Foros ›
XXII Carreira das Areas, Carnota (24/08/13)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 09 Ago 2013, 21:37
Asunto: XXII Carreira das Areas, Carnota (24/08/13)

Creo que aínda non hai un fío aberto para este tema (perdoade se me repito, señores moderadores)

En fin, que quedan xa só duas semanas, e parece que toca volver a subir á Praza do Concello , e mais preto do mediodía, asi que a morrer de calor outra vez... Para compensar parece que van poñer avituallamento no km 7, que non me queda moi claro onde vai ser ( imaxino que no cruce da praia cara a pasarela de madeira cando imos de volta).

Moito ánimo ás persoas que teñades pensado participar. E os que non fostes nunca, con mais razón, que é unha das carreiras que paga a pena probar, sempre.
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1015 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 10 Ago 2013, 0:10
Asunto: Re: Carreira de Carnota 2013

Eu fun o ano pasado e encantoume. O do horario sempre vaí en función da marea, é o que ten correr pola praia....
O ano pasado ó acabar daban rosca. A verdade e que é unha carreira con moito encanto.
Montrove

Maratoniano
Maratoniano
12/05/07
125 Carreiras
229 Mensaxes
Oleiros
Respostar citando Envío Sáb, 10 Ago 2013, 9:13
Asunto: Re: XXII Carreira das Areas, Carnota (24/08/13)

Unha das probas máis fermosas de Galicia. Claro que alá estaremos.

zapasdo42.blogspot.com.es/
XABOU

Maratoniano
Maratoniano
19/01/11
389 Carreiras
405 Mensaxes
CARNOTA
Respostar citando Envío Sáb, 10 Ago 2013, 22:17
Asunto: Re: XXII Carreira das Areas, Carnota (24/08/13)

este ano saira do concello pero rematara 300mts antes...na estrada xeral e pasara por xunto o horreo...moi ben pola organizacion.
inespa

Foreiro infantil
Foreiro infantil
24/11/11
12 Carreiras
109 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 22 Ago 2013, 21:01
Asunto: Re: XXII Carreira das Areas, Carnota (24/08/13)

Pasouse o prazo de inscripcion!!
Haberá maneira de inscribir a 4 rapacess???
DAntilles

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
27/04/11
46 Carreiras
234 Mensaxes
Ribeira
Respostar citando Envío Dom, 25 Ago 2013, 22:03
Asunto: Re: XXII Carreira das Areas, Carnota (24/08/13)

COUSA BONITA DE CARREIRA!!!

Entendo que a META se cambiara de lugar
para non estar parando o tráfico cada vez que subira un runner
(pendendo así algo da maxia desta carreira, para min, ao non rematar en TREMENDA SUBIDA)

...un chiskiño de vento de máis na praia

Pese a todo FANTÁSTICA!!
Intentarei repetir na vindeira edición.
Montrove

Maratoniano
Maratoniano
12/05/07
125 Carreiras
229 Mensaxes
Oleiros
Respostar citando Envío Lun, 26 Ago 2013, 7:52
Asunto: Re: XXII Carreira das Areas, Carnota (24/08/13)

Crónica persoal da proba:
zapasdo42.blogspot.com...rnota.html

zapasdo42.blogspot.com.es/
Corneira

Montañés
Montañés
20/10/10
0 Carreiras
308 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 26 Ago 2013, 20:20
Asunto: Re: XXII Carreira das Areas, Carnota (24/08/13)

Gracias pola tua crónica MONTROVE. Encantado de compartir,unha vez mais carreira e podio ...Vemonos na próxima.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 26 Ago 2013, 21:55
Asunto: Re: XXII Carreira das Areas, Carnota (24/08/13)

Súmome o que xa dixestes algúns dos participantes:

- Moitísimo mellor rematar a carreira no emprazamento deste ano con respecto ó ano pasado, non só polo tráfico, sobre todo polo matadora que era a subida ó concello.
- Agradecín moitísimo a botelliña de auga do avituallamento, con todo o esforzo contra o vento de cara, non sei se daría chegado á baliza da Boca do Río con forzas para rematar.
- Barca Toba, impresionante.
- O roscón ó chegar á meta, o ambiente, e o cariño que pon en xeral a organización, inmellorables.
- Estupendo poder seguir gozando das cerámicas de Nacho Porto un ano máis a pesar dos recortes.
- Si que se botou de menos a Carracedo. De estar el non sei como quedaría o podio para os Superveteranos... Para os que non estivestes, comentar que tivo a súa emoción, xa que o segundo e terceiro posto decidiuse ó sprint con diferencia só dun segundo.

E gracias pola aclaración, Montrove, eu non reparara no erro do cartel do Concello, que poñía XXI en lugar de XXII edición.

Sinto moito non poder colgar fotos este ano. A miña cámara estaba sen batería ( infalible lei de Murphy) e o meu sobriño, que me ía facer de fotógrafo, decidiu anotarse e correr a carreira no último momento.

Con o sen fotos, unha carreira que xa me ten enganchada e que espero seguir correndo sempre.

E os que aínda non probastes nunca, non deixedes pasar a ocasión, que paga moito a pena.
barca

Foreiro infantil
Foreiro infantil
28/05/08
0 Carreiras
125 Mensaxes
Muxia(A Coruña)
Respostar citando Envío Mér, 28 Ago 2013, 22:22
Asunto: Re: XXII Carreira das Areas, Carnota (24/08/13)

Era a miña primeira participación nesta carreira e so podo dicir que unha maravilla, impresionante a pesar da sua dureza e de ter que loitar en contra do vento.
Moi boas sensacións que me serviron para seguir poñendome a punto.
Sen dúbida voltarei para o ano.
Un dez para todos!!!!!
Gracias Meigalicix
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 29 Ago 2013, 19:41
Asunto: Re: XXII Carreira das Areas, Carnota (24/08/13)

barca escribió:
Era a miña primeira participación nesta carreira e so podo dicir que unha maravilla, impresionante a pesar da sua dureza e de ter que loitar en contra do vento.
Moi boas sensacións que me serviron para seguir poñendome a punto.
Sen dúbida voltarei para o ano.
Un dez para todos!!!!!
Gracias Meigalicix

De nada, Barca. Espero que poidamos correr todos o ano que ven, e verte coas mesmas enerxías.
inespa

Foreiro infantil
Foreiro infantil
24/11/11
12 Carreiras
109 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 29 Ago 2013, 20:39
Asunto: Re: XXII Carreira das Areas, Carnota (24/08/13)

Espectacular!!!! A miña primeira carreira pola praia e sin palabras e os trofeos preciosos!! Voltarei sen dudalo!!
Ah e os nenos encantados unha distancia que lles encanta e que para os máis pequenos non e o habitual!!
Graciñas a organización e voluntarios!!
inespa

Foreiro infantil
Foreiro infantil
24/11/11
12 Carreiras
109 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 29 Ago 2013, 20:40
Asunto: Re: XXII Carreira das Areas, Carnota (24/08/13)

Espectacular!!!! A miña primeira carreira pola praia e sin palabras e os trofeos preciosos!! Voltarei sen dudalo!!
Ah e os nenos encantados unha distancia que lles encanta e que para os máis pequenos non e o habitual!!
Graciñas a organización e voluntarios!!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos