feito Aplauso
castroverdejvc

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
7/11/11
250 Carreiras
203 Mensaxes
Castroverde, Lugo
Respostar citando Envío Mar, 02 Set 2014, 9:39
Asunto: Re: VII Carreira popular MONTE SANTA CRUZ EN RIBADEO (30/08/

TOTALMENTE DE ACORDO. CARREIRA FEITA POR CORREDORES PRA CORREDORES.

Jose Luis Valiño Castedo
www.safmmarzo.com





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos