Foros ›
I ANDAINA POPULAR STA. MARIÑA - 17/5/2014
Foros de debate / Andainas
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
manoloadvincios

Novo foreiro
Novo foreiro
3/04/14
0 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 04 Mai 2014, 22:21
Asunto: I ANDAINA POPULAR STA. MARIÑA - 17/5/2014

Ola amig@s, aqui os deixo o Regulamento da nosa Andaina de Vincios, con Saida e Chegada o Campo de Futbol de A Pasaxe en Vincios, e paso polos miradores de Monte Alba, Monte Cepudo e Monte Calvo, poderedes disfrutar das maravillosas vistas de cada un deles, e dos dous iconos da nosa Parroquia O Monte Galiñeiro e o Poligono de A Pasaxe.

I ANDAINA POPULAR STA. MARIÑA (12 Km.)

Sabado, 17 de Maio de 2.014 as 10:30 da mañá

CAMPO DE FUTBOL DE A PASAXE (Vincios – Gondomar)

REGULAMENTO DA ANDAINA

1º - A AGRUPACION DEPORTIVA VINCIOS, organiza o Sabado, 17 de Maio de 2014 a I ANDAINA POPULAR STA. MARIÑA (12 Km.), que dará comenzo as 10:30 da mañá.

2º - Poderan participar todalas personas maiores de idade inscritas e menores a partires de 14 anos, acompañados de un adulto ou solos con permiso por escrito de país ou titores, menores de 14 obrigatoriamente acompañados dos pais.

3º - A Andaina Popular (12 Km.) será por un percorrido circular co 90% por pistas de terra, con Saida e Chagada no CAMPO DE FUTBOL DE A PASAXE en VINCIOS (Altitude 251 m.), con subida os miradores do MONTE ALBA (Valladares) (Altitude 507 m.), MONTE CEPUDO (Valladares) (Altitude 529 m.) aquí teremos una zona de Avituallamento, para continuar ata o mirador do MONTE CALVO (Vincios) (Altitude 397 m.) e volta o Campo de Futbol.

4º - Esta ANDAINA non será competitiva, todolos participantes recibirán un AVITUALLAMENTO no Monte Cepudo, unha BOLSA DE XANTAR (Bocadillo de chourizo asado, Iogur, Rosquilllas e Botella de Auga) o final da Andaina e un regalo dos ne@s do colexio CEIP SERRA VINCIOS.

5º - INSCRICIÓNS: Será obrigatorio, Nome e apelidos, data de nacemento, localidade, DNI ou pasaporte, teléfono de contacto, e_mail, e no caso de menores de 14 a 18 anos que veñan solos aportaran ademais PERMISO dos PAIS ou TITORES.

O PRAZO DE INSCRICION na Andaina Popular remata o MARTES, 13 de MAIO as 24 horas, terán una Cota de INSCRICIÓN de 5 € (inclue Seguro de Accidentes, Seguro de Responsabilidade Civil, Avituallamento, Bolsa de xantar e Regalo).

As inscricións farase no e_mail: vinciostm @ gmail.com e o pago por transferencia ou en Caixeiros de La Caixa na conta nº 2100 5752 67 0200079253. Xunto coa comunicación por mail, adxuntarase xustificante ou data do pago realizado.
Tamen poden inscribirse en SERVIOCIO PISCINA DE RAMALLOSA ou no CENTRO CULTURAL DE VINCIOS.

6º - Antes da Saida da Andaina os inscritos teran que recoller os vales para o AVITUALLAMENTO, BOLSA DE XANTAR e REGALO.

7º - SERVIZO DE GARDERIA: Durante a Andaina Popular, contaremos cun Servizo de Garderia para os fill@s dos participantes na mesma. Cada nen@ terá una acreditación cos datos personais, autorización firmada polo Pai ou Nai e Tef. de contacto. Recomendamos Inscrición Previa cos datos dos nen@s. Según idade teran diferentes actividades.

8º - Contaremos cun SERVIZO DE ASISTENCIA MEDICA.

9º - CONTROL: A Andaina Popular será controlada polos Monitores da Organización durante todo o Percorrido.

16º - INFORMACIÓN: A.D. Vincios webb: www.advincios.blogspot.com ou no e_mail: vinciostm @ gmail.com .

Situación do Campo de Futbol de A Pasaxe : 42.15444 N -8.721756 O

Como chegar desde AP9 > AG 57 saída en Vincios, dirección Gondomar pola PO-331 a 100 m. cruce PO-330 a dereita.


Conforme a L.O.P.D. 19/99 a Agrupacion Deportiva Vincios informa que seus datos son gravados nos nosos arquivos para a xestión da relación contractual. Vostede pode exercer o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición a través do envío dun correo electrónico a vinciostm @ gmail.com





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos