Dom, 27 Abr 2014, 21:09
Asunto: Re: Os Correcamiños
Moitísimas gracias
nandopr!!! A verdade é que disfrutei coma un anano. O último kilómetro foi unha mezcla de orgullo, satisfacción, emoción... aplaudía case máis eu ca o público, non paraba de sorrir, de desfrutar! E logo co xiro á esquerda e a entrada en María Pita. Creo que non olvidarei nunca esa sensación, tamén dubido que a repita.
Xa falando da carreira...a primera volta (14km) fun a 4'22" e a segunda a 4'15", 1h31'29" a MM e 2h01'20" o paso polo km 28 (fin 2ªvolta). Ía moi moi comodo, ía máis cómodo que no 10km de Padrón que fixen en 43' acompañando a unha amiga. Sabía que de ese 4'15" si que non debía baixar. Pero no km 32 comecei a notar cargados os isquios e decidín baixar automáticamente ó ritmo, por medo ó que puidese pasar. Pasei a 4'30"/km, e no km 34 foron un pouco a máis e fixen calculos para asegurar o sub3h15' e decidín baixar a 5'/km, o importante era acabar, desfrutar sobre todo deses kms finais e chegar a meta con ganas de máis. E así foi, coma di nandopr, 3h13'14" para rematar terceiro na miña categoría, así que podium e trofeo de regalo! jejejej
Gracias polos vosos consellos e animos estes días! Así coma a felicitación de
nandopr e os animos no último km de
BaoEs! Un pracer saludarte e coñecerte BaoEs!
A verdade foi todo coma un regalo. Saiu mellor do esperado todo, as sensacións moi moi boas, e podería dicir que non houbo muro, pois non houbo ese baixón nin mental nin físico. Baixei moito o ritmo pero por medo e seguridade, buscando sobre todo poder desfrutar (pero penso que non sería capaz de manter ese ritmo. Creo que rondaría un 3h07'-3h10' senón pinchaba de todo. Podo dicir que foi a mellor decisión que puiden tomar!
Perdoade a lonxitude, pero me apetecía e penso que merecía a pena escribilo.
Un forte abrazo Correcamiños!!!!
PD: penso que rondarei os 640 puntos despois de quedar de 201, así que a ver se loitamos polo ascenso ata o final. Moita zapatilla compañeiros!